Mostrando entradas con la etiqueta MaríaPita19. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MaríaPita19. Mostrar todas las entradas

martes, 30 de julio de 2019

martes, 23 de julio de 2019

The Sounds, última confirmación do Festival Noroeste Estrella Galicia 2019


A banda sueca de rock liderada por Maja Ivarsson regresa aos escenarios españois este verán como unha das cabezas de cartel do festival coruñés, para celebrar os seus 20 anos sobre os escenarios a golpe de pura enerxía na Praia de Riazor o sábado 10 de agosto, a partir das 00.00h

No cartel do 33º Noroeste Estrella Galicia, que se extenderá do 6 ao 11 de agosto, terán cabida os sons más atractivos e eclécticos, como o blues, o hardcore, o R&B, o soul, o rock, o garage, o surf, o punk, a psicodelia, o indie pop, o noise e, mesmo, a copla electrónica e a música brasileira

O programa do Noroeste contará con máis de 75 bandas e artistas e 150 horas de música ao vivo, con actuacións gratuítas en espazos singulares da Coruña e nomes tan destacados como os de Patti Smith and Band, Belako, Nathy Peluso, Paco Ibáñez, Joe Crepúsculo, Mastodonte, Los Punsetes, Anni B Sweet, Los Estanques, La URSS, The Last Internationale ou Soleá Morente

O concerto de Paco Ibáñez programado na Selección Noroeste 2019 colgou onte o cartel de ‘entradas esgotadas’. Dentro deste ciclo de directos singulares para gozar do Noroeste tamén desde o patio de butacas todavía hai dispoñibles localidades para o directo do pianista luso Júlio Resende, que mestura fado e jazz dunha forma única, o mércores 7 de agosto no Teatro Colón

A Coruña, 23 de xullo de 2019.- O 33º Festival Noroeste Estrella Galicia, que se celebrará do 6 ao 11 de agosto na Coruña, contará coa banda sueca de rock The Sounds como a cabeza de cartel para a velada do sábado 10 de agosto na Praia de Riazor. Con esta última confirmación, queda pechado o programa desta edición 2019 do festival, que se moverá ao ritmo de sons tan eclécticos e atractivos como o blues, o hardcore, o folk, o R&B, o soul, o rock, o garage, o surf, o punk, a psicodelia, o indie pop, o noise e, mesmo, a copla electrónica e a música brasileira. Patti Smith and Band, Belako, Nathy Peluso, Joe Crepúsculo, Paco Ibáñez, Mastodonte, Los Punsetes, La URSS, Soleá Morente, The Last Internationale, Anni B Sweet, Emma Pollock, Paul Collins Beat, Morgane Ji, TT Syndicate, Toundra, Seda, Escuchando Elefantes, Blanco Palamera, Derby Motoreta’s Burrito Kachimba, Los Árboles, Silvia Penide e Chiquita y Chatarra, entre moitas outras bandas e artistas, chaman a atención dentro dunha programación con máis de 75 actuacións gratuítas en espazos singulares repartidos por toda a cidade. Este 2019, o cartel do Noroeste Estrella Galicia rexistra un 50% de grupos galegos e un 45% de presenza feminina.

O 33º Noroeste Estrella Galicia celebrarase do 6 ao 11 de agosto de 2019, coa mesma filosofía urbana, ecléctica e de calidade dos seus últimos catro anos. Na súa pasada edición, o festival contou con preto de 90.000 asistentes. Este ano repetirá as súas máis de 150 horas de música ao vivo sobre escenarios singulares de toda A Coruña para consolidarse de novo como unha cita única e de referencia do verán peninsular.

O concerto de Paco Ibáñez programado na Selección Noroeste 2019 colgou onte o cartel de ‘entradas esgotadas’. Dentro deste ciclo de directos singulares para gozar do Noroeste tamén desde o patio de butacas todavía están dispoñibles localidades para o directo do pianista luso Júlio Resende, que mestura fado e jazz dunha forma única, o mércores 7 de agosto, ás 20.30h, no Teatro Colón da Coruña.

O cartel do 33º Festival Noroeste Estrella Galicia contará con máis de 75 bandas e artistas para este 2019: Andhrea & the Black Cats, Anni B Sweet, Baiuca, Bart Davenport, Basanta, Belako, Blanco Palamera, Chiquita y Chatarra, Chisme, Contenedor de Mierda, Crimson and Clover, Derby Motoreta’s Burrito Kachimba, DJ Inclusivo, Dois, Dr. Spectro, ELBA, Electra, Elvis Negro, Emma Pollock, Escuchando Elefantes, Faia, Hailu Mergia, Hickeys, Holly Miranda, Holywater, Indy Tumbita & The Voodoo Bandits, Jenny and the Mexicats, Joe Crepúsculo, Júlio Resende, La URSS, Ladrillo y Mujer, Las Antonias, Los Árboles, Los Estanques, Los Hermanos Cubero, Los Punsetes, Los Vinagres, Los Voluble, Lucifer, Mac N’ Rones, Mastodonte, Morgane Ji, Morgen, Mundo Prestigio, Músculo!, Nathy Peluso, Night Shades, Ñaco Goñi + Marian Ledesma & Tinaquero Brothers, Os Amigos dos Músicos, Pablo Lesuit, Paco Ibáñez, Patti Smith and Band, Paul Collins Beat, Ruiseñora, Sala 5, Santi Araújo, Seda, Silvia Penide, Soleá Morente, Superser, Teething, The Last Internationale, The Sey Sisters, The Sounds, The Wellgreen, Theta Waves, Toundra, TT Syndicate, Turbo Kraks, Turma Caipira, Volcanes, Vudú y Zu.

O ROCK SUECO DE THE SOUNDS INUNDARÁ O ESCENARIO PRINCIPAL NA PRAIA DE RIAZOR

A banda sueca de rock The Sounds regresa aos escenarios españois este verán como un dos cabezas de cartel do 33º Festival Noroeste Estrella Galicia, para celebrar os seus 20 anos sobre os escenarios a golpe de pura enerxía. A banda, liderada por Maja Ivarsson (voz), está ademais integrada por Felix Rodríguez (guitarra), Johan Bengtsson (baixo), Jesper Anderberg (sintetizadores) e Fredrik Nilsson (batería). O seu álbum debut, Living in America, que viu a luz en 2002, estivo nomeado a varios Grammy e logrou a cuarta posición na lista sueca de discos máis vendidos. A el seguíronlle Dying to Say This to You (2006), Crossing the Rubicon (2009), Something To Die For (2011) e Weekend (2013). A súa música chamou a atención non só do público e da prensa especializada, senón tamén do todopoderoso Hollywood: os seus temas Something To Die For e Yeah Yeah Yeah, pertencentes ao seu traballo Something To Die For, forman parte da banda sonora da película Scream 4. Nas súas múltiples xiras internacionais compartiron táboas con bandas da talla de Foo Fighters, Panic! At The Disco e The Strokes.



ECLECTICISMO, CALIDADE, VIVENCIA E DESCUBRIMENTO NUN FESTIVAL URBANO DE REFERENCIA

Como cada ano, A Coruña transformarase en agosto para acoller unha nova edición do Festival Noroeste Estrella Galicia. Este 2019, o festival celebrarase do 6 ao 11 de agosto e contará con máis de 70 bandas e artistas que inundarán cos sons máis eclécticos todos os recunchos urbanos da cidade. O Festival Noroeste Estrella Galicia é unha cita musical única en España, que ofrece un programa atractivo de concertos gratuítos ao aire libre e que cada ano reúne entre 60.000 e 90.000 persoas.

Considerado como un dos eventos musicais máis imprescindibles do verán no norte peninsular, o Noroeste está organizado polo Concello da Coruña e conta coa colaboración especial de Estrella Galicia. Un ano máis, o Noroeste Estrella Galicia apostará non só por grandes nomes internacionais, senón tamén polas novas promesas que pisan forte e polas bandas locais e galegas con moito que dicir enriba dun escenario, coa fin de ser de novo o reflexo dunha cidade moderna e fundamentalmente musical. Da súa man, A Coruña abrirase a novos camiños, a novas maneiras de facer e de mirar, consolidándose coma un reclamo de turismo experiencial, contemporáneo e singular.

Fiel á filosofía que ven caracterizando ao festival nas súas últimas edicións, o Noroeste Estrella Galicia manterá en 2019 o seu carácter urbano con escenarios repartidos por toda a cidade, para ofertar ao público novas experiencias e outras formas de interactuar coa xente a través da música. Así mesmo, o Noroeste Estrella Galicia repetirá a súa aposta por ofrecer ciclos de programación para todo tipo de públicos a diferentes horas do día e da noite. Na súa 33º edición contará de novo con sesións matinais (para ampliar a experiencia da cidadanía tamén no mediodía, da man de bandas con pegada da escena galega e estatal) e o Ciclo Selección Noroeste (con directos exclusivos en teatros e recintos a cuberto da cidade). O Mercado da Colleita, de Hijos de Rivera, celebrarase tamén durante a fin de semana.

O Concello da Coruña e Estrella Galicia continúan a súa colaboración un ano máis trala firma en 2016 dun convenio institucional relativo á programación cultural que se pode gozar na cidade e que ten como máximo expoñente ao Noroeste. Ademais, o festival colabora un ano máis co xa clásico Concurso de Bandas e Solistas de Cuac FM.

martes, 16 de julio de 2019

LORA, The Rapants e Portland, grupos gañadores do XXI Concurso de Bandas e Solistas de Cuac FM 2019

Un ano máis, en colaboración co Concello da Coruña, estas tres propostas galegas gañadoras do xa tradicional Concurso de Cuac FM actuarán na Praia de Riazor como teloneiras dos cabezas de cartel do 33º Festival Noroeste Estrella Galicia o venres 9 e o sábado 10 de agosto

A Coruña, 16 de abril de 2019.- LORA, The Rapants e Portland foron seleccionados como gañadores do XXI Concurso de Bandas e Solistas de Cuac FM e, como parte do premio, actuarán este verán no 33º Festival Noroeste Estrella Galicia como teloneiras dos cabezas de cartel o venres 9 e o sábado 10 de agosto de 2019  no escenario da Praia de Riazor.

O Festival Noroeste Estrella Galicia, organizado polo Concello da Coruña, colabora deste xeito, un ano máis, co Concurso de Bandas e Solistas da radio comunitaria coruñesa Cuac FM, que acaba de celebrar a súa 21ª edición. O certame alcanzou este ano 2019 unha cifra récord no importe en metálico dos seus premios, que é de 4.500 euros. Na Categoría Exclusiva para Bandas Galegas resultaron vencedoras LORA, The Rapants e Portland. Estas tres bandas galegas gañadoras actuarán na Praia de Riazor como teloneiras dos cabezas de cartel do Noroeste Estrella Galicia o venres 9 e o sábado 10 de agosto. Entre elas, Portland, que é coruñesa, alzouse, ademais, co Premio á Mellor Banda Local, que ten unha recompensa en metálico de 1.000 euros. As outras dúas bandas gañadoras recibirán unha remuneración de 900 euros.

  O obxectivo do concurso foi, un ano máis, "fomentar a cultura musical na nosa contorna, outorgándolle valor engadido á música local". Un xurado composto por non menos de cinco profesionais do mundo da música e socios e socias da emisora Cuac FM valorou, entre outros aspectos, a calidade das distintas propostas, tanto a nivel instrumental como lírico, para emitir o seu veredicto.

TRES NOVAS BANDAS E ARTISTAS CONFIRMADAS NO NOROESTE ESTRELLA GALICIA 2019


LORA. Alejandro Gesto e Carlos Eirís son LORA, un grupo de rap con toques pop moi marcados, procedente de Carral. O grupo fórmase a principios de 2018 e comeza a publicar os singles do seu primeiro álbum en abril dese mesmo ano. Autoproduce todos os seus temas, desde a composición da música e as letras, ata a gravación e a mestura dos sons. Nas cancións de LORA, ademais dos clásicos sintetizadores e os samples, Alejandro e Carlos incorporan tamén instrumentos acústicos para crear bases instrumentais cun son moito máis orgánico, que levan tamén aos directos onde lles acompañan un DJ e un guitarrista para facer as súas actuacións máis enérxicas e entretidas. A banda foi seleccionada como unha das 12 semifinalistas do concurso Vodafone Yu Music Talent entre máis de 1.200 grupos. Asimesmo, LORA foi gañadora do concurso Sons Mans e, agora, ven de gañar o XXI Concurso de Bandas e Solistas de Cuac FM. Co seu tema Johnny Reggae soaron en Los 40 Coruña e en Radiovo. Actualmente, a banda está a gravar os temas que conformarán o seu segundo álbum, previsto para despois do verán.


THE RAPANTS. Festa, xuventude, praia e, sobre todo, bo rolo. Iso é The Rapants. Esta banda de indie garage surfeiro formada en Muros o verán de 2018 conseguiu mediante frases pegadizas e bailes esperpénticos facerse un oco nas preferencias musicais do público novo. A Xanma e Rapante, encargados das guitarras e as voces (así como da composición) súmanse Matías e Hugo. O primeiro (ao baixo) levanta ao público co seu carácter descarado. Pola súa banda, Hugo, a última incorporación, substitúe á anterior batería achegando maior variedade rítmica e experiencia. Este 2019, despois dos seus concertos en Santiago e Madrid, a banda actuou na V Noite de Rock Sala Nasmo, na súa localidade natal muradá. Actualmente, The Rapants continúa promocionando o seu último single: Andas por el. Un pequeno preludio ao seu futuro álbum Cariña de raposo. A música animada e pegadiza desta banda esténdese rapidamente entre os seus oíntes, agradando especialmente ao público xuvenil, que salta e baila nos seus directos. A filosofía do grupo fundaméntase na composición ininterrompida de nova música, da cal xa obtiveron os seus primeiros ingresos en diversas plataformas de streaming como Spotify, grazas ás súas numerosas visitas. A fábrica de baile de The Rapants nunca deixa de funcionar, un motivo máis para motivar a un público que aumenta grazas ao éxito en redes.

PORTLAND. Portland é unha banda formada en 2014 na Coruña, integrada por Adriana, Borja, Breogán, Matías e Víctor, todos artistas forxados previamente en diferentes proxectos. Con referencias variadas que van desde o indie rock ao soul ou o motown, Portland busca o seu estilo propio. A Place We Know é o título do seu primeiro álbum de estudo, resultado de dous anos de duro traballo. Velaquí un grupo sen etiquetas no que cada compoñente aporta a súa visión e as súas influencias personais. E todo suma.

MOI PRONTO… 

Na web www.festivalnoroeste.com e nas redes sociais do Noroeste Estrella Galicia, do Concello da Coruña e da Concellería de Culturas comunicaranse as últimas confirmacións do festival ata pechar o cartel definitivo desta 33ª edición que se celebrará do 6 ao 11 de agosto de 2019, na que destacan nomes coma os de Patti Smith and Band, Nathy Peluso, Belako, Paco Ibáñez, Mastodonte, Joe Crepúsculo, Los Punsetes, Anni B Sweet ou La URSS.