Mostrando entradas con la etiqueta oleiros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta oleiros. Mostrar todas las entradas

jueves, 21 de agosto de 2025

The Rapants actúan nas festas de Santa Cruz (Oleiros) este luns 25 de agosto


As Festas de Santa Cruz comezan hoxe e terán lugar ata o martes 26 de agosto, e inclúen propostas gastronómicas e culturais como a Festa do Chourizo, a Festa do Langostino e a Sardiñada, xunto con diversas actividades para diferentes públicos.

O luns 25 de agosto, ás 23:30 horas, a Praza Esther Pita acollerá o concerto de The Rapants, o conxunto muradán que sacudiu a escena musical do país, onde seguirán a presentar o seu traballo La máquina del buen rollo xunto con outros temas do seu repertorio nun formato ao aire libre con acceso de balde. O grupo caracteriza­se por mesturar estilos como o pop, o garage e ritmos bailables, e esta actuación supón unha oportunidade para escoitar en directo esta combinación sonora nun lugar habitual das festas.

Ademais do concerto de The Rapants, o programa musical das festas inclúe outras actuacións repartidas ao longo da semana: hoxe xoves 21, arrancan as actividades musicais con unha foliada no Torreiro de Pita con Ailá e Unto Vello. O venres 22 destaca o festival Son do Xaco, coa presenza de Delgao, María Escarmiento, La Banda de Ayer e PRAAA. A meirande parte das verbenas estará animada por orquestras como Fuego, Los Satélites, Finisterre e o concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, o martes 26 ás 21:00 horas, para pechar estes días de celebración.

Alsa - Cal Pita anunciou que haberá buses especiais todos os días ás 03h30 entre Santa Cruz e Entrexardíns na Coruña.

lunes, 24 de octubre de 2022

‘Papagena’, a ópera electrónica en galego dirixida por ButacaZero, chega a Oleiros este sábado 29 de outubro


  • Sobre o escenario estarán a soprano Esperanza Mara e o barítono Jacobo Rubianes que actúan acompañados polo director musical, Iago Hermo, compositor ademais da música e do libreto
  • A ópera comezará ás 20.30 h no Auditorio ‘Gabriel García Márquez’ e os billetes xa están á venda na plataforma web entradas.ataquilla.com
24 de outubro de 2022.- Papagena, á última creación da compañía ButacaZero, dirixida por Xavier Castiñeira e Esther F. Carrodeguas, vaise representar este sábado 29 de outubro, ás 20.30 h, no Auditorio ‘Gabriel García Márquez’ de Oleiros. As entradas para o espectáculo xa están á venda a un prezo de 4€, máis gastos de xestión, na web entradas.ataquilla.com.

Trátase dunha ópera electrónica contemporánea de pequeno formato en galego, con perspectiva de xénero, que narra a historia dunha parella engaiolada nunha relación tóxica. O elenco está formado pola soprano Esperanza Mara e o barítono Jacobo Rubianes que actúan acompañados no escenario por Iago Hermo, compositor da ópera e do libreto e tamén director musical da peza.

Papagena é unha ópera electrónica inspirada na parella de persoas-paxaro da célebre A frauta máxica, de Mozart. A peza, na que Castiñeira e Carrodeguas asumen por primeira vez a dirección escénica dunha ópera, nace da vontade de afondar nos clixés de xénero presentes no eido da creación operística, mais tamén pretende rachar con outras percepcións habitualmente asociadas ao mundo da lírica: a lingua, os espazos de representación, o público destinatario ou mesmo o formato. Para conseguilo, Iago Hermo deseñou unha ópera electrónica, baseada nas súas investigacións arredor do espectralismo minimalista. O resultado, coa colaboración de Ana Arteaga na escenografía e de Diego Valeiras no vestiario, é un espectáculo musicalmente inmersivo e visualmente contemporáneo que levará a ópera a vilas onde non adoita chegar este estilo musical.

Logo de seu paso por Oleiros, Papagena proseguirá a súa xira por outras localidades galegas nos vindeiros meses, cunha función cada fin de semana. Así, as seguintes citas van ser en Gondomar (5 de novembro), Celanova (6 de novembro), Muros (12 de novembro), Boiro (18 de novembro), Bueu (19 de novembro) e Foz (25 de novembro). Todas as datas, horarios e sistema de acceso ás funcións de Papagena están dispoñibles na páxina web da compañía, butacazero.net.

APOSTA POLA CREACIÓN EMERXENTE E O TERRITORIO

Con esta nova produción, unha ópera galega e en galego, ButacaZero mantén a súa aposta polo risco escénico, pola creación emerxente a través da colaboración con artistas de Galicia e pola creación vinculada á temática social e cunha fonda implicación no territorio. Neste sentido, un dos principais obxectivos da compañía viguesa é construír país arredor da cultura. Para iso, adaptarán a ópera contemporánea á realidade social galega, levándoa, ao longo do vindeiro trimestre, a espazos non convencionais para a súa representación.

lunes, 4 de octubre de 2021

Juan Perro encabeza la agenda de conciertos que ofrece este mes la plataforma cultural Km C de Estrella Galicia



 

Estrella Galicia anuncia cinco nuevas citas musicales en el área metropolitana de A Coruña con nombres como Los Mecánicos, El Meister, Juan Perro, Indomable o Kokoshca.

La cervecera busca revitalizar así la actividad cultural de la zona a través de este programa que incluye actividades en torno a la música, el deporte, la cultura y la gastronomía, que se pueden consultar en la web https://estrellagalicia.es/kmc

Con esta iniciativa, Estrella Galicia reafirma una vez más el estrecho vínculo con su origen, A Coruña, y muestra su apoyo a hosteleros y consumidores de la zona.

A Coruña, 4 de octubre- Estrella Galicia anuncia su agenda de conciertos del mes de octubre de Km. C, una plataforma cultural a través de la cual programa multitud de experiencias de ocio en torno a la música, el deporte o la gastronomía, con el objetivo de revitalizar la actividad cultural de la ciudad de A Coruña y su área metropolitana. Todas estas actividades se pueden consultar en la web: https://estrellagalicia.es/kmc

Este mes, la cervecera coruñesa presenta cinco citas musicales en diferentes puntos de la zona. Es el caso del concierto de Los Mecánicos, que se celebrará el 8 de octubre en el After Surf de Bastiagueiro o El Meister, que estará un día más tarde en la sala Moom. Por su parte, Juan Perro, proyecto musical de Santiago Auserón, será el protagonista del concierto del 14 de octubre en la sala Garufa. El cierre de mes será a cargo de Indimable, el 24 de octubre en Picadilly, y Kokoshca, el 28 de octubre en la Mardigras.

AGENDA KM C

OCTUBRE 2021

LOS MECÁNICOS
Fecha: 8 de octubre
Sala: After Surf

EL MEISTER
Fecha: 9 octubre
Sala: Moom

JUAN PERRO
Fecha: 14 octubre
Sala: Garufa

INDOMABLE
Fecha: 24 octubre
Sala: Piccadilly

KOKOSHCA
Fecha: 28 octubre
Sala: Mardigras

Info de horarios y entradas en la web del proyecto: https://estrellagalicia.es/kmc

viernes, 26 de marzo de 2021

Regresa Elas Son Artistas, o Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade, cunha cuarta edición adaptada ao contexto actual



Esta cita contará de novo con eventos repartidos en oito concellos da áreametropolitana da Coruña de abril a decembro.

A Coruña, xoves 25 de marzo 2021.-

Neste ano 2021 marcado pola situación sanitaria actual,a organización de Elas Son Artistas optou por manter e reformular esta nova cita cun cartelno que destaca a presenza de Martirio e Chano Domínguez, ambos artistas con múltiples premios ao logo da súa traxectoria, a compositora Carmen Boza, a pianista Aida Saco, a artista urbana e residente en Nova Iork, Vanesa Álvarez, a actriz Iria Pinheiro coa sua obra “Anatomía dunha serea”... Esta combinación de diversas artes (música, teatro, arte visual...) así como artistas galegas, do resto de España e unha banda europea, son as características desta proposta cultural pola igualdade que chega xa a súa cuarta edición. 

A organización de Elas Son Artistas presentaba esta mañá no hall do Teatro Colón da Coruña a cuarta edición dun festival de música e artes pola igualdade reconvertido en ciclo de eventos repartidos polos oito concellos da área metropolitana da Coruña de abril a decembro. 

Neste sentido, Tomi Legido, codirector e director artístico do festival, sinalaba: “É un momento crítico para o sector cultural e o noso compromiso e, tal como xa fixemos en 2020, manter viva toda a programación que sexa posible. A parte negativa é que varios dos patrocinadores nos informaron de que non poden continuar coa súa aportación pola crise que están a vivir nas empresas polo que seguiremos traballando na búsqueda de mecenazgo e patrocinios porque estamos convencidos de que o proxecto merece consolidarse. Hai moito talento feminino que debe visibilizarse para que o público disfrute, a xente moza teña referentes e para que as artistas seguen a traballar porque o precisan tanto a nivel económico como anímico. O pasado 2020 dimos traballo a 87 persoas, creo que é un dato a destacar”.

A codirectora e responsable decomunicación, Bea Camiña, destacou: “Elas Son Artistas non entende de fronteiras administrativas nin das artes como compartimentos estancos. Temos moita música pero tamén teatro, pintura, arte visual, un obradoiro de creatividade para mulleres e agardamos poder sumar algunha arte máis, xa que é importante sinalar que o programa de actividades non está pechado". A actuación principal debemos agracederlla a Bettina, a directora do Teatro Colón que facilitou que podamos ter a Martirio co excepcionall pianista Chano Domínguez e tamén recuperar a Carmen Boza que estaba prevista para 2020 e non se puido realizar a súa actuación no Garufa Club". 

O festival comeza en Oleiros, en Santa Cristina o día 24 de abril coa actuación da catalana Mabel Flores presentando o seu segundo disco, "Meraki". Xa en maio, en Bergondo, a actuación de Black co seu espectáculo “Voces de Muller”, en Betanzos con Iria Pinheiro e aimpactante obra teatral "Anatomía dunha serea", e para finalizar o día 30 de maio coa artista madrileña Mäbu que vai mover a moita xente ata o Concello de Arteixo. En xuño en Carral de novo con música e pintura.

Os representantes dos oitos Concellos da área metropolitana agradeceron emocionados “que unha iniciativa como a de Elas Son Artistas non se rinda en plena pandemia, co necesaria que é a cultura para a saúde mental”. 

Propostas musicais repartidas en oito Concellos da área metropolitana 

Serán eventos repartidas durante os nove meses que restan de ano desde abril a decembro, nos que as diferentes artistas actuarán nos oito concellos da área metropolitana: Arteixo, Betanzos, Bergondo, Cambre, Carral, A Coruña, Oleiros e Sada. 

O listado de artistas confirmadas ata o momento está formado por:

●Agoraphobia
●Aida Saco Beiroa
●Astrogirl
●Black co seu espectáculo “Voces de muller”
●Carmen Boza
●Elas tamén pintan (Coop 7H)
●Eme Dj
●Iria Pinheiro con “Anatomía dunha serea”
●Mabel Flores
●Mäbu
●Martirio e Chano Domínguez
●The Dirty Denims (Suíza)
●Vanesa Álvar  

lunes, 9 de noviembre de 2020

A Deputación completa as expropiacións para a construción dunha rotonda no cruce de A Chasqueira, en Iñás (Oleiros)



 


Cita aos propietarios dos terreos afectados o día 27 de novembro na Casa Charry para o pago dos depósitos previos

As obras, cun investimento de 643.000 euros, eliminarán o punto negro de seguridade que supón o actual cruce das estradas DP 1707 e a AC-221 pola súa escasa visibilidade e elvado volumen de tráfico

A Coruña, 9 de novembro de 2020. 

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe o anuncio de pago dos depósitos previos correspondentes ás expropiacións dos terreos necesarios para acometer a construción dunha rotonda, que substituirá ao perigoso cruce de A Chasqueira (Iñás-Oleiros), onde se produce a intersección da estrada provincial DP 1707 Oleiros-Pravio e o vial de titularidade autonómica AC-211 San Pedro de Nós-Mabegodo, e que supón un punto negro de tráfico debido á escasa visibilidade da mesma e ao elevado volume de tráfico que rexistra, pois comunica Oleiros, Culleredo, Cambre e Abegondo.

A Deputación da Coruña destina 64.000 euros euros a estas expropiacións, que se suman ao orzamento 579.089 euros para a execuión das obras, co que o investimento total rondará os 643.000 euros.

Os veciños e veciñas propietarios dos terreos están citados o día 27 de novembro, a partir das 16.00 horas, na Casa Charry.

As obras consistirán na construción dunha rotonda que substituirá ao cruce actual e regulará con maior seguridade o tráfico nesta intersección, pola que circulan, segundo os datos do servizo de Vías e Obras da institución provincial, unha media de 3.381 vehículos ao día, dos que un 7% son vehículos pesados. Os ramais sur e norte da rotonda desembocarán na DP 1707 e os do este e oeste na AC-211 da Xunta de Galicia, conectando as avenidas Salvador Allende e Espoz y Mina a localidade oleirense.

As obras suporán ademáis unha lixeira mellora do trazado da DP 1707, que conta cunha pendente lonxitudinal elevada.

Ligazón ao BOP: https://bop.dicoruna.es/

jueves, 1 de octubre de 2020

Ainoa Buitrago actuará no Concello de Oleiros dentro do ciclo metropolitano Elas Son Artistas

Dada a situación actual das salas de concertos, o evento de Ainoa Buitrago celebrarase finalmente o venres 9 de outubro no auditorio do centro cultural A Fábrica no Concello de Oleiros.

 

Dada a situación actual das salas de concertos, o evento de Ainoa Buitrago celebrarase finalmente o venres 9 de outubro no auditorio do centro cultural A Fábrica no Concello de Oleiros.

O último lanzamento da artista, “Cuentas pendientes”, unha colaboración con Paula Mattheus, conta xa con máis de 200.000 reproducións en Spotify. 

A Coruña, 1 de outubro de 2020.- 

Falar de talento musical, moitas veces, pode resultar un tanto subxectivo. Tan subxectivo como persoas poida haber no mundo, e ademais, din que as persoas talentosas adoitan estar escondidas nos lugares máis recónditos do planeta, sen facerse notar ou facéndoo moi timidamente.

Ainoa Buitrago é unha delas. Apenas hai un mes lanzaba o seu último single "Cuentas pendientes", unha canción que desde o principio namorounos sen remedio algún: diferente a todo o anterior, "bailonga" e cunha colaboración de luxo, a de Paula Mattheus. Así e todo, a traxectoria da artista vén de lonxe, e é que, escondida entre as sombras, irrompeu no panorama musical cun dos seus primeiros temas, "Venecia", acompañada polo mismísimo Andrés Suárez.

A súa versatilidade influenciada pola música de autor, o indie, R&B ou a música urbana cunha forte influencia pop e contar un mestre de luxo dan forma a unha meteórica e ascendente carreira, xa que conseguiu asinar dous contratos con Warner Music Group como artista e compositora con quenes publicará o seu primeiro disco. Unha artista incansable e imparable que estará o próximo 9 de outubro ás 21.00 horas no Concello de Oleiros presentando en directo esas cancións incluidas no seu primeiro traballo.

Acceso e protocolo de prevención da COVID-19:
As invitacións poderán recollerse a partir das 20.00 horas na billeteira do Centro Cultural A Fábrica ata completar a capacidade do auditorio. Haberá un dispensador de xel hidroalcólico na entrada. 


Elas Son Artistas é un micro festival no que a creatividade da muller é protagonista e que achega eventos culturais a 8 concellos da área Metropolitana da Coruña cunha programación máis intensa na capital, na que conta con múltiples sedes.

En todos os espectáculos, sexan de música, pintura... a característica que os une é que hai mulleres creadoras á fronte deles, aínda que iso non exclúe aos homes dos nosos escenarios. Trátase dun proxecto que pretende visibilizar a igualdade na cultura e que incorpora tamén unha xornada profesional para traballar no ámbito das boas prácticas que permitan unha igualdade real no ámbito das artes, tanto por parte das administracións públicas como desde o sector privado. Na edición actual damos traballo a 96 artistas e profesionais do sector cultural, ademais do equipo principal do festival que somos catro persoas e duas máis que se suman como colaboradoras.

viernes, 31 de julio de 2020

A Deputación investirá 770.000 euros para mellorar a seguridade da Travesía de Oleiros a Coruxo de Arriba (Rúa do Souto)




O proxecto servirá para eliminar os estreitamentos da calzada e construír un itinerario diferenciado e seguro para o tráfico peonil 

A travesía conecta Oleiros e Santa Cruz, pola que transitan máis de 15.000 vehículos ao día e numerosos peóns. 

A Coruña, 31 de xullo de 2020. 

A Deputación da Coruña aprobou hoxe máis de 2,6 millóns de euros para obras de mellora en diversos puntos da rede viaria provincial. 

Entre elas destaca un investimento de 770.183,68 euros para as obras de mellora da seguridade viaria na estrada DP 5811 Oleiros a Coruxo de Arriba (Ramal Rúa do Souto), que conecta dous importantes núcleos do municipio: Oleiros e Santa Cruz e que rexistra un tráfico diario de máis de 15.000 vehículos.

A vía presenta actualmente diversos estreitamentos, zonas sen espazo para o tránsito de peóns e cruces con pouca visibilidade, debido en moitos casos á proximidade de muros e peches das leiras que limitan directamente coa estrada, cuestións que pretenden solucionarse con este proxecto.

A mellora basearase en ampliar a plataforma actual, dotándoa dun espazo diferenciado e seguro para o tránsito peonil. A ampliación irá precedida da roza e limpeza de marxes da estrada e demolición e reposición de peches e muros, así como o retranqueo dos servizos afectados, a readaptación dos accesos e mellora do sistema de drenaxe, que actualmente presenta problemas puntuais, o que ocasiona entradas de auga nalgunhas vivendas.

O proxecto inclúe tamén o transplante de árbores que lindan coa calzada e a canalización subterránea da iluminación pública, rede eléctrica e telecomunicacións (actualmente son tendidos aéreos sobre postes de formigón ou madeira) e a instalación de 20 farois de 6 metros de altura con luminarias LED. Fresarase e e repararase o firme existente nas zonas máis deterioradas e executarase unha nova capa de rodadura de 5 cm de espesor. A senda, en mestura bituminosa, estará delimitada con bordo de formigón que a separe do tráfico rodado. Pintarase as marcas viarias da estrada, incluíndo marcas de separación de aparcamentos e os pasos de peóns existentes nos puntos quilométricos 0+008, 0+265 e 0+500, nos que se instalará nova sinalización e fitos captafaros para mellorar a súa visibilidade. 

A Deputación xa investiu 189.574 na creación dunha senda peonil nos dous primeiros quilómetros da DP 5811, que abarcan parte da Avenida de Venezuela e Rúa Ferrala.

martes, 30 de junio de 2020

TéCanela, primeira actuación do Ciclo Metropolitano Elas Son Artistas



A Coruña, martes 30 de xuño de 2020.- Este venres 3 de xullo ás 21.00h terá lugar a primeira das actuacións do Ciclo Metropolitano pola Igualdade, Elas Son Artistas, pero tamén será o primeiro evento da "nova normalidade" no Concello de Oleiros, un dos oito concellos que forman parte desta iniciativa. 

O do dúo zaragozano TéCanela son as emocións, ritmos e experiencias convertidas en cancións nas que se mesturan a naturalidade e frescura coa experiencia e a maxia destes dous artistas que chegan a Oleiros presentando novos temas. 

As entradas poñeránse á venda o mesmo venres a partir das 19.30h na billeteira do Centro Cultural A Fábrica do Concello de Oleiros a un prezo de 3,5€. (Aforo reducido).

👉 Será OBRIGATORIO o uso de mascarilla.



miércoles, 20 de mayo de 2020

A Deputación e Concello de Oleiros cofinancian a contrución dunha pista de patinaxe de velocidade en Bastiagueiro



As obras están en fase de licitación ata o 27 de maio cun orzamento de 430.419 euros 

A pista contará con 200 metros de corda, polo que poderá acoller incluso campionatos nacionais desta disciplina deportiva

A Coruña, 20 de maio de 2020. A Deputación da Coruña e o Concello de Oleiros investirán 430.419,71 euros nas obras de construción dunha pista de patinaxe de velocidade en Bastiagueiro (Oleiros), que contará con 200 metros de corda, polo que poderá acoller incluso campionatos nacionais desta disciplina deportiva. A Deputación achega, a través do Plan Único (POS+2019), un total de 413.561 euros, mentres que o Concello complementa o financiamento con 16.858,58 euros de fondos propios. As obras están en fase de licitación ata o vindeiro 27 de maio.

A nova infraestrutura ubicarase ao carón das pistas do INEF e da estrada AC-173, na avenida Ernesto Che Guevara da localidade oleirense, entre a praia de Bastiagueiro e o parque de Liáns e solucionará a falta de instalacións deportivas aptas para o desenvolvemento deste deporte, fortemente consolidado en Oleiros, que conta cun club que participa de maneira habitual en diferentes competecións autonómicas, nacionais e incluso internacionais.

A nova pista contará con 200 metros de corda interior e 6 metros de ancho, con acabado en microaglomerado e acondicionamento do recinto interior da mesma para zona multiusos e zona de escape dos patinadores/as. A lonxitude das dúas rectas representará o 55% da lonxitude da pista, mentres que as curvas representarán o 45% restante.

A pista irá pechada no seu borde exterior cunha valla de policarbonato liso e transparente de 120 cm de altura con pasamáns continuo metálico, esquinas redondeadas e panel de seguridade inferior de noepreno ou madeira que garanta a protección contra os golpes sen supor un risco para os deportistas. Nas rectas disporanse portas de acceso cunha anchura de 1,20 metros, que abrirán en sentido antihorario cara o exterior da pista, asegurando sempre a continuidade da valla.

O acabado da pista será de microaglomerado sobre unha capa de zahorra artificial de 40 cm de espesor, de forma que premita unha rápida drenaxe da auga da choiva e, á súa vez, cumpra cos requisitos de rugosidade e resbalicidade necesarios para o correcto desenvolvemento do patinaxe de velocidade, segundo a normativa actual.

As pista de patinaxe contará cun andén peonil perimetral contruído no mesmo material e confinado entre bordos de formigón. No interior habilitarse unha pista multideporte, que cumprirá a normativa INDE para pistas polideportivas e que poderá ser usada para a práctica de diferentes deportes.

miércoles, 12 de febrero de 2020

Tanxugueiras presenta este sábado 15 en Oleiros o seu novo álbum, Contrapunto, e asinarán discos na FNAC o venres 14


A nova cita ao vivo da xira, rebordante da enerxía que caracteriza ao trío de pandereteiras, terá lugar ás 20.30 horas no centro cultural A Fábrica

O grupo tamén ofrecerá este venres 14 un showcase e asinará discos a partir das 19.00 horas na Coruña, no espazo da FNAC situado na praza de Lugo

12 de febreiro de 2020.- Tanxugueiras presenta este sábado 15 en Oleiros o seu segundo disco, Contrapunto, un álbum no que as pandereteiras Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro exploran os límites da música tradicional a partir da recollida de letras populares.

Logo de encher a Sala Capitol de Santiago de Compostela o pasado 2 de febreiro, a nova cita da xira de presentación de Contrapunto terá lugar o vindeiro día 15, a partir das 20.30 horas, no auditorio do centro cultural A Fábrica, no marco do ciclo Voces cálidas para noites de inverno. O directo do grupo, ateigado da rebordante da enerxía que caracteriza as pandereteiras, conta cunha coidada posta en escena acompañada dun xogo de luces que pretende implicar ao público cos relatos que transmiten as cancións. As entradas para o concerto poderanse adquirir, por 2,50 euros, no propio centro cultural dende unha hora antes do seu inicio.

O novo disco de Tanxugueiras contén un relato maduro, cheo de matices e renovador. Contrapunto, no que Aida, Olaia e Sabela asumiron a súa definición artística e musical coa colaboración de Isaac Palacín, propón dez temas confeccionados a partir de letras tradicionais e renovados con arranxos actuais. Con elas, o grupo fía cinco relatos, cada un coa súa cara e a súa cruz, nos que cantan ao empoderamento da muller, á deslealdade e á traizón, á liberdade política, á amizade, á vida, á liberdade de decisión, a crítica á ditadura ou ao desengano.

O álbum, editado por Calaverita Records e PlayPlan, está dispoñible en todas as plataformas dixitais para a súa escoita e para a venda en tendas físicas e online, así como nos concertos do grupo, nunha xira que continuará o domingo 23 de febreiro nas Pontes de García Rodríguez e no mes de marzo nas localidades de Cangas, Vilalba e Monterroso.

Ademais da actuación desta fin de semana na Fábrica, Tanxugueiras regresa este venres á cidade da Coruña nun formato de encontro co público máis próximo. O trío ofrecerá este venres, 14 de febreiro, a partir das 19.00 horas, un showcase en acústico no espazo FNAC situado na praza de Lugo. Na cita, que dará pé a unha sinatura de discos, o grupo interpretará unha pequena mostra dos temas do novo álbum.

Tanxugueiras nos Mestre Mateo 2020
Tanxugueiras estará presente na cerimonia dos XVIII Premios Mestre Mateo. A peza audiovisual que acompaña o single Perfidia é un dos traballos finalistas da categoría Mellor videoclip nos galardóns que outorga a Academia Galega do Audiovisual (AGA) e que se entregarán o vindeiro 7 de marzo na cidade da Coruña.

Perfidia, o segundo single de Contrapunto, é un canto sobre deslealdade e traizón que, mediante letras recollidas en diferentes puntos do país, constrúen un relato actual da ruptura da confianza na amizade. O videoclip, que se gravou na cidade de Pontevedra, estreouse o pasado 15 de novembro nas redes sociais. Con esta candidatura, as e os membros da AGA recoñecen cos seus votos o impactante traballo da produtora Trece Amarillo que ten ás propias pandereteiras como protagonistas.

martes, 11 de febrero de 2020

Elas Son Artistas levará arte en igualdade a oito concellos da Coruña


A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, destacou na presentación da terceira edición o poder que ten o creativo para chegar a máis xente e enganchar esas nenas interesadas en acceder a escenarios artísticos e igualitarios

Do 17 ao 26 de abril, a nova entrega, que homenaxeará a Aretha Franklin, incluirá exposicións, obradoiros, audiovisual e concertos como o de Agoraphobia, Freedom ou Georgina

A Coruña, 11 de febreiro de 2020.- A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, participou esta mañá na presentación no Teatro Colón da terceira edición de Elas Son Artistas, que terá lugar do 17 ao 26 de abril, coordinada por un equipo encabezado polo programador Tommi Legido, quen destacou os meses de traballo previos para chegar ata aquí cunha listaxe de concellos, patrocinios, colaboracións e artistas nun cartel aínda por completar. A edila agradeceulles ás persoas organizadoras que lles permitiran colaborar no festival “en que se visibiliza a muller a través da arte”, unha plataforma que chega a máis xente: “É moi fácil pasear pola cidade e ver que o Colón, o Rosalía e o Ágora se enchen e que os centros cívicos están repletos de mulleres que prestan parte do seu tempo a facer escola de empoderamento”.

A concelleira sinalou que elas levan empoderándose moitos anos a través da rede de voluntariado municipal, “facendo reais esas políticas de igualdade ás que nós lles poñemos nomes e apelidos”. Yoya engadiu que a iniciativa en que a concellería colabora abrangue desde as artes plásticas á literatura e a música, en distintos escenarios dos que espera que enganchen esas nenas, “porque son moitas as que con doce anos aproximadamente nos preguntan por plataformas artísticas ás que poderen acceder e nas que traballaren en materia de igualdade”.

Legido recalcou que nas dúas primeiras entregas pasaron polos escenarios 144 persoas e que Elas Son Artistas nace grazas ao impulso de Yolanda Villa, xerente da sala Mardi Gras, “ela foi a que dalgún xeito nos empuxou”. Canto ao nome do festival, o coordinador contou que se refire a “cada muller que temos na nosa familia e amizades. Eu sempre penso que a miña avoa era unha artista facendo o caldo, collendo o cabalo e indo desde Coirós a Betanzos o día de feira para despois alimentar a toda a familia” porque “se esta sociedade galega non tivese o matriarcado que temos, non estariamos aquí”.

A programación inclúe desde unha homenaxe a Aretha Franklin, unha das primeiras feministas en chegar a número 1 nas listas de éxitos, coa proxección do documental “Amazing grace”, a concertos a cargo de Freedom, Agoraphobia, Ainoa Buitrago, Lau, Lúa Mosquetera, Mourn, Silvia Penide, Eme DJ, Las Antonias, Belém Tajes, Georgina, Carmen Boza, Té Canela e Grises xunto a obradoiros como un de pintura de 7H Cooperativa, en citas que se repartirán polos concellos da Coruña, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Oleiros e Sada.

Sabela, de Agoraphobia, dixo que estaba encantada de formar parte do cartel porque “como artistas segue facendo falta a visualización da muller en determinados circuítos”. Pola súa parte, Silvia Penide comentou que era a segunda vez que participaba despois de actuar con Feminino Plural: “Este ano estarei en Bergondo”. A cantante asegurou que o que máis lle gusta destes ciclos é que “facemos moitas cousas entre nós” e que delas, saen outras iniciativas.

viernes, 20 de diciembre de 2019

O Concello de Oleiros activa o Plan de Emerxencias Municipal para a xornada de temporal prevista para mañá


Oleiros, 20 de decembro de 2019-. Ante a alerta vermella costeira con vento combinado decretada para mañá sábado día 21, o Concello de Oleiros vai activar o Plan de Emerxencias Municipal para velar pola seguridade da veciñanza. O persoal dos departamentos de Emerxencias, Policía, Deportes, Obras Públicas, Comunicación e Servizos Municipais estarán mobilizados para atender calquera eventualidade na que sexa necesaria a súa presencia ou actuación. Os parques públicos e paseos marítimos permanecerán pechados. 

Tampouco poderán practicarse actividades ao aire libre, o que implicará a imposibilidade de disputar partidos de fútbol nos campos municipais. 

Artigo completo en https://bit.ly/35ItZmS

Autos Cal Pita volverá a ofrecer el servicio de la línea 2652 entre O Burgo y Lorbé a partir del 2 de enero de 2020


Informa la empresa en su página web [ver aquí]

«Desde Autos Cal Pita informamos de que a partir del 2 de enero de 2020 nuestros autobuses volverán a ofrecer el servicio de la línea 2652. Se trata del trayecto que comunica las zonas de O Burgo (en Culleredo) y Lorbé (en Oleiros)».