Mostrando entradas con la etiqueta FundaciónPaidela. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FundaciónPaidela. Mostrar todas las entradas

martes, 29 de octubre de 2024

O Encontro de Música Aberta da Fundación Paideia Galiza celebra a súa primeira edición na Coruña o día 6 de novembro


O EMA é unha nova iniciativa que nace co apoio da Xunta de Galicia para sintonizar ao sector musical galego en torno a unha xornada profesional e lúdica aberta a todos os públicos centrada na formación, o debate e o networking

O I Encontro de Música Aberta (EMA) terá lugar este mércores, 6 de novembro, de 07.00 a 14.00h, nos Estudios Mans da Coruña (Polígono de Pocomaco – Quinta Avenida, 91), baixo o lema “Estamos en sintonía”

No programa participarán o artista Abraham Cupeiro, co seu singular espectáculo Resoando no pasado e cunha masterclass de creación de instrumentos, e o dúo Soleado, o novo grupo de fusión indie-folk formado polo guitarrista e compositor de Vetusta Morla Juanma Latorre e a cantante e compositora Ester Rodríguez, que participarán nun showcase comentado

O diálogo chegará da man de Laura Iturralde, que moderará a conversa creativa Show Must Go On!: da teoría á práctica dos espectáculos en vivo

Antes, para darlle o pistoletazo de saída á iniciativa, de 07.00 a 09.00h, terá lugar a retransmisión en aberto, con público en directo, do programa de referencia de Radio 3 Hoy empieza todo, guiado pola xornalista Irene Valiente

O acceso a este novo Encontro de Música Aberta (EMA) é libre, con inscrición previa a través da plataforma https://www.paideia.es/encontro-musica-aberta/

A Coruña, 29 de outubro de 2024.- “Estamos en sintonía”. Así chega o I Encontro de Música Aberta a Galicia este mes de novembro: coa idea de sintonizar ao sector musical galego en torno a unha xornada aberta a todos os públicos centrada na formación, o debate e o networking. Deste xeito, esta nova iniciativa da Fundación Paideia coa colaboración da Xunta de Galicia terá lugar o próximo mércores, 6 de novembro, de 07.00 a 14.00h, nos Estudios Mans da Coruña (Polígono de Pocomaco – Quinta Avenida, 91). O acceso a este I Encontro de Música Aberta (EMA) é libre ata completar a capacidade do espazo, con inscrición previa a través da plataforma https://www.paideia.es/encontro-musica-aberta/.

No programa participarán o artista Abraham Cupeiro, co seu singular espectáculo Resoando no pasado e cunha masterclass de creación de instrumentos, e o dúo Soleado, o novo grupo de fusión indie-folk formado polo guitarrista e compositor de Vetusta Morla Juanma Latorre e a cantante e compositora Ester Rodríguez, que participarán nun showcase comentado. O diálogo chegará da man de Laura Iturralde, que moderará a conversa creativa Show Must Go On!: da teoría á práctica dos espectáculos en vivo, xunto aos artistas Marta Verde, Teresa Tresandí e Víctor García Aka Death Whistle.

Antes, para darlle o pistoletazo de saída á iniciativa, de 07.00 a 09.00h, terá lugar a retransmisión en aberto, con público en directo, do programa de referencia de Radio 3 Hoy empieza todo, guiado pola xornalista Irene Valiente.

PROGRAMA I ENCONTRO DE MÚSICA ABERTA DE FUNDACIÓN PAIDEIA

7.00 a 9.00h. Retransmisión en directo de Hoy empieza todo, de Radio 3, con Irene Valiente.
9.00 a 9.30h. Café.
9.30 a 10.45h. Abraham Cupeiro: Resoando no pasado.
10.45 a 11.30h. Abraham Cupeiro Masterclass de construción de instrumentos.
11.30 a 12.00h. Café.
12.00 a 12.30h. Showcase comentado de Soleado.
12.45 a 13.50h. Show Must Go On!: da teoría á práctica dos espectáculos en vivo: Diálogo creativo coa moderadora Laura Iturralde e a participación de Marta Verde, Teresa Tresandí e Víctor García Aka Death Whistle.
13.50 a 14.00h. Peche institucional.

SOBRE O I ENCONTRO DE MÚSICA ABERTA (EMA) DE FUNDACIÓN PAIDEIA

O I Encontro de Música Aberta de Fundación Paideia nace co obxectivo de impulsar a profesionalización da actividade musical emerxente en Galicia e de promover o talento musical emerxente do noso territorio, ademais de apoiar o potencial dos e das profesionais como axentes de transformación social. O EMA busca, tamén, favorecer a participación e a expresión das novas figuras do sector, mellorando os seus coñecementos profesionais e sobre a industria musical da nosa contorna e promovendo as oportunidades de diálogo de artistas noveis con axentes, promotores e outros perfís profesionais relevantes da nosa industria.

O desenvolvemento e a innovación no sector da música emerxente en Galicia é un dos principais valores da Fundación Paideia, feito que impulsa a creación deste I Encontro de Música Aberta (EMA), que reúne a figuras punteiras e recoñecidas da industria musical, nunha aposta polo coñecemento, o intercambio, o debate, o encontro e a reflexión, poñendo o foco dun xeito lúdico e atractivo nas novas tendencias do sector. O EMA está aberto a todos os públicos, profesionais emerxentes ou consolidados, curiosos e amantes da música ao vivo, que busquen descubrir ou profesionalizar os seus proxectos musicais a través de ferramentas como a formación, o debate e o contacto cos principais axentes da industria na actualidade.

O EMA xorde, tamén, co desexo de poñer en contacto aos distintos actores e actrices da industria musical galega, coa fin de facer visible o seu labor como motores do sector. E busca, ademais, crear as condicións necesarias para que os proxectos musicais emerxentes teñan unha maior capacidade de profesionalización, así como os recursos necesarios para a posta en valor do seu talento e potencial, conseguindo maior visibilidade e presenza no mercado.

SOBRE ABRAHAM CUPEIRO

Construtor e multiinstrumentista, o que caracteriza a Abraham Cupeiro é a recuperación de instrumentos perdidos no tempo, que el emprega para crear novas sonoridades e imbricalos en músicas alleas a eles. Abraham Cupeiro no é soamente un músico, é un verdadeiro mestre dos instrumentos, desde o corno de caza ata a zanfona, pasando polo carnyx, instrumento ancestral que Abraham reviviu nos seus concertos. A súa carreira levouno a colaborar con orquestras e artistas de renome internacional, sempre deixando unha pegada única coa súa habilidades para combinar tradición e modernidade. Desde os escenarios máis prestixiosos ata os recunchos máis recónditos, este artista único compartiu o seu pola música con audiencias de todas partes, creando experiencias sonoras inesquecibles.

Resoando no pasado é unha viaxe pola historia da humanidade a través dos instrumentos. Abraham Cupeiro guíanos neste percorrido da man da súa enorme colección de instrumentos milenarios. E faino con moito amor e coa pedagoxía de quen coñece os instrumentos por dentro e por fóra como ningún outro. Porque el mesmo foi quen creou algún dos seus propios instrumentos, como o carnyx ou o cornu, reconstruídos a partir de exemplares encontrados en Pompeya. Resoando no pasado non é un concerto nin tampouco un monólogo, pero Cupeiro combina aquí elementos de músico e contador de historias, nun espectáculo fascinante no que descubrir un pouco máis do ser humano a través das músicas creadas ao longo dos séculos.

Pola súa banda, o obradoiro de creación de instrumentos de Abraham Cupeiro é o sitio no que o público poderá experimentar xunto ao artista na recreación de instrumentos do pasado, xerando, incluso, novos instrumentos que sorprenden polas súas capacidades melódicas e a súa sonoridade. Este obradoiro é, sen dúbida, o proxecto máis coidado polo creador.

SOBRE SOLEADO

Soleado é o novo grupo de fusión indie-folk formado polo guitarrista e compositor de Vetusta Morla Juanma Latorre e a cantante e compositora Ester Rodríguez. O seu novo sinxelo, Los amores perros, emprega unha linguaxe como de canción de verbena, metáforas moi relacionadas co romanceiro e a canción popular (a reixa, o pano, a romaría, o pan e o viño…) que contrastan cun retrouso pop e unha base electrónica. O tema, producido unha vez máis por Pau Paredes, conta coa colaboración das pandereteiras-cantareiras Lilaina (Aliboria).

SOBRE SHOW MUST GO ON!: DA TEORÍA Á PRÁCTICA DOS ESPECTÁCULOS EN VIVO

Este diálogo creativo é un espazo para descubrir a arte do espectáculo a través da experiencia dos seus protagonistas. Dende a creatividade ata a execución, esta actividade moderada por Laura Iturralde invita ao público a formar parte do diálogo e da exploración dos retos e acertos dos eventos en directo, cunha sesión práctica e unha mesa redonda aberta a preguntas e ideas.

Laura Iturralde dedícase á plástica escénica desde 2015, especializándose na dirección de arte para espectáculos en vivo. A súa proposta artística transforma espazos a través da luz, creando atmosferas que enriquecen a narrativa dos proxectos. Colaborou con artistas ou entidades como Mercedes Peón, Brigitte Vasallo, Guadi Galego, Tanxugueiras, David Amor e os Centros Dramáticos Galego e Nacional. Nos últimos anos foi merecedora de seis premios María Casares, destacando a mellor escenografía en 2018 e a mellor iluminación en diversas ocasións, así como o premio nacional Rogelio de Egusquiza en 2021, no que acumula un total de dez nomeamentos nos últimos seis anos.

SOBRE A FUNDACIÓN PAIDEIA

Desde a súa creación en 1986, a Fundación Paideia Galiza ten apostado por converterse en referente na profesionalización e empregabilidade de persoas e sectores vulnerables. Na actualidade, a Fundación Paideia Galiza centra a súa actividade no desenvolvemento de cinco áreas de traballo: emprendemento, formación e divulgación, discapacidade e emprego, mocidade e mobilidade e desenvolvemento territorial.

Dentro da área de emprendemento, vense prestando especial atención á industria musical, ofertando posibilidades de formación, gravación e promoción a bandas e solistas emerxentes galegas e galegos, encamiñadas á profesionalización da súa actividade. Para a consecución deste obxectivo, a Fundación Paideia Galiza organiza, de forma continuada, programas de formación en emprendemento musical, xornadas de divulgación, cursos, masterclass, actividades de titorización e mentoría, residencias artísticas, concursos e certames, que conforman un corpo de accións dedicadas á profesionalización da actividade musical emerxente en Galicia.

Desde o ano 2017, Fundación Paideia Galiza e a Axencia Galega de Industrias Culturais veñen colaborando na procura e definición dunha política cultural innovadora para a industria musical emerxente, tanto en formas como en contidos, mediante o desenvolvemento de ciclos de xornadas profesionais e outras plataformas para a promoción e difusión de proxectos musicais emerxentes.

viernes, 26 de mayo de 2023

FUTURO ALCALDE, NEBULOSSA, QUIRKYODDGIRL e HYDN, gañadoras do concurso de bandas emerxentes Sonidos Mans


  As bandas gañadoras terán a oportunidade de gravar en Estudios Mans e tocar nun dos festivais galegos colaboradores: O Son do Camiño, Portamérica, Atlantic Fest e Revenidas.

• As bandas e solistas gañadoras foron escollidas entre as 323 bandas participantes de toda España.

• Esta acción, dirixida a promovelo talento emerxente, conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).

A Coruña, 26 de maio de 2023

A Fundación Paideia Galiza, a través de Estudios Mans, acaba de dar a coñecer ás/aos gañadoras/es do concurso para bandas e músicos emerxentes Sonidos Mans. Despois da selección dos 20 finalistas por parte do xurado profesional, 4 foron as bandas gañadoras, que terán a oportunidade de tocar en O Son do Camiño, Portamérica, Atlantic Fest e Revenidas. Ademais, gravarán durante dúas xornadas nos Estudios Mans de A Coruña.

As bandas gañadoras son:


Esta edición de Sonidos Mans contou coa participación de 313 bandas emerxentes de toda a xeografía española. Na primeira fase do concurso o xurado formado por Lorena Jiménez (fundadora e directora da axencia de promoción La Trinchera), Estefanía Serrano (booker & talent manager e directora/ fundadora de Plan B Music e Plan B Records) e máis Juan de Dios (músico e produtor), seleccionaron aos 20 finalistas. Destes 20 seleccionados, os festivais colaboradores escolleron ás/aos gañadoras/es. O obxectivo deste concurso é facilitar aos grupos e solistas que están iniciando a súa carreira, unha ferramenta para a difusión de seu traballo e a posibilidade de gravar nun entorno profesional.

Esta acción conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través dun convenio coa Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) para o desenvolvemento de accións de profesionalización da actividade musical emerxente.

A FUNDACIÓN PAIDEIA GALIZA-ESTUDIOS MANS E A SÚA APOSTA POLA MÚSICA EMERXENTE

Esta iniciativa ten como finalidade poñer en valor e darlle visibilidade ao talento das/os emprendedoras/es musicais. Enmárcase dentro dunha das liñas de traballo da Fundación Paideia Galiza e de Estudios Mans, dirixida ao fomento do emprendemento musical. Ademais da promoción das bandas emerxentes, desde Estudios Mans estanse a traballar áreas como a gravación, con propostas dirixidas ás/os músicas/os emprendedoras/es ou formación dirixida a que as/os artistas poidan poñer en marcha o seu proxecto musical a través de ferramentas que lles permitan profesionalizarse e deseñar o seu plan de negocio.

miércoles, 1 de junio de 2022

Xoel López y Baiuca unen su talento en la décima edición de La Residencia organizada por Fundación Paideia Galiza-Estudios Mans y Radio 3


• El coruñés Xoel López y el catoirese Baiuca participan durante esta semana en una residencia creativa en los Estudios Mans de A Coruña.

• El viernes 3 de junio presentarán el resultado de su creación en el programa de Radio 3 Hoy empieza todo, que se emitirá en directo desde el Náutico de San Vicente do Mar en O Grove.

• LA RESIDENCIA es un proyecto promovido por Fundación Paideia Galiza, a través de Estudios Mans, con la colaboración de Radio 3, con el fin de ofrecer un espacio de experimentación y creación a artistas del panorama nacional.

A Coruña, 1 de junio de 2022

La décima edición de LA RESIDENCIA, el laboratorio musical promovido por la Fundación Paideia Galiza en colaboración con Radio 3, cuenta en esta ocasión con la colaboración de Xoel López y Alejandro Guillán, conocido artísticamente como Baiuca. Ambos están compartiendo desde el pasado lunes 30 de mayo, un espacio de experimentación y creación artística en los Estudios Mans de A Coruña con la finalidad de componer un tema conjunto que se presentará el próximo viernes 3 de junio en el programa de Radio 3, Hoy empieza Todo. En esta ocasión, el programa se emitirá en directo desde el Náutico de San Vicente do Mar en O Grove, un espacio de referencia en el sector musical que en este 2022 celebra su 30 aniversario.

El proyecto La Residencia ha disfrutado en sus anteriores nueve ediciones, de creaciones de bandas y artistas como Izal, Love of Lesbian, Zahara, Amaro e Iván Ferreiro, Novedades Carminha, Luisa Sobral, Dellafuente, Ortiga, Rodrigo Cuevas o Rozalén. En esta décima edición les toca el turno a los gallegos Xoel López y Baiuca.

Xoel López es en la actualidad uno de los artistas musicales más representativos de la escena independiente iberoamericana y cuenta con más de 20 años de trayectoria musical tras pasar por la banda coruñesa Elephant Band y por la exitosa Deluxe. En 2013 su trayectoria fue reconocida al recibir el reconocimiento como Mejor Artista Nacional en los Premios de la Música Independiente. Baiuca es el proyecto de Alejandro Guillán. Define su estilo como folktrónica por la mezcla de ritmos tradicionales gallegos y la electrónica contemporánea. Ha pasado por gran parte de los festivales españoles más importantes. A lo largo de este año continúa girando por toda España -donde ofreció más de 60 actuaciones y donde ha agotado las entradas de más del 90% de sus shows- y parte del extranjero, actuando en países como Portugal, Sudáfrica, Estados Unidos y ofreciendo su primera gira por Colombia y Ecuador.

Durante esta semana de proceso creativo Xoel López y Baiuca están contando con diferentes colaboraciones de músicos/as gallegos/as como la violinista Antía Ameixeiras o Xosé Lois Romero y Aliboria. El viernes se presentará el tema inédito en el programa Hoy Empieza Todo de Radio 3 presentado y dirigido por el periodista Ángel Carmona. Se emitirá en directo entre las 7:00 y las 9:00 desde el Náutico de San Vicente do Mar. La entrada es gratuita hasta completar aforo y la apertura de puertas se realizará a las 06:30 h.

martes, 14 de septiembre de 2021

The Rapants, gañadores do concurso de bandas galegas emerxentes "Sonidos Mans Salas"



Sonidos Mans Salas é un concurso de bandas emerxentes organizado pola Fundación Paideia Galiza e Estudios Mans coa colaboración da Deputación da Coruña.

The Rapants e Catuxa Salom resultaron os escollidos, en primeiro e segundo posto respectivamente, polo xurado profesional composto por Noe Vázquez, Miguel Lueiro e Marcos Vázquez, programadores dalgunhas das máis recoñecidas salas de concertos de Galicia.

O grupo gañador gravará un EP e videoclip en Estudios Mans e presentará o seu traballo en directo. A artista Catuxa Salom, gañadora do segundo premio, gravará un tema e o seu videoclip en Estudios Mans.

A final do concurso realizouse no Espazo Mans, un pequeno escenario no marco do Festival de la Luz polo que durante todo o sábado 11 de setembro pasaron os grupos finalistas.

A Coruña, 13 de setembro 2021

The Rapants alzouse co primeiro premio e Catuxa Salom co segundo no concurso de bandas galegas emerxentes Sonidos Mans Salas, un certame organizado pola Fundación Paideia Galiza, a través de Estudios Mans, e coa colaboración da Deputación da Coruña. A enerxía da banda inundou o Festival de la Luz, marco no que se realizou a audición final do concurso. The Rapants faise así co primeiro premio que a leva a gravar un EP e un videoclip en Estudios Mans e a presentar o seu traballo en directo nunha sala de recoñecido prestixio en Galicia. A artista Catuxa Salom, segunda clasificada, gravará tamén un tema e o seu videoclip en Estudios Mans.

The Rapants son unha banda de surf, garage e indie formada en Muros (A Coruña). O seu obxectivo é facer bailar ao público sen prexuízos e gozar da música. As súas influencias de bandas como Terbutalina ou Novedades Carminha, déixanse ver no seu traballo, con letras en galego e castelán. Por outra banda, Catuxa Salom é unha moza que busca traer os sons da aldea e mesturalos coa música electrónica para crear unha atmosfera hipnótica.

O xurado estivo formado por 3 programadores dalgunhas das salas de concertos máis recoñecidas do panorama galego: Noe Vázquez (A Arca da Noe), Miguel Lueiro (Sala Sónar) e Marcos Vázquez (Fábrica de Chocolate Club). Nesta edición, Sonidos Mans Salas contou coa inscrición de 59 participantes chegados de todo o territorio galego, sendo Soulwide, Catuxa Salom, Natalia Kendra And The Blue Grapes, Allova, The Rapants as bandas e solistas escollidas para participar na audición final celebrada o pasado sábado 11 de setembro no Espazo Mans do Festival de la Luz en Boimorto. Fundación Paideia Galiza e o seu apoio ao emprendemento musical

Esta edición do concurso Sonidos Mans Salas continúa co traballo a prol do desenvolvemento de novos proxectos musicais sostíbeis, e súmase ás diferentes accións que a Fundación Paideia Galiza desenvolve, baixo o seu eixe de emprendemento, para fomentar a actividade artística e musical poñendo ao servizo dos emprendedores as ferramentas necesarias para visibilizar e profesionalizar os seus proxectos. Entre as diferentes actividades desenvolvidas a través de Estudios Mans, o estudio de gravación da Fundación Paideia Galiza na cidade da Coruña, destacan actividades de formación, así como a promoción e gravación de artistas noveis.