Mostrando entradas con la etiqueta Playas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Playas. Mostrar todas las entradas

jueves, 28 de mayo de 2020

A praia do Matadoiro pechará mañá de 11.00 a 17.00 horas para a hixienización e mantemento da area 

Estes traballos estanse levando a cabo en todas as praias municipais con bandeira azul, para que estean en perfecto estado para o desfrute da cidadanía 

A Coruña, 28 de maio de 2020.- A Concellería de Medio Ambiente e Sustentabilidade informa de que a praia do Matadoiro permanecerá pechada mañá desde as 11.00 até as 17.00 h para a realización labores de hixienización e achaiamento da area. Estes traballos estanse levando a cabo en todas as praias municipais con bandeira azul, co fin de poñelas en perfecto estado para o desfrute da veciñanza. 

A Coruña conta con cinco praias que posúen este distintivo outorgado pola Fundación Europea de Educación Ambiental: Riazor, Orzán-Matadoiro, Santo Amaro, As Lapas e Oza.

domingo, 24 de mayo de 2020

Medio Ambiente e Seguridade Cidadá activarán mañá o protocolo de uso das praias ata a apertura oficial do período estival





A concelleira Esther Fontán lembra que as duchas, os aseos e o posto de socorristas non estarán en funcionamento ata o comezo oficial do período de praias o próximo 15 de xuño

A Coruña, 24 de maio de 2020.- Tras o pase de Galicia á Fase 2 da desescalada, desde o vindeiro luns día 25 estará permitido tomar o sol e bañarse nas praias, motivo polo cal as áreas de Seguridade Cidadá e Medio Ambiente do Concello da Coruña activarán un protocolo que abarcará desde o mesmo luns 25 ata o 15 de xuño, data de apertura oficial, como todos os anos, do período de praias.

A coordinación desta primeira fase correrá a cargo dos mandos de Seguridade Cidadá que vixiarán que se cumpran as normas de distancia e capacidade en cada un dos areais; para iso instalarán un Centro de Mando na Coraza do Orzán desde onde dirixirán todo o operativo. Este centro permanecerá aberto todo o verán, con labores non só de coordinación e vixilancia senón tamén de información e seguimento. Ademais instalarase un servizo de megafonía que xunto coas cámaras de tráfico contribuirán ao mellor desenvolvemento destes labores.

Ao longo do luns e martes, técnicos de Medio Ambiente e Seguridade Cidadá supervisarán a instalación dos valos que pecharán a praia de Riazor desde As Escravas á Coraza e sinalizaranse os accesos polos que deberán entrar e saír os coruñeses dos cinco areais da cidade: Riazor, Orzán - Matadoiro, Lapas, Santo Amaro e Oza. Haberá un único sentido de baixada e outro de subida no que será necesario gardar tamén as distancias, e teranse en conta os accesos para persoas con dificultades de mobilidade. Así mesmo, os técnicos de Medio Ambiente acompañados de responsables da empresa CESPA de limpeza e recollida de lixos comprobarán que os accesos permitan a posterior limpeza dos areais así como a recollida dos residuos.

O responsable de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán, sinala que "a colaboración cidadá é fundamental á hora de manter as medidas de seguridade aprobadas polo Goberno e para calquera cousa que necesiten non dubiden en acudir ao centro de mando que estará instalado na coraza ou chamando como sempre á sala do 092, e demais servizos de seguridade e emerxencias da cidade: 112, 091, 080".

Desde Medio Ambiente lembran que as duchas non estarán en funcionamento, do mesmo xeito que outros servizos como o posto de socorristas ou os aseos ata o comezo oficial do período de praias o próximo 15 de xuño. “Estes días que van desde o luns 25 ata o próximo día 15 xuño servirán tamén para ir pulsando sobre os propios areais a resposta dos cidadáns e corrixir aqueles aspectos que se poñerán definitivamente en funcionamento a partir do 15: control de aforo en tempo real, aviso de pleamares e desaloxo de praias en caso de mareas vivas con antelación suficiente, medidas de hixiene e salubridade en todos os areais, posta en funcionamento do servizo de Salvamento e Socorrismo...”, asegura a concelleira Esther Fontán.

Os servizos de Medio Ambiente e Seguridade Cidadá seguirán traballando estreitamente nos próximos días e ao longo de todo o verán para que esta nova situación sexa o máis levadía e menos molesta posible para os coruñeses. Fontán sinala que "somos conscientes de que ningún sistema que poidamos aplicar vai satisfacer á totalidade dos coruñeses que se acheguen ás praias”.

jueves, 21 de mayo de 2020

A Policía Local controlará de forma presencial a capacidade en todas as praias da cidade a partir do luns


O concello adianta un protocolo de transición sobre o uso dos areais no inicio da Fase 2 mentres non se publiquen as normas definitivas da Administración central e autonómica 

A Coruña, 21 de maio de 2020.- A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, mantivo esta mañá unha reunión co persoal técnico municipal desta concellería e co director da Área de Seguridade Cidadá do Concello, Carlos García Touriñán, para establecer un protocolo de transición sobre o uso das praias na Coruña co comezo da Fase 2. Estas medidas, que se implementarán desde o 25 de maio ata o 15 de xuño, serán provisionais, mentres non se publique un protocolo definitivo coas instrucións do Ministerio de Sanidade e da Consellería de Sanidade. 

O obxectivo, destacan desde a Concellería de Medio Ambiente, é non desmarcarse das medidas hixiénicas e de protección que se indican tanto desde o Ministerio como desde a Consellería de Sanidade. 

As normas deste protocolo de transición para o uso das praias consistirán en: 

- A Policía Local controlará de forma presencial a capacidade en todos os areais da cidade. No caso de que os/as axentes atopen unha praia cun número desmesurado de persoas, pecharase a entrada desta ata que se controle a situación. Haberá un posto principal na coiraza do Orzán, desde onde se xestionará a capacidade de todas as praias urbanas da cidade. Neste caso, os/as axentes empregarán as cámaras do Paseo Marítimo e a información das e dos axentes que van a pé para verificar que a capacidade é a correcta e que se poida garantir a distancia mínima de 2 metros. 

- Haberá unha vía única para entrar e saír dos areais. Nas praias de Riazor e de Oza delimitaranse estas vías de acceso e saída cun balado perimetral co fin de evitar a proximidade entre as persoas. 

- Estará prohibido usar as duchas das praias, pero poderanse utilizar os aseos. 

- A caseta que habitualmente utilizaba Medio Ambiente para actividades de educación medioambiental será ocupada para informar as persoas usuarias das medidas de hixiene e control que o concello porá en marcha. 

- O sistema tamén contará cunha aplicación que informará as usuarias e usuarios do estado da marea e da capacidade da praia en tempo real. 

Lembramos que ata o vindeiro luns, 25 de maio, está prohibido tomar o sol na praia.