Mostrando entradas con la etiqueta cabalgata. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cabalgata. Mostrar todas las entradas

jueves, 4 de enero de 2024

O Concello da Coruña habilita un dispositivo especial de tráfico con motivo da Cabalgata de Reis



Recoméndase evitar o uso do vehículo particular mañá, 5 de xaneiro, a partir das 17.00 horas, especialmente nas zonas de paso da comitiva

Durante o día de hoxe colocaranse sinais de reserva de espazo en diferentes puntos da rolda Camilo José Cela, praza dos Freixos, Alcalde Pérez Ardá, avenida Fernández Latorre e Primo de Rivera que serán efectivos durante o día de mañá

Cortarase o tráfico desde as 17.45 horas nas principais vías de paso e irase restablecendo paulatinamente, segundo pase a Cabalgata e o público abandone a contorna

A Coruña, 4 de xaneiro de 2024.- O Concello da Coruña habilitará un dispositivo especial de tráfico con motivo da celebración da Cabalgata de Reis 2024, co obxectivo de garantir a maior seguridade para as familias que queiran gozar da chegada das súas maxestades á cidade.

A comitiva sairá ás 18.00 horas da rolda Camilo José Cela, fronte ao CEIP Ramón de la Sagra, cara a avenida de Monelos e continuará por Alcalde Pérez Ardá ata a travesía de Fernández Latorre seguindo cara a Catro Camiños e A Palloza para chegar á praza de Ourense por Linares Rivas. Despois chegará aos Cantóns e á avenida da Mariña ata Porta Real, rematando a cabeza da cabalgata aproximadamente ás 20.30 horas na praza de María Pita.

De acordo coa hora da saída da Cabalgata de Reis, cortarase o tráfico polos diferentes lugares de paso a partir das 17.45 horas e irase restablecendo paulatinamente, segundo pase a Cabalgata e o público abandone a contorna. Recoméndase evitar o uso do vehículo particular durante o día de mañá, 5 de xaneiro, a partir das 17.00 horas, especialmente nas zonas de paso da comitiva.


Os cortes de tráfico, ao detalle

De acordo co percorrido que seguirá a comitiva da Cabalgata de Reis neste 2024, cortarase o tráfico en diferentes puntos ao longo dos 3,7 quilómetros da ruta que farán as súas maxestades. En detalle e por puntos, os cortes son os seguintes:

Na rolda Camilo José Cela, cortarase o tráfico entre a avenida de Salvador de Madariaga e a avenida de Monelos. Isto afectaralle aos accesos á rolda pola rúa Pensamentos, Xirasois, praza dos Freixos, Caraveis e Rosas.

En canto á avenida de Monelos, cortarase o tráfico ata a rolda de Outeiro, o que afectará á rúa Vicente Aleixandre (impedirase o acceso á avenida de Monelos), Rafael Dieste e Camiño da Igrexa así como ás saídas do aparcadoiro do CEIP Nosa Señora do Rosario, IES Ramón Otero Pedrayo e Torres dos Mariñeiros. Ademais, cortarase o tráfico parcialmente na zona de Cabaleiros e Pérez Ardá, permitindo o tráfico desde Cabaleiros cara a Salvador de Madariaga.

Cabe destacar que tamén se realizará un corte do tráfico parcial entre Vicente Aleixandre e Camiño da Igrexa, no sentido dirección Camiño da Igrexa. E entre Rafael Dieste e o Camiño da Igrexa en dirección á rúa Juan Neira. Ademais, no paso de Salvador de Madariaga coa glorieta do Mercado de Elviña, cortarase o tráfico en dirección á avenida de Monelos Pérez Ardá. Cortarase o acceso á cidade por Alfonso Molina no acceso pola rolda de Outeiro con Pérez Ardá, desviando o tráfico para a entrada por Linares Rivas. Tamén en sentido saída fronte ao Hotel Avenida, impedindo a circulación cara a Pérez Ardá.

En canto á rolda de Outeiro, cortarase o tráfico con alcalde Pérez Ardá. Na confluencia coa rúa Roberto Tojeiro, impedirase o xiro á dereita en dirección Pérez Ardá. Desviarase o tráfico cara a travesía de Rianxo. Na avenida Alcalde Pérez Ardá cortarase dende a avenida de Chile a Salgado Torres, incluíndo o corte de tráfico na confluencia de Salgado Torres con Xeneral Rubín polo acceso ao túnel en dirección entrada á cidade. O paso da comitiva por Pérez Ardá tamén afectará a Ramón y Cajal e avenida de Oza, que impedirá a cirulación en dirección á avenida. Ademais, na confluencia de Catro Camiños coa avenida de Oza, con saída desde Alexandre Bóveda, desviarase o tráfico, impedindo a circulación cara a avenida de Oza.

Na avenida Fernández Latorre cortarase o tráfico no paso da comitiva, con alternativa pola rúa Benito Blanco Rajoy. Este corte afectaralle ás rúas Marqués de Amboage e Castro Chané, impedindo a circulación cara Fernández Latorre, resultando obrigatorio o xiro cara a rúa Cabaleiros. En canto á avenida do exército, cortarase o tráfico fronte á Casa do Mar impedindo a circulación en dirección Primo de Rivera; e na avenida da Pasaxe, desviaranse os vehículos cara a AC-10.

Na zona de Catro Camiños cortarase o tráfico na confluencia da praza con Concepción Arenal en dirección á Costa da Palloza, así como de Concepción Arenal con Avogacía en dirección Palloza. Tamén na confluencia entre Alexandre Bóveda e Fernando Rey, con regulación de tráfico cara a rúa Cabaleiros. En canto á rúa Marcial del Adalid, cortarase o acceso na confluencia con Federico Tapia en dirección avenida Linares Rivas por onde pasará a comitiva. Neste punto, a comitiva pasará pola marxe esquerda en dirección Xardíns de Méndez Núñez ficando habilitado o carril paralelo para a circulación en dobre sentido.

Na praza de Ourense, cortarase o tráfico na saída das rúas Padre Feijóo e Fontán, con control de saída dos vehículos estacionados. Ademais, estes cortes afectarán ao acceso á rúa Fontán, cortándose o tráfico desde Federico Tapia e praza de Galicia; e tamén no acceso á rúa Padre Feijóo desde a praza de Lugo e a rúa Ferrol. Cortarase o tráfico na praza de Mina con rúa Compostela.

Na rúa Juana de Vega cortarase o tráfico con Durán Loriga, filtrando o acceso a residentes; e con praza de Pontevedra en dirección Juana de Vega. Ademais, na rúa Fonseca será obrigatorio o xiro á esquerda polo túnel con San Andrés.

Na rúa Ambrosio Feijóo impedirase o acceso cara a avenida da Mariña e a avenida do Porto e na Porta Real, impedirase o acceso á avenida de Montoto. Ademais, cortarase o tráfico na paseo da Dársena, rúa Cánovas de la Cruz e rúa Tabernas así como na costa de San Agustín con María Pita para a protección da zona do desfile.

O tráfico restablecerase de forma paulatina en todos os puntos unha vez remate o paso da Cabalgata de Reis e fique libre o espazo, garantindo a protección dos peóns e o correcto desenvolvemento do fluxo viario.


Reservas de espazo

Durante o día de hoxe, os servizos municipais colocarán sinais de reserva de espazo en diferentes puntos do percorrido para garantir o desenvolvemento da Cabalgata con total seguridade. Estas reservas serán efectivas a partir de mañá ás 00.01 horas e colocaranse nas seguintes zonas:

- Na rolda de Camilo José Cela, desde a avenida de Monelos ata Salvador de Madariaga, na marxe dos centros escolares.

- Na praza dos Freixos.

- Na avenida Pérez Ardá, desde a rolda de Outeiro ata o edificio de El Corte Inglés na marxe dereita, en sentido avenida Fernández Latorre Ramón y Cajal.

- Na avenida de Fernández Latorre, no tramo comprendido entre Ramón y Cajal e a Fonte de Catro Camiños en ambas as marxes.

- Na avenida de Fernández Latorre coa costa da Palloza.

- Na avenida Primo de Rivera, desde o viaduto ata o carril bici en dirección saída da cidade.


Canalización do tráfico en zonas de especial alteración do tráfico

Nas vías de especial alteración do tráfico situadas no percorrido, o Concello da Coruña habilitará un sistema de canalización do tráfico para garantir o correcto fluxo de vehículos paralelo ao paso da comitiva da Cabalgata de Reis.

Na rolda Camilo José Cela, realizarase un corte de tráfico do carril esquerdo desde a avenida Salvador de Madariaga á avenida de Monelos (en dirección Monelos). Habilítase así o outro carril de circulación para o acceso-saída de persoas residentes no Barrio das Flores, con entrada por avenida Salvador de Madariaga e saída dirección avenida de Monelos.

Na avenida Alcalde Pérez Ardá, no paso pola estación de autobuses, cortarase o tráfico desde Salgado Torres á rolda de Outeiro. Habilitarase un carril de circulación de tráfico para o acceso de autobuses na marxe dereita desde Salgado Torres cara a Pérez Ardá, e de saída de autobuses por Pérez Ardá en dirección Chile. Colocaranse valos e conos na medianeira para a protección dos peóns e público da Cabalgata.

Xunto á praza de Ourense, a comitiva pasará pola marxe máis próxima á praza (o esquerdo en dirección Xardíns de Méndez Núñez) e habilitarase a marxe dereita para a circulación en dobre sentido, con separación de sentidos mediante conos.

En canto a Alfonso Molina, no dobre sentido con Linares Rivas, mantense o sentido na vía de saída para os vehículos procedentes dos arredores da praza de Vigo. Habilítase ademais un dobre sentido na actual vía de acceso para a canalización do tráfico procedente da marxe habilitada desde a praza de Ourense, en sentido entrada e saída, tamén delimitados por conos.


Vías alternativas para entrar á cidade


Para a entrada por AC-11 - avenida Alfonso Molina recoméndase:

    - Con destino Cidade Vella, Orillamar, Durmideiras e Monte Alto | Acceder por Linares Rivas de acordo co dobre sentido habilitado, por avenida do Porto e polo túnel. - Con destino Cidade Xardín, Ensanche e Pescaría | Por AC-10 cara Carballo, pola glorieta de Lonzas, tomando a terceira rolda para chegar a Manuel Murguía, paseo de Rolda e paseo Marítimo.

    - Con destino estación de tren, Os Mallos ou Agra do Orzán | Tomar saída pola avenida de San Cristóbal ou avenida de Arteixo con Severo Ochoa.


Para a entrada por AC-12 - avenida da Pasaxe recoméndase:

    - Con destino estación de tren, Os Mallos e Agra do Orzán | Empregar o túnel de Eirís (AC-10), avenida de San Cristóbal e avenida de Arteixo con Severo Ochoa.
    - Con destino ao Ensanche, Cidade Xardín, Pescaría, Cidade Vella, Orillamar, Durmideiras e Monte Alto | Desviarse cara Casabranca para tomar a AC-10 cara a Carballo, pola glorieta de Lonzas, tomando a terceira rolda para chegar a Manuel Murguía, paseo de Rolda, paseo Marítimo-Rubine e Teresa Herrera.


Para a entrada por AC-552 - avenida de Arteixo, recoméndase:

    - Con destino Pescaría, Cidade Vella, Orillamar, Durmideiras, Monte Alto, Ensanche e Cidade Xardín | Desviarse por rolda de Outeiro ou rolda de Nelle para tomar o Paseo Marítimo.


Para a entrada por AC-415 - avenida Fisterra recoméndase:

    - Con destino Pescaría, Cidade Vella, Orillamar, Durmideiras, Monte Alto, Ensanche e Cidade Xardín | Desviarse pola rolda de Outeiro ou rolda de Nelle para tomar o Paseo Marítimo.
    - Con destino cidade de Lugo, Palacio da Ópera | Acceso por rolda de Nelle, paseo de Rolda ou rúa José Luís Pérez Cepeda.


Vías alternativas de saída da cidade

Para a saída desde Durmideiras e Monte Alto recoméndase a saída polo paseo Marítimo cara ao estadio de Riazor e a rolda Real Club Deportivo, pola terceira rolda. En canto á saída dende Pescaría e Cidade Vella, recoméndase o uso do túnel de María Pita-Parrote; e desde o Ensanche, por Juan Flórez ata o Paseo Marítimo.


Modificacións nas rutas do autobús urbano

Ao ocuparse as rúas polas que circulan habitualmente os autobuses da rede de transporte urbano, as liñas afectadas iranse desviando por itinerarios alternativos a medida que a Cabalgata desenvolva o seu percorrido. As liñas que modificarán o seu itinerario son: 

- As liñas 4, 12A e 14 non poderán circular pola avda. de Monelos.

- A liña 12A en dirección Materno, desde a glorieta de Matogrande, continúa por Camilo José Cela para retomar a liña en Vicente Aleixandre. Na volta desde a rúa Oleoduto, xira en avenida de Monelos pola esqueda para baixar por Camilo José Cela ata a avenida de San Cristóbal.

- A liña 4 desde San Pedro de Mezonzo continuará pola avenida de Alfonso Molina ata Paxariñas, Salvador de Madariaga e Camilo José Cela, dará a volta nas glorietas de Eirís e do alto de Monelos para volver por Camilo José Cela, San Cristóbal, Alfonso Molina, Viaduto, Juan Flórez e Federico Tapia, onde recupera o seu itinerario habitual.

- A liña 14 desde a Estación do Ferrocarril, baixará como a liña 22 ata Paxariñas para tomar Salvador de Madariaga ata Matogrande subirá por Camilo José Cela, avda. De Monelos para retomar o seu itinerario en Vicente Alexandre. Ao chegar aos Castros non poderá continuar cara a Catro Camiños, por iso, dará a volta na rotonda continuando cara ao túnel de Eirís, Casabranca ata Camilo José Cela, avda. San Cristóbal, avda. de Alfonso Molina para acceder pola rolda de Outeiro á estación de ferrocarril, onde retoma o seu itinerario.

- As liñas con saída do Abente y Lago (1, 1A, 2, 2A, 23 e 23A), así como a liña 17, circularán polo túnel do Parrote e Estrada do Porto ata a praza de Ourense continuando por Alfonso Molina ata Paxariñas.

- As liñas 23 e 23A continuarán por Pablo Picasso o seu itinerario habitual; as restantes (1, 1A, 2, 2A e 17) farano por Salvador de Madariaga (neste punto a 1A recupera o seu itinerario) e logo por Camilo José Cela, túnel de Eirís, avenida da Pasaxe/Casabranca e Castros (2A cara ao Hospital de Oza e 17 ao Materno).

- O regreso das liñas 2, 2A e 17, desde os Castros será pola avenida da Pasaxe/Casabranca, túnel de Eirís, Camilo José Cela, San Cristóbal, Alfonso Molina, praza de Ourense, Túnel do Porto e Abente y Lago.

- As liñas 23 e 23A incorporarase en Paxariñas a Alfonso Molina, praza de Ourense, Túnel do Porto e Abente y Lago.

- A liña 5, en sentido de circulación cara a Hércules, desde a glorieta da Estación de Ferrocarril desviarase a Paxariñas, Alfonso Molina, Viaduto, praza de Ourense, Estrada do Porto, túnel do Parrote e Abente y Lago, onde recupera o seu itinerario habitual.

- A liña 21 fará cabeza de liña en Juan Flórez, 10, continuando por Juan Flórez, San Pedro de Mezonzo, Alfonso Molina e Paxariñas, incorporándose en Pablo Picasso ao seu itinerario habitual. Ao regreso, desde Pablo Picasso circulará por Paxariñas, Alfonso Molina, Viaduto, Federico Tapia e Juan Flórez.

- As liñas 3 e 7 desde a praza de Pontevedra continuarán por San Andrés, rúa Sol, Paseo Marítimo, rúa Hospital, praza de España, Veramar, Paseo Marítimo e Abente y Lago onde recuperarán o seu itinerario habitual.

- A liña 3A desde a praza de España circulará por Panadeiras e San Andrés, incorporándose na praza de Pontevedra ao seu itinerario habitual.

- A liña 12 desde San Pedro de Mezonzo (dirección CHUAC) circulará por Alfonso Molina, Paxariñas, Salvador de Madariaga, Camilo José Cela, Túnel de Eirís, avenida da Pasaxe/Casabranca, Materno. De regreso cara aos Rosales circulará pola avenida da Pasaxe cara aos Castros, avenida da Pasaxe/Casabranca, Túnel de Eirís, Camilo José Cela, San Cristóbal, Alfonso Molina, estación de ferrocarril, rolda de Outeiro, avenida de Arteixo e rolda de Nelle, onde recupera o seu itinerario habitual.

- A liña 20 continuará tamén desde San Pedro de Mezonzo por Alfonso Molina, Paxariñas, Salvador de Madariaga, Camilo José Cela, Túnel de Eirís e avda. da Pasaxe/Casabranca, onde se incorpora ao seu itinerario habitual. - A liña 22 desde Os Castros, circulará pola avda. da Pasaxe/Casabranca, Túnel de Eirís, Camilo José Cela, San Cristóbal, Alfonso Molina, Viaduto, Federico Tapia e Juan Flórez,10.

- As liñas 24 e UDC desde Alfonso Molina desviaranse polo Viaduto cara a Federico Tapia, facendo cabeza de liña en Juan Flórez, 10.

A Televisión de Galicia ofrece este venres, en directo, a cabalgata dos Reis Magos


A partir das 18:30 h, Trisha Fernández presentará un programa especial desde A Coruña que seguirá todo o percorrido dos Magos de Oriente

O autobús da G2, cos ‘Bolechas’ e Xabarín, participará no desfile coruñés

Ao longo da tarde, a TVG conectará cos desfiles noutras cidades como Santiago de Compostela, Pontevedra, Vigo, Ourense e Lugo

Santiago, 04.01.2023.- Os espectadores da Televisión de Galicia poderán seguir este venres pola tarde, en directo, a chegada dos Reis Magos ás diferentes cidades galegas. A canle pública realizará, a partir das 18:30 h, un programa especial que retransmitirá a cabalgata da Coruña, na que tamén viaxará o autobús da canle infantil, a G2, cos personaxes do ‘Xabarín Club’ e ‘Os Bolechas’. TVG conectará tamén, en directo, cos desfiles de Santiago de Compostela, Pontevedra, Vigo, Ourense e Lugo ao longo da tarde.

Na antesala da noite máis máxica do ano para milleiros de nenos e nenas, Trisha Fernández presentará este especial ‘Cabalgata de Reis’ desde o Obelisco da Coruña, con cámaras situadas ao longo dun percorrido que este ano comezará no Barrio das Flores para, desde aí, percorrer as rúas ata a praza de María Pita. Convidados como Paco Lodeiro, Lucía Rodríguez, César Romero ou Fran Cañotas e parte do elenco da serie ‘Saudade de ti’ achegaranse tanto ao set central coma aos diversos puntos en directo para vivir coas súas familias un día tan especial.

As reporteiras Fátima Pego, Carlota Mosquera, Laura Vaqueiro, Tamara Pérez e Miguel Mandayo encargaranse de que os espectadores non perdan detalle das Cabalgatas de Reis deste ano, diferentes en cada cidade. En Vigo a decoración e espectáculos que acompañan as súas maxestades de Oriente xiran arredor do ‘Mar e a Fantasía’, mentres que en Lugo as carrozas teñen como eixo central a viaxe ata Belén. En Pontevedra, os espectadores coñecerán a figura das carboeiras, que cada ano lles lembran aos cativos e cativas que, de portárense mal, levarán carbón. En Ourense asistirán a un espectáculo de fogos de artificio e na vila de Boqueixón estarán cos Bolechas.

Nesta retransmisión, a TVG rescatará a ‘Cabina dos desexos’, que logo do seu paso polos programas especiais de Nadal e Aninovo, estará presente para amosar que lles piden aos Reis Magos os rapaces e rapazas galegos. O programa especial da tarde do 5 de xaneiro rescatará os Cantares de Reis, e coñecerá un grupo de veciños que mantén vivo este costume na vila de Arnoia e unha Carteira Real que realiza o seu reparto en vilas e aldeas do rural. Ademais, porá a proba a grandes e pequenos con divertidas enquisas a pé de rúa, en que terán que responder correctamente preguntas sobre Melchor, Gaspar, Baltasar e a súa gran viaxe.

miércoles, 13 de diciembre de 2023

O Concello abre o 18 de decembro o prazo para participar como figurante na Cabalgata de Reis


Poderán participar no percorrido ata un máximo de 235 nenos e nenas

A Coruña, 13 de decembro de 2023.- O Concello da Coruña abrirá o vindeiro luns, 18 de decembro, o prazo para inscribirse como figurante da Cabalgata de Reis, que se celebrará na tarde do 5 de xaneiro. A convocatoria está destinada a menores de idade que a 1 de xaneiro de 2024 teñan unha idade comprendida entre os 7 e os 11 anos.

As prazas máximas ofertadas nesta convocatoria serán 235. Non obstante, o número exacto determinarase no momento de adxudicárense as prazas. Con esta iniciativa, o Goberno de Inés Rey quere implicar os nenos e nenas da Coruña nunha celebración moi esperada por todos eles e elas.

O período de solicitude comezará o luns 18 ás 9.00 horas e finalizará o mércores 20 ás 14.00 horas. As persoas interesadas e os seus titores legais poderán formalizar a súa inscrición a través do formulario que será habilitado na páxina web municipal www.coruna.gal. O 22 de decembro publicarase a listaxe provisional de persoas solicitantes e abrirase un período de alegacións ata o 26 de decembro. O 28 de decembro publicarase a listaxe definitiva de solicitudes.

O sorteo de prazas será o 29 de decembro ás 12.00 horas nas dependencias do Servizo de Cultura. Asignaranse prazas en todas as carrozas municipais, así como nos trens, coa única excepción dun tren, que terá carácter solidario. En total, as persoas solicitantes que resulten agraciadas serán situadas en 12 vehículos, incluíndo as carrozas das súas maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar. Unha vez finalizado o sorteo, publicarase a relación de persoas con praza na páxina web municipal.

As persoas agraciadas deberán presentar a inscrición cuberta e asinada xunto coas normas que teñen que cumprir o 4 de xaneiro no Coliseum, en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.30 horas. Recibirán nese momento toda a documentación coas instrucións necesarias para participar na Cabalgata de Reis.

jueves, 29 de diciembre de 2022

A Cabalgata de Reis 2023 terá inspiración picassiana e partirá desde Os Mallos


Sairá desde a explanada do mercado da Sardiñeira ás 18.00 h e pasará pola avenida de Oza, Catro Camiños, os Cantóns e a Mariña ata María Pita

A comitiva contará con 15 carrozas, 5 trens e 16 compañías artísticas e de animación así como 235 figurantes escollidos hoxe en sorteo

A Coruña, 29 de decembro de 2022.- A alcaldesa, Inés Rey, presentou esta mañá o percorrido da Cabalgata de Reis 2023 que contará cunha marcada inspiración picassiana no deseño das carrozas. “Este ano a Cabalgata está dedicada ao ano Picasso e a arte na infancia, con carrozas con cores e luces que representarán diferentes etapas da vida de Pablo Picasso e dos seus símbolos: arlequíns, figuras imaxinarias, a pomba ou a música” explicou Rey.

A rexedora mostrou tres deseños correspondentes a tres das carrozas con inspiración Picassiana que se integrarán na comitiva. A carroza “Estudio do pintor”, que ten como referencia o estudio onde Picasso levaba a cabo as súas obras; a carroza “Unidos pola paz”, presidida pola recoñecida pomba picassiana e, por último, “A música e Picasso”, inspirada na guitarra cubista do artista. As carrozas reais son Torres de Hércules, simulando as torres de caramelo que acostumaba debuxar Picasso, e cada unha delas terá unha cor diferente (vermello, verde e amarela).

En canto ao percorrido, a Cabalgata terá como punto de saída a explanada do mercado da Sardiñeira e sairá ás 18.00 h ata a rolda de Outeiro seguindo o percorrido por Alcalde Pérez Ardá e Ramón y Cajal ata a avenida de Oza. Continuará ata Catro Camiños, A Palloza e Primo de Rivera chegando á praza de Ourense por Linares Rivas. Este será o primeiro tramo do percorrido que ten unha duración prevista de hora e media, chegando á praza de Ourense arredor das 19.30 h. Despois continuará polos Cantóns e a avenida da Mariña ata Porta Real, rematando a cabeza da cabalgata aproximadamente ás 20.30 h na praza de María Pita. A continuación, aproximadamente ás 21.15, os Reis Magos saudarán desde o Palacio Municipal a todos os nenos e nenas presentes na praza.

Ademais, tamén con motivo do ano Picasso, na comitiva participarán varias compañías francesas así como outras de carácter local e nacional. Un total de 16 compañías artísticas e de animación que se situarán entre as carrozas para animar o público durante o paso dos Reis Magos. En total, a comitiva real está formada por preto de 1000 persoas. 

Puntos accesibles e sen ruído

O percorrido contará ademais con 4 puntos accesibles e 2 puntos sen ruído. Os puntos accesibles estarán localizados na rúa alcalde Pérez Ardá, fronte á estación de autobuses, na praza de Ourense na zona do Quiosco; fronte á parada do autobús no número 21 da Mariña, fronte á subdelegación do Goberno e, finalmente, na praza de María Pita, na zona lateral próxima á rúa Troncoso. Nestes catro puntos estarán ademais situados catro puntos de atención sanitaria e Primeiros Auxilios da man de Cruz Vermella. O situado en Pérez Ardá trasladarase a María Pita unha vez pase a cola do desfile co obxectivo de garantir a seguridade na praza.

Os dous puntos sen ruído estarán instalados no viaduto da rolda de Outeiro, na zona da parada de autobús situada na rúa Cabaleiros e no Teatro Colón, no interior do equipamento. Todos eles estarán atendidos por persoal de organización da Cabalgata, garantindo o seu correcto uso así como a seguridade das persoas que a utilicen.

Sorteo de figurantes e participación na Cabalgata

O pasado 19 de decembro o Concello abriu a convocatoria para que os nenos e nenas entre 6 e 11 anos que o desexen poidan solicitar participar como figurantes na Cabalgata. Esta mañá realizouse o sorteo das 235 prazas dos figurantes que participarán finalmente no desfile acompañando as súas maxestades.

A alcaldesa, Inés Rey, agradeceu a resposta cidadá a esta convocatoria neste primeiro Nadal sen restricións despois da Covid. “A verdade é que é un pracer ver como os coruñeses e coruñesas teñen ganas de celebrar este Nadal, un Nadal moi noso no que en total participarán 400 nenos e nenas entre figurantes, participantes no tren solidario e nas carrozas de patrocinadores que acompañarán as súas maxestades no desfile, anticipando unha noite máxica” sinalou.

Un total de 667 rapaces solicitaron participar como figurantes. As prazas definitivas publicaranse na páxina web logo da realización do sorteo. Todos os nenos e nenas recibirán de agasallo un disfraz de pintor, con gorro e lazo e bata branca. Os gorros e lazos son de cores vermello, azul, verde, naranxa e fucsia. Posteriormente estarán convidados a chocolate con churros.

martes, 13 de diciembre de 2022

O Concello abre o vindeiro luns 19 o prazo para solicitar praza como figurante na Cabalgata de Reis


 

A Coruña, 13 de decembro de 2022.- O Concello da Coruña abrirá o vindeiro día 19 a convocatoria para a participación de figurantes na Cabalgata de Reis 2023, que terá lugar o 5 de xaneiro, desde as 18.00 horas.

O número de prazas ofertadas como figurantes é de 235, e poden optar ás mesmas as persoas menores de idade que, a día 1 de xaneiro de 2023, teñan unha idade comprendida entre os 6 e 11 anos.

O período de solicitude de participación dará comezo o luns 19, ás 8.00 horas, e finalizará o mércores 21, ás 14.00 horas. As solicitudes en cuestión poderán formalizarse a través do formulario que estará habilitado na web do Concello, e ao que as persoas interesadas poderán acceder nesta ligazón.

O sorteo final de prazas, o día 29 de decembro

A publicación da listaxe provisional de persoas solicitantes terá lugar o día 23, na web do Concello. Abrirase entón un prazo de alegacións ata o día 26, ás 23.59 horas.

A listaxe definitiva emitirase o día 28. Será o paso previo á asignación das prazas ofertadas, que serán adxudicadas a través dun sorteo que se realizará o día 29, ás 12.00 horas, nas dependencias municipais da área de Cultura, na avenida da Mariña.

As persoas que obteñan praza no sorteo deberán presentar a inscrición cuberta e asinada, xunto coas normas de obrigado cumprimento, o día 4 de xaneiro no Coliseum da Coruña (en horario de 10.00 a 14.00, e de 16.30 a 21.30 horas).

Xa o día 5, xornada da Cabalgata de Reis, os menores participantes deberán presentarse, acompañados pola nai, pai ou titor legal, na entrada do IES Sardiñeira, ás 15.30 horas, onde quedarán ao cargo das persoas responsables da organización da Cabalgata.

viernes, 3 de enero de 2020

Máis de 400 nenas e nenos participarán na cabalgata dos Reis Magos, que se inspirará na maxia do Nadal


A alcaldesa, Inés Rey, e a concelleira de Festas, Diana Cabanas, presentaron esta mañá a carreira, que partirá o domingo ás 17.30 horas do Miradoiro dos Castros e rematará sobre as 20.00 horas en María Pita

A Coruña, 3 de xaneiro de 2019.- A alcaldesa, Inés Rey, e a concelleira de Festas, Diana Cabanas, presentaron esta mañá a cabalgata dos Reis Magos, que sairá este domingo do miradoiro dos Castros ás 17.30 horas, percorrerá a avenida de Oza, Ramón y Cajal, avenida do Exército, Linares Rivas, praza de Mina, Cantón pequeno e grande e A Mariña e finalizará sobre as 20.00 horas en María Pita. Nela intervirán máis de 150 artistas de once compañías, dúas delas internacionais, inspiradas/os na maxia do Nadal. Non faltarán acróbatas, zancos ou cabalos de luz con estéticas circenses e moita música para animar o paseo.

Ao rematar, haberá unha chocolatada na praza de María Pita para todos os e as nenas participantes e as súas Maxestades dirixirán unha mensaxe desde a balconada do pazo municipal. A edila explicou que se habilitarán cinco puntos de mobilidade reducida, cinco de atención sanitaria e dous de lactancia que estarán situados no Centro Cívico de San Diego e en María Pita. Serán en total 13 carrozas, sete de patrocinadores e seis municipais; e catro trens, un deles solidario, formado por cativas e cativos da unidade de diabetes do CHUAC e da Rede Municipal de Acollida. Ademais, a frota completarase cun bus da TVG, que retransmitará a carreira, e no que viaxarán personaxes tan coñecidos como Os Bolechas e o Xabarín. Na cabalgata 400 pequenas e pequenos viaxarán ao lado dos Magos de Oriente e, xunto a eles, 35 monitoras/es e 50 persoas auxiliares e mais os axudantes dos patrocinadores. Entre todas e todos repartirán 6 toneladas de caramelos mais os doces que se lancen desde as carrozas das firmas patrocinadoras.

O responsable de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán, sinalou que no dispositivo especial traballarán 132 persoas entre Policía Local, Bombeiros, Protección Civil e Cruz Vermella. Desde Os Castros á Mariña, haberá cinco puntos con saídas de evacuación na avenida de Oza con rolda de Outeiro, na praza da Palloza, na praza de Ourense, unha cuarta á altura da Subdelegación de Goberno e na praza de María Pita. Aínda que o persoal dividirá o tráfico pola cidade para que non se produzan atascos, García Touriñán aconselloulle á cidadanía que non se desprace en coche e que os pais e nais procuren que as crianzas non se acheguen ás carrozas porque “haberá caramelos para todos”. Sobre o circuíto comentou que este ano será totalmente recto e chan e que non se cruzarán os vehículos en ningún tramo, polo que resultará máis seguro que en edicións anteriores.

A TVG retransmite a tarde do domingo, en directo, a chegada á Coruña das súas maxestades de oriente


A Televisión de Galicia desprázase o domingo á Coruña para ofrecer, en directo, a chegada das súas maxestades de Oriente á cidade herculina, cita coa que comeza a noite máis máxica do ano para milleiros de nenos e nenas. Co cometido de amosar toda a ilusión que xera a cabalgata de Reis ao seu paso por Galicia, os Servizos Informativos ofrecerán un especial que amosará os desfiles e celebracións de acollida a Melchor, Gaspar e Baltasar.

Presentado por Loli Gómez e Juan Fuentes, e co apoio de Fran Cañotas como reporteiro nunha das cabalgatas galegas, o espazo da TVG dará comezo ás 17.30 horas para ofrecer o percorrido da Cabalgata polas rúas da Coruña, ademais de establecer conexións cos desfiles das principais cidades do noso país.

Nesta data, a CRTVG formará parte destacada do séquito da cabalgata de Reis da Coruña cun colorido autobús, en que serán protagonistas o rei dos porcos bravos, o Xabarín, e os divertidos Bolechas, acompañados de nenos e nenas, que compartirán caramelos e a súa ilusión cos rapaces da cidade. O autobús está tamén decorado cos personaxes de animación das series que o ‘Xabarín Club’ ofrece cada día na programación da G2 e inclúe unha alusión a Radio Picariña, a primeira emisora dixital na historia da Radio Galega de música infantil e xuvenil en galego.

Aviso de tráfico para a Cabalgata dos Reis Magos 2020 na Coruña


Cabalgata das SS.MM os Reis Magos de Oriente. 
Data: 5 de xaneiro de 2020. 
Saída ás 17h30. 

Percorridos/itinerarios: saída do Miradoiro dos Castros, avda. de Oza, Ramón y Cajal cara ao porto, avda. do Exército, praza da Palloza, Primo de Rivera, Linares Rivas, Sánchez Bregua, Cantón Pequeno, Cantón Grande, avda. da Mariña, avda. de Montoto, María Barbeito e praza de María Pita.

Artigo completo na web da Policía Local en http://www.coruna.gal/seguridadecidada

jueves, 2 de enero de 2020

Información del transporte público urbano en A Coruña, con motivo de la Cabalgata de Reyes 2020


La Cabalgata de Reyes saldrá de Los Castros, pasando por la Avda. de Oza, Ramón y Cajal, Avda. del Ejército, Primo de Rivera, Linares Rivas, Plaza de Orense, Sánchez Bregua, Plaza de Mina, Cantón Pequeño, Cantón Grande, Avenida de la Marina y Avda. Montoto, finalizando su recorrido en la Plaza de María Pita. 

Como consecuencia se producirán cortes de tráfico que afectarán a dos zonas: desde Cuatro Caminos hasta Casablanca y entre Cuatro Caminos y Puerta Real. 

Está previsto que las carrozas se concentren en el último tramo de la Avda. de Oza (hasta la Urbanización Casablanca) por lo que, a partir del momento en que se corte la circulación por dicho tramo, se verá afectada la línea 2, que dejará de circunvalar Casablanca, continuando desde la glorieta de Los Castros hasta la de la Iglesia del Carmen donde realiza la cabeza de línea.

Está previsto que la Cabalgata se inicie a las 17:30 horas, por lo que a partir de las 16:30, aproximadamente, no se podrá circular por la Avda. de Oza desde Cuatro Caminos hasta Casablanca, lo que va a afectar a las líneas:

– 1, 2, 2A, 12, 17 y 20, en sentido de circulación de Cuatro Caminos a Los Castros.

– 2, 2A, 12, 14 17 y 22, en sentido de circulación de Los Castros a Cuatro Caminos.


Las líneas afectadas en el primer tramo (1, 2, 2A, 12, 17 y 20), desde Cuatro Caminos circularán por Caballeros, Avda. de Monelos, Vicente Aleixandre, Pablo Iglesias y Avda. de la Concordia hasta la Avda. del Pasaje, desde donde las líneas 2A, 17 y 20 continuarán por su itinerario habitual. 

En sentido de vuelta, las líneas: 1, 2, 2A, 12, 12A, 14, 17 y 22, desde la glorieta de Casablanca se incorporarán al túnel de Eirís, desembocando en Camilo José Cela, donde la 12A se incorpora a su itinerario habitual (los usuarios de las líneas 1 y 12A, en las paradas de toda la zona del Castrillón, han de acceder a los autobuses en el sentido de circulación hacia Los Castros, ya que no es posible realizar en sentido contrario). 

Las demás líneas continuarán por Salvador de Madariaga, Caballeros y Cuatro Caminos, donde las líneas 12 y 14 retomarán su itinerario habitual; la 22 circulará por Castiñeiras, Federico Tapia, Francisco Mariño y Juan Flórez. Las líneas 1, 2, 2A y 17, junto con 5, 23 y 23A, desde Cuatro Caminos circularán por Castiñeiras, Viaducto de Alfonso Molina, Plaza de Orense, Carretera del Puerto, túnel de O Parrote y Abente y Lago. En el sentido de Abente y Lago hacia Cuatro Caminos, circularán por el túnel de O Parrote, Carretera del Puerto, Plaza de Orense y Viaducto de Alfonso Molina hasta Pajaritas, para regresar a Cuatro Caminos (PARADA DEL REMANSO) y continuar desde este punto por los desvíos citados anteriormente (Caballeros, Avda. de Monelos, Vicente Aleixandre, Pablo Iglesias y Avda. de la Concordia hasta la Avda. del Pasaje).

Las líneas 21 y 24 circularán por Federico Tapia y Francisco Mariño haciendo cabeza de línea en Juan Flórez, 10. Está previsto que entre las 18:30 y las 19:00 horas se habilite a la circulación la Avda. de Oza desde Cuatro caminos a Los Castros, en ambos sentidos. Desde ese momento recuperarán su itinerario habitual las líneas afectadas. 

Como es habitual se harán paradas en la Avda. do Porto a la altura del Kiosco Alfonso, antes de la entrada y a la salida del túnel.   

miércoles, 1 de enero de 2020

Recorrido de la Cabalgata de los Reyes Magos 2020 en A Coruña


Turismo de A Coruña informa del recorrido de la Cabalgata de Reyes 2020 el domingo 5 de enero a partir de las 17h30:

Rotonda Mirador de Los Castros 
Avenida de Oza 
Ramón y Cajal 
Avenida del Ejército 
Avenida de Linares Rivas 
Plaza de Mina
Cantón Pequeño
Cantón Grande
Avenida de La Marina 
Plaza de María Pita


Y los días 2, 3 y 4 de enero estarán los Reyes Magos en el hall del Palacio municipal de María Pita.



[Ver en PDF] ➡️ http://ow.ly/oOOB30q62mI



jueves, 19 de diciembre de 2019