Mostrando entradas con la etiqueta Sada. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sada. Mostrar todas las entradas
lunes, 6 de mayo de 2024
O Concello de Sada programa para este sábado 11 de maio concertos en distintas
localizacións, dende a praia ata o porto. O escenario principal estará na Praza Suárez
Picallo
Sada, 6 de maio de 2024
Sada encherase de música un ano máis grazas ao festival TouliñaPop Festival, que este ano
encara a súa sexta edición consolidado xa como unha das principais alternativas do
panorama musical da área da Coruña. O Concello de Sada organiza un festival que será
completamente gratuíto co obxectivo de que todos aqueles que se acheguen a Sada o 11 de
maio poidan desfrutar do conxunto dos concertos programados.
Nesta edición son seis os grupos que conforman o cartel. Catro deles actuarán na praza
Suárez Picallo a partir das 22h: Private Function chegan desde Australia cun son e posta
en escena que non vai deixar a ninguén indiferente; The Crawdaddys non só foron os
primeiros en chegar ó revival do son garage, senón que seguen estando entre os máis
recomendables grupos para desfrutar do son dos 80’; Pat Todd & The Rankoutsiders é
unha banda de punk rock con sede en Los Ángeles. O grupo foi fundado por Pat Todd, ex
cantante principal da mítica banda de punk rock Lazy Cowgirls. Los Chicos traen dende
Madrid a mellor mestura de música negra, rhythm & blues, soul, un pouco de country, outro
pouco de garage e algo de punk.
O TouliñaPop na Rúa, ao igual que en edicións anteriores, celebrará unha sesión vermú na
zona do porto na que, dende as 13h, poderemos gozar dos pontevedreses The Bo
Derek’s. Xa pola tarde, na rúa da praia, será o turno dos italianos The Midnight Kings,
xunto coas sesións de pinchadiscos que terán lugar durante todo o día.
“Dende o Concello estamos seguros de que un ano máis a nosa vila vaise encher na procura
da boa música que nos trae sempre o TouliñaPop Festival” asegurou Portela, quen destacou
o compromiso que o seu goberno tivo ó longo destes anos co festival.
jueves, 11 de mayo de 2023
La agenda musical KM C de Estrella Galicia regresa a las plazas de la ciudad
La plataforma cultural de la cervecera presenta su nueva edición 2023 con 15 citas musicales a cargo de bandas como Escuchando Elefantes, Marian Ledesma & Tinaquero Brothers, Chicharrón o Las Antonias, entre muchas otras, a lo largo de diferentes puntos de A Coruña.
Estrella Galicia busca la dinamización cultural de la ciudad a través de este programa que incluye múltiples actividades de índole musical, deportiva o gastronómica, que se pueden consultar en la web https://estrellagalicia.es/kmc
Con esta propuesta, Estrella Galicia reafirma una vez más el estrecho vínculo con su origen, A Coruña, y muestra su apoyo a hosteleros y consumidores de la zona.
A Coruña, 11 de mayo de 2023- La agenda cultural KmC de Estrella Galicia regresa con fuerza en su edición 2023 presentando un completo programa repleto de citas musicales para disfrutar de las terrazas coruñesas durante esta temporada. La marca ha puesto en marcha un completo calendario de planes imprescindibles con 15 nuevas citas musicales en las que participarán bandas como Escuchando Elefantes, Marian Ledesma & Tinaquero Brothers, Chicharrón o Las Antonias, entre muchas otras, a lo largo de diferentes puntos de A Coruña.
Las emblemáticas plazas de Fábrica de Tabacos, Vigo, Josep Sellier, Campo da Leña y Azcárraga serán algunos de los escenarios previstos para esta serie de conciertos que animarán los fines de semana de mayo y junio en la ciudad. Además, Estrella Galicia anuncia su participación en los festivales Retro Future Day Fest y Beatout de este próximo fin de semana y en los conciertos de las Terrazas de La Duna Beach Club de Gandarío, La Tita Rivera en el Portiño, o en La Espina de Gandarío durante los meses de verano.
Km. C es una agenda cultural impulsada por Estrella Galicia a través de la cual impulsa multitud de experiencias de ocio en torno a la música, el deporte o la gastronomía, con el objetivo de revitalizar la actividad cultural de la ciudad de A Coruña y su área metropolitana. Con esta propuesta, Estrella Galicia reafirma una vez más el estrecho vínculo con su origen, A Coruña, y muestra su apoyo a hosteleros y consumidores de la zona.
Todas estas actividades se pueden consultar en la web: https://estrellagalicia.es/kmc
El calendario completo de conciertos:
Plaza de Azcárraga
20 de mayo
13:00 horas: Cancabalo
20:00 horas: Stompy Seven Jass Band
21 de mayo
13:00 horas: Marian Ledesma &Tinaquero Brothers
Campo da Leña
27 de mayo
13:00 horas: PsychoDucks (banda ganadora del concurso)
20:00 horas: Morgen
28 de mayo
13:00 horas: Playa Desmayo
Plaza Fábrica de Tabacos
3 de junio
13:00 horas: Leria
20:00 horas: Ricky Hombre Libre
4 de junio
13:00 horas: Las Antonias
Plaza Josep Sellier
10 de junio
13:00 horas: Chicharrón
20:00 horas: Pamela Rodríguez
11 de junio
13:00 horas: Rumia
Plaza de Vigo
17 de junio
13:00 horas: Javi Chapela
20:00 horas: Escuchando Elefantes
18 de junio
13:00 horas: Another Wasted Year
Conciertos en Terrazas
La Espina Gandarío:
24 de junio
22:00 horas: Dan Millson
11 de agosto
22:00 horas: Eladio y Uka
La Tita Rivera O Portiño
17 de junio
- 13:00 horas: Suavesito +Fat Fish (Signature Sound Studio)
La Duna Beach Club. Barrañán
21 de julio
-19.30 horas: Pablo LeSuit
5 de agosto
-19:30 horas: Eris MCKenzie + Isaac Pedrouzo dj set
miércoles, 11 de mayo de 2022
Sada programa un mes de maio cheo de actividades gratuitas
A programación das Letras Galegas inclúe concerto de Xurxo Fernández
xunto co Festival que realizarán as agrupacións musicais do municipio.
Sada, 11 de maio 2022.
As concellerías de Cultura, de Promoción Económica e Turismo e de Normalización Lingüística
programan máis dunha decena de actividades para o que resta do mes de maio que
comezaron co Festival Touliña POP celebrado o pasado fin de semana e que encheuu
municipio de xente.
Coincidindo mañá xoves 12 de maio coa data do pasamento de Emilia Pardo Bazán, ás 20:00
horas na Capela de San Roque o Concello de Sada presenta o libro de banda deseñada "O Voo
da Curuxa Unha tarde con dona Emilia no Pazo de Meirás" de Inacio e Iván Suárez. Obra
fascinante dos derradeiros meses de vida de dona Emilia que lembra a estética dos gravados
clásicos e incorpora relatos da propia Pardo Bazán.
O venres 13 a Asociación de músicos Tío Phill Crew de Sada, coa colaboración da concellería de
Cultura, programa o Meigallo Fest. Este festival adicado á cultura Hard Rock, contará con las
bandas Graxa, Al final solo habrá cenizas, Sickeeper, Strikeback e os madrileños Hamlet.
O sábado 14 terá lugar na Capela de San Roque ás 12:00 a presentación literaria do libro de
Ledicia Costas "Golpes de Luz", coa participación da autora e de Monste Pena.
E pola tarde o IX Festival Camiño ao Verán organizado polo Coro Galego Santa Comba de
Veigue, coa colaboración do Concello de Sada. A cita será ás 20:00 horas no auditorio da Casa
Cultura Pintor Lloréns e participará o Coro organizador e a coral invitada San Salvador de
Camanzo de Vila de Cruces.
Letras Galegas en Sada
A concellería de Cultura programa para o luns 16 de maio ás 22:00 horas, o concerto de Xurxo
Fernándes. “Levaino e Pandereteiras Sen Fronteiros” na carpa Irmáns Suárez Picallo - 22:00h
O músico e investigador Xurxo Fernandes aúna en Levaino! as dúas vertentes creativas que
conforman a súa traxectoria. Por unha banda, a do recoñecido etnógrafo da música de
tradición oral galega, da que beben proxectos artísticos como Radio Cos. Pola outra, a do
entusiasta intérprete da música urbana dos xudeus do Imperio Otomano.Levaino! é un
revelador xogo de espellos no que Galicia e Oriente.
O propio día das Letras Galegas, martes 17, a concellería de Normalización Lingüística
programa o contacontos pola tradición “Florencio Delgado Gurriarán” no auditorio da Casa da
Cultura Pintor Lloréns ás 11:00 horas. Unha producción de Trémola Teatro centrada na obra e
Vida de Florencio Delgado Gurriarán. A través da súa vida coñeceremos os seus poemas.
Pola súa banda a concellería de Cultura programa o Festival Día das Letras Galega ás 12:00
horas na carpa na praza Suárez Picallo. Teatro, música e danza, para festexar as Letras Galegas.
A Escola Municipal de Teatro de Sada interpretará “Flores para Florencio” en homenaxe a
Florencio Delgado Gurriarán, acompañada da Banda Municipal de Sada. A continuación a
Banda de Música de Sada deleitaranos co concierto das Letras xunto coa asociación de música
tradicional Queiroa. Ademáis a agrupación musical Nova Troula percorrerá as rúas de Sada
desde as 12:00 co grupo de canto e música.
Día da Diversidade e Food Trucks.
O venres 20 na Biblioteca Municipal de Sada ás 18:30 a a rapazada de Sada poderá aprender
recursos da linguaxe do cómic facendo a sua própia páxina de banda deseñada dentro do
Obradoiro que organiza a concellería de Normalización Lungüística. No cómic atoparán unha
ferramenta “afín á sua vida que lles axudará a comunicarse, contando as suas propias historias
nas que verquir as suas propias inquedanzas e intereses."
O sábado 21 ás 12:00 na Capela de San Roque prográmase o contacontos “Diferentes
Diferenzas” polo Día da Diversidade con Silvia Penide, contos e cancións e Natalia Navaza,
intérprete de signos. Entrada libre.
A Casa da Cultura acollerá ese mesmo día ás 20:00 o concerto coral de primavera da Coral
Polifónica San Martín de Meirás que tamén contará coa Rondalla Estrelecer do Círculo
Mercantil Industrial Unidad de Fene, e a Coral Polifónica de Casa del Mar (Coruña).
E durante todo o fin de semana a concellería de Promoción Económica e Turismo programa o
IV Festival Food Trucks Sada, comida sobre rodas na carpa situada na praza Irmáns Suárez
Picallo. Unha feira de establecementos de comida móvil con numerosos actuacións musicais.
O venres 20 comezarán as actuacións as 21:00 con Pioneers e DJ Susete Deluxe.
O sábado 22
haberá xogos infantís pola maña e pola tarde e tamén as actuacións de poesía escénica con
Aldao Lado (13:00), Doctor Snob (21:00) e Extrema Urgencia (23:00)
O domingo 22 pecharáse o Festival Food Trucks con xogos infantís pola mañá e pola tarde e as
actuacións musicais de Elman Band (13:00) e Javier Insua (19:00)
miércoles, 4 de mayo de 2022
Sada consolida o "Touliña Pop" nos festivais de primavera
O venres 7 de maio volta o Touliña POP, un festival que achega a Sada o espírito da década dos oitenta, cando o municipio atraía a numerosos grupos e supuña un referente do lecer para toda a comarca.
O proxecto musical Touliña conta co respaldo do Concello de Sada e de numerosos amigos para impulsar un certame que aseguran que "responde plenamente á música e cultura rock & roll en todas as súas variantes; á máis pura, xerminal e independente".
O festival celebrarase nunha única xornada e ten como principal obxectivo atraer público a Sada e que os residentes o disfruten como en anos anteriores. "Queremos que sexa a avanzada dos festivais de verán e aproveitar o cambio estacional", explica Koke Carpente o organizador, que remarca que o que busca é "eludir a masificación dous eventos do verán", xa que é aí cando se concentran as citas festivas, desde as festas patronais a eventos como a Feira Modernista.
O Touliña POP comezará, a partir de unha da tarde, cunha sesión vermú na zona do porto, co concerto de Los Wavys Gravies ás 13:00 horas.
A partir das 17:00 na zona da Praia das Delicias prográmase música e ambientación de rúa e que supón un atractivo máis para un evento que aínda que vira ao redor da música busca atraer a todo tipo de público.
Ás 17:00 coa sesión da malagueña Susana Pose DJ e ás 19:00 co grupo londinense MFC Chicken
Pola noite haberá concertos na carpa situada na praza Irmáns Suárez Picallo, nos que actuarán os grupos:
El señor que te molesta - Madrid(22:00)
The Pewees – Italia(23:00)
Nuevo catecismo Católico – País Vasco(00:00)
The Cynics – USA (01:00).
jueves, 9 de septiembre de 2021
Sada dignifica a zona urbana das escaleiras da avenida da República Arxentina cun mural botánico realizado por Doa Oa
A artista galega Doa Oa foi a encargada de plasmar ao longo do desnivel das
escaleiras un bosquexo dunha composición botánica inspirada pola idea que Isaac
Diaz Pardo mostrou a través do seu traballo nas súas diferentes etapas, sobre a
recuperación da memoria de Galicia.
Sada, 9 setembro 2021.
O Concello de Sada encargou á artista galega Doa Oa un mural, que ven de plasmarse nas
escaleiras que conectan a avenida República Arxentina coa segunda travesía da Obra, para
reformar esta zona cercana á Praia e dotala dunha maior visivilidade, nunha iniciativa
solicitada tamén polos veciños e veciñas da zona.
Nos pasados días os operarios de Obras e Servizos estiveron a limpar as escaleiras que durante
os últimos días próximos días estiveron pechadas por momentos ao transito peonil ao tratarse
dunha intervención directa no paso. Esta actuación complementouse coa colocación de novos
bancos na zona.
O bosquexo que plasmou Doa Oa está inspirado pola idea que Isaac Diaz Pardo mostrou a
través do seu traballo nas súas diferentes etapas, sobre a recuperación da memoria de Galicia,
así como reactivar e recuperar a cultura tradicional galega; aplicada na proposta de
intervencion murais de composicións botánica á idea de recuperar a memoria sobre o
coñecemento e usos tradicionais das plantas silvestres que crecen no país.
A composición nomeada “Bryonia dioica, reforestando nueza " é un bosquexo dunha
composición botánica baseada nunha planta que crece silvestre e é moi común nos campos e
beiras dos camiños en toda Galicia. Nela está a idea da importancia do coñecemento, da
memoria e transmisión dos coñecementos sobre o noso entorno, xa que é unha planta que
contén sustancias que resultan tóxicas e a mesma vez propiedades medicinais, a dualidade
veneno e medicina.
Doa Oa, natural de Sober (Lugo), é unha artista formada en fotografía artística e Belas Artes.
Traballa diferentes técnicas gráficas e en especial pintura mural co proxecto “Reforestando”,
pensado para a transformación do espazo público, mediante a intervención mural “site
specific” de temática vexetal, coa única ambición de renacer espazos. O motor de esta idea é
urxente necesidade de recoñecer e respetar o entorno natural e todo o reino vexetal e a
importancia de espertar na nosa conciencia a idea de que somos parte de un todo, así como
axudar a establecer a comunicación entre ambos reinos. Durante os últimos años participou en
proxectos de intervención no espazo público en Portugal, Italia, Francia, Grecia, Marrocos e
España.
A iniciativa enmárcase dentro dunha aposta do Concello de Sada pola rexeneración e
dignificaron de determinadas zonas urbanas de Sada a través da arte urbana e as súas distintas
expresións. Dita aposta comezou cun mural de Isaac Díaz Pardo situado nunha fachada á
entrada do centro urbano, pola avenida que leva o nome do intelectual galego, realizado pola
artista galega Lula Goce.
Written 9/09/2021 12:26:00 p. m. by @silcerino
actualidad, comarca, murales, Sadajueves, 2 de septiembre de 2021
Sada realiza un mural botánico nas escaleiras da avenida da República Arxentina
Sada, 2 setembro 2021.
O Concello de Sada encargou á artista galega Doa Oa un mural, que se está a plasmar nas
escaleiras que conectan a avenida República Arxentina coa segunda travesía da Obra, para
reformar esta zona cercana á Praia e dotala dunha maior visivilidade.
Nos pasados días os operarios de Obras e Servizos estiveron a limpar as escaleiras que durante
os próximos días estarán pechadas por momentos ao transito peonil ao tratarse dunha
intervención directa no paso. Esta actuación se complementa coa colocación de novos bancos
na zona.
O bosquexo que propón Doa Oa está inspirado pola idea que Isaac Diaz Pardo mostrou a través
do seu traballo nas súas diferentes etapas, sobre a recuperación da memoria de Galicia, así
como reactivar e recuperar a cultura tradicional galega; aplicada na proposta de intervencion
murais de composicións botánica á idea de recuperar a memoria sobre o coñecemento e usos
tradicionais das plantas silvestres que crecen no país.
A composición nomeada “Bryonia dioica, reforestando nueza " é un bosquexo dunha
composición botánica baseada nunha planta que crece silvestre e é moi común nos campos e
beiras dos camiños en toda Galicia. Nela está a idea da importancia do coñecemento, da
memoria e transmisión dos coñecementos sobre o noso entorno, xa que é unha planta que
contén sustancias que resultan tóxicas e a mesma vez propiedades medicinais, a dualidade
veneno e medicina.
Doa Oa, natural de Sober (Lugo), é unha artista formada en fotografía artística e Belas Artes.
Traballa diferentes técnicas gráficas e en especial pintura mural co proxecto “Reforestando”,
pensado para a transformación do espazo público, mediante a intervención mural “site
specific” de temática vexetal, coa única ambición de renacer espazos. O motor de esta idea é
urxente necesidade de recoñecer e respetar o entorno natural e todo o reino vexetal e a
importancia de espertar na nosa conciencia a idea de que somos parte de un todo, así como
axudar a establecer a comunicación entre ambos reinos. Durante os últimos años participou en
proxectos de intervención no espazo público en Portugal, Italia, Francia, Grecia, Marrocos e
España.
A iniciativa enmárcase dentro dunha aposta do Concello de Sada pola rexeneración e
dignificaron de determinadas zonas urbanas de Sada a través da arte urbana e as súas distintas
expresións. Dita aposta comezou cun mural de Isaac Díaz Pardo situado nunha fachada á
entrada do centro urbano, pola avenida que leva o nome do intelectual galego, realizado pola
artista galega Lula Goce.
Written 9/02/2021 01:13:00 p. m. by @silcerino
actualidad, comarca, murales, Sadaviernes, 26 de marzo de 2021
Regresa Elas Son Artistas, o Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade, cunha cuarta edición adaptada ao contexto actual
Esta cita contará de novo con eventos repartidos en oito concellos da áreametropolitana da Coruña de abril a decembro.
A Coruña, xoves 25 de marzo 2021.-
Neste ano 2021 marcado pola situación sanitaria actual,a organización de Elas Son Artistas optou por manter e reformular esta nova cita cun cartelno que destaca a presenza de Martirio e Chano Domínguez, ambos artistas con múltiples premios ao logo da súa traxectoria, a compositora Carmen Boza, a pianista Aida Saco, a artista urbana e residente en Nova Iork, Vanesa Álvarez, a actriz Iria Pinheiro coa sua obra “Anatomía dunha serea”... Esta combinación de diversas artes (música, teatro, arte visual...) así como artistas galegas, do resto de España e unha banda europea, son as características desta proposta cultural pola igualdade que chega xa a súa cuarta edición.
A organización de Elas Son Artistas presentaba esta mañá no hall do Teatro Colón da Coruña a cuarta edición dun festival de música e artes pola igualdade reconvertido en ciclo de eventos repartidos polos oito concellos da área metropolitana da Coruña de abril a decembro.
Neste sentido, Tomi Legido, codirector e director artístico do festival, sinalaba: “É un momento crítico para o sector cultural e o noso compromiso e, tal como xa fixemos en 2020, manter viva toda a programación que sexa posible. A parte negativa é que varios dos patrocinadores nos informaron de que non poden continuar coa súa aportación pola crise que están a vivir nas empresas polo que seguiremos traballando na búsqueda de mecenazgo e patrocinios porque estamos convencidos de que o proxecto merece consolidarse. Hai moito talento feminino que debe visibilizarse para que o público disfrute, a xente moza teña referentes e para que as artistas seguen a traballar porque o precisan tanto a nivel económico como anímico. O pasado 2020 dimos traballo a 87 persoas, creo que é un dato a destacar”.
A codirectora e responsable decomunicación, Bea Camiña, destacou: “Elas Son Artistas non entende de fronteiras administrativas nin das artes como compartimentos estancos. Temos moita música pero tamén teatro, pintura, arte visual, un obradoiro de creatividade para mulleres e agardamos poder sumar algunha arte máis, xa que é importante sinalar que o programa de actividades non está pechado". A actuación principal debemos agracederlla a Bettina, a directora do Teatro Colón que facilitou que podamos ter a Martirio co excepcionall pianista Chano Domínguez e tamén recuperar a Carmen Boza que estaba prevista para 2020 e non se puido realizar a súa actuación no Garufa Club".
O festival comeza en Oleiros, en Santa Cristina o día 24 de abril coa actuación da catalana Mabel Flores presentando o seu segundo disco, "Meraki". Xa en maio, en Bergondo, a actuación de Black co seu espectáculo “Voces de Muller”, en Betanzos con Iria Pinheiro e aimpactante obra teatral "Anatomía dunha serea", e para finalizar o día 30 de maio coa artista madrileña Mäbu que vai mover a moita xente ata o Concello de Arteixo. En xuño en Carral de novo con música e pintura.
Os representantes dos oitos Concellos da área metropolitana agradeceron emocionados “que unha iniciativa como a de Elas Son Artistas non se rinda en plena pandemia, co necesaria que é a cultura para a saúde mental”.
Propostas musicais repartidas en oito Concellos da área metropolitana
Serán eventos repartidas durante os nove meses que restan de ano desde abril a decembro, nos que as diferentes artistas actuarán nos oito concellos da área metropolitana: Arteixo, Betanzos, Bergondo, Cambre, Carral, A Coruña, Oleiros e Sada.
O listado de artistas confirmadas ata o momento está formado por:
●Agoraphobia
●Aida Saco Beiroa
●Astrogirl
●Black co seu espectáculo “Voces de muller”
●Carmen Boza
●Elas tamén pintan (Coop 7H)
●Eme Dj
●Iria Pinheiro con “Anatomía dunha serea”
●Mabel Flores
●Mäbu
●Martirio e Chano Domínguez
●The Dirty Denims (Suíza)
●Vanesa Álvar
miércoles, 4 de noviembre de 2020
A Deputación financia a través do Plan Único a instalación dun colector de pluviais entre as rúas Camiño do Cementerio, avda. de Sada e avda. do Puerto, en Sada
Esta actuación, que conta cun orzamento de 225.000 euros,
pretende solucionar os problemas que ocasiona neste punto
un colector unitario
A Coruña, 04 de novembro de 2020.
A Deputación da Coruña financiará, a
través do Plan Único, un proxecto para a instalación dun colector de pluviais
entre as rúas Camiño do Cementerio, avenida e Sada e avenida do Puerto, no
Concello de Sada.
A actuación, que conta cun orzamento de 225.36776 euros, permitirá
solucionar os problemas que ocasiona a actual distribución da rede de tubaxes
neste punto. Na rúa Camiño do Cementerio existe actualmente un colector de
augas pluviais que, nun determinado pozo da vía, conéctase á rede de fecais
transformándose así nun colector unitario.
As obras a realizar son colocación dun colector para transporte de augas
pluviais desde o pozo onde agora se unen os colectores de pluviais e fecais na
rúa Camiño do Cementerio para ter unha rede separativa. Tamén se inclúen no
proxecto dous colectores, un por cada marxe, na avenida de Sada ata a parte
máis próxima á zona portuaria, onde se unirán a outro de maior diámetro ata
alcanzar o do porto.
Os traballos consistirán na demolición do pavimento existente, a colocación da
tubaxe de PVC e a posterior reposición do firme afectado. Tamén se realizarán
pozos de rexistro así como de sumidoiros para recoller as augas de escorrentía
superficial.
Written 11/04/2020 05:02:00 p. m. by @silcerino
actualidad, comarca, deputación, Sadamiércoles, 21 de octubre de 2020
Sada programa un Samaín con cine, danza, sorteos e concurso de escaparates
Na tarde do venres 30 de outubro terán lugar as actividades da Concellería de
Mocidade e durante toda a fin de semana de Samaín poderanse contemplar os
escaparates participantes no I Concurso de Escaparates de Medo, organizado pola
Concellería de Promoción Económica e Turismo.
Sada, 20 outubro 2020.
O Concello de Sada a través das concellerías de Mocidade e de Promoción Económica
programa diversos actos para a celebración so Samaín 2020.
“Non é como desexaríamos debido ao estado sanitario no que estamos, indica a concelleira de
Mocidade Rebeca Mouriño, pero programamos actividades cumprindo o protocolo COVID19
para que os máis novos podan disfrutar desta celebración de outono”
A programación da Concellería de Mocidade terá lugar o venres 30 de outubro. A partir das
17:30 as escolas de danza do municipio “Carmen López” e “Sadanza" realizarán varias
actuacións poas rúas do centro urbano de Sada.
Posteriormente no auditorio da Casa da Cultura terá lugar o Cine de Samaín. Ás 18:30
proxectarase para un público infantil a película "Monster House" e ás 21:00 para maiores de
12 años a película "Scape Room". A entrada para o Cine de Samaín é gratuita pero haberá que
reservar entradas no espazo de reserva de butacas da web municipal
(reservabutacas.sada.gal/).
Desde a concellería entregarase á saída do cine a todos os asistentes unha bolsa de gominolas
e un "Rasca e Gaña" onde poderse gañar diversos xogos de mesa e incluso unha experiencia de
“escape room”.
Concurso Escaparates de Medo.
Pola súa banda a concellería de Promoción Económica está a programar o I Concurso de
Escaparates de Medo de Sada.
Poderán participar neste concurso todos os establecementos comerciales do municipio de
Sada, calquera que sexa a a actividade (establecementos de hostalaría, comercio,
perruquerías, etc) que desenvolvan e que teñan escaparate con vistas ao exterior desde á rúa.
Os escaparates deben estar finalizados o xoves 29 de outubro e os responsables de cada local
deberán enviar unha fotografía a turismo@sada.gal co seu escaparate unha vez decorado para
a súa promoción en redes.
O Samaín en Galicia ten unha significación propia. Por iso valorarase positivamente a inclusión
de elementos decorativos vinculados á recuperación do Samaín orixinal como poden ser as
castañas, caveiras, follas secas, chuvieiras, magostos, luciñas, camposantos, Santa Compaña,
cabazas, arañas, morcegos ou outros animas nocturnos.
Os establecementos interesados en participar gratuitamente poderán incribirse na web
municipal. O prazo de inscripción remata o venres 23 de outubro.
O primeiro premio, consistirá nun diploma acreditativo e 100€ para material de escaparatismo,
e será outorgado polo un xurado formado por tres representantes do Concello.
Entre as personas que partillen e interactuen coas fotos no Facebook e Instagram co cancelo
#SamainSada2020 sortearanse premios directos. Ademáis os establecementos entregarán
“Rasca e Gaña” aos seus clientes nos que poderán gañar diversos precios que aporta o
Concello de Sada.
jueves, 1 de octubre de 2020
VIII Outono de Tapas en Sada
Sada vólvese ir de tapas no VIII Outono de Tapas, organizado polo Concello de Sada co obxectivo de reforzar a marca da vila e animar o comercio local e o sector da restauración.
Nesta octava edición o Outono de Tapas amplía as súas datas de celebración a dúas semanas completas, coa idea de ofercer máis posibilidades a veciños e visitantes nas maiores condicións de seguridade evitando agomeracións e cumplindo coa todos os protocolos sanitarios.
Así, terá lugar entre o luns 9 e o domingo 22 de novembro. Serán, pois, 13 días nos que o público poderá degustar o a nosa gastronomía local en pequenos bocados de productos de tempada optando a diferentes premios directos dos raspa e gana creados especialmente para o evento onde se incluen desde camisolas, máscaras e outros obxectos de divulgación do Concello de Sada ata vales de servizos a desfrutar nos locais participantes.
Desde a Concellería de Promoción económica, Turismo e Emprego animan a todos os bares e restaurantes a participar nesta nova edición que promocione Sada como un destino seguro e dinámico que aposte polos productos de tempada e a creatividade.
Para más información, achegamos as bases do Roteiro Gastronómico.
OBXECTIVO XERAL:
O Concurso de Tapas de Outono que se ven realizando na localidade de Sada desde fai oito outónos transfórmase nesta edición nunha Ruta Gastronómica para adaptarse as normas de seguridade sanitaria impostas polo contexto en relación a COVID-19.
Esta ruta organízase cos seguintes obxetivos:
• Promocionar os productos de temporada de Sada e comarca e con iso a propia cultura e turismo da localidade, mediante un roteiro gastronómico.
• Impulsar a promoción do sector da hostalería e o seu atractivo para a veciñanza e visitantes
• Consolidar o evento Outono de Tapas de cara a edicións posteriores
• Impulsar a calidade e orixinalidade da oferta gastronómica local.
SEGUNDA: PARTICIPANTES
A VIII Outono de Tapas terá un carácter aberto á participación de todas as persoas físicas e xurídicas cuxas actividades profesionais atendan a criterios gastronómicos en locais destinados a bares e restaurantes en Sada.
TERCEIRA: ENTIDADE ORGANIZADORA.
A entidade organizadora do VIII Outono de Tapas é o Concello de Sada en colaboracións cos Hostaleiros participantes.
CUARTA: REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN.
Todos os participantes no VIII Outono de Tapas deberán cumplir os seguintes requisitos:
• Poderán participar no concurso todos aqueles establecementos de hostalaría do concello de Sada que o desexen, sempre que estean en posesión das licenzas oportunas.
• Cada establecemento presentará como mínimo 1 tapa de cociña con productos naturais de tempada propias do outono
• O prezo da tapa será de 1€ IVE incluído (consumición aparte).O prezo establecido é un prezo promocional de obrigado cumprimento durante o concurso.
• Os establecementos participantes deberán ter a tapa presentada a concurso, a disposición do público entre os días 9 e 22 de novembro en horario de manha, tarde ou noite segundo os horarios de cada local.
• Os concursantes deben de cumprir a normativa legal vixente en materia de seguridade alimentaria en todos os procesos de elaboración das súas propostas. Terán a consideración de participantes no concurso todos aqueles establecementos que: • entregasen o boletín de inscrición e a ficha técnica da receita da tapa
• Conten co visto e prace, atendendo ao regulamento e á calidade do evento, do departamento organizador do concurso.
• Os e as participantes, incluiranse nun folleto-mapa de localización de todos os establecementos xunto coas propostas presentadas. Este mapa servirá de referencia ao público para situar e coñecer os establecementos candidatos e a súa oferta de degustación.
QUINTA: CALENDARIO DE PARTICIPACION.
O roteiro gastronómico terá lugar durante os días 9 e 22 de novembro en horario de manha ( 11:30 a 15:00 horas) e/ou de tarde 19:00 a 24:00 horas aproximadamente.
SEXTA: ACEPTACIÓN DAS NORMAS DE PARTICIPACIÓN.
A firma da solicitude de inscrición conleva a aceptación de todas e cada unha das presentes normas de participación e en particular:
• Os participantes terán a obrigación de servir as tapas presentadas na solicitude durante os días programados
• Manter en sitio visible para a clientela as tapas ofertadas e o material gráfico da campaña
• Manter o prezo único para as tapas acordado pola organización. SEPTIMA: PREZOS DAS TAPAS. Os prezos das tapas e obrigatorias para todos os establecementos participantes no concurso serán de 1€.
O prezo do resto de produtos ofertados (tapas non participantes no concurso, racións, pratos elaborados, bebidas, etc.), serán libremente fixados polos establecementos participantes, conforme á lista de prezos que os establecementos deben ter expostas ao público.
OITAVA: PRAZO DE INSCRICIÓN.
As solicitudes de participación (cuxo modelo se adxunta nestas bases) serán entregadas no Concello de Sada entre o 1 e o 9 de outubro a través do rexistro telemático da Sede Electrónica do Concello de Sada de acordo coa Lei 39/2015 de procedementos Común das Administracións Públicas.
Só se admitiran os presentado en soporte físico en casos excepcionais debidamente xustificado.
NOVENA: PREMIOS.
Para incentivar a participación de veciñanza e visitantes repartiranse vales de rasca e gana coas consumicións ata fín de existencias.
Entre os premios haberá camisolas, máscaras e outros obxetos de divulgación do Concello de Sada así como servizos de cortesía facilitados polos locais participantes.
Cada local ofrecerá como mínimo 1 servizo valorado aproximadamente en 10€.
DÉCIMA: DIFUSIÓN
O Concello de Sada deseñará o cartaz e o mapa da Ruta gastronómica onde se incluirán os locais participantes e financiará a súa impresión e reparto entre os mesmos. O Concello promocionará a través da súa páxina web, App de Turismo e redes sociais (Facebook, Instagram, etc) o evento.
Enviará información á prensa comarcal e colocará material gráfico en puntos extratéxicos de Sada anunciando o VIII Outono de Tapas.
Ver en PDF: BASES VIII OUTONO TAPAS
Ver en PDF: INSCRICIÓN VIII OUTONO TAPAS
miércoles, 2 de septiembre de 2020
O ciclo Elas Son Artistas regresa este domingo con dúas novas citas dentro da área metropolitana da Coruña
O festival reconvertido en ciclo na súa terceira edición, mantén na oferta da área metropolitana unha aposta pola cultura en tempos de COVID-19.
A primera das citas será o domingo no auditorio do parque da Igrexa, no Concello de Cambre, con Belém Tajes, e a segunda, no patio da Fundación Luis Seoane, no Concello da Coruña, con Lúa Mosquetera e Mounqup.
A Coruña, 2 de setembro de 2020.-
Despois dun mes de agosto marcado polos sorrisos coa mirada tralo concerto de Silvia Penide no Concello de Bergondo, e a incerteza que estamos a vivir o sector cultural tralo anuncio hai un par de semanas por parte das autoridades sanitarias que obligou ao peche das salas de concertos, este domingo regresa o ciclo metropolitano de música e artes pola Igualdade, Elas Son Artistas, con dúas actuacións no Concello de Cambre e no Concello da Coruña.
O primeiro deles será a actuación de Belém Tajes no Concello de Cambre, que un ano máis, encherá de música o auditorio do parque da Igrexas (12.30 horas). A que fora voz de Luar na Lubre, da un paso adiante coa presentación dun novo proxecto máis persoal, unha mistura de cancións en galego e castelán con reminiscencias a súa infancia entre Bos Aires e Camariñas. Un traballo con novas sonoridades folk pop cun gran poso de música tradicional que verá a luz en outono.
Xa entrada a tarde, o patio da Fundación Luis Seone, na cidade herculina, encherase de música a partires das 19.00 horas coas actuacións de Lúa Mosquetera e Mouqup. Esta última artista mezcla unha gran variedade de influencias culturais que van desde os ritmos africanos á experimentación industrial nórdica creando atmosferas sonoras, capas que van sumando múltiples elementos que desembocan na súa visión de música. En cambio, Lúa Mosquetera achegará a súa poesía feminista con base musical de “reguetón”. Trátase dunha enumeración de varios micromachismos que se sofren a diario (baseado en testemuños reais) cunha reflexión final que invita a cuestionarse certas actitudes cotiás incitando ao cambio e á busca da igualdade.
Acceso e protocolo de prevención da COVID-19:
A entrada a ambos concertos será de balde e o acceso abrirase 30 minutos antes de cada celebración. No caso de Cambre teranse en conta os núcleos de conviventes. O público deberá ter posta máscara durante todo o espectáculo e respectar a distancia de seguridade marcada entre localidades.
Elas Son Artistas é un micro festival no que a creatividade da muller é protagonista e que achega eventos culturais a 8 concellos da área Metropolitana da Coruña cunha programación máis intensa na capital, na que conta con múltiples sedes.
En todos os espectáculos, sexan de música, pintura... a característica que os une é que hai mulleres creadoras á fronte deles, aínda que iso non exclúe aos homes dos nosos escenarios. Trátase dun proxecto que pretende visibilizar a igualdade na cultura e que incorpora tamén unha xornada profesional para traballar no ámbito das boas prácticas que permitan unha igualdade real no ámbito das artes, tanto por parte das administracións públicas como desde o sector privado. Na edición actual damos traballo a 96 artistas e profesionais do sector cultural, ademais do equipo principal do festival que somos catro persoas e duas máis que se suman como colaboradoras.
Written 9/02/2020 05:11:00 p. m. by @silcerino
acoruña, agenda, comarca, Cultura, elassonartistas, FundLuisSeoane, Música, Sadaviernes, 14 de agosto de 2020
Sada volve limitar o Feirón a productos de alimentación co fín de reducir o risco de contaxios
Diante do aumento de casos de infección na comarca da Coruña pola covid-19 nas últimas datas e co fín de disminuir a súa transmisión o Concello de Sada limitará este sábado 15 de agosto os postos do Feirón aos puntos de venta de productos agrícolas e gandeiros do sector de alimentación e produtos perecedoiros. Para un control máis efectivo do aforo ubicaranse na rúa Linares Rivas onde se recomendará un percorrido de entrada e de saída que coide das distancias de seguridade.
Esta medida reduce a capacidade de postos a menos dun 25% e ten como obxetivo reducir o risco de contaxio e evitar posibles aglomeracións de personas na vía pública. Desde a entidade local agardan que a decisión sexa efectiva e pódase reanudar a feira coa súa extensión habitual nas vindeiras fines de semana.
Así mesmo lembran á veciñanza que é imprenscindible seguir as recomendacións sanitarias para previr a transmisión do coronavirus como da utilización da máscara en todas as circunstancias previstas, ao lavado de máns frecuente ou ao mantenimento da distancia interpersoal.
Written 8/14/2020 12:01:00 p. m. by @silcerino
actualidad, comarca, Sada, Sanidadsábado, 25 de julio de 2020
Sada celebrará unha reducida Feira Modernista arredor dun picnic popular
A incidencia da pandemia COVID-19 obriga a reducir a unha xornada a celebración dunha
Feira que remenora estampas de xusto fai un século onde tamén padeceron a gran
pandemia da gripe mundial que finou en 1920.
A Feira Modernista terá lugar o domingo 2 de agosto e realizarase arredor dun picnic popular
no que predominarán as medidas de seguridade e distanciamento social para evitar a
propagación do virus, con aforos controlados, pero sen deixar de lado os aspectos lúdicos e
culturais que farán revivir o espírito dun tempo pasado.
Sada, 24 xullo 2020.
A principios do seculo pasado en plena época modernista, o brote do virus Influenza deu paso
á pandemia máis devastadora da historia humana que finalizou en 1920, dando paso aos
felices 20. Cen anos despois outro virus, o Covid-19, ven de reducir a celebración desta festa
de recuperación da alegría Modernista, que se fai en Sada desde hai nove anos, a un só día e
con todas as medidas de seguridade e distanciamento social.
As actividades programadas comezarán o domingo ás 13:00h. cos bailes itinerantes da Escola
de Danza Carmen López e o seu “Modernismo en danza” seguido da “Gramola dos irmáns
Pizárraga”, dous irmáns galegos emigrados ás américas que reuniron discos de pizarra e
gramófonos, con pezas musicais datadas dende o 1887 ata a primeira parte do s. XX., dunha
variedade de estilos musicais e países de procedencia.
Na Feira Modernista non pode xa faltar unha das señas de identidade das edicións anteriores,
o PicNic Popular. Un convite a compartir no xardín para celebrar unha comida “campestre”,
lucindo a mellor creatividade na nosa indumentaria da época.
Por mor do impacto da pandemia que nos afecta o espazo dos xardíns deberá delimitarse para
respectar as distancias entre os grupos de comensais. Cada grupo poderá levar mantas ou
mesas e cadeiras pero deberán realizar unha reserva previa de espazo a través das canles que
o Concello de Sada anunciará nos vindeiros días.
Este ano non haberá grandes concertos pero si animación do espazo onde se celebre o PicNic.
Os “Dixie kings” realizarán un pasarrúas de Jazz eavanzará a tarde co “Fantástico Circo de
insectos Xigantes do Dr Mezzo” para rematar a xornada co concerto modernista do quinteto
de metáis da banda Municipal de Sada “Brassada” na praza da terraza.
Nesta IX edición, o concello aposta pola visión do modernismo dos artistas locais, cun cartaz
realizado por David Suárez Ansede “ Geppe”, que se inspira nun escenario emblemático, como
é a terraza, recentemente declarado Ben de Interese Cultural e que é un dos edificios máis
representativos do estilo Art noveau galego, e anima á cidadanía a decorar os seus
establecementos comerciais, fiestras e balcóns, con dibuxos e motivos modernistas, para
poñer en valor este evento cultural.
Ademáis, coa intención de dinamizar a hostalaría e poñer en valor o patrimonio
arquitectónico, repartiránse manteis desechables nos establecementos de restauración, cunha
estampación da ruta modernista que percorre os principais elementos singulares do
modernismo sadense.
sábado, 25 de abril de 2020
O Concello de Sada solicita conciencia medioambiental
O Concello de Sada, a través da concelleria de Medio Ambiente, fai un chamamento a realizar un uso axeitado do servizo de recollida do lixo, a realizar o separativo e depositalo dentro dos colectores correspondentes nas horas axeitadas, máis neste tempo onde é imprescindible concienciarnos dunha maior limpeza polo que estas actitudes incívicas supoñen un perigo para todos os veciños e veciñas.
Non é a primeira vez que desde o Concello de Sada se lembra a prohibición de depositar lixo, entullo, mobles ou residuos voluminosos en lugares non autorizados, mais, debido ao incremento detectado de depósitos incontrolados e de actitudes de mal uso dos contedores de lixo o Concello reitera a petición da necesidade de adoptar dinámicas cívicas e respectuosas co medio ambiente. Lémbrase tamén o carácter sancionable deste tipo de comportamentos e a necesidade do compromiso e a colaboración cidadá á hora de loitar contra este tipo de actitudes.
O Concello de Sada, a través do Consorcio das Mariñas, dispón dun servizo de retirada de residuos voluminosos (mobles, electrodomésticos, colchóns, somieres, etc) totalmente de balde, previa chamada ao 981 795524.
Written 4/25/2020 02:54:00 p. m. by @silcerino
actualidad, comarca, Sadalunes, 24 de febrero de 2020
Sada alcanza a 35 edición da Festa da Filloa
A concellería de Cultura organiza o martes 25 de febrero esta festa gastronómica
onde se servirán 6.000 filloas, elaboradas pola filloeira de Lestedo, ao prezo de 1
euros a ración de catro filloas
Na mañá do martes 25 de febreiro, festivo local, terá lugar o desfile de disfraces e
comparsas polo Paseo Marítimo para rematar na carpa onde se realizará o concurso
de disfraces que repartirá vales por valor de 4.650€ en premios cambiables pola
compra de calquera produto ou servizo ofrecido polo conxunto de empresas con
sede no termo municipal sadense.
Sada, 24 febreiro 2020.
Na tarde do martes 25 terá lugar a XXXV edición da Festa da Filloa que prevé repartir 500
ducias de filloas entre quen se achege ata carpa da praza Irmáns Suárez Picallo no Paseo
Marítimo de Sada.
A organización repartirá racións de catro filloas ao prezo de 1€ e a festa contará con animación
musical a cargo de agrupacións locais de música tradicional e de charangas.
Nesta ocasión se contará coa popular “Filloeira de Lestedo”, unha máquina atendida por varias
persoas que permite elaborar 1200 filloas por hora e, desta maneira, ofrecer filloas feitas ao
momento da man da filloeira de Lestedo.
Desfile e concurso de disfraces e carrozas pola mañá.
Na mañá do martes 25 de febreiro, festivo local, terá lugar o desfile de disfraces e comparsas
polo Paseo Marítimo para rematar na carpa onde se realizará o concurso de disfraces que
repartirá vales por valor de 4.650€ en premios cambiables pola compra de calquera produto
ou servizo ofrecido polo conxunto de empresas con sede no termo municipal sadense.
Participarán en tres categorías: MINI, GRUPOS, CARROZAS, optando a 3 premios en cada unha
delas. No caso da inscrición en categoría MINI, e só para esta categoría, as persoas que queiran
participar poderán facelo no mesmo momento no que vaia comezar o concurso.
martes, 11 de febrero de 2020
Elas Son Artistas levará arte en igualdade a oito concellos da Coruña
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, destacou na presentación da
terceira edición o poder que ten o creativo para chegar a máis xente e
enganchar esas nenas interesadas en acceder a escenarios artísticos e
igualitarios
Do 17 ao 26 de abril, a nova entrega, que homenaxeará a Aretha Franklin,
incluirá exposicións, obradoiros, audiovisual e concertos como o de Agoraphobia,
Freedom ou Georgina
A Coruña, 11 de febreiro de 2020.- A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira,
participou esta mañá na presentación no Teatro Colón da terceira edición de Elas
Son Artistas, que terá lugar do 17 ao 26 de abril, coordinada por un equipo
encabezado polo programador Tommi Legido, quen destacou os meses de traballo
previos para chegar ata aquí cunha listaxe de concellos, patrocinios, colaboracións
e artistas nun cartel aínda por completar. A edila agradeceulles ás persoas
organizadoras que lles permitiran colaborar no festival “en que se visibiliza a muller
a través da arte”, unha plataforma que chega a máis xente: “É moi fácil pasear pola
cidade e ver que o Colón, o Rosalía e o Ágora se enchen e que os centros cívicos
están repletos de mulleres que prestan parte do seu tempo a facer escola de
empoderamento”.
A concelleira sinalou que elas levan empoderándose moitos anos a través da rede
de voluntariado municipal, “facendo reais esas políticas de igualdade ás que nós lles
poñemos nomes e apelidos”. Yoya engadiu que a iniciativa en que a concellería colabora abrangue desde as artes plásticas á literatura e a música, en distintos
escenarios dos que espera que enganchen esas nenas, “porque son moitas as que
con doce anos aproximadamente nos preguntan por plataformas artísticas ás que
poderen acceder e nas que traballaren en materia de igualdade”.
Legido recalcou que nas dúas primeiras entregas pasaron polos escenarios 144
persoas e que Elas Son Artistas nace grazas ao impulso de Yolanda Villa, xerente
da sala Mardi Gras, “ela foi a que dalgún xeito nos empuxou”. Canto ao nome do
festival, o coordinador contou que se refire a “cada muller que temos na nosa familia
e amizades. Eu sempre penso que a miña avoa era unha artista facendo o caldo,
collendo o cabalo e indo desde Coirós a Betanzos o día de feira para despois
alimentar a toda a familia” porque “se esta sociedade galega non tivese o
matriarcado que temos, non estariamos aquí”.
A programación inclúe desde unha homenaxe a Aretha Franklin, unha das primeiras
feministas en chegar a número 1 nas listas de éxitos, coa proxección do documental
“Amazing grace”, a concertos a cargo de Freedom, Agoraphobia, Ainoa Buitrago,
Lau, Lúa Mosquetera, Mourn, Silvia Penide, Eme DJ, Las Antonias, Belém Tajes,
Georgina, Carmen Boza, Té Canela e Grises xunto a obradoiros como un de pintura
de 7H Cooperativa, en citas que se repartirán polos concellos da Coruña, Arteixo,
Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Oleiros e Sada.
Sabela, de Agoraphobia, dixo que estaba encantada de formar parte do cartel
porque “como artistas segue facendo falta a visualización da muller en determinados
circuítos”. Pola súa parte, Silvia Penide comentou que era a segunda vez que
participaba despois de actuar con Feminino Plural: “Este ano estarei en Bergondo”.
A cantante asegurou que o que máis lle gusta destes ciclos é que “facemos moitas
cousas entre nós” e que delas, saen outras iniciativas.
viernes, 7 de febrero de 2020
La Mejor Tiradora de Cerveza de Galicia es Paula Isabel Balleste, del restaurante Miramar de Sada
La ganadora se ha impuesto entre 20 participantes de toda la comunidad en el Campeonato Gallego de Tiraje de Cerveza Estrella Galicia que se ha celebrado hoy en el marco de Xantar en Ourense.
Carlos Antonio Villar de Casa do Patín en Padrón ha resultado Subcampeón del certamen.
Luis Alberto de Sousa de Ernesto Patio Bar en O Carballiño y Ricardo Cela de Café Bar Lisboa en O Barco de Valdeorras se han llevado los dos accésits que les permiten participar también en el certamen nacional.
El campeonato ha estado muy disputado y la emoción de los participantes y sus seguidores ha sido uno de los grandes atractivos de esta mañana en el Salón.
Ourense, 7 de febrero de 2020- Esta mañana se ha celebrado la séptima edición del Campeonato Gallego de Tiraje de Cerveza Estrella Galicia en el stand de la marca cervecera en Xantar en Ourense. Un total de 20 aspirantes llegados de diversos puntos de la comunidad se han enfrentado a lo largo de diferentes rondas para alzarse con el título de mejor tirador de cerveza.
Los participantes tuvieron que demostrar su destreza tirando cañas, sirviendo cerveza de botella y respondiendo a preguntas de diversa índole sobre el mundo cervecero. Tras una emocionante final, Paula Isabel Balleste Muñiz, del restaurante Miramar de Sada se ha alzado con el título de Mejor Tiradora de Cerveza de Galicia. El subcampeón ha resultado ser Carlos Antonio Villar de Casa do Patín en Padrón.
La ganadora ha reconocido haberse preparado muy bien para afrontar el certamen después de haber intentado clasificarse sin éxito hace dos años. A pesar de los nervios, Paula Isabel Balleste afirmaba haber disfrutado mucho de la experiencia y se plantea en campeonato nacional con mucha ilusión.
Luis Alberto de Sousa de Ernesto Patio Bar en O Carballiño y Ricardo Cela de Café Bar Lisboa en O Barco de Valdeorras se han llevado los dos accésits que les permiten participar también en el certamen nacional que tendrá lugar en el Salón de Gourmets de Madrid el próximo mes de marzo.
El jurado ha estado integrado por expertos en tiraje, hostelería y gastronomía. Ha estado formado por Benjamín Seoane, actual Campeón gallego, Miguel Pampín, vigente Campeón nacional, Isabel Sánchez Atan, profesora de servicio de I.E.S Vilamarín, y Xabier Cubillo, Técnico de Cultura de Cerveza de Hijos de Rivera como presidente del jurado. Todos ellos han tenido que emplearse a fondo para valorar la calidad, eficacia y rapidez en el servicio, así como los conocimientos de los aspirantes al título sobre las características de los productos de Estrella Galicia.
Los cinco finalistas han recibido un premio de su peso en cerveza, y la dotación económica para el campeón ha sido de 600 euros y para el subcampeón de 400 euros. Se han entregado también tres accésits de 150 euros cada uno. Todos ellos reciben un diploma acreditativo con su clasificación, reservándose para los mejores la clasificación directa para participar en el Campeonato Nacional de Tiraje, cubriendo sus gastos de desplazamiento y manutención.
Written 2/07/2020 03:00:00 p. m. by @silcerino
actualidad, comarca, estrellagalicia, Sadamiércoles, 5 de febrero de 2020
V edición do concurso Entroido de Tapas de Sada
A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego xunto co sector hostelero organiza os vindeiros 21,22 e 23 de febreiro a V edición do concurso Entroido de Tapas co obxetivo de promocionar e potenciar a hostelería, restauración e o turismo no municipio a través da creatividade da oferta vinculada a gastronomía do Entroido galego.
Máis información en http://ow.ly/yyPD50ydLLJ
martes, 14 de enero de 2020
Sada aumentou un 47% a súa actividade deportiva durante o pasado ano
- A concellería de Deportes organizou ou colaborou en 101 eventos deportivos no
2019 convertendo ao municipio nun dos máis activos na práctica deportiva na área
metropolitana.
- Os resultados indican un 47% máis de participación, colaboración ou programación
de eventos deportivos con respecto ao 2018, polo que prosegue a tendencia á alza
iniciada hai uns anos e que en 2018 xa supuxo un aumento do 38% con respecto ao
2017.
Sada, 14 xaneiro 2020.
A concellería de Educación e Deportes, xestionada por María Nogareda, deu a coñecer esta
mañá os resultados das actividades deportivas nas que a área de deportes participou ben
organizando ou colaborando activamente.
Campionatos de varias categorías en disciplinas como patinaxe, salvamento deportivo ou
fútbol praia; torneos de baloncesto, xadrez, ximnasia artística, judo ou dominó; travesías a
nado, dual cros, maratóns de fútbol sala, carreiras nocturnas, campus deportivos en varias
disciplinas, regatas de vela, festas fin de tempada, exhibición de deportes minoritarios ou
carreiras atléticas de todo tipo, sumaron un total de 101 eventos durante o pasado ano no
municipio sadense.
A concellaría de Deportes realizou balance da pasada tempada arroxando un resultado dun
47% máis de participación, colaboración ou programación de eventos deportivos con respecto
ao 2018. Estes datos continúan a tendencia de crecemento de práctica deportiva do Concello
de Sada que xa no ano 2018 aumentou un 38% a súa programación de actividades con
respecto ao 2017, cando xestionaba a área Zeltia García quen tamén estivo ao mando da
concellería até o mes de maio do 2019.
María Nogareda valora moi positivamente estes datos. “Gran parte da culpa destes datos
téñena os clubs deportivos de Sada que están a realizar un labor inmenso para potenciar a
práctica de diferentes disciplinas deportivas, sinala Nogareda, quen engade que este
espectacular aumento obedece tamén á incorporación de novos clubs durante os últimos anos
así como ao aumento do investimento en material da área que lle leva a poder colaborar máis
activamente coas entidades.
Sada ten rexistradas vinte e oito entidades estritamente vinculadas á actividade física, que son
capaces de mover de maneira regular a máis de 3.000 deportistas entre federados e non
federados e que contan case con 5.300 socios, segundo os datos dos que dispón o Rexistro
Municipal de Asociacións, unha cantidade nada desdeñable para unha poboación de preto de
16.000 habitantes.
Estas cifras, xunto coa cantidade de eventos que a concellaría de deportes programa ou
colabora ao longo do ano converten ao Concello de Sada nun dos máis activos na práctica
deportiva da área metropolitana.
As cifras destacan e máis se se ten en conta que non se contabilizan as persoas que optan
polas escolas deportivas municipais, as usuarias da piscina, das pistas polideportivas, dos
ximnasios privados ou os que adestran de maneira independente sen a cobertura dunha
entidade.
miércoles, 8 de enero de 2020
Sada licita a renovación da iluminación pública coa que conseguirá un aforro enerxético de 1.500.000 kWh/ano
- A Plataforma de Contratación do Sector Público publica hoxe duas licitacións cun
orzamento total de 709.545 euros, a Renovación da iluminación pública exterior no
casco urbano de Sada (259.382,99 €) e Renovación da iluminación pública exterior
nas parroquias do termo municipal de Sada (450.162,14 €).
- Sada reducirá as emisións en 358,47 (tCO2/año) e acadará un aforro económico na
iluminación pública de 79.914,09 euros ao ano.
Sada, 8 xaneiro 2020. O Concello de Sada solicitou no ano 2017 a concesión directa de subvencións a proxectos
singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no
Marco do Programa operativo FEDER de crecemento sustentable 2014-2020. As actuacións
descritivas na memoria foron subvencionadas a través de devandito programa polo que se
redactou o proxecto coa definición e descrición das actuacións a realizar nas instalacións de
iluminación pública do Concello de Sada, co fin do conseguir unha redución do seu consumo
de enerxía final e das emisións de CO2, mediante a mellora da súa eficiencia enerxética.
A Plataforma de Contratación do Sector Público publica hoxe a licitación do proxecto realizado
en duas licitacións cun orzamento total de 709.545 euros, a Renovación dá iluminación
pública exterior non centro urbano de Sada (259.382,99€) e a Renovación dá iluminación
pública exterior nas parroquias do termo municipal de Sada (450.162,14€). As empresas que
estén interesadas en presentar as súas ofertas teñen de prazo ata o 28 de xaneiro.
As actuacións a realizar teñen como finalidade conseguir unha redución do seu consumo de
enerxía final e das emisións de CO2 mediante a mellora da súa eficiencia enerxética. Para
conseguir os devanditos propósitos actuarase sobre os actuais equipos de iluminación
(tecnoloxía e potencia), por luminarias de maior rendemento con fontes de maior eficacia e
con equipos de regulación de regulación e control. Tamén se actuará sobre os cadros de
mando e protección e condutores segundo o establecido no Regulamento Electrotécnico de
Baixa Tensión.
Por medio desta actuación o Concello de Sada, a través da concellaría de Obras e Servizos,
reducirá o consumo de enerxía eléctrica da instalación reformada en, polo menos, un 30%,
reducirá o consumo de Enerxía Primaria e de emisión de gases de efecto invernadoiro (CO2),
cumprirá coas esixencias lumínicas do Regulamento de Eficiencia Enerxética en Instalacións de
Iluminación Exterior e poderá regular os niveis de iluminación segundo diferentes horarios
nocturnos e tipos de vías, axustándose ás necesidades dos cidadáns. Estes requisitos técnicos
son iguais ou superiores aos esixidos pola ITC-BT-09 "Instalacións de iluminación exterior do
REBT, e polo Regulamento de Eficiencia Enerxética en Instalacións de Iluminación Exterior.
O proxecto que se licita inclúe un sistema de aceso con reloxos astronómicos que levan a cabo
o aceso e apagado das iluminarias segundo a hora exacta do amencer e do ocaso da zona onde
se instalan. O reloxo astronómico calcula, segundo a localización xeográfica na que se instala,
as horas exactas de saída e posta do Sol para cada día do ano. Con este sistema de aceso
asegúrase de que a iluminación só funciona cando realmente é necesaria, ademais de evitar
acesos e apagados accidentais (por exemplo, acendidos en días nubrados, situación que adoita
darse coas fotocélulas).
Tamén inclúe novas lámpadas con tecnoloxía led e novos equipos electrónicos. A instalación
estará prevista para transportar a carga debida aos propios receptores, e os seus elementos
asociados, as súas correntes harmónicas, de arranque e desequilibrios de fases. Instalarase así
mesmo unha nova rede de terra de elementos metálicos da instalación con obxecto de limitar
a tensión que con respecto a terra poden presentar estas masas, eliminando así o perigo que
poida existir se unha ten acceso a ese elemento metálico.
AFORROS ENERXÉTICOS.
O cálculo da situación proposta baséase no cálculo das horas de funcionamento da instalación
con reloxo astronómico, coa implantación da solución LED indicada nas táboas (achéganse
táboas de cada proxecto) e coa utilización dun patrón de denominado 4 horas, é dicir, os
drivers do sistema LED veñen programado para ter aceso ao 100% os equipos durante as 4
primeiras horas do aceso e o resto do tempo reducido ao 50% a potencia nominal do equipo.
Sada conseguirá con esta iniciativa un aforro enerxético de 1.500.000 kWh/ano, reducirá as
emisións en 358,47 (tCO2/año) e acadará un aforro económico na iluminación pública de
79.914,09 euros.
Written 1/08/2020 09:21:00 p. m. by @silcerino
actualidad, comarca, Sada
Suscribirse a:
Entradas (Atom)