Mostrando entradas con la etiqueta Sanidad. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sanidad. Mostrar todas las entradas
lunes, 30 de mayo de 2022
A LORE (Lei Orgánica de Regulación da Eutanasia), do 24 de marzo de 2021, leva algo máis dun ano vixente.
Os obxectivos da charla coloquio son:
- informar sobre este novo dereito, a eutanasia, o seu procedemento e salientar a importancia do documento de instrucións previas (o chamado testamento vital).
- revisar a aplicación da mesma, posibles problemas no seu desenvolvemento.
Acto: Charla coloquio sobre a eutanasia e o testamento vital
Lugar: Circo de Artesáns, r/ San Andrés 36, A Coruña
Hora : 20:00
Relatores:
- Miguel Anxo García Álvarez, presidente da dmd Galicia (dereito a morrer dignamente-Galicia).
- Ramón Veras Castro, médico de familia e voceiro de SOS Sanidade Pública A Coruña.
Organizan: dmd Galicia e SOS Sanidade Pública Coruña
lunes, 16 de noviembre de 2020
Momentos Alhambra Acustiquísimos aplaza los conciertos de El Kanka, McEnroe y Fuel Fandango a los días 10, 11 y 17 de diciembre
La organización del ciclo lamenta anunciar la cancelación de la actuación de Juan Perro
debido a la falta de disponibilidad del artista para próximas fechas y avanza que Ataquilla
devolverá automáticamente el importe de las entradas adquiridas para dicho concierto.
Las entradas para las tres citas acústicas con El Kanka, McEnroe y Fuel Fandango serán
válidas para las nuevas fechas, aunque aquellas personas que deseen solicitar la devolución
del importe podrán hacerlo hasta el 30 de noviembre.
A Coruña, 16 de noviembre de 2020.-
Momentos Alhambra Acustiquísimos se aplaza al mes de
diciembre. La organización del ciclo, impulsado por Art Music con el patrocinio de Cervezas
Alhambra, ha tomado la decisión de postergar la actividad musical hasta el próximo mes, con la
intención de poder ofrecer al público las sesiones programadas para esta Edición Atlántica 2020
siempre y cuando las circunstancias permitan realizarlo en las condiciones inicialmente previstas.
Así, los conciertos de El Kanka y McEnroe, previstos para los días 3 y 4 de diciembre en el hall del
Auditorio Mar de Vigo, pasarán a celebrarse los días 10 y 11 de diciembre en el mismo recinto. En el
caso de la cita con Fuel Fandango, esta tendrá lugar el jueves 17 de diciembre en el Hall Proa de
Palexco (A Coruña). Finalmente, la actuación de Juan Perro no se podrá celebrar. Momentos
Alhambra Acustiquísimos lamenta tener que comunicar la cancelación de la cita debido a la falta de
disponibilidad del artista para introducir nuevas fechas en su agenda las próximas semanas. Todas
aquellas personas que cuenten con entrada para el concierto de Juan Perro recibirán de forma
directa el reembolso íntegro de las mismas a través de la plataforma ataquilla.com.
Las entradas para asistir a los conciertos en acústico de El Kanka (jueves 10), McEnroe (viernes 11) y
Fuel Fandango (jueves 17) serán válidas para las nuevas fechas indicadas por la organización. Todas
aquellas personas que no puedan asistir por el cambio de día, pueden solicitar la devolución del
importe de su entrada en los próximos 15 días -desde hoy y hasta el 30 de noviembre (incluido)-
enviando un correo electrónico a la dirección devoluciones@ataquilla.com.
Las citas de la Edición Atlántica 2020 adelantarán su hora de comienzo hasta las 20.30 horas (con la
apertura de puertas a las 19.30 horas), con el fin de facilitar los desplazamientos de los asistentes.
Además, tal y como recuerda la organización, todos los conciertos de Momentos Alhambra
Acustiquísimos cuentan con medidas higiénico-sanitarias específicas para facilitar el disfrute de la
experiencia musical con las máximas garantías de seguridad para público y artistas.
miércoles, 4 de noviembre de 2020
O IMCE devolverá o importe dos espectáculos programados nun mes en adiante desde o venres
Para cumprir coa nova normativa anunciada hoxe pola Xunta, o
Concello reactivará a venda de localidades para estas citas coa
capacidade permitida neste período que é de 30 asistentes
A Coruña, 4 de novembro de 2020.-
En cumprimento da nova normativa anunciada
hoxe pola Xunta de Galicia e con efectividade desde este venres, os recintos
culturais municipais -Centro Ágora, Coliséum, Fórum Metropolitano, Teatro Colón e
Teatro Rosalía Castro- devolverán a totalidade das entradas para os espectáculos
previstos nun mes en adiante desde o día 6. A venda das localidades para estas
citas reactivarase coa capacidade máxima permitida de 30 asentos. En todo caso,
manteranse os descontos fixados de antemán e o importe dos tickets devolverase a
través da canle pola que foron adquiridos.
En concreto, o espectáculo afectado para esta primeira fin de semana é “Shock, el
cóndor y el puma”, previsto para os días 6 e 7, ás 19.30 horas, no Teatro Rosalía
Castro, dentro da programación do Ciclo Principal de Outono 2020.
Aviso importante: os cambios nas demais montaxes comunicaranse
puntualmente a partir da vindeira semana.
Written 11/04/2020 06:36:00 p. m. by @silcerino
acoruña, agenda, concellocoruña, SanidadInés Rey insta á Xunta a pór en marcha medidas económicas urxentes para evitar a quebra da hostalaría
“Pedimos medidas xustas, equilibradas e proporcionais. Medidas
anunciadas con antelación suficiente para evitar que os negocios
sufran perdas imprevistas, como ocorreu a pasada fin de semana”
“A Xunta ten que ofrecer xa alternativas económicas ás persoas
afectadas polos novos peches"
A Coruña, 4 de novembro de 2020.-
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, insta á Xunta a
pór en marcha medidas urxentes para evitar a quebra dos negocios da hostalaría,
tras as restricións anunciadas hoxe polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
A rexedora mostra o seu total apoio ao sector hostaleiro que apunta, “está sufrindo
de modo directo as consecuencias das limitacións impostas pola pandemia”.
Rey lamenta que a Xunta tome medidas que afectarán ao sector hostaleiro, “sen
anunciar en paralelo axudas económicas ante a perda de actividade. Non podemos
condenar a un sector enteiro sen ofrecerlles ao mesmo tempo unha saída”.
A alcaldesa esixe medidas “xustas, equilibradas e proporcionais”. E advirte que
estas restricións deben ser anunciadas con antelación suficiente para evitar que os
negocios teñan perdas imprevistas, como ocorreu a pasada fin de semana. “A Xunta
ten que ofrecer xa alternativas económicas ás persoas afectadas polos novos
peches.”
Sinala, ademais, que a implantación de medidas contra a Covid non pode
converterse nun castigo arbitrario para as e os afectados, xa que, por exemplo, as e
os hostaleiros “non teñen ningunha posibilidade de manteren os seus ingresos á
marxe dos seus negocios”.
Por outro lado, entende que estas restricións tamén afectarán a sectores como o
dos mercados de abastos e á propia Lonxa.
Insiste en que sen o preciso apoio económico, a Xunta contribuirá a converter a
crise sanitaria nunha crise económica sen precedentes.
Written 11/04/2020 04:53:00 p. m. by @silcerino
acoruña, actualidad, concellocoruña, Sanidadjueves, 22 de octubre de 2020
O Concello non computará as faltas de asistencia nas Escolas Deportivas Municipais mentres exista a restrición de grupos de cinco persoas
A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, quere transmitirlle tranquilidade ao
alumnado destas escolas deportivas e lémbralle que son espazos seguros. Existe
un protocolo Covid-19 específico por cada unha das actividades e estanse
adoptando moitas medidas de seguridade que deberían reducir o risco de
contaxio
A Coruña, 22 de outubro de 2020.-
O Concello a través da Concellería de Deportes,
informa de que, en cumprimento da nova orde da Consellería de Sanidade do 21 de outubro
de 2020, os grupos das Escolas Deportivas Municipais deberanse reducir a cinco persoas e
un monitor ou monitora. No caso das actividades de piscina, ademais, existe a limitación do
50% da capacidade e un máximo de 100 persoas en total ao mesmo tempo.
A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, quere transmitirlle tranquilidade ao alumnado
destas escolas deportivas e lémbralle que son espazos seguros. Existe un protocolo Covid19 específico por cada unha das actividades e estanse adoptando moitas medidas de
seguridade que deberían reducir o risco de contaxio.
Como consecuencia á nova medida, o Concello da Coruña establece que durante os 14
días que dura esta nova restrición non será obrigatorio acudir ás escolas deportivas
municipais e, polo tanto, non se computarán as faltas de asistencia. O alumnado que
desexe asistir irá recibindo información ao chegar ás instalacións sobre como se van
organizar os grupos durante este período de tempo. O Concello poderá diminuír a
frecuencia das clases co fin de reducir o número de alumnado por grupo.
Written 10/22/2020 02:53:00 p. m. by @silcerino
acoruña, actualidad, concellocoruña, Deportes, Sanidadviernes, 9 de octubre de 2020
O concerto de presentación de Liberar as arterias na Coruña aprázase por positivo en covid-19 de Sés
A cantareira, que se atopa en bo estado no seu domicilio, comprométese a contar cunha nova data na Coruña para presentar, ao vivo, o seu último disco.
O aprazamento tamén afecta a outras das actuacións previstas nos vindeiros días, como son o sábado 10 no Rosal e o mércores 14 en Santiago.
A Coruña, 9 de outubro de 2020.- Sés lamenta aprazar o concerto de presentación de Liberar as arterias na Coruña após coñecer o seu positivo en covid-19. A cantareira atópase en bo estado e confinada no seu domicilio, e quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade ao seu público, ao que agradece a confianza no seu traballo. Sés lamenta non poder celebrar o reencontro coruñés, mais promete atopar, o antes posible, unha data para dita presentación. O aprazamento tamén afecta a outras previstas para os vindeiros días no Rosal (sábado 10, banda completa) e Santiago de Compostela (mércores 14, formato dúo).
A actuación na Coruña, prevista para este domingo 11 ás 20.30 horas no Pazo da Ópera, tiña como obxectivo dar a coñecer o sétimo álbum de estudio da coruñesa, Liberar as arterias. Un traballo coidado, sen interferencias, no que Sés segue a demostrar a súa constante evolución en cada tema, e no que rende homenaxe á poeta Luz Fandiño.
Todas aquelas persoas con entrada para o Pazo da Ópera que desexen solicitar a devolución poderán facelo desde hoxe. A plataforma web Ataquilla.com porase en contacto ao longo desta xornada cos compradores para trasladar a posibilidade da devolución, así como o procedemento e prazos para solicitala, que será até o 25 de outubro inclusive. Os compradores deberán indicar o enderezo de correo electrónico co que se realizou a compra e a referencia das súas entradas a través dun enlace que recibirán no seu correo.
Written 10/09/2020 11:27:00 a. m. by @silcerino
acoruña, actualidad, agenda, Cultura, Música, palacioópera, Sanidadmiércoles, 7 de octubre de 2020
Alejandro Fernández aplaza su gira “Hecho en México” a 2021
- En A Coruña se traslada para el 21 de noviembre de 2021 en el Coliseum.
Debido a la situación actual, ante las restricciones impuestas por las autoridades sobre la celebración de espectáculos y la libre circulación de personas, así como la especial preparación requerida, la gira “Hecho en México” de Alejandro Fernández, el máximo exponente del género mariachi de los últimos tiempos, queda reprogramada a 2021.
Se garantiza así la seguridad y una experiencia satisfactoria para todos y muy especialmente para el público, incluida la movilidad de artistas, asistentes, trabajadores y los equipos involucrados para que los conciertos tengan lugar.
Las entradas ya adquiridas serán válidas para los próximos conciertos, de este modo:
19 de noviembre de 2021 en el Recinto Ferial de Tenerife, Santa Cruz de Tenerife.
*Entradas del 28/11/20 válidas para esta fecha.
21 de noviembre de 2021 en el Coliseum de A Coruña.
*Entradas del 6/12/20 válidas para esta fecha.
23 de noviembre de 2021 en el WiZink Center de Madrid.
*Entradas del 8/12/20 válidas para esta fecha.
25 de noviembre de 2021 en el Palacio de Deportes Martín Carpena de Málaga.
*Entradas del 27/11/20 válidas para esta fecha.
27 de noviembre de 2021 en el Bilbao Arena Miribilla.
*Entradas del 5/12/20 válidas para esta fecha.
30 de noviembre de 2021 en el Palau Sant Jordi de Barcelona.
*Entradas del 10/1/20 válidas para esta fecha.
Alejandro Fernández, en conjunto con las promotoras Planet Events @ Live Nation y GTS, lamentan los inconvenientes que esta situación pueda ocasionar.
miércoles, 16 de septiembre de 2020
O concello desinfectará esta tarde o CEIP Ramón de la Sagra tras confirmarse dous positivos en COVID-19
A dirección do centro educativo solicitoulle á Concellería de Educación que
acometa estes traballos de desinfección nas instalacións como consecuencia da
aparición de dous positivos en COVID-19 no alumnado
A Coruña, 16 de setembro de 2020.-
O concello desinfectará esta tarde o CEIP
Ramón de la Sagra tras confirmarse dous positivos en COVID -19 no alumnado do
centro educativo. O propio colexio solicitoulle ao concelleiro de Educación e
Memoria Histórica, Jesús Celemín, que acometa estes labores de desinfección no
centro de ensinanza de Elviña, que se realizarán en coordinación coa Concellería de
Medio Ambiente que dirixe Esther Fontán.
A Concellería de Educación respondeu de inmediato a esta petición da dirección do
CEIP Ramón de la Sagra, o primeiro centro educativo con casos positivos da
COVID -19 na cidade, para evitar que aparezan máis contaxios no alumnado e
profesorado. Ambos os concelleiros lembran que este tipo de actuacións deben ser
financiadas pola Xunta de Galicia e que non son da súa competencia, aínda que
dada a urxencia do caso procederase á devandita desinfección do centro.
Desde hai días a alcaldesa denunciou a improvisación da Xunta á hora de preparar
a volta ás aulas nos centros públicos de toda Galicia xa que, asegura, o Goberno de
Feijoo está "deixando que todo o peso da volta ás aulas recaia sobre os concellos".
Ademais, esíxelle á Consellería de Educación que lles transfira aos concellos os
fondos que a Xunta recibiu do Estado para cubrir os gastos educativos derivados da
COVID-19 e “podermos asumir deste xeito esas competencias que non son dos
concellos”. Rey sinala que "necesítanse medios e fondos para poder realizar os
labores de desinfección nos centros, que a Xunta está obrigada a facer”.
Written 9/16/2020 02:43:00 p. m. by @silcerino
acoruña, actualidad, concellocoruña, educación, Sanidadmartes, 15 de septiembre de 2020
Concentración do IES Salvador de Madariaga por unha volta segura ás aulas, Mércores 16 as 12h
Imaxe de Google Street View
A protesta levarase a cabo baixo o lema “queremos ensinar, non contaxiar”
A sustitución de profesorado por mamparas que se traduce en manter a ratio de alumnos na aula, a supresión
do metro e medio de seguridade entre alumnos e a formación de equipos Covid con docentes que carecen de
preparación sanitaria suficiente, algunhas das rehivindicacións do centro.
O 16 de setembro ás 12:00h celebrarase unha concentración pacífica da comunidade educativa do IES SALVADOR DE MADARIAGA no exterior do centro promovida polo seu profesorado como sinal de protesta
pola situación actual no retorno á actividade lectiva en Galiza.
O acto consistirá no seguinte:
1. Xuntanza ordenada e responsable dos participantes.
2. Lectura dun manifesto coas seguintes pautas fundamentais:
• Queremos ensinar, non contaxiar. É indespensábel a formación do profesorado e familias en
protocolos de prevención e actuación fronte a situacións de potencial risco pola Covid-19. Non é
razoábel deixar a responsabilidade dos plans de actuación, prevención e contención nas mans de
profesores sen preparación sanitaria previa.
• A volta ás aulas ten que ser en condicións de seguridade e de calidade educativa. Debemos dispor de
EPIS e reforzar os equipos de limpeza.
• Non ás mamparas. Non garanten seguridade sanitaria e, unidas ó uso da máscara e o mantemento do
ratio na aula, dificultan a xa complexa interacción necesaria para desenvolver un proceso ensino-
aprendizaxe de calidade na aula. Solución excepcional, non prioritaria.
• Oportunidade histórica para unha redución da ratio máis necesaria ca nunca. É a única maneira de
garantir o tan necesario distanciamento e o mesmo tempo facer frente as dificultades de traballar con
máscara e así poder atender á diversidade e os diferentes ritmos de aprendizaxe de cada un dos alumnos,
sin deixar a ninguén atrás. Para isto, necesitamos máis docentes.
• Necesidade urxente de formación na educación a distancia do profesorado para garantir a
posibilidade de educación a distancia, sexa puntual, circunstancial, parcial ou total.
• Necesidade urxente de dispor de medios dixitais para a igualdade de condicións e oportunidades de
tódolos alumnos.
3. Cacerolada de protesta.
Written 9/15/2020 07:05:00 p. m. by @silcerino
acoruña, actualidad, educación, Sanidadmiércoles, 9 de septiembre de 2020
A Xunta mantén as restricións na Coruña nas zonas do Agra do Orzán, O Ventorrillo, Sagrada Familia, Vioño, Os Mallos, e Estación do Ferrocarril
O resto da cidade manterá as normas que rexen para toda Galicia
As zonas que seguen coas restricións serán acoutadas por rúas e non por
barrios concretos
A Coruña, 9 de setembro de 2020.
Ante a evolución positiva da pandemia na
comarca, a Consellería de Sanidade levantou hoxe as restricións na cidade da
Coruña agás nas zonas da Agra do Orzán, Sagrada Familia, Os Mallos, As
Conchiñas e O Ventorrillo. Estas zonas continuarán coas restricións -publicadas o 7
de agosto no DOG- polo seu elevado número de contaxios que contrastan co resto
das zonas da urbe que manterán as normas que rexen para toda Galicia.
A Xunta informou hoxe durante a reunión que as restricións continuarán nestas
zonas que serán acoutadas, aínda que os espazos quedarán sinalizados por rúas e
non por barrios.
Segundo o Sergas, a día de hoxe hai 678 casos activos de COVID-19, 72 menos
que onte, e 1.459 persoas atópanse en seguimento por contactos estreitos con
persoas contaxiadas.
Segundo a Xunta de Galicia, o documento completo coas medidas publicarase hoxe
no Diario Oficial de Galicia e especificará as restricións para as zonas acoutadas.
--
*Actualización (09 de setembro, 23h50):
En PDF:
➡ http://ow.ly/gjVS50BmtQw
Resto do DOG ➡ http://ow.ly/uc0F50BmtQt
--
Written 9/09/2020 08:14:00 p. m. by @silcerino
actualidad, concellocoruña, Sanidadmartes, 8 de septiembre de 2020
Aprázase o programa de ocio de outono no Fórum e no Centro Ágora
O Concello decidiu suspender as actividades nestes dous centros até que a
situación epidemiolóxica permita aumentar a capacidade das clases
A Coruña, 8 de setembro de 2020.-
Por mor da pandemia da COVID-19 e ás recentes
medidas restritivas que afectan ás actividades culturais ditadas polas autoridades
sanitarias, e que supoñen unha redución a nove persoas por obradoiro, a empresa
concesionaria do Progama de Ocio de Outono no Fórum Metropolitano e o Centro
Ágora presentou a solicitude de suspensión do contrato ao pasaren de preto de
3.500 a 810 prazas. Deste xeito, o IMCE e mais o Concello da Coruña decidiron
aprazar as actividades até que a situación epidemiolóxica mellore e poidan
aumentar a capacidade nas clases.
O programa de ocio cultural e social que promove o Concello nestes dous centros
ten como obxecto darlles alternativas ao tempo libre aos e ás cidadás con propostas
innovadoras e actividades culturalmente enriquecedoras e que permitan realizar
unha acción compensatoria que favoreza a poboación con menos recursos
formativos. Confórmase de obradoiros e clubs pensados para a adquisición de
capacidades, que fomenten a convivencia e a sociabilidade das e dos participantes,
potenciando a relación e atendendo á diversidade e á integración das persoas.
viernes, 4 de septiembre de 2020
A Deputación da Coruña pon en marcha un plan para a volta segura aos seus centros de ensino
Valentín González Formoso e Sandra González reuníronse cos directores dos
centros educativos dependentes da Deputación: IES Calvo Sotelo, IES Puga
Ramón e o Conservatorio de Danza
Ampliación de horarios, reforzo dos servizos de limpeza e contratación de máis
persoal docente son algunhas das principais medidas, que serán máis estrictas
na residencia e comedor do Calvo Sotelo, onde haberá controis de temperatura
dos residentes, comida envasada individualmente e habitacións para posibles
illamentos preventivos
Valentín González Formoso destacou que “para lograr unha volta ás aulas o
máis segura posible é imprescindible a colaboración de todos os axentes
implicados: institucións, profesorado e alumnado”
A Coruña, 04 de setembro de 2020.
O presidente da Deputación da Coruña,
Valentín González Formoso, e a deputada de Educación, Sandra González,
reuníronse hoxe cos directores dos centros educativos dependentes da
administración provincial; o IES Calvo Sotelo, IES Puga Ramón e o Conservatorio de
Danzas; para coñecer os avances e as necesidades dos centros de cara ao vindeiro
curso.
Ao saír do encontro González Formoso amosouse satisfeito do traballo realizado pola
deputada de Educación e os equipos directores dos centros educativos para garantir
“a máxima seguridade na volta ás clases” e detallou que ampliación do cadro de
persoal docente, o reforzo dos servizos de limpeza e desinfección e a ampliación de
horarios para garantir sempre un ratio inferior aos 25 alumnos por clase son algunhas
das principais medidas tomadas, ás que se suman outras como a posta a
reorganización interna dos servizos da Deputación para que os centros podan contar
con servizos de Enfermería.
“Para garantir unha volta ás clases segura é imprescindible a colaboración de todos
os axentes implicados. As institucións debemos encargarnos de poñer ao alcance dos
centros os medios necesarios e necesitamos a colaboración do profesorado e do
alumnado para que a execución do protocolo sexa un éxito”, afirmou González
Formoso.
Pola súa parte, Sandra González explicou que “a Deputación traballou en esterita
coordinación cos equipos educativos para que este Plan de volta aos centros de
ensino sexa o máis seguro para toda a comunidade educativa”.
Este plan provincial de volta ás aulas, que adaptou as medidas contra a COVID-19
recomendadas polas autoridades sanitarias ás necesidades específicas dos centros
educativos, inclúe unha serie de medidas e investimentos que se levarán a cabo nos
tres espazos como a instalación de medidas de protección nas oficinas e o
investimento para dotalos de material de protección individual, xeles desinfectantes,
produtos desinfectantes e sinalización de espazos. Por outro lado, está perfilado un
plan que permitirá á mellora dos servizos telemáticos (cámaras web, ordenadores,
etc.) prevendo que unha situación de volta ao confinamento non repercuta nunha
minoración da calidade educativa.
No caso concreto do IES Calvo Sotelo o protocolo inclúe o reforzo do servizo de
limpeza para levar a cabo varias desinfeccións diarias de todos os espazos do centro.
Como medidas de protección instalaranse mamparas de separación nos talleres e o
ratio non superará en ningún momento os 22 alumnos por aula. Para conseguir isto
último, estableceuse unha ampliación de horarios polas tardes o que permite unha
distribución máis segura do alumnado. Ademais, haberá horarios de entradas e
saídas por grupos, algo que tamén se fará nos recreos. O centro contará tamén cun
servizo de enfermaría que estará activo de luns a venres durante todo o curso.
A residencia de estudantes IES Calvo Sotelo tamén contará co seu propio protocolo,
controlándose a temperatura dos residentes 3 veces ao día e habilitando 3
habitacións para posibles illamentos preventivos. No caso do comedor, a comida
servirase envasada individualmente e separarase ao alumnado residente co de media
pensión en diferentes zonas.
Para o IES Puga Ramón, que é o centro con maior alumnado con 19 grupos divididos
entre a Educación Secundaria Obrigatoria e o Bacharelato, contrataranse tres
docentes para reducir o rateo recomendado pola Xunta de Galicia e rebaixando así de
25 o número de alumnos e alumnas por clase. Intensificarase o servizo de limpeza
para lograr unha correcta desinfección dos espazos e tamén contará cun servizo de
enfermaría durante todo o curso.
Por último, no Conservatorio de Danza a volta ás clases tamén cumprirá co
protocolo establecido polas autoridades sanitarias. Para isto, estableceuse unha
ampliación do horario e procedeuse á contratación de persoal para garantir a
desinfección de zonas comúns e das aulas.
Written 9/04/2020 01:20:00 p. m. by @silcerino
acoruña, actualidad, deputación, educación, Sanidadviernes, 28 de agosto de 2020
Canceladas las Copa del Rey y de la Reina de Hockey Patines que se iban a celebrar en A Coruña
La decisión es debida a la situación sanitaria actual del
coronavirus.
La Real Federación Española de Patinaje junto con el Ayuntamiento de A Coruña y el
Hockey Club Deportivo Liceo han acordado la cancelación de la Copa de SM El Rey y la
Reina de Hockey Patines, que tenía que celebrarse en A Coruña del 17 al 20 de
septiembre, debido a la situación sanitaria actual con el Covid-19.
La organización ha examinado todos los escenarios posibles para la celebración del
evento, pero dado que los riesgos de celebración son demasiado grandes, se ha
tomado la decisión de cancelación de la edición correspondiente a este año 2020.
Por otra parte, también se ha acordado que la edición de la Copa del Rey y de la Reina
del año 2021 se celebrará en A Coruña, en el Palacio de Deportes de Riazor,
programada del 17 al 21 de marzo.
domingo, 16 de agosto de 2020
Reapertura de La Cervecería de Estrella Galicia
Nota informativa:
“En este breve periodo de cierre preventivo hemos realizado los análisis periódicos de superficies sin ninguna salvedad, así como también tareas de desinfección de refuerzo y verificación del sistema de tratamiento de purificación del aire con rayos UV en los conductos de ventilación. Tras haber recibido también los resultados diagnósticos PCR negativos de toda la plantilla, estamos en disposición de reabrir mañana nuestra Cervecería de Cuatro Caminos con las máximas garantías de seguridad para todos nuestros clientes y empleados.
Seguiremos siendo responsables y cumpliremos con todas las medidas de prevención y protocolos establecidos para que podamos seguir disfrutando con las mayores garantías.
Queremos dar las gracias a nuestros clientes por su comprensión ante las posibles molestias que estas medidas preventivas hayan podido ocasionar, pero estamos seguros que hoy más que nunca este ejercicio de responsabilidad es necesario en beneficio de todos”.
Written 8/16/2020 05:52:00 p. m. by @silcerino
acoruña, actualidad, estrellagalicia, Sanidadviernes, 14 de agosto de 2020
Sada volve limitar o Feirón a productos de alimentación co fín de reducir o risco de contaxios
Diante do aumento de casos de infección na comarca da Coruña pola covid-19 nas últimas datas e co fín de disminuir a súa transmisión o Concello de Sada limitará este sábado 15 de agosto os postos do Feirón aos puntos de venta de productos agrícolas e gandeiros do sector de alimentación e produtos perecedoiros. Para un control máis efectivo do aforo ubicaranse na rúa Linares Rivas onde se recomendará un percorrido de entrada e de saída que coide das distancias de seguridade.
Esta medida reduce a capacidade de postos a menos dun 25% e ten como obxetivo reducir o risco de contaxio e evitar posibles aglomeracións de personas na vía pública. Desde a entidade local agardan que a decisión sexa efectiva e pódase reanudar a feira coa súa extensión habitual nas vindeiras fines de semana.
Así mesmo lembran á veciñanza que é imprenscindible seguir as recomendacións sanitarias para previr a transmisión do coronavirus como da utilización da máscara en todas as circunstancias previstas, ao lavado de máns frecuente ou ao mantenimento da distancia interpersoal.
Written 8/14/2020 12:01:00 p. m. by @silcerino
actualidad, comarca, Sada, Sanidadlunes, 15 de junio de 2020
O concello abre de maneira gradual os parques infantís tras finalizar o estado de alarma
O persoal traballador continúa cos labores de limpeza e desinfección dos
recintos e dos xogos para a cativada
A Coruña, 15 de xuño de 2020.- O concello abrirá de maneira gradual os parques
infantís da cidade tras tres meses pechados pola pandemia da Covid-19. As nenas
e nenos da cidade poderán desfrutar das áreas de xogos a partir de hoxe, data en
que na Coruña, como no resto de Galicia, finaliza o estado de alarma.
Desde a Concellería de Infraestruturas anuncian que os equipos de limpeza do
concello continúan cos labores de desinfección dos recintos e dos xogos infantís
para garantiren o seu perfecto estado. Ademais están colocando uns carteis
provisionais, que informarán sobre a capacidade de cada parque. Tan só
permanecerán pechados aquelas instalacións que están actualmente en obras
como as dos Rosais, Tabacos e As Conchiñas.
O concello pídelle á veciñanza que use as instalacións con prudencia e “sentidiño”,
porque aínda que a evolución é boa, o virus segue activo e hai que evitar posibles
brotes.
Written 6/15/2020 01:29:00 p. m. by @silcerino
Sanidaddomingo, 24 de mayo de 2020
Medio Ambiente e Seguridade Cidadá activarán mañá o protocolo de uso das praias ata a apertura oficial do período estival
A concelleira Esther Fontán lembra que as duchas, os aseos e o posto de
socorristas non estarán en funcionamento ata o comezo oficial do período de praias
o próximo 15 de xuño
A Coruña, 24 de maio de 2020.- Tras o pase de Galicia á Fase 2 da desescalada,
desde o vindeiro luns día 25 estará permitido tomar o sol e bañarse nas praias,
motivo polo cal as áreas de Seguridade Cidadá e Medio Ambiente do Concello da
Coruña activarán un protocolo que abarcará desde o mesmo luns 25 ata o 15 de
xuño, data de apertura oficial, como todos os anos, do período de praias.
A coordinación desta primeira fase correrá a cargo dos mandos de Seguridade
Cidadá que vixiarán que se cumpran as normas de distancia e capacidade en cada
un dos areais; para iso instalarán un Centro de Mando na Coraza do Orzán desde
onde dirixirán todo o operativo. Este centro permanecerá aberto todo o verán, con
labores non só de coordinación e vixilancia senón tamén de información e
seguimento. Ademais instalarase un servizo de megafonía que xunto coas cámaras
de tráfico contribuirán ao mellor desenvolvemento destes labores.
Ao longo do luns e martes, técnicos de Medio Ambiente e Seguridade Cidadá
supervisarán a instalación dos valos que pecharán a praia de Riazor desde As
Escravas á Coraza e sinalizaranse os accesos polos que deberán entrar e saír os
coruñeses dos cinco areais da cidade: Riazor, Orzán - Matadoiro, Lapas, Santo
Amaro e Oza. Haberá un único sentido de baixada e outro de subida no que será necesario gardar tamén as distancias, e teranse en conta os accesos para persoas
con dificultades de mobilidade. Así mesmo, os técnicos de Medio Ambiente
acompañados de responsables da empresa CESPA de limpeza e recollida de lixos
comprobarán que os accesos permitan a posterior limpeza dos areais así como a
recollida dos residuos.
O responsable de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán, sinala que "a
colaboración cidadá é fundamental á hora de manter as medidas de seguridade
aprobadas polo Goberno e para calquera cousa que necesiten non dubiden en
acudir ao centro de mando que estará instalado na coraza ou chamando como
sempre á sala do 092, e demais servizos de seguridade e emerxencias da cidade:
112, 091, 080".
Desde Medio Ambiente lembran que as duchas non estarán en funcionamento, do
mesmo xeito que outros servizos como o posto de socorristas ou os aseos ata o
comezo oficial do período de praias o próximo 15 de xuño. “Estes días que van
desde o luns 25 ata o próximo día 15 xuño servirán tamén para ir pulsando sobre os
propios areais a resposta dos cidadáns e corrixir aqueles aspectos que se poñerán
definitivamente en funcionamento a partir do 15: control de aforo en tempo real,
aviso de pleamares e desaloxo de praias en caso de mareas vivas con antelación
suficiente, medidas de hixiene e salubridade en todos os areais, posta en
funcionamento do servizo de Salvamento e Socorrismo...”, asegura a concelleira
Esther Fontán.
Os servizos de Medio Ambiente e Seguridade Cidadá seguirán traballando
estreitamente nos próximos días e ao longo de todo o verán para que esta nova
situación sexa o máis levadía e menos molesta posible para os coruñeses. Fontán
sinala que "somos conscientes de que ningún sistema que poidamos aplicar vai
satisfacer á totalidade dos coruñeses que se acheguen ás praias”.
Written 5/24/2020 12:49:00 p. m. by @silcerino
acoruña, actualidad, concellocoruña, Playas, Sanidadjueves, 21 de mayo de 2020
A Policía Local controlará de forma presencial a capacidade en todas as praias da cidade a partir do luns
O concello adianta un protocolo de transición sobre o uso dos areais no inicio da
Fase 2 mentres non se publiquen as normas definitivas da Administración central e
autonómica
A Coruña, 21 de maio de 2020.- A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán,
mantivo esta mañá unha reunión co persoal técnico municipal desta concellería e co
director da Área de Seguridade Cidadá do Concello, Carlos García Touriñán, para
establecer un protocolo de transición sobre o uso das praias na Coruña co comezo
da Fase 2. Estas medidas, que se implementarán desde o 25 de maio ata o 15 de
xuño, serán provisionais, mentres non se publique un protocolo definitivo coas
instrucións do Ministerio de Sanidade e da Consellería de Sanidade.
O obxectivo, destacan desde a Concellería de Medio Ambiente, é non desmarcarse
das medidas hixiénicas e de protección que se indican tanto desde o Ministerio
como desde a Consellería de Sanidade.
As normas deste protocolo de transición para o uso das praias consistirán en:
- A Policía Local controlará de forma presencial a capacidade en todos os
areais da cidade. No caso de que os/as axentes atopen unha praia cun
número desmesurado de persoas, pecharase a entrada desta ata que se
controle a situación. Haberá un posto principal na coiraza do Orzán, desde
onde se xestionará a capacidade de todas as praias urbanas da cidade.
Neste caso, os/as axentes empregarán as cámaras do Paseo Marítimo e a
información das e dos axentes que van a pé para verificar que a capacidade
é a correcta e que se poida garantir a distancia mínima de 2 metros.
- Haberá unha vía única para entrar e saír dos areais. Nas praias de Riazor e
de Oza delimitaranse estas vías de acceso e saída cun balado perimetral co
fin de evitar a proximidade entre as persoas.
- Estará prohibido usar as duchas das praias, pero poderanse utilizar os aseos.
- A caseta que habitualmente utilizaba Medio Ambiente para actividades de
educación medioambiental será ocupada para informar as persoas usuarias
das medidas de hixiene e control que o concello porá en marcha.
- O sistema tamén contará cunha aplicación que informará as usuarias e
usuarios do estado da marea e da capacidade da praia en tempo real.
Lembramos que ata o vindeiro luns, 25 de maio, está prohibido tomar o sol na praia.
Written 5/21/2020 05:12:00 p. m. by @silcerino
acoruña, actualidad, concellocoruña, Playas, Sanidadsábado, 9 de mayo de 2020
O concello retomará a atención ao público o día 18 con cita previa e medidas de hixiene e separación
*Foto de http://instagram.com/pauphone
As/os empregados municipais incorporaranse ao traballo en dúas quendas, o día
11 a primeira delas e o 18, o resto de cadro de persoal, agás as persoas máis
vulnerables.
A Coruña, 9 de maio de 2020.- O concello comeza este luns a volta á nova
normalidade coa reincorporación de parte do cadro de persoal que traballaba de
xeito telemático desde a declaración do estado de alarma. As/os xefes de servizo e
de departamento e o persoal de apoio que determinen as/os titulares de cada
concellería volverán aos seus postos presenciais tanto no concello como no IMCE,
Emalcsa, Emvsa, Consorcio de Turismo, Fundación Luis Seoane e Fundación
Emalcsa. Tamén se incorporarán as/os conserxes dos colexios atendendo á
resolución da Consellería de Presidencia do 5 de maio para facer viable a apertura
dos centros educativos.
As/os responsables das distintas áreas reorganizarán os servizos para cumpriren
coa separación mínima de dous metros entre traballadoras/es e instalando barreiras
cando non se poida acadar esa distancia. O concello repartirá luvas, máscaras e
hidroxel entre o cadro de persoal, evitará as reunións e manterá a separación de
seguridade dentro das dependencias municipais. Se algunha ou algún traballador
presentara síntomas de enfermidade, aplicarase o protocolo existente e quedará na
casa ou illarase nun espazo cerrado mentres chegan os servizos médicos, en caso
de que os síntomas aparezan no traballo.
O resto das e dos traballadores, salvo as persoas consideradas especialmente
vulnerables ao Covid-19 (persoas con patoloxías previas, mulleres embarazadas e
maiores de 60 anos), retornarán ao traballo presencial o día 18, seguindo co
proceso de desescalada.
O público volverá a recibir atención presencial desde o día 18, pero sempre con
aforos limitados, cita previa e gardando as distancias de seguridade establecidas.
En todos os lugares abertos ao público haberá barreiras de separación,
dispensadores de hidroxel e colectores para luvas e máscaras.
O Goberno local que preside Inés Rey avanza así hacia a nova normalidade e
restablece a atención persoal despois de dous meses de peche a causa da
pandemia, tempo en que até 500 traballadoras/es chegaron a conectarse a diario á
rede do Concello para desenvolveren o seu labor. Neste período o executivo fixo
melloras na páxina web municipal para facilitar á cidadanía que realizase por ese
medio máis de 60 trámites. Agora volve a atención persoal, co mantemento da
saúde de usuarias/os e traballadoras/es como principal prioridade para o Goberno
local.
Written 5/09/2020 12:03:00 p. m. by @silcerino
acoruña, actualidad, concellocoruña, Sanidadjueves, 7 de mayo de 2020
O concello amplía a zona peonil entre Catro Camiños e Matogrande
Desde hoxe, a veciñanza contará nas súas saídas con máis espazo para pasear en Fernández Latorre e nas avenidas de Monelos, Pérez Ardá e Salvador de Madariaga
A Coruña, 7 de maio de 2020.- O concello ampliará desde hoxe as zonas peonís no itinerario que vai desde Catro Camiños até Matogrande, para favorecer o tránsito das e dos coruñeses nas saídas permitidas dentro desta desescalada. En Fernández Latorre, desde Alcalde Marchesi até Ramón y Cajal, manterase un único carril de circulación en sentido Catro Camiños, para o que se desprazará a parada de taxis ao carril dereito. A dita parada quedará sinalizada cunha barreira Newyersys. Tamén se suprimirá o estacionamento fronte á farmacia Castro, que se reservará xunto ao carril dereito, co fin de lle facilitar o paso a pé á veciñanza. Neste punto, respectaranse a reserva do hotel e a praza para persoas con mobilidade reducida. En Benito Blanco Rajoy, eliminaranse temporalmente as reservas de motos.
Por outra banda, na avenida Pérez Ardá, actuarase na marxe de El Corte Inglés e manterase como mínimo un carril de circulación. No tramo onde está o centro comercial, habilitaranse beirarrúas unidireccionais para as peoas e peóns, usarase a medianeira vexetal como separación. Instalaranse carteis informativos coma os que xa hai na avenida da Habana, sen que estes invadan en ningún momento a calzada.
No tramo do colexio San Francisco Javier, desprazarase o estacionamento ao carril dereito e suprimirase o carril bici. O espazo gañado para o tránsito peonil sinalarase mediante unha barreira Newyersy. En Joaquín Galiacho non se realizará ningún cambio, ao considerar que a beirarrúa existente ten o ancho suficiente e que, en caso de necesidade, poderíase suprimir o carril bici para ampliar a zona peonil. Canto ao cruzamento coa avenida de Monelos, manterase o paso peonil e habilitaranse beirarrúas unidireccionais para as persoas que se despracen a pé. Tomarase a medianeira como barreira.
Na avenida Salvador de Madariaga, actuarase na marxe esquerda en sentido Matogrande e manteranse os dous carrís de circulación. Ademais, suprimirase o carril bici case na súa totalidade e habilitaranse beirarrúas unidireccionais para as peoas e peóns, que usarán a beirarrúa existente para se dirixiren á avenida Monelos, e o carril bici para iren en sentido a Matogrande. Con esta medida, non hai que retirar os elementos de balizamento do carril bus e aproveitarase para facer unha separación nos cruzamentos coas prazas intermedias a través de barreiras Newyersys, coa finalidade de definir eses puntos críticos.
Written 5/07/2020 12:31:00 p. m. by @silcerino
acoruña, actualidad, concellocoruña, Sanidad, tráfico
Suscribirse a:
Entradas (Atom)