Mostrando entradas con la etiqueta Riazor. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Riazor. Mostrar todas las entradas

sábado, 21 de marzo de 2020

O albergue habilitado no Pavillón de Deportes de Riazor estará operativo desde mañá


A Concellería de Benestar Social ofrecerá aloxamento, duchas e comida para 35 persoas con posibilidade de aumentalas ou de habilitar máis espazos se for preciso

A Coruña, 21 de marzo de 2020.- O concello habilitará o frontón e parte das instalacións do Pavillón dos Deportes de Riazor para albergar desde mañá a 35 persoas sen fogar durante as 24 horas do día, con posibilidade de aumentar as liteiras –cedidas polo Exército- e os espazos de acollida se for preciso.

Nas instalacións daráselles ás e aos usuarios servizo de duchas e aseo con produtos de hixiene; almorzo, comida e cea, así como aloxamento, dentro dunha zona habilitada para o descanso. Benestar Social e a Forza de Loxística Operativa (FLO) acondicionaron estes días o multiusos para que poidan durmir e teñan ademais un apartado en que realizaren as comidas.

Deste xeito, o persoal aproveitará o tempo en que xantan para limpar a zona de descanso e en todo momento se gardarán as medidas de seguridade e prevención decretadas polo Estado. As persoas usuarias estarán separadas tanto nestes dous apartados como en varias zonas internas para o esparexemento, incluída tamén unha exterior entre o pavillón e o estadio de Riazor. Nun dos accesos ao pavillón onde estará habilitada a entrada, persoal do Sergas realizaralles unha triaxe e ademais, unha vez dentro, tomaráselles a temperatura e controlarán o seu estado polo menos dúas veces ao día.

lunes, 10 de febrero de 2020

A segunda canle da Galega, a G2, e a web da CRTVG ofrecen este martes, en directo, o partido que disputarán o Deportivo e o Valencia da Copa da Raíña


COPA RAÍÑA DE FÚTBOL

A segunda canle da Galega, a G2, e a web da CRTVG ofrecen este martes, en directo, o partido que disputarán o Deportivo e o Valencia, correspondente aos oitavos de final da Copa Raíña de Fútbol, competición nacional feminina, que se xoga a partido único e onde se enfrontan os 16 mellores clubs de España, integrantes da Primeira División.

Os medios públicos galegos transmitirán, a partir das 20.00 horas, este partido histórico, primeiro en competición oficial que xogue o conxunto branco e azul feminino no estadio de Riazor, despois de acoller varios trofeos Teresa Herrera nesta categoría. O encontro contará cos comentarios de Roberto Prado e Rocío Candal.

Na competición da Copa da Raíña, creada en 1983, o Real Club Deportivo acadou a condición de ‘Campión de España’ en 3 ocasións consecutivas. As coruñesas acoden agora esta cita situadas no quinto posto da táboa fronte ao posto de cola que ocupa o Valencia, nunha décimo cuarta posición, e cun xogo que está a sorprender a toda a afección na súa estrea na máxima categoría.