Mostrando entradas con la etiqueta cambre. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cambre. Mostrar todas las entradas

miércoles, 13 de marzo de 2024

1º Ciclo Músical “Música en contexto” , A Guitarra na Galiza con Isabel Rei Samartim


Organizado pola Asociación Musical MusiCambre (Cambre – A Coruña) na Fundación Wenceslao Fernández Flores este xoves 17 de marzo as 20:00.

Cuarto evento xa deste ciclo “Música en contexto“, que como o seu nome indica trata sobre ubicar a música nun mesmo tempo en nun mesmo espacio para entender como surxe, darlle un contexto e un porque.

Neste contará con Isabel Rei Samartin (A Estrada, 1973), guitarrista e investigadora, Doctora en Historia da Arte por a Universidade de Santiago de Compostela coa tesis “A guitarra en Galicia“; titulada tamén por o Conservatorio Superior de Música da Coruña na especialidade de Guitarra e tamén cursou estudios na Hochschule für Musik “Franz Listz” de Weimar (Alemania).

Gañadora de varios premios en España e Italia e estrenou obras de varios compositores en concertos por diferentes países de Europa e Sudamérica. Actualmente divulga a música de mulleres guitarristas e os fondos gallegos para guitarra e traballa desde o 2005 no Conservatorio Profesional de Música de Santiago.

Publicacións:

O álbum “A viola no século XIX: Música de Saläo na Madeira“, patrocinado por o Gobierno Regional de Madeira (2014).

A “Guitarra Galega Vol. 1“ (2021).

O libro “Guitarra galega. Breve historia da viola na Galiza“ (2021).

A Asociación musical Musicambre e unha Asociación sen ánimo de lucro, que organiza diferentes actividades musicais (clases de canto, coro, batería, piano,..) e eventos musicais, normalmente no seu Concello, gracias as aportacións dos seus socios, os alumnos asistentes ás súas actividades e sobre todo a participación desinteresada dos convidados aos diferentes eventos.

lunes, 3 de mayo de 2021

A Deputación licita por 2,1 millóns de euros a construción da senda ciclista que percorrerá o encoro de Cecebre e conectará con Carral


 

32 quilómetros de ruta por un dos espazos naturais de referencia na provincia e que discorrerá polos municipios de Abegondo, Betanzos, Bergondo, Cambre e Carral.

As actuacións contan cun prazo de execución de 10 meses e as empresas interesadas poderán presentar propostas ata o 25 de maio.

A iniciativa súmase aos traballos que a Deputación está a realizar para crear 130 novos quilómetros de sendas ciclistas en 19 concellos coruñeses.

A Coruña, 3 de maio de 2021.

A Deputación da Coruña licita por máis de 2,1 millóns de euros os tres tramos da senda ciclista que percorrerá a contorna do encoro de Cecebre e que conectará con Carral. A vía de 32 quilómetros discorrerá polos municipios de Abegondo, Betanzos, Bergondo, Cambre e Carral. As tarefas terán un prazo de execución aproximado de 10 meses e as empresas interesadas poderán presentar as súas propostas ata o 25 de maio.

O proxecto conta cun importante investimento de 2.150.688 euros, cofinanciados nun 80% con fondos europeos FEDER a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE). Esta ruta permitirá visitar en bici ou a pé un dos espazos naturais de referencia na provincia da Coruña.

O ente provincial asume directamente a xestión das actuacións, que se dividirán en tres tramos. O primeiro deles transcorrerá polos municipios de Abegondo, Bergondo, Betanzos e Carral e sae a licitación cun presuposto de 810.428 euros. O segundo e terceiro discorrerán por Abegondo e Carral, contando o primeiro con 785.794 euros de investimento e con 554.465 euros o segundo.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou a importancia de proxectos como este no cambio cara unha mobilidade máis sostible no territorio provincial. “Desde a Deputación estamos a realizar unha importante aposta para promover un novo modelo de mobilidade respectuosa co medio, onde a bicicleta adquire un papel central” indica.

O novo carril bici discorrerá en gran parte polo territorio da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, empregando como base estradas, rúas, pistas municipais, camiños rurais e sendas de titularidade pública. Peóns e ciclistas compartirán ditos camiños, polo que a Deputación acometerá diferentes actuacións que permitirán compatibilizar esa coexistencia a través de renovación de vías, mellora na seguridade viaria e instalación de sinalización ambiental e turística, respectando sempre o valor medioambiental da contorna.

A ruta, dividida nos tres tramos sinalados con anterioridade, discorrerá ao carón da ribeira do encoro de Cecebre, saíndo un ramal para Guísamo e outro que aproveita o Val do Barcés para chegar a Carral, discorrendo por núcleos de poboación como Sarandóns e pasando por lugares como a contorna do Pazo de Macenda, a ETAP de Cañás ou o Observatorio de Aves de Crendes, para rematar no monumento aos Mártires de Carral.

O deputado de Transición Ecolóxica, José Ramón Rioboo, destaca que esta iniciativa se suma “aos traballos que desde a Deputación estamos a facer para crear 130 novos quilómetros de sendas ciclistas en 19 concellos coruñeses”, sinala. Un proxecto que conta tamén co cofinanciamento de fondos FEDER e que inclúe a creación da primeira Vía Verde da provincia, que conectará o municipio de Culleredo co de Santiago empregando as antigas vías de ferrocarril.

viernes, 26 de marzo de 2021

Regresa Elas Son Artistas, o Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade, cunha cuarta edición adaptada ao contexto actual



Esta cita contará de novo con eventos repartidos en oito concellos da áreametropolitana da Coruña de abril a decembro.

A Coruña, xoves 25 de marzo 2021.-

Neste ano 2021 marcado pola situación sanitaria actual,a organización de Elas Son Artistas optou por manter e reformular esta nova cita cun cartelno que destaca a presenza de Martirio e Chano Domínguez, ambos artistas con múltiples premios ao logo da súa traxectoria, a compositora Carmen Boza, a pianista Aida Saco, a artista urbana e residente en Nova Iork, Vanesa Álvarez, a actriz Iria Pinheiro coa sua obra “Anatomía dunha serea”... Esta combinación de diversas artes (música, teatro, arte visual...) así como artistas galegas, do resto de España e unha banda europea, son as características desta proposta cultural pola igualdade que chega xa a súa cuarta edición. 

A organización de Elas Son Artistas presentaba esta mañá no hall do Teatro Colón da Coruña a cuarta edición dun festival de música e artes pola igualdade reconvertido en ciclo de eventos repartidos polos oito concellos da área metropolitana da Coruña de abril a decembro. 

Neste sentido, Tomi Legido, codirector e director artístico do festival, sinalaba: “É un momento crítico para o sector cultural e o noso compromiso e, tal como xa fixemos en 2020, manter viva toda a programación que sexa posible. A parte negativa é que varios dos patrocinadores nos informaron de que non poden continuar coa súa aportación pola crise que están a vivir nas empresas polo que seguiremos traballando na búsqueda de mecenazgo e patrocinios porque estamos convencidos de que o proxecto merece consolidarse. Hai moito talento feminino que debe visibilizarse para que o público disfrute, a xente moza teña referentes e para que as artistas seguen a traballar porque o precisan tanto a nivel económico como anímico. O pasado 2020 dimos traballo a 87 persoas, creo que é un dato a destacar”.

A codirectora e responsable decomunicación, Bea Camiña, destacou: “Elas Son Artistas non entende de fronteiras administrativas nin das artes como compartimentos estancos. Temos moita música pero tamén teatro, pintura, arte visual, un obradoiro de creatividade para mulleres e agardamos poder sumar algunha arte máis, xa que é importante sinalar que o programa de actividades non está pechado". A actuación principal debemos agracederlla a Bettina, a directora do Teatro Colón que facilitou que podamos ter a Martirio co excepcionall pianista Chano Domínguez e tamén recuperar a Carmen Boza que estaba prevista para 2020 e non se puido realizar a súa actuación no Garufa Club". 

O festival comeza en Oleiros, en Santa Cristina o día 24 de abril coa actuación da catalana Mabel Flores presentando o seu segundo disco, "Meraki". Xa en maio, en Bergondo, a actuación de Black co seu espectáculo “Voces de Muller”, en Betanzos con Iria Pinheiro e aimpactante obra teatral "Anatomía dunha serea", e para finalizar o día 30 de maio coa artista madrileña Mäbu que vai mover a moita xente ata o Concello de Arteixo. En xuño en Carral de novo con música e pintura.

Os representantes dos oitos Concellos da área metropolitana agradeceron emocionados “que unha iniciativa como a de Elas Son Artistas non se rinda en plena pandemia, co necesaria que é a cultura para a saúde mental”. 

Propostas musicais repartidas en oito Concellos da área metropolitana 

Serán eventos repartidas durante os nove meses que restan de ano desde abril a decembro, nos que as diferentes artistas actuarán nos oito concellos da área metropolitana: Arteixo, Betanzos, Bergondo, Cambre, Carral, A Coruña, Oleiros e Sada. 

O listado de artistas confirmadas ata o momento está formado por:

●Agoraphobia
●Aida Saco Beiroa
●Astrogirl
●Black co seu espectáculo “Voces de muller”
●Carmen Boza
●Elas tamén pintan (Coop 7H)
●Eme Dj
●Iria Pinheiro con “Anatomía dunha serea”
●Mabel Flores
●Mäbu
●Martirio e Chano Domínguez
●The Dirty Denims (Suíza)
●Vanesa Álvar  

martes, 11 de febrero de 2020

Elas Son Artistas levará arte en igualdade a oito concellos da Coruña


A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, destacou na presentación da terceira edición o poder que ten o creativo para chegar a máis xente e enganchar esas nenas interesadas en acceder a escenarios artísticos e igualitarios

Do 17 ao 26 de abril, a nova entrega, que homenaxeará a Aretha Franklin, incluirá exposicións, obradoiros, audiovisual e concertos como o de Agoraphobia, Freedom ou Georgina

A Coruña, 11 de febreiro de 2020.- A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, participou esta mañá na presentación no Teatro Colón da terceira edición de Elas Son Artistas, que terá lugar do 17 ao 26 de abril, coordinada por un equipo encabezado polo programador Tommi Legido, quen destacou os meses de traballo previos para chegar ata aquí cunha listaxe de concellos, patrocinios, colaboracións e artistas nun cartel aínda por completar. A edila agradeceulles ás persoas organizadoras que lles permitiran colaborar no festival “en que se visibiliza a muller a través da arte”, unha plataforma que chega a máis xente: “É moi fácil pasear pola cidade e ver que o Colón, o Rosalía e o Ágora se enchen e que os centros cívicos están repletos de mulleres que prestan parte do seu tempo a facer escola de empoderamento”.

A concelleira sinalou que elas levan empoderándose moitos anos a través da rede de voluntariado municipal, “facendo reais esas políticas de igualdade ás que nós lles poñemos nomes e apelidos”. Yoya engadiu que a iniciativa en que a concellería colabora abrangue desde as artes plásticas á literatura e a música, en distintos escenarios dos que espera que enganchen esas nenas, “porque son moitas as que con doce anos aproximadamente nos preguntan por plataformas artísticas ás que poderen acceder e nas que traballaren en materia de igualdade”.

Legido recalcou que nas dúas primeiras entregas pasaron polos escenarios 144 persoas e que Elas Son Artistas nace grazas ao impulso de Yolanda Villa, xerente da sala Mardi Gras, “ela foi a que dalgún xeito nos empuxou”. Canto ao nome do festival, o coordinador contou que se refire a “cada muller que temos na nosa familia e amizades. Eu sempre penso que a miña avoa era unha artista facendo o caldo, collendo o cabalo e indo desde Coirós a Betanzos o día de feira para despois alimentar a toda a familia” porque “se esta sociedade galega non tivese o matriarcado que temos, non estariamos aquí”.

A programación inclúe desde unha homenaxe a Aretha Franklin, unha das primeiras feministas en chegar a número 1 nas listas de éxitos, coa proxección do documental “Amazing grace”, a concertos a cargo de Freedom, Agoraphobia, Ainoa Buitrago, Lau, Lúa Mosquetera, Mourn, Silvia Penide, Eme DJ, Las Antonias, Belém Tajes, Georgina, Carmen Boza, Té Canela e Grises xunto a obradoiros como un de pintura de 7H Cooperativa, en citas que se repartirán polos concellos da Coruña, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Oleiros e Sada.

Sabela, de Agoraphobia, dixo que estaba encantada de formar parte do cartel porque “como artistas segue facendo falta a visualización da muller en determinados circuítos”. Pola súa parte, Silvia Penide comentou que era a segunda vez que participaba despois de actuar con Feminino Plural: “Este ano estarei en Bergondo”. A cantante asegurou que o que máis lle gusta destes ciclos é que “facemos moitas cousas entre nós” e que delas, saen outras iniciativas.