Mostrando entradas con la etiqueta poetas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poetas. Mostrar todas las entradas

sábado, 14 de octubre de 2023

O actor e poeta Viggo Mortensen e a Premio Reina Sofía Gioconda Belli, no novo trimestre do ciclo POETAS DI(N)VERSOS


*Será preciso a previa retirada de convite. Serán de balde e estarán dispoñibles dende o martes 17 de outubro, no Centro Ágora

------------

A programación comezará o vindeiro 16 de outubro ás 20.00 horas no Centro Ágora, coa luguesa Nieves Neira e a estoniana Kai Aareleid

O ciclo, organizado polo Concello en colaboración coa poeta e Premio Nacional de Poesía 2023, Yolanda Castaño, está consolidado como a única cita estable de España que acolle poetas internacionais de xeito regular

A Coruña, 14 de outubro de 2023.- O ciclo POETAS DI(N)VERSOS retoma a súa actividade no último trimestre do ano para presentar algunhas das máis interesantes poéticas mundiais a carón de autores e autoras en galego. O actor e poeta Viggo Mortensen será un dos tres escritores internacionais que se darán cita no Centro Ágora, ao que se sumarán a estoniana Kai Aereleid e a nicaragüense Gioconda Belli.

O ciclo de encontros, impulsado polo Concello da Coruña, foi fundado e dirixido pola poeta e xestora cultural Yolanda Castaño, recentemente recoñecida co Premio Nacional de Poesía 2023. Trátase dunha cita de referencia na programación cultural e literaria do país, iniciada no 2009, pola súa programación poética estable, plural e de alta calidade baseado en lecturas poéticas públicas na voz dos seus autores e autoras. POETAS DI(N)VERSOS súmase a outras iniciativas nas que colabora o Concello da Coruña con Castaño como a Residencia Literaria 1863 para a estadía creativa na cidade de autores/as de distintos países do mundo ou chegados doutros puntos de España.

O último trimestre do ciclo de Poetas Di(n)versos comezará o vindeiro luns 16 de outubro ás 20.00 horas, no Centro Ágora. A cita será entre a luguesa, Nieves Neira e a estoniana Kai Aereleid, que ofertarán un recital aberto e gratuíto. Á cita de outubro seguiralle o recital de Viggo Mortensen e Xosé Iglesias. Un encontro no que o actor americano compartirá co público unha escolma das súas composicións ao tempo que reflexiona sobre a dualidade profesional, cualidade que comparte co mariñeiro ceense.

A última das conversas será entre Andrea Nunes, natural de Marín e premio de poesía erótica Illas Sisargas no 2017 xunto con María Rosendo; e a nicaragüense Gioconda Belli, Premio Reina Sofía de Poesía neste 2023. Ambas activistas feministas abordará a cuestión da creación literaria dende unha perspectiva de xénero o luns 4 de decembro, tamén no Centro Ágora.

Máis información das poetas

Nieves Neira Roca (Lugo, 1983) é unha xornalista e escritora, premiada co Johán Carballeira XVII no 2020. Como poeta publicou Neve de agosto (Chan da Pólvora, 2022) mais o seu traballo poético tamén viu a luz en colaboración con artistas de distintas disciplinas, como Carla Andrade, Sabela Mendoza, Luís López Alonso, Olalla Caamaño e Cris Vilariño ou Rafael Mallo, así como coas integrantes da asociación luguesa de artes escénicas 3 monos. É coautora do libro O feitizo de Maruja Roca (2020). É ademais colaboradora da Fundación Uxío Novoneyra, figura sobre a cal centrou a súa tese de doutoramento en teoría literaria.

Pola súa banda, a estoniana Kai Aareleid (Tartu, 1972) é unha premiada escritora e tradutora estoniana. Escribiu novelas, contos, poesía e obras de teatro, traducidas e publicadas en varios idiomas estranxeiros. Entre os poemarios da súa autoría, salientan por exemplo Naised teel [Mulleres en camiño] ou Vihm ja vein [Choiva e viño].

Ademais da súa carreira como escritora, Kai Aareleid é unha prolífica tradutora literaria do finés, inglés e español. Traduciu a estoniano autores como Bruce Chatwin, Paavo Haavikko, Javier Marías, Enrique Vila-Matas, Roberto Bolaño ou Jorge Luis Borges entre outros. Tamén traballou como editora e axente literaria, foi mentora de tradutores/as emerxentes e impartiu cursos de tradución a estudantes universitarios/as.

Coa programación do ciclo Poetas Di(n)versos, o Goberno de Inés Rey mantén a súa aposta polo posicionamento da Coruña como referente literario reunindo a poetas internacionais e os principais nomes da escena galega cun ciclo único en Españ

miércoles, 16 de marzo de 2022

La Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer A Coruña, en colaboración con los escritoires Clara Vidal y Baldo Ramos, celebrará la lectura de Poemarios sobre la enfermedad de Alzheimer



La charla tendrá lugar este jueves 17 a las 18:00 en la sede de la Fundación Barrié, A Coruña

El poemario "A (des) memoria" de Clara Vidal habla de un lenguaje difícil de entender, propio de las personas que empiezan a sentir desvanecer su memoria.  Por su parte "Cartas dende o esquenzo", de Baldo Ramos, es un diálogo entre un padre que envejece, aquejado de pérdida de memoria y sus hijos. 

La presentación correrá a cargo de la  Presidenta de AFACO, Mª Carmen Martínez Pulleiro. 

Se desarrollará un diálogo entre los escritores, con lectura intercalada de poemas. Posteriormente, se facilitará un espacio para el diálogo entre los asistentes. La duración total del acto será de, aproximadamente, una hora. 

Entrada libre hasta completar aforo.

viernes, 10 de enero de 2020

O trimestre invernal de Poetas Di(n)versos conectará o Cono Sur e Luxemburgo con Galicia


O ciclo poético recibirá ata marzo a autores internacionais como Jean Portante, Hugo Mújica e Rafael Courtoisie, que mesturarán as súas voces coas de Luís Valle, Tamara Andrés e Claudio Pato

A Coruña, 10 de xaneiro de 2020.- O concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, presentou esta mañá o trimestre invernal do ciclo Poetas Di(n)versos xunto coa súa coordinadora Yolanda Castaño, quen explicou que entre xaneiro e marzo, o centro Ágora recibirá a poetas do Cono Sur, que se mesturarán con voces galegas e do primeiro autor luxemburgués nestes once anos de lecturas poéticas públicas. A nova entrega comezará este luns precisamente con Jean Portante, que acaba de publicar en España “La reinvención de la sombra”. Trátase dun autor moi recoñecido no mundo francófono tras 40 volumes publicados de diversos xéneros e traducido a moitas linguas. Polo conxunto da súa obra, gañou o Premio Petrarca en París, o Gran Premio da Sociedade de Escritores e o Premio Nacional de Luxemburgo.

Ao seu carón, interpretará as súas composicións o lugués Luís Valle, un escritor en absoluto ascenso que se vén consolidando como un dos mellor considerados dos últimos anos tras obter galardóns como o Lueiro Rey, o Eusebio Lorenzo Baleirón ou o da Afundación. Autor doutros trinta títulos de distinta natureza, desenvólvese na xestión cultural e a comunicación e acaba de presentar o libro “Óstraka”.

O 10 de febreiro, un dos poetas máis consagrados do mundo hispánico, o arxentino Hugo Mújica, darase a man cunha poeta combarresa que está a vivir o seu mellor momento: Tamara Andrés, autora dos recentes poemarios “Irmá paxaro” e “Bosque vermello”. En marzo, o recital poético do luns 16 revestirá ecos experimentais e de vangarda ao convidar o uruguaio Rafael Courtoisie e o ourensán radicado na Coruña, Claudio Pato. Se o segundo dirixiu a Galería Sargadelos da rúa Real e editou o seu último poemario –“Draga”– en 2018, o académico é Premio Loewe e Premio Casa de las Américas, e publicou hai poucos meses “El libro de la desobediencia” en España.

O décimo primeiro ano consecutivo da cita continuará ata xuño, que é a única de carácter periódico con poetas internacionais (ademais de locais) en todo o Estado. En 2014 foi distinguida co Premio da Crítica de Galicia á Mellor Iniciativa Cultural. As sesións están programadas os luns ás 20.30 horas, con traducións ao galego e cun acceso aberto e gratuíto. Polo auditorio do Ágora seguirán a pasar distintas librarías de proximidade que poñerán á venda os exemplares das/os poetas convidadas/os, por se o público quixese aproveitar para levar unha sinatura.




Programa en PDF en https://bit.ly/2tNe3RY