El nombre “Feroz Comedy Club” está inspirado en el querido cómico coruñés Pedro Brandariz.
Feroz Comedy Club inicia su andadura
El nombre “Feroz Comedy Club” está inspirado en el querido cómico coruñés Pedro Brandariz.
Written 9/17/2024 07:29:00 a. m. by @silcerino
acoruña, actualidad, CulturaWritten 5/10/2022 05:41:00 p. m. by @silcerino
acoruña, actualidad, bandas, Cultura, EstudiosMans, MúsicaWritten 2/18/2022 11:13:00 a. m. by @silcerino
acoruña, agenda, bibliodeputación, Cultura, deputación
Written 2/15/2022 12:40:00 p. m. by @silcerino
acoruña, agenda, Cultura, semanacinema, teatrocolónWritten 1/04/2022 01:05:00 p. m. by @silcerino
acoruña, agenda, Cultura, Música, Tanxugueiras
|
Written 12/16/2021 02:59:00 p. m. by @silcerino
acoruña, agenda, Cultura, filomatic, garufaclub, jazzfilloa, mardigras, Música, PlayaClubLas redes sociales fueron el trampolín a sus 18 años para dar el pistoletazo de salida a todo lo que iba suceder posteriormente. Su EP debut “Take off” acumuló
Por otro lado, las colaboraciones nacionales con Guillermo Galván en “La Apuesta”, Xoel López en “Pez Globo”, Rayden en “El mejor de tus errores” y las internacionales con David Fonseca en “Resist” y Poems for Jamiro en “White Noise”, son claros ejemplos del gran potencial que tiene y que denota que artistas de relevancia se hayan fijado en ella.
En mayo de 2021, Alice Wonder lanza su nuevo disco íntegramente en castellano y su legión de seguidores ya ha podido disfrutar algunos de sus nuevos temas que acumulan ya cerca de 10 millones de reproducciones, reflejando claramente la gran influencia que tiene la artista para empatizar y transmitir a través de sus letras, su carisma y su inquietante personalidad ante un público cada vez más amplio. Alice Wonder no ha venido de paso, ha venido a cantarnos lo perpetuo.
Esta actividade está organizada pola Casa-Museo Manuel María e conta coa colaboración da área de Cultura da Deputación e do Concello da Coruña
A Coruña, 13 de decembro de 2021. Tras ter que ser suspendida o pasado ano por mor da pandemia, neste 2021 volve ‘Lúas de outono’, o espectáculo que homenaxea a figura e a obra de Manuel María a través de diversas manifestacións artísticas. Nesta XII edición, a disciplina escollida para recrear a obra do autor será a maxia e o espectáculo, titulado ‘Un trebón de maxia’, terá lugar este mércores 15 de decembro ás 20:30h no Teatro Rosalía. Anunciarono esta mañá, o deputado de Cultura, Xurxo Couto, e a presidenta e o secretario da Fundación Manuel María de Estudos Galegos, Saleta Goy e Alberte Ansede.
“Nesta edición de Lúas de Outono, ao igual que nas anteriores, o que se pretende é poñer en valor a figura polifacética de Manuel María” asegurou Xurxo Couto durante a súa intervención. O deputado de Cultura tamén aproveitou para salientar o traballo que se está a realizar desde a Casa-Museo Manuel María para manter vivo tanto o legado como a memoria do autor. A presidenta da Fundación Manuel María, Saleta Goy, puxo o acento na identidade e no compromiso do propio Manuel María, explicando que “cada país ten unhas peculiaridades especiais” e que “a obra de Manuel María non podería existir se non existise Galiza”. Convén lembrar que a entrada será libre ata completar o aforo e que as portas do Teatro Rosalía se abrirán media hora antes do comezo do espectáculo.
Pola súa banda, Alberte Ansede asegurou que “precisamente a maxia é unha das manifestacións artísticas das que aínda non se botara man en edicións pasadas” e, neste sentido, indicou que “comparte coa literatura unha gran capacidade de imaxinación, de xeración de expectativa, de sorpresa e de intriga final”. Tamén explicou que os dous magos que se encargan do espectáculo do mércores, o Mago Antón e David Méndez, compartiron en vida amizade e proxectos co propio Manuel María, polo que ademais de recrear a súa obra tamén sumarán vivencias e lembranzas persoais. “Prometen facer todo o posible para que por arte de maxia, Manuel María apareza ante o público do Teatro Rosalía durante o espectáculo” asegurou Alberte Ansede.
Alberte Ansede lembrou que Manuel María escolleu a cidade da Coruña para vivir unha vez chegado á idade de xubilación, e que foi nesta cidade onde faleceu, o 8 de setembro. Arredor desta data, a Fundación Manuel María desenvolve todos os anos un espectáculo diferente, Lúas de Outono, se ben nesta edición por cuestións de reformulacion do calendario do Teatro Rosalía, o espectáculo se retrasou ata o mes de decembro.
Written 12/13/2021 02:51:00 p. m. by @silcerino
acoruña, agenda, Cultura, TeatroRosaliaWritten 12/13/2021 01:05:00 p. m. by @silcerino
acoruña, agenda, Cultura, garufaclub, MúsicaWritten 12/09/2021 12:29:00 p. m. by @silcerino
acoruña, agenda, Cultura, Exposición, MúsicaWritten 12/03/2021 04:18:00 p. m. by @silcerino
acoruña, agenda, Cultura, teatro, TeatroRosaliaA Xira Contrapunto comezou o 29 de novembro de 2019 en Mos e desde entón o trío ofreceu case un cento de concertos en diferentes puntos da península
26 de novembro de 2021.- A Xira Contapunto bota o pano esta fin de semana. Primeiro na Coruña, e despois en Pontevedra, Tanxugueiras despedirase da serie de concertos de presentación de Contrapunto, o seu segundo álbum, dous anos depois do inicio da mesma. Serán os dous últimos directos que as cantareiras ofrezan até o ano que vén e, coma vén sendo habitual desde o pasado mes de setembro, todas as localidades están esgotadas.
A primeira cita terá lugar mañá sábado, 27 de novembro, na Coruña. O centro Ágora acollerá, contra ás 20.00 horas, unha actuación das pandeireteiras no marco do Festival de Artes pola Inclusión Social Festigual. Á xornada, seguinte, o domingo 28 de novembro (un día antes de que se cumpran os dous anos do primeiro concerto de presentación de Contrapunto), temas como O querer, Irmandade, Albedrío ou Malquerenza soarán no auditorio de Pontevedra, mais desta vez as cantareiras estarán acompañadas, sobre o escenario, por grandes voces e instrumentistas da escena galega. Figuras como Xabier Díaz, Sabela, Uxía Senlle, Lilaina ou Edelmiro Fernández participarán nun directo moi especial, no que tamén soarán algúns dos novo temas das cantareiras, como Midas ou Figa; e co que se despedirán dos escenarios até 2022. A cita, recollida na programación da Culturgal, comezará ás 18.00 horas.
Contrapunto (2019)
Contrapunto naceu como convicción: as pandeireteiras querían explorar os límites da música tradicional. Presentouse como un segundo disco maduro, cheo de matices e renovador, no que Tanxugueiras fiou cinco relatos, cada un coa súa cara e coa súa cruz, nos que cantaron sobre o empoderamento da muller, a amizade, a deslealdade, a liberdade ou a traizón. Singles como Desposorio ou Perfidia, cuxo videoclip foi finalista dos Premios Mestre Mateo, deron boa conta da proposta do álbum, que situou ao trío no epicentro da renovación da escena trad.
Desde a publicación de Contrapunto en novembro de 2019, Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro visitaron ducias de escenarios, sumando máis de noventa actuacions. Xa desde o inicio da xira, cunha actuación por provincia e fóra dos circuitos habituais, Tanxugueiras amosou as súas cartas: o grupo tiña unha proposta diferente e harmónica, que partía da intimidade do escenario para acadar a máxima potencia cunha grande execución vocal. Logo de visitar Mos, Burela e Celanova, en febreiro de 2020 chegaron a Santiago de Compostela, localidade na que esgotaron todas as entradas da Sala Capitol; un ritmo que mantiveron ao encher os auditorios en Oleiros, As Pontes e Cangas.
A chegada da pandemia freou en marzo de 2020 a xira de presentación do disco, que retomaron no mes de xullo no TradFest compostelán, e da que deron boa conta neste 2021 por numerosas localidades de toda a península e en citas de referencia como La Mar de Músicas (Cartaxena), EXIB (Setúbal) ou Goikoorts (Bélxica), e que compaxinaron coa presentación do seu novo espectáculo en citas como Womex (Porto), Fira Mediterrànea (Manresa) ou Trovam (Castellón). Nos últimos meses as pandeireteiras tamén sumaron colaboracións con primeiras espadas da escena musical estatal, como Kiko Veneno (Festival Terraceo), Rayden (Marín é música e Concerto especial 20º aniversario no Wizink Center) ou La Pegatina (SonRías Baixas), entre outras. Este 2021 tamén tiveron ocasión de colaborar e gravar temas cos galegos Carlos Núñez, Iván Ferreiro ou Dakidarría; coa banda catalana Roba Estesa, os valenciáns Niuss ou o vasco Xabi Aburruzaga, entre outros.
Written 11/26/2021 11:33:00 a. m. by @silcerino
acoruña, agenda, Cultura, Música, TanxugueirasWritten 11/25/2021 11:07:00 a. m. by @silcerino
acoruña, agenda, Cultura, Música, palacioópera