Mostrando entradas con la etiqueta MuseoBelasArtes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MuseoBelasArtes. Mostrar todas las entradas

viernes, 12 de febrero de 2021

Visita virtual a Vestir épocas


O Museo de Belas Artes da Coruña achega a mosta ao público mediante esta visita virtual na que descubrir os contidos da exposición percorrendo cada sección polas salas do museo.

Acompáñase de videos explicativos dos comisarios así como doutros de carácter máis didácticos, ademais de ventanas de informacións sobre os usos e costumes da época en canto á moda e ás vestimentas que forman parte da colección. Incorpórase unha actividade didáctica a modo de trivial para amenizar a aprendizaxe dos contidos, dirixida a todos os públicos.

lunes, 11 de mayo de 2020

A Xunta intensifica o proceso necesario para a reapertura do servizo nas bibliotecas e museos de xestión autonómica




Traballa nas actuacións preliminares para o inicio progresivo da atención presencial seguindo as indicacións publicadas polo Goberno central este sábado no BOE 

Nesta primeira semana o persoal directivo realizará unha análise das medidas e actuacións necesarias para garantir a seguridade de traballadores e usuarios 

Para o persoal, seguirase o Protocolo polo que se establece a reincorporación dos empregados públicos ao traballo presencial aprobado no Consello da Xunta 

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2020.- A Xunta de Galicia intensifica o proceso necesario para a reapertura progresiva dos centros da súa titularidade e daqueles que xestiona no ámbito dos museos e bibliotecas. Neste sentido, desde o día de hoxe, no que Galicia entra na fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade, co obxectivo de determinar as actuación necesarias para a súa posta en marcha, cada centro directivo realizará unha análise das medidas establecidas polo Goberno central a través da Orde SND/399/2020, que foi publicada o pasado sábado no Boletín Oficial do Estado (BOE). 

Unha vez rematadas estas actuacións preliminares, que terán unha duración mínima dunha semana, e cumpridas as medidas preventivas contidas en dita orde, acordarase a apertura progresiva dos equipamentos en varias fases e a reincorporación efectiva do persoal, seguindo o Protocolo polo que se establece a reincorporación dos empregados públicos ao traballo presencial e as medidas de prevención aprobado no Consello da Xunta. 

No caso dos Arquivos xestionados pola Xunta, a atención é telemática desde o pasado 4 de maio, agás nos supostos nos que sexa absolutamente imprescindible a atención presencial, en cuxo caso se limita a 10 documentos ou unidades de instalación física por xornada de traballo. As condicións de apertura dos arquivos foi fixada previamente polo Ministerio de Sanidad a través da Orde SND/388/2020 publicada o pasado domingo 3 de maio. 

Atención e recursos online 
Cómpre lembrar que, durante estas semanas de confinamento, a Xunta de Galicia impulsou as potencialidades de GaliciaLe, a plataforma de préstamo electrónico, cuxo uso se está a disparar neste período. De feito, só nas primeiras semanas incrementou notablemente o seu número de usuarios e quintuplicou o número de préstamos. Este sistema, que permite acceder a máis de 4.500 títulos, entre libros, revistas ou audiovisuais, seguirá activo ao tempo que as bibliotecas retomen progresivamente a súa actividade e servizos presenciais. 

Igualmente, os museos continuaron abertos en visitas virtuais a través do microsite Galicia, na túa casa, que permite percorrer monumentos e espazos expositivos. Durante o estado de alarma, máis de 13.000 persoas accederon a esta opción, á que tamén se sumou a Cidade da Cultura a través da dixitalización da exposición Galicia, un relato no mundo. 

Un total de 23 centros en toda Galicia 
Os centros de titularidade da Xunta ou de xestión autonómica no ámbito dos arquivos, museos e bibliotecas son un total de 23 dotacións repartidas por toda Galicia. No caso dos arquivos trátase do Arquivo do Reino de Galicia, na Coruña; o Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura, e os Arquivos Históricos Provinciais de Ourense, Pontevedra e Lugo. 

Dentro do ámbito dos museos, o Goberno autonómico xestiona os seguintes: Museo de Belas Artes da Coruña, Museo das Peregrinacións e de Santiago, Museo Massó de Bueu, Museo Arqueolóxico de Ourense, Museo do Castro de Viladonga, Museo Etnolóxico de Ribadavia, Museo do Mar de Galicia, en Vigo; a Casa Museo Camilo José Cela, o Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura e o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). 

No ámbito das bibliotecas os centros de xestión autonómica son a Biblioteca de Galicia, no Gaiás; a Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña, a Biblioteca de Lugo, a Biblioteca de Ourense, a Biblioteca Antonio Odriozola de Pontevedra, a Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela e a Biblioteca Juan Compañel de Vigo.

jueves, 23 de enero de 2020

Obradoiros en familia: libreando con Luís Seoane


Impartido por Isabel Pintado

Datas: Sábados, 1, 8, 15 e 29 de febreiro

Duración do taller: dúas horas
Horario: de 18:00h a 20:00h
Grupos familiares con nenos a partir de 6 anos
Con axuda de diferentes técnicas (gráficas, pictóricas, de reciclaxe e outros recursos de estampaxe) adaptadas a cada temática, o obradoiro introducirá aos participantes no mundo creativo e na evolución estilística e formal da figura de Luís Seoane. O resultado final será a realización dun libro de artista.

Prazas limitadas. 
Inscrición previa.

jueves, 9 de enero de 2020

Visitas guiadas á exposición Luis Seoane no Museo Belas Artes da Coruña



LUIS SEOANE NO MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA. 
O LEGADO DE MARUXA SEOANE

CONTIDO

O Museo de Belas Artes da Coruña posúe unha importante colección de obras pertencentes a Luís Seoane, un dos máis grandes artistas galegos representante das vangardas históricas do século XX e figura indiscutible do sentir cultural e político do exilio e a emigración galega en Bos Aires e América.

As obras foron legadas ao Museo a través da Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes por vontade da súa viúva, Elvira Fernández (Maruxa Seoane) que dedicou o seu esforzo ao fomento, conservación, retorno e difusión en Galicia do legado do seu home. Dito legado componse de 42 óleos, 252 gravados soltos e en cartafoles, e 6 libros ilustrados.

Partindo das obras que integran a citada colección, onde se representa un amplo abanico de temas, técnicas e estilos, o discurso expositivo pretende facer un achegamento á obra do pintor, desde principios dos 50 ata pouco antes do seu falecemento en 1979, ao longo de catro grandes bloques temáticos que ocuparon un importante lugar no seu universo iconográfico: a muller galega, a natureza e a paisaxe, a guerra e a denuncia social e os mitos, tradicións e lendas, temas todos eles que nos falan da existencia dun pasado cultural e unha iconografía propia.

Ademais, a exposición incorpora unha sección introdutoria de carácter pedagóxico, onde se desmenuzan, baixo unha formulación estritamente didáctica, as distintas facetas desenvoltas ao longo da súa obra (pintor, gravador, ilustrador, cartelista), así como os procedementos e as técnicas empregadas. Con axuda de obras orixinais, vídeos, textos e maquetas nesta sección explícansenos as distintas técnicas de gravado empregadas (xilografía, serigrafía e litografía), a evolución estilística e formal das súas representacións ou a actividade despregada como deseñador gráfico.


VISITAS GUIADAS
Desde o 7 de xaneiro ao 8 de marzo de 2020


VISITAS LIBRES
A partir do 11 de xaneiro de 2020
-Sábados ás 18:30 horas


GRUPOS CULTURAIS
-Mércores ás 18:30 horas
-Xoves e venres ás 12:00 horas
Máximo 25 persoas, mínimo 15 persoas.
Solicitude: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal


GRUPOS ESCOLARES
Para grupos de 5º e 6º de Primaria, ESO e Bacharelato.
-Martes e mércores ás 11:00 e ás 12:30 horas
-Martes 15:30 horas
Máximo 30 alumnos por hora e grupo, mínimo 15 alumnos (un aula)
Solicitude: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal


Máis información en http://museobelasartescoruna.xunta.gal

martes, 17 de diciembre de 2019

200 aniversario de Gaspar Esmit con mesa redonda e concerto no museo de Belas Artes


200 aniversario de Gaspar Esmit
MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA
18 de decembro de 2019
19:00h

MESA REDONDA

Xoán Manuel Carreira, Ismael Velo Pensado e Marianna Prjevalskaya

CONCERTO

Leila Pena Montes
Gaspar Esmit 
3 Minuetos: Fa maior, Do menor, Do maior
 
Joseph Haydn 
Sonata en Re maior, Hob.XVI/37, primer movemento
Allegro con brío 

Dasha Rosinskij Prokopenko
Gaspar Esmit 
Sonata en Do maior No.6
Allegro
Andante
Rondo

Domenico Scarlatti 
Sonata en fa menor K.466

Marianna Prjevalskaya 
Gaspar Esmit
Sonata en La menor No.2
Allegro
Allegro molto moderato

Allegro en La maior

Domenico Scarlatti 
Sonata en La menor K.175
Sonata en La maior K.208
Sonata en Re maior K.29
Sonata en Re menor K.213
Sonata en Do menor K.56