Mostrando entradas con la etiqueta circuloartesanos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta circuloartesanos. Mostrar todas las entradas

miércoles, 13 de diciembre de 2023

Esta fin de semana comeza a 6ª Edición do Feirón SenPatrón no Circo de Artesáns da Coruña



Somos encontro. Somos espazo vivo. Somos onde atopar una chea de agasallos únicos. Mais tamén onde atopar cousas necesarias e sen prezo: unha conversa, unha aperta, a creatividade sen cancelas. O Feirón é un lugar para descubrir e compartir. Descubrir e compartir a paixón de crear, a paixón de vivir. No Feirón non vai frío, non vai présa. Non ten seccións nin departamentos. É unha xeografía para andar e pousar, unha foliada, un almeiro de descubertas, un obradoiro de man común e autoxestión. 

O Feirón Sen patrón é...outra cousa! Atréveste?! Descubre una chea de proxetos orixinais e autoxeridos, onde o empoderamento e o agarimo teñen prioridade.

Este ano: Dúas fin de Semana!


Horario (decembro):

Venres 15 pola tarde (17 a 21,30), Sábado 16 e Domingo 17
mañá e tarde (de 11,30 a 14,30/ 17 a 21,30)

Xoves 21 pola tarde, venres 22 e sábado 23 mañá e tarde.


Circo de artesás. Rúa S. Andrés, num 36. A Coruña
Participan 29 proxectos de arte e artesanía: ilustración, collage, serigrafía, encuadernación, fotografía, costura, productos veganos, xoiería, cerámica, etc.


E ademáis Programación cultural do Feirón Sen Patrón:

Sábado 16
17hrs Obradoiros de Kokedamas con Espora Coruña.
19,30 Dj Endora

Domingo 17
13 hrs Vermú con Pablo Caamiña Ursusson e Xoel Lopez (de Sangre de Muérdago)
Faladoiro Sobre a Loita Contra a invasión eólica por Amil sen Eólicos e Asociación Nove Refachos

Xoves 21
19 hrs. Presentación do Libro “Basilisa Álvarez. A Corales, Unha Mapoula nas Atochas” Por Bastiana Ed.

Venres 22
13 hrs Vermú con KREZE
18,30 hrs Faladoiro “A loita pola recuperación dos muráis de Lugrís” polo Colectivo In Nave Civitas

Sábado 23
19,30 Dj Ant00000n

jueves, 15 de diciembre de 2022

Visita do apalpador á Coruña (venres 23 de decembro ás 17 h no Circo de Artesáns)


A Asociación Semente Coruña informa que celebraremos estas festas lembrando a figura tradicional propia do nadal do noso País: o apalpador ou pandigueiro, a entrañable personaxe do carboeiro que, unha vez ao ano, baixaba das montañas do Courel e percorría as aldeas galegas apalpando as barriguiñas das máis pequechas e pequechos para comprobar se comeran ben durante o ano, e deixarlles agasallos e presadas de castañas.

Esta tradición, que estivo a piques de desaparecer no esquecemento, está sendo activamente recuperada e reivindicada nos últimos anos por unha serie de colectivos, entre eles o noso, e queremos que teña tamén o seu espazo de encontro coas crianzas da cidade herculina.

Por iso, este nadal a Asociación Semente quixo que o apalpador visite un espazo tan céntrico coma é o Circo de Artesáns, sito no corazón da nosa cidade (rúa San Andrés 36) e que leva 125 anos dinamizando a sociedade coruñesa. Ali as crianzas terán a oportunidade de coñecer esta figura e as súas historias e lendas, contarlle as súas inquedanzas e por suposto pedirlle os seus agasallos.

PROGRAMA DA VISITA: O apalpador e a súa acompañante chegarán sobre ás 17h ao Circo de Artesáns e permanecerá varias horas no local, durante a que teremos as portas abertas, é dicir, a participación será completamente libre e gratuíta.

viernes, 17 de diciembre de 2021

Volve o Feirón Sen Patrón





Cando: 19 ao 23 de decembro
Onde: Pranta Baixa do Circo de Artesáns, Rúa Santo André 36, 15003 A Coruña

ENTRADA LIBRE (control de aforo para respetar o protocolo sanitario)

O Circo de Artesáns da Coruña acolle a IV edición do Feirón sen Patrón que decorrerá de domingo 19 ata xoves 23 decembro en horario de mañá e de tarde. Como xa ven sendo habitual cada Nadal, os artesáns e artesanas da cidade expoñen o seu traballo na pranta baixa no emblemático edificio da rúa Santo André para quen goste de agasallar aos seus seres queridos con creacións orixinais, diferentes e de vangarda, feitas de xeito artesanal e co cariño que todos e todas poñen na súa fabricación.


MÁIS DE VINTE POSTOS

O Feirón aglutina proxectos orixinais, de autoproducción, pequena escala, proximidade e calidade e desde hai catro ano xa se fixo un oco no roteiro de compras navideñas da veciñanza da Coruña. Nesta edición e pola boa acollida que ten sempre, aumenta o número de participantes ata máis de 20 con creadores chegados tamén de fóra da Coruña. Así, poderemos atopar produto local, artesanía, feito a man, serigrafía, cosmética natural, pintura, cerámica, imprenta artesanal, arte, encuadernación, cervexa artesá, presentacións e deseño galego impreso en 3d.


MÚSICA, OBRADOIROS E SORTEO DE CESTA DE REGALOS

Asimesmo, o Feirón contará con actuacións musicais, foliada, sesión vermú e obradoiros, e o tradicional SORTEO DE CESTA DE REGALOS con aportacións de cada participante.

• Presentación Revirada A Revista Feminista (n.9) “Transdiálogos feministas”, martes, 21 as 17h
• Presentacion do libro “Vagos y maleantes”, de autoría colectiva, mércores 22, as 13h
• Foliada con Pandeireperras, mércores, 22 as 19'30h
• Sesión vermú Violín Loop con Daniel Convulsionez, xoves 23 as 13h
• Despedida: “Bengalas Poéticas” con Manolo Rivas e X. Abeleira, xoves 23 ás 19h
• Obradoiros “Encuaderna e estampa” con Sucede Arte Visual, domingo 19 ás 18'30h e mércores, 22 ás 12h

A entrada será de ACCESO LIBRE E DE BALDE, con control de aforo para cumplir as recomendacións sanitarias, así como o uso de máscara obrigatorio e xel hidroalcólico a dispor.


Participantes:

Adororoda // AleAlé, Cervexas naturais // Ana Zapata, Pintura, escultura, artesanía. // Anton collage // Blanca comida vegana // Cando chove fai sol, Serigrafía e fotografía // Dispersa Pintura // Eduardo Canalejo // El taller muy secreto, Muñecos y móviles de tela // Herbas nömadas, Artesanía botanica // I3D - Imprime 3D Deseño Galego impreso en 3D // Iria Fafián, Ilustración e mural // Lola Puñales, Jabones Artesanos // Manchea, imprenta+artefactos // Mikaeshi, Encuadernación Artesanal // Pastelería Clorofila // Psy•Cosy, Gorras // Sucede arte visual, Estampación. Ilustración. // The Beholder’s Eye // Volta revolta