Mostrando entradas con la etiqueta concellocoruña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta concellocoruña. Mostrar todas las entradas

jueves, 21 de agosto de 2025

Espectáculo ‘As Cigarreiras’ nas Festas de María Pita


O domingo 24 de agosto, a praza de María Pita acollerá a estrea do espectáculo ‘As Cigarreiras’, unha proposta da Banda Municipal da Coruña e do Coro Galego Cántigas da Terra que recrea a revolta obreira protagonizada polas traballadoras da Fábrica de Tabacos da Palloza no ano 1857.  

A peza estrutúrase en tres actos e combina música e teatro para amosar o contexto histórico no que se produciu esta mobilización, considerada unha das primeiras loitas sindicais lideradas por mulleres en Europa. A representación inclúe referencias ao traballo na fábrica, a interpretación da ‘Foliada da Cruña’ como himno reivindicativo e unha parte final centrada na defensa dunhas condicións laborais dignas.  

O proxecto recupera o xénero tradicional da estampa galega, cunha posta en escena que implica á Banda Municipal, ao Grupo de Baile Santaia e ao conxunto artístico de Cántigas da Terra, formado polo coro, grupo de gaitas e cadro teatral.  

A dirección teatral está a cargo de Isabel Risco, que tamén interpreta o personaxe principal, María Pena Barreiro. O elenco complétase con Victoria Pérez, Manuel Fernández, Jose Losada e Alberte Bello. A obra conta cun texto de Carlos Ares, dirección de movemento de Estefanía Gómez e Iván Villar, escenografía de Suso Montero e coordinación de Marta Horjales.

viernes, 1 de diciembre de 2023

Aberto o prazo de preinscrición nos Campamentos Deportivos de Nadal, que terán lugar entre os días 26 de decembro e 5 de xaneiro

 

Ofértanse 144 prazas para a rapazada de entre 6 e 12 anos. As nenas e nenos poderán aprender e gozar con disciplinas deportivas como atletismo, escalada, patinaxe e xogos acuáticos, entre outras

A Coruña, 1 de decembro de 2023.- O Concello da Coruña abriu o prazo de presentación de solicitudes para optar ás 144 prazas que se ofertan nos Campamentos Deportivos de Nadal, unha iniciativa promovida polo Goberno de Inés Rey co obxectivo de achegar a mocidade ao deporte e a hábitos de vida saudables, á vez que se lles facilita ás familias unha ferramenta de conciliación no contexto das vacacións escolares de Nadal.

Os campamentos están ideados para a rapazada de entre 6 e 12 anos —coa idade cumprida a 31 de decembro de 2023—, á que se implicará no desenvolvemento de actividades deportivas que inclúen disciplinas como atletismo, escalada, defensa persoal, bádminton, esgrima, xadrez, carreira de orientación, patinaxe e xogos acuáticos, entre outras.

A meirande parte das actividades levaranse a cabo na Cidade Deportiva de Riazor, aínda que tamén haberá sesións ao aire libre, en contornos naturais, sempre e cando as condicións meteorolóxicas sexan favorables.

Dúas quendas de campamentos

Os Campamentos Deportivos de Nadal terán lugar entre os días 26 de decembro e 5 de xaneiro, nun formato de dúas quendas: a primeira, do 26 ao 29 de decembro; e a segunda, do 2 ao 5 de xaneiro. Para cada quenda habilitaranse 72 prazas, cun custo de 34 euros.

Haberá un horario xeral, das 9.00 ás 14.00 horas, mais tamén se prevé habilitar un horario ampliado de conciliación —sen custo engadido—, con entrada entre as 8.00-9.00 h e dúas opcións de saída —para escoller entre unha ou outra—, ben ás 14.00 ou ás 14.30 horas.

En canto ás prazas, terán preferencia as persoas empadroadas no concello da Coruña.

A preinscrición, aberta ata o vindeiro martes 5 de decembro

Neste sentido, o prazo de preinscrición para solicitar praza nos Campamentos Deportivos de Nadal xa está aberto. Pecharase o vindeiro martes 5 de decembro, ás 14.00 horas.

A formalización da solicitude de praza deberá tramitarse en liña, a través da páxina web daConcellaría de Deportes. Cada persoa poderá presentar só unha única solicitude, indicando a orde de preferencia das quendas, de ser o caso. Para poder ter en conta as necesidades de conciliación das familias, no caso de irmáns ou irmás deberán facerse as solicitudes de forma continuada no tempo e co mesmo orde nas quendas solicitadas.

Toda a información sobre os Campamentos Deportivos de Nadal 2023-24 pode consultarse a través desta ligazón.

miércoles, 9 de agosto de 2023

O Concello solicita a colaboración cidadá para reducir o consumo de auga ante o estado de prealerta por sequía no encoro de Cecebre


Este mércores remitiuse unha comunicación aos concellos da área, que se abastecen de Cecebre, para limitar os usos non prioritarios de auga

A Coruña, 9 de agosto de 2023.- Ante a declaración de prealerta por escaseza de auga moderada no sistema de abastecemento dos ríos Mero e Anllóns, e da ría da Coruña, activada pola Oficina Técnica da Seca da Xunta de Galicia, o Concello da Coruña remitiu este mércores unha comunicación a todos os concellos da área metropolitana aos que se suministra auga desde o encoro de Cecebre (Arteixo, Bergondo, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada), con medidas de concienciación cidadá nos fogares e empresas.

A declaración de prealerta no sistema de explotación do encoro de Cecebre, na cunca do río Mero, prodúcese debido á súa ocupación por debaixo da media nos últimos anos, situándose actualmente nun 61,3 %.

Ante esta coxuntura, e dado que a Xunta de Galicia solicitou a implicación dos concellos galegos para a posta en marcha de medidas de concienciación cidadá sobre a escaseza de auga e a necesidade de aforro, o Concello da Coruña, a través da Empresa Municipal de Augas da Coruña (Emalcsa), en cumprimento do Plan de Emerxencias e Xestión do Risco de Seca no sistema de abastecemento da Coruña, recomenda diversas medidas para o estado de prealerta vixente. Son as seguintes:

● Concienciación cidadá nos fogares e empresas.
● Limitación dos usos non prioritarios que se detallan a continuación:
    ○ Redución de baldeos e limpeza de edificacións.
    ○ Redución do rego en zonas públicas e privadas ao estrictamente necesario.
    ○ Limitación á hora de encher as piscinas.
    ○ Peche de instalacións ornamentais e decorativas: peche de fontes.
    ○ Prohibición do lavado de coches fóra dos establecementos autorizados.

O Plan de Emerxencias e Xestión do Risco de Seca fai fincapé na necesidade de facer extensivas as medidas ao aforro voluntario en fogares e empresas, así como as recomendación de restrición de usos non prioritarios, aos concellos usuarios, para que as medidas en si acaden o efecto agardado.

Ditas medidas entrarán en vigor esta noite do mércores 9 ao xoves 10 de agosto, ás 00.00 horas.

lunes, 16 de enero de 2023

O Concello publica as propostas gañadoras dos Orzamentos Participativos nas que se investirán 2,5 millóns de euros


 

O Goberno municipal achegará 90.500 euros máis para incluír a creación dunha zona de lecer en Palavea

A Coruña, 16 de xaneiro de 2023.- Xa se poden consultar na web municipal as propostas gañadoras da última edición dos Orzamentos Participativos coas súas correspondentes partidas. Son 17 as propostas -cinco para toda a cidade e 12 correspondentes aos 10 distritos da Coruña- as máis votadas no proceso de participación cidadá que se levaron a cabo a finais do pasado ano.

Ademais destas 17 propostas, o equipo técnico municipal valorou o emprego dos remanentes para a inclusión dunha proposta máis nos distritos 1 ou 8, os únicos que non acadaron o límite de orzamento asignado por distrito. Seguindo o criterio de maior número de votos, inclúese a maiores o proxecto de creación dunha zona de lecer e ocio no barrio de Palavea, para cuxa posta en marcha o Concello achegará 90.500 euros que se sumarán aos 2.500.000 euros consignados para os Orzamentos Participativos. Mediante os orzamentos participativos o Goberno de Inés Rey amplía os investimentos previstos nos barrios da cidade, que neste mandato superan xa o 40 millóns de euros.

“A suma dos orzamentos das propostas gañadoras deixaba un remanente de 60.000 euros - explica a concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación, Yoya Neira-, unha vez analizadas todas as opcións e tendo en conta o número de votos recibido, o Concello decidiu destinar o dito remanente a poñer en marcha a segunda proposta máis votada do Distrito 8 (Palavea) e completar con fondos propios os 150.000 euros de orzamento que se necesitan”, agregou.

Neira destacou o aumento de cidadáns e cidadás que participaron na fase de votación, aproximadamente un 70 % máis que o ano pasado. O número de persoas que optaron pola votación presencial en urna experimentou igualmente un ascenso importante, sendo máis do dobre que o ano pasado, cando se habilitou esta opción de voto por primeira vez.

En canto á participación por distritos, destaca moi por encima dos demais o distrito 7, con máis de 1.000 votos contabilizados. O distrito 5 tamén tivo unha participación alta, con 636 votos contabilizados.

En total, houbo 1.747.745 visitas á plataforma "nacorunacontas" situada na web municipal, presentáronse 608 propostas e emitíronse 22.254 apoios. Na votación final participaron 3.140 persoas.

Propostas gañadoras


1. Para toda a cidade

● "Quero ser libre pola Coruña". Proposta de intervención global para a mellora da accesibilidade en toda a cidade presentada por GRUMICO (Grupo de persoas con discapacidade da Coruña) Orzamento: 250.000 euros.

● "Por unha cidade verde". Creación de novas zonas verdes e instalación de árboredo autóctono. Orzamento: 250.000 euros.

● "Parques infantís cubertos". Instalación de cubertas nalgúns dos parques infantís da cidade para poder utilizalos cando chove. Orzamento: 250.000 euros.

● "Baños públicos de calidade". Instalación de máis cabinas de aseo público con equipamentos modernos. Orzamento: 250.000 euros.

● "Mantemento e actualización da Domus". Proposta integral para o edificio de Arata Isozaki que inclúe a renovación do exterior e os accesos e a actualización da oferta expositiva dun dos museos máis populares da cidade. Orzamento: 98.000 euros.


2. Propostas por distritos

● Distrito 1 (Ciudad Vella, Cantóns, A Mariña e Orzán)

Rehabilitación dos bancos de cerámica dos Xardíns de Méndez Núñez. Orzamento: 60.000 euros.
Instalación de árbores na rúa Socorro. Orzamento: 25.000 euros

● Distrito 2 (Monte Alto, Orillamar, Zalaeta, Matadoiro e Durmideiras) Reparación da pista deportiva do CEIP Víctor Seoane. Orzamento: 148.000 euros.

● Distrito 3 (Catro Camiños, Juan Flórez, Ramón y Cajal e A Palloza) Ampliación da zona de xogos na praza de Tabacaleira. Orzamento: 150.000 euros

● Distrito 4 (Os Mallos, Vioño, avenida do Ferrocarril e contorna da estación de tren)

Ampliación do parque infantil da Sagrada Familia. Orzamento 70.000 euros. 
Equipamento do parque infantil da estación de tren. Orzamento: 70.000 euros.

● Distrito 5 (Labañou, Os Rosales, Alfredo Vicenti e Manuel Murguía) 

Reacondicionamiento do “cole azul”, o espazo dedicado ás actividades extraescolares do CEIP Emilia Pardo Bazán. Orzamento: 149.500 euros.

● Distrito 6 (Agra do Orzán, As Conchiñas, Peruleiro e rúa Barcelona) 

Embelecemento do barrio con ampliación de beirarrúas, máis zonas peonís e axardinamento. Orzamento: 150.000 euros

● Distrito 7 (Os Castros, Monelos, Matogrande e Someso)

Patio urbano verde, humanizado e sostible para o CEIP Ramón de la Sagra. Orzamento: 150.000 euros

● Distrito 8 (Palavea, Pedralonga, Eirís e As Xubias)

Camiño seguro ao colexio: Facer un carril peonil na rúa Roma que una o colexio Andaina coa avenida Nova York para poder chegar á parada de bus urbano de forma segura. Orzamento: 70.000 euros.
Creación dunha zona de lecer e ocio na contorna das vivendas de Santa Cristina en Palavea. Orzamento: 150.000 euros.

● Distrito 9 (Elviña, Mesoiro, Novo Mesoiro, A Zapateira e Pocomaco) 

Reparación e asfaltado das pistas e camiños do Lugar de Elviña e Castro de Elviña. Orzamento: 150.000 euros.

● Distrito 10 (O Ventorrillo, Bens, Nostián e Penamoa) 

Renovación completa do patio do CEIP María Barbeito. Orzamento: 150.000 euros.


miércoles, 15 de junio de 2022

O Concello organiza sete xornadas de actividades culturais para todos os públicos polo San Xoán


 

A banda Miss Caffeína actuará a noite do 23 de xuño na explanada de Riazor, despois da queima da falla

A Coruña, 15 de xuño de 2022.- O Concello da Coruña organiza sete xornadas de actividades para todos os públicos con motivo da celebración da noite de San Xoán. Os eventos programados comezarán este venres 17 de xuño e rematarán o xoves 23, e repartiranse por diferentes lugares da cidade.

Con esta programación o Goberno municipal de Inés Rey busca animar a cidade nos días previos á Noite Meiga con actividades relacionadas con esta festa. O prato forte da programación será o concerto da banda Miss Caffeína na explanada do Palacio dos Deportes de Riazor. A formación está este verán presentando o seu último disco, ‘El año del tigre’, por todo o territorio nacional. Subirán ao escenario ás 00.30 horas, tras a queima da falla e a sesión de fogos de artificio.

O resto de días haberá diferentes eventos para as e os máis cativos, como obradoiros de decoración de sardiñas ou funcións teatrais variadas. Realizaranse desde o venres 17 nos xardíns de Méndez Núñez, o parque de Oza, Novo Mesoiro, o parque de Santa Margarida, a praza das Bárbaras, a praza das Conchiñas, a praza de Vigo, a praza Elíptica, a praza dos Mariñeiros e a praza da Tolerancia. En caso de chuvia, haberá lugares alternativos a cuberto.

Por outra banda, a fin de semana do sábado 18 e do domingo 19 de xuño realizarase no parque de Santa Margarida a Romaría do lecer, que contará coa actuación da asociación cultural Xacarandaina. O sábado ás 19.00 haberá unha foliada infantil e, a partir das 21.00 horas, unha foliada para persoas adultas. O domingo pecharase a romaría a partir das 11.00 horas.

O mércores 22 está prevista a realización dun espectáculo de rúa da agrupación Donaire, que irá desde o Obelisco a María Pita a partir das 19.00 horas. Ese mesmo día, a Banda de

Música Municipal actuará en San Andrés co programa ‘Tarde de Música Latinoamericana’, a partir das 20.00 horas. A Banda estará dirixida por Juan Miguel Romero Llopis.

O xoves 23 de xuño, nas horas previas á noite de San Xoán, tamén haberá varias actividades. Durante a mañá, desde as 11.30 horas, no Campo da Leña haberá obradoiros de herbas de San Xoán, xogos populares e unha actuación teatral.

A queima da falla será, como é habitual, ás 23.50 horas. Na explanada do Palacio dos Deportes de Riazor haberá dúas actuacións musicais. Ademais de Miss Caffeína (ás 00.30), ás 22.30 horas estarán Los Mecánicos. Estes concertos pecharán a programación cultural deste San Xoán.

jueves, 17 de marzo de 2022

O Concello dá comezo ás obras de reurbanización na travesía da Torre, onde se disporá unha plataforma única e gañaranse espazos peonís


 

Os traballos abranguen a reforma completa do cruzamento coas rúas Tren e Disciplina. Ademais, plantaranse 14 árbores co obxectivo de gañar espazos verdes na contorna

A Coruña, 17 de marzo de 2022.- O Concello da Coruña acomete, desde este xoves, a reurbanización da travesía da Torre, no barrio de Monte Alto, unha obra que procura garantir a accesibilidade universal dos seus percorridos peonís.

O proxecto inclúe a reordenación deste ámbito dispoñendo unha plataforma única que diferenciará as zonas para peóns e de tráfico rodado con distintos firmes. Ademais, plantaranse 14 árbores, dentro da estratexia do Goberno de Inés Rey de expansión de zonas verdes e arboredo nos espazos urbanos.

A intervención na travesía, que comezou esta mañá coa pertinente sinalización da área a reurbanizar, chegará tamén ás conexións coas rúas Tren e Disciplina, onde se reformarán os cruzamentos para aumentar os espazos peonís, co obxectivo de evitar o estacionamento indebido que se realiza neses puntos. Ademais, a disposición de arboredo prevista polo servizo de Infraestruturas do Concello tamén chegará aos cruzamentos da travesía da Torre coas rúas Tren, Disciplina e Xustiza.

As alternativas e percorridos dispostos para o tráfico durante o inicio dos traballos O servizo municipal de Mobilidade prevé alteracións no tráfico na travesía da Torre e os cruzamentos coas rúas Tren e Disciplina ata as 18.30 horas do vindeiro día 17 de abril, co corte total deste punto para levar a cabo tarefas de pavimentación integral e novas redes de saneamento.

Neste sentido, facilitaranse alternativas para o tráfico no acceso á travesía da Torre pola rúa Xustiza, así como un acceso á rúa Alcalde Folla Yordi desde a rúa Tren, pasando pola rúa Campo de Artillería. Baseándose nisto, executarase un cambio da dirección do tráfico en Campo de Artillería para dar saída aos vehículos que acceden desde a rúa Tren, así como unha modificación da dirección do tráfico na rúa Xustiza, desde a rúa Traballo, ata a travesía da Torre.

lunes, 14 de marzo de 2022

O Concello completa o acceso peonil que conecta o polígono de Pocomaco co Birloque



 

Abriuse un paso inferior baixo a vía do ferrocarril cun carril bici que conectará co resto de vías ciclables e sendas peonís

A Coruña, 14 de marzo de 2022.- O Concello da Coruña vén de rematar os traballos para dotar o polígono de Pocomaco cun acceso peonil e ciclista desde O Birloque. Con esta actuación mellórase a mobilidade entre estas zonas e tamén a seguridade viaria, pois ata agora o único paso baixo as vías do ferrocarril supoñía a invasión da calzada por parte dos peóns.

As obras consistiron na creación dun paso inferior baixo a vía do tren correspondente á intersección San Cristovo – Uxes. O acceso permite o paso tanto de peóns como de ciclistas a través dun carril que se conectará en próximas actuacións co resto de vías ciclables. Os Orzamentos Municipais do 2022, recentemente aprobados, contan con 1,5 millóns de euros para melloras e ampliación do carril bici coruñés.

Esta actuación forma parte da estratexia Eidus Coruña, contou cun orzamento de 403.383,33 euros e foi financiado ao 50% con fondos europeos FEDER. Ademais da creación do paso baixo as vías do tren, traballouse tamén na urbanización da contorna, mellorando as condicións nas que se atopaba.

Este novo paso peonil cumpre todos os estándares de accesibilidade. Trátase dunha demanda veciñal que o Goberno de Inés Rey asumiu e levou a cabo.

jueves, 17 de febrero de 2022

A Coruña recupera o espírito do Entroido cunha ambiciosa programación que incorpora actuacións musicais como a de Varry Brava


 

Puedes ver el programa en PDF haciendo click aquí.


A alcaldesa Inés Rey anunciou os distintos actos durante a inauguración da exposición polos 40 anos dos Maracos

A Coruña, 17 de febreiro de 2022.- A Coruña volverá gozar este 2022 do seu tradicional Entroido, que engadirá nesta edición diferentes citas musicais encabezadas pola banda Varry Brava. Así o anunciou a alcaldesa Inés Rey durante a inauguración da exposición conmemorativa dos 40 anos da Asociación Lúdico-Cultural Os Maracos. Este ano o lema das festas será ‘Volve o Antroido máis auténtico’, empregando a palabra utilizada na cidade para dicir Entroido, en referencia ao regreso das actividades tradicionais destas celebracións.

A programación estenderase desde este 17 de febreiro coa mostra dos Maracos ata o próximo mércores 2 de marzo co enterro da sardiña en Santo Amaro. “Afondando na aposta deste Goberno municipal pola Coruña como potencia cultural de primeiro orde, poñemos en marcha unha das programacións de Entroido máis ambiciosas en anos”, sinalou Inés Rey.

Este domingo 20 celebrarase o primeiro dos concursos do Entroido. Será o de comparsas, na modalidade de música e letra, no Palacio da Ópera. Haberá tamén concurso de carrozas e comparsas na modalidade de vestiario e coreografía o sábado 26. Será durante o desfile de Entroido, que pasará por San Andrés, o Cantón pequeno e a Mariña, antes de chegar á praza de María Pita. Por último, tamén haberá concurso infantil de disfraces, o martes 1 de marzo no Campo da Leña. Contarase coa actuación dos Mecánicos. Non faltarán tampouco tradicións como o Momo e homenaxes a persoas moi vencelladas a esta festividade como Nito, César San José, Palau ou Canzobre

Por outra banda, este Entroido tamén servirá para continuar a render homenaxe á figura de María Casares no seu Ano Internacional organizado polo Concello. O xoves de comadres, 24 de febreiro, farase un percorrido entre a praza das Cigarreiras e o Teatro Colón, onde Olga Patiño lerá un poema en homenaxe á actriz e procederase á lectura dun manifesto. A continuación, os e as presentes camiñarán ata a praza de María Pita e a Casa Museo Casares Quiroga, lugares onde se cantarán cancións a María Casares. “Haberá música e poesía, e así A Coruña demostrará unha vez máis que sabe divertise e á vez coidar dos seus referentes”, apuntou Inés Rey.

Este Entroido haberá diferentes actuacións musicais na cidade. Estarán encabezadas pola banda Varry Brava, que actuará o luns 28 de febreiro ás 21.00 horas na praza de María Pita. A entrada será gratuíta ata completar capacidade. A formación está moi de actualidade pola súa participación no Benidorm Fest. Ademais, tamén actuarán en María Pita a banda Broken Peach (sábado 26) e Virtual Project (martes 1).

Inés Rey pediu durante a presentación da programación “sentidiño” á cidadanía durante estas celebracións tan populares. “Esta cidade xa demostrou na Cabalgata de Reis que sabe saír á rúa, sabe comportarse e, sobre todo, sabe divertirse. Así é a identidade coruñesa, da que o entroido é un dos seus maiores símbolos”, sinalou a alcaldesa.

Exposición dos Maracos

A sala de exposicións de María Pita acolle desde este xoves a mostra ’40 anos cos Maracos’, na que se rende homenaxe a unha das comparsas máis emblemáticas e queridas da cidade. “Os Maracos fan da irreverencia e a creatividade o motor do seu Entroido, converténdose, xunto a tantos outros, nun sinal de identidade coruñesa”, sinalou a alcaldesa Inés Rey. O acto contou coa presenza de distintos membros da xunta directiva dos Maracos.

“Falar dos Maracos é falar dun dos sectores máis comprometidos e festivos da Coruña, que alá polos anos oitenta devolveron o carnaval ás nosas rúas. Polo tanto, falar deles é facelo de liberdade”, apuntou a alcaldesa. A mostra é de acceso público para toda a cidadanía e conta con pezas orixinais utilizadas pola comparsa e documentos históricos destes últimos 40 anos. A exposición estará aberta ata o 6 de marzo.

viernes, 4 de febrero de 2022

O Concello inicia o luns as obras de peonalización e reurbanización de Alcalde Marchesi e Primavera


 

O proxecto creará zonas de lecer e descanso, ademais de potenciar o comercio local e mellorar a mobilidade peonil coa creación dun espazo seguro

A Coruña, 4 de febreiro de 2022.- As obras de reurbanización e peonalización das rúas Alcalde Marchesi e Primavera comezarán este próximo luns 7 de febreiro. O inicio dos traballos anunciounos este venres a alcaldesa Inés Rey, que incidiu en que o seu Goberno cumpre deste xeito unha “demanda histórica” dos veciños e do comercio local da zona.

A obra intervirá nun ámbito de 3.189 metros cadrados e ten un prazo de execución de 12 meses. O orzamento dos traballos é de 975.000 euros e o Concello ten solicitados fondos Next Generation para os sufragar. O proxecto foi redactado polo estudo de arquitectura coruñés NAOS e o seu obxectivo é a peonalización das rúas mencionadas e a mellora das condicións urbanas do espazo público, así como rexenerar o tecido urbano, con zonas de lecer, paseo e descanso. Búscase tamén o benestar e a potenciación do comercio local desta zona e a mellora da mobilidade peonil a través da xeración dun espazo seguro para a cidadanía.

Esta semana Juan Díaz Villoslada, concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestrutura e Mobilidade, e Diana Cabanas, concelleira de Comercio, Mercados e Barrios, ademais do equipo técnico e os directores de obra, reuníronse coa asociación de veciños e representantes de veciños e comerciantes de ambas rúas para avanzarlles o inicio dos traballos e as súas características.

Unha rúa para veciños e comerciantes

Estes traballos converterán unha rúa corredor sen elementos de interese ou de referencia nunha rúa-praza para o gozo dos veciños e veciñas do barrio. Un dos elementos máis destacados da transformación desta zona será a integración da cor nos firmes da rúa. As diferentes superficies e cores integraranse para formar un espazo novo e dinámico. O aumento da natureza na contorna darase a través do aumento significativo da vexetación e zonas verdes en todo o barrio, dispostas como pequenas illas de diversos tipos de árbores e flores de diversas cores.

Nos puntos de intersección entre as rúas estableceranse dous fitos formados a través de elementos verticais que servirán como puntos de encontro e contarán cunha base de carga de dispositivos e conexión a Internet, que recibirá o nome de Árbore Tecnolóxica. Por outra banda, os trazados do pavimento da intervención estenderanse por toda a superficie de maneira orgánica, de xeito que xerará unha ampliación das zonas peonís onde se establecerán zonas de descanso e espazos con xogos infantís. Para estes últimos, hai previstos xogos como o xadrez ou a mariola.

O firme será de formigón continuo, salvo nas zonas infantís que será de caucho. Os colectores do lixo serán soterrados e executaranse neste proxecto dous pasos de peóns elevados en Fernández Latorre e na avenida de Oza. Os traballos suporán a instalación de 20 bancos con xardineira, 33 bancos singulares deseñados para o proxecto, 20 bancos de forma cúbica, 5 mesas de xadrez, 16 bancos de madeira, 16 exemplares da árbore Prunus amanogawa e arbustos de 6 especies diferentes.

O plan de obra trasladado aos veciños e veciñas indica que o proxecto se executará por fases, sendo a primeira a que afecta ao subsolo a través da renovación completa da rede de saneamento. A continuación, renovarase o firme e instalarase o novo material e mobiliario urbano, ademais das árbores e a vexetación. As obras comezarán no cruzamento da rúa con Ramón y Cajal e irán ascendendo cara a praza de Catro Camiños e a rúa Primavera.

A futura Rolda Peonil

O proxecto de peonalización de Alcalde Marchesi e Primavera forma parte da Rolda Peonil coa que o Goberno de Inés Rey pretende continuar avanzando na súa política de gañar espazo na rúa para a cidadanía e humanizar a contorna dos diferentes barrios. No último ano avanzouse neste proxecto gañando máis de 7.500 metros cadrados de espazos peonís cun investimento de case 1 millón de euros. Tratouse da peonalización de Puga y Parga (73.689 euros), a peonalización de Mariscal Pardo de Cela (141.664,53 euros), a reurbanización de Oidor Gregorio Tovar (567.662,32 euros) e a peonalización de Ramón Cabanillas (132.430 euros). Os seguintes pasos, ademais desta primeira fase de Alcalde Marchesi, será a continuación desta rúa cara Ramón y Cajal e A Gaiteira e a segunda fase de Ramón Cabanillas. O Concello ten solicitada a inclusión destes proxectos nos fondos Next Generation.

lunes, 3 de enero de 2022

A Cabalgata de Reis 2022 sairá do barrio dos Mallos rumbo a María Pita, cun percorrido dinámico de dúas horas e media de duración


 

A comitiva partirá desde o aparcadoiro da Sardiñeira este mércores, 5 de xaneiro, ás 18.00 horas, e pasará por Catro Camiños, Os Cantóns e a Mariña

Un total de 15 carrozas, 4 trens e 14 compañías artísticas animarán a pé de rúa, con 180 figurantes. O uso de máscara será obrigatorio en todo momento e recordarase periodicamente por megafonía

A Coruña, 3 de xaneiro de 2022.- A Cabalgata de Reis deste ano, cun percorrido único de tres quilómetros e dúas horas e media de duración, sairá este mércores 5 de xaneiro (18.00 horas) desde o aparcadoiro da Sardiñeira, no barrio dos Mallos, para rematar na praza de María Pita ás 20.30 horas.

O trazado previsto polo Concello da Coruña contempla que a cabalgata, dinámica, pase pola avenida da Sardiñeira, a rolda de Outeiro, avenida Alcalde Pérez Ardá, rúa Ramón y Cajal, avenida do Exército, avenida de Primo de Rivera, avenida de Linares Rivas, praza de Ourense, Os Cantóns, avenida da Mariña e, finalmente, chegue a Porta Real como paso previo ao punto e final en María Pita, onde haberá control de capacidade nos accesos.

A cabalgata, composta con 15 carrozas, 4 trens e 14 compañías artísticas, estará integrada tamén por 180 figurantes, que suporán o 40% da capacidade total de carrozas e trens. Debido á situación sanitaria provocada pola Covid-19, tanto artistas como figurantes estarán organizados en grupos burbulla. Ademais, todos os participantes deberán contar co certificado Covid-19 correspondente ou pasar, previamente, un test de antíxenos que resulte negativo, para reforzar a prevención fronte aos contaxios.

A alcaldesa, Inés Rey, remarcou o compromiso do Goberno municipal para que as coruñesas e coruñeses poidan gozar da Cabalgata de Reis con normalidade, atendendo sempre ás pautas sanitarias e recomendacións de hixiene marcadas polas autoridades e apelou ao sentido común e responsabilidade dos cidadáns para seguir todas as normas establecidas.

Neste sentido será obrigatorio o mantemento de distancias de seguridade e o uso de máscara en todo momento. As instrucións sanitarias comunicaranse, periodicamente, por megafonía.

O circuíto, con catro espazos accesibles e de atención sanitaria 

Ao longo do percorrido, o Concello da Coruña porá á disposición da cidadanía catro espazos de accesibilidade, repartidos entre a praza de María Pita, ao lado da Autoridade Portuaria (rúa Ambrosio Feijóo), a praza de Ourense e na avenida Alcalde Pérez Ardá, fronte á estación de autobuses. En todos eles ubicaranse tamén espazos de atención sanitaria ante posibles incidencias.

O Pazo Municipal de María Pita acolle a recepción aos Reis Magos 

As pequenas e pequenos coruñeses xa gozaron, desde este luns pola mañá (de 11.00 a 14.00 horas), da presenza dos Reis Magos no Pazo Municipal de María Pita. A recepción das súas Maxestades continuará esta tarde, de 17.00 a 21.00 horas, para o desfrute das rapazas e rapaces, e prolongarase ata este martes, tamén en horario de 11.00 a 14.00, e de 17.00 a 21.00 horas, no Pazo Municipal.

viernes, 3 de diciembre de 2021

O Concello acenderá as luces do Nadal este sábado 4 no Obelisco




O acto comezará ás 19.00 horas e dous nenas ou nenos e unha avoa ou avó serán os encargados de premer o botón

Haberá case tres millóns de puntos de luz na cidade, distribuídos por todos os barrios

A Coruña, 3 de decembro de 2021.- O Concello da Coruña celebrará o acendido das luces de Nadal este sábado 4 de decembro no Obelisco. O acto, que estará presidido pola alcaldesa Inés Rey, comezará ás 19.00 horas e estará dedicados aos máis pequenos e maiores, colectivos que sufriron especialmente durante a pandemia.

Este ano o alumeado de Nadal contará con 2.932.454 puntos de luz led. As luces están distribuídas por todos os barrios da cidade. Hai 550 arcos, 150 motivos en farois, 53 árbores iluminadas, 17 rúas con teitos de luz, 14 prazas con paraugas e marañas de luz, 6 fachadas e elementos emblemáticos iluminados, unha bola de 12 metros na Mariña, tres figuras selfie, un nacemento e unha iluminación especial na praza de María Pita.

Este sábado os nenos e nenas da cidade poderán acudir desde primeira hora da tarde ao Obelisco para depositar un debuxo unhas urnas. Entre eles sortearase quen preme o botón que acciona o alumeado.

O acto dará comezo ás 18.45 horas coa actuación do Mago Román no escenario do Obelisco. Ás 19.00 horas o actor Suso Martínez exercerá de mestre de cerimonias e anunciará o peche das urnas. A alcaldesa Inés Rey tomará a palabra para desexar a todas e todos os coruñeses unhas felices festas e elixirá ao azar o debuxo de dous nenas ou nenos. Tamén participará un avó ou avoa.

Ás 19.30 horas está previsto que finalice a conta atrás para o prendido das luces. O acto estará acompañado por unhas vinte embarcacións de recreo coruñesas, que acenderán desde a Mariña as súas propias luces de Nadal, facilitadas polo Consorcio de Turismo. O acto rematará cun pequeno espectáculo pirotécnico no escenario. Programación do Nadal

O Concello anuncia este venres tamén un adianto da súa programación para estas festas de Nadal. A esta serie de actos haberá que sumar as actuacións previstas no PRESCO Cultural, que aprobou este xoves o Pleno, que comezarán o 10 de decembro e serán anunciadas nos próximos días.

Entre as actividades cabe destacar o Belén municipal, que será inaugurado o 10 de decembro, concertos no Teatro Colón como a actuación de Carlos Núñez ou visitas de Papá Noel e os seus paxes aos barrios. Para máis información sobre a programación do Nadal, podes consultas as redes sociais do Concello.

viernes, 12 de noviembre de 2021

Londres, París, Valencia, Málaga e Gran Canaria son os destinos ofertados polas compañías aéreas no concurso de promoción turística



Inés Rey destaca o interese das aeroliñas e a importancia de que A Coruña volva contar con conexións internacionais

A Coruña, 12 de novembro de 2021.- A alcaldesa da Coruña, Inés Rey confirmou o interese das compañías aéreas por participar no concurso aberto polo Concello para a promoción do tráfico de pasaxeiros turístico e de negocios na cidade, adiantando a presentación de propostas para operar Londres, París, Valencia, Málaga e Gran Canaria.

A alcaldesa lembrou a necesidade de esperar ao desenvolvemento de todo o trámite administrativo para poder confirmar oficialmente a posta en marcha dos novos destinos mais destacou a importancia de “ter conseguido que A Coruña esperte de novo o interese das compañías aéreas e que se volvan a conseguir conexións internacionais directas”. De confirmarse estas propostas, A Coruña tería tres novas conexións nacionais e tres internacionais que en palabras da alcaldesa “permitirán comezar a situar a cidade e o aeroporto de Alvedro no lugar que lles corresponde”.

O obxectivo do concurso de promoción turística posto en marcha polo Concello é aumentar as liñas e frecuencias coas que conta o aeroporto, atraer visitantes e dotalos de mellores conexións. O concurso público establece que as compañías deben ofertar como mínimo dúas frecuencias semanais con Alvedro.

“Un destino turístico de primeiro nivel como A Coruña ten a obriga de potenciar o seu papel no mapa turístico internacional e de potenciar tamén o seu aeroporto como elemento motor esencial para a nosa economía”, sinalou Inés Rey.

“Esta promoción servirá para que A Coruña teña visibilidade en mercados cun gran número de visitantes potenciais que buscan destinos turísticos como o noso, mais servirá tamén para potenciar a economía local e promover a actividade empresarial facilitando os traslados e os desprazamentos tanto ao resto de España como aos destinos internacionais”, apuntou Inés Rey.

sábado, 6 de noviembre de 2021

O Concello da Coruña acomete a reforma integral da pista polideportiva da Sagrada Familia


 

As obras consistirán na rehabilitación integral do espazo deportivo e súmanse as levadas a cabo no que vai de mandato nos distintos barrios da cidade

A Coruña, 6 de novembro de 2021.- O Concello da Coruña a través da Concellaría de Deportes, que dirixe Mónica Martínez, comezou esta semana os traballos de mellora integral da pista polideportiva do barrio da Sagrada Familia. Esta actuación forma parte da política de restauración dos espazos deportivos municipais da cidade que leva a cabo o goberno de Inés Rey.

Os traballos xa comezados consisten no pintado do enreixado da pista e na restauración completa da bancada. Nos vindeiros días vaise puír, lavar e pintar a superficie, ademais dos muros, paredes, chanzos e liñas de xogo. Ao respecto dos equipamentos deportivos, está previsto un cambio de ubicación das canastras de baloncesto, que na actualidade atópanse en dúas canchas de campo completo. A actuación posibilitará a creación de catro canchas de baloncesto 3x3.

A reforma da pista polideportiva da Sagrada Familia é a última actuación desenvolta pola área de Deportes ata o de agora nos equipamentos deportivos dos barrios da Coruña. Algúns dos traballos xa rematados foron o do cambio de cuberta e arranxos das instalacións da piscina de Riazor por 285.000 euros ou a reforma da pista central do Palacio dos Deportes de Riazor.

Nos barrios, destacan o cambio do lucernario do pavillón do Barrio das Flores (48.315 euros), a reforma da fachada do pavillón de Os Rosales (39.527 euros), a construción da pista multideporte da praza da Tolerancia (152.150 euros), a pista deportiva de San Diego (8.574 euros), a rehabilitación dos chanzos do campo de fútbol de Agrela (20.406), a reforma da sala de boxeo e a reforma das portas polideportivas de Riazor (26.716 euros) ou as obras, aínda en execución, para levar a subministración eléctrica ás instalacións da Sociedade Deportiva As Xubias e o adecuación das instalacións do club na praia de Oza.

viernes, 24 de septiembre de 2021

O Concello eliminará o paso inferior no cruzamento da avenida de Arteixo e a rolda de Nelle


 

A actuación permitirá crear un bulevar máis verde que conectará os barrios dos Mallos e a Sagrada Familia

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou que os traballos comezarán este luns e confían que estean finalizados no Nadal, sempre que as condicións atmosféricas o permitan.

A Coruña, 24 de setembro de 2021.- O Concello eliminará o paso inferior existente no cruzamento entre a avenida de Arteixo e a rolda de Nelle recuperando o cruzamento o nivel orixinal. Así o anunciou esta mañá a alcaldesa, Inés Rey, quen explicou que a decisión se tomou unha vez analizados os datos de tráficos da zona co fin de adoptar a mellor solución en materia de mobilidade, e poder empezar este luns as obras para reparar os problemas estruturais que se detectaron nos muros dos ramais desta avenida. A actuación, explicou a rexedora, permitirá crear un bulevar mais verde, que conectará os barrios dos Mallos e a Sagrada Familia e contará con carril bici.

A alcaldesa lembrou que o pasado martes a Área de Infraestruturas decidiu cortar o tráfico en tres dos ramais da avenida de Arteixo para garantir a seguridade tanto de vehículos como de viandantes nese punto da rede viaria. Agora, dixo, aproveitando a intervención, remodelarase todo o cruzamento.

Rey explicou que esta intervención permite recuperar o estado orixinal desta vía humanizándoa e introducindo arboredo e creando espazos accesibles e seguros para as persoas. “Os servizos de Infraestruturas e Mobilidade están a traballar para levar a cabo unha actuación que ten como obxectivo mellorar a accesibilidade peonil, unir os barrios da contorna e a conexión entre eles e o parque de Santa Margarida”, dixo a alcaldesa, quen lembrou que “o Goberno segue a traballa para acadar unha cidade máis amable e, por iso, aposta por un novo modelo de mobilidade máis sostible e segura, accesible a todas as persoas”.

Rey apuntou que está previsto que a actuación comece a vindeira semana, o que permitirá, sempre que as condicións atmosféricas o permitan, que as obras estean finalizadas e a intersección operativa en Nadal.

Desde a Área de Mobilidade propoñen varios itinerarios alternativos durante a execución das obras, mantendo sempre aberto o carril dereito do ramal de acceso da avenida de Arteixo á Rolda de Nelle en dirección entrada da cidade que, na actualidade, segue en funcionamento.

lunes, 20 de septiembre de 2021

Infraestruturas inicia unha obra de urxencia no cruzamento entre a avenida de Arteixo e a Rolda de Nelle


 

Inés Rey deu a orde de iniciar a actuación canto antes co fin de garantir a seguridade

Mañá martes procederase ao corte do tráfico nos tres ramais da avenida de Arteixo na intersección coa Rolda de Nelle

A Coruña, 20 de setembro de 2021.- O persoal técnico de Infraestruturas detectou problemas estruturais nos muros de contención do paso inferior da avenida de Arteixo, no cruzamento coa rolda de Nelle. Mañá, martes 21 de setembro, comezará o traballo de consolidación dos muros, unha actuación que obrigará a cortar os ramais que conectan a avenida de Arteixo coa rolda de Nelle. A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, deu a orde de iniciar canto antes a actuación tras coñecer os informes do persoal técnico de Infraestruturas, xa que o obxectivo é garantir a seguridade neste punto da rede viaria da cidade, unha das arterias principais de tráfico da cidade.

O persoal técnico municipal puxo en marcha hai meses un proceso de monitorización dos muros do paso inferior e tras analizar os datos encargou un informe estrutural que apunta a necesidade de intervir de urxencia na infraestrutura viaria.

Mañá martes procederase ao corte do tráfico nos tres ramais da avenida de Arteixo no cruzamento coa rolda de Nelle e manterase en servizo o carril dereito do ramal de conexión da avenida de Arteixo - rolda de Nelle no sentido de entrada da cidade.

Mobilidade está facendo un estudo pormenorizado dos datos de tráfico na zona de cara a tomar a mellor decisión en materia de mobilidade para iniciar con carácter urxente a obra que podería empezar xa a finais deste mes de setembro.

miércoles, 14 de julio de 2021

Agentes de viajes de toda España visitan A Coruña esta semana en el Fam Trip organizado por AGAVI


La Asociación Gallega de Agencias de Viajes organiza, entre el 15 y el 18 de este mes, un viaje promocional para profesionales del sector de todo el páis, a través de un convenio con el Consorcio de Turismo y Congresos de A Coruña.

 
Las jornadas, destinadas a consolidar A Coruña como destino turístico de interés,  contarán con visitas organizadas y un networking especial, el viernes noche, en el Hotel Finisterre, en el que participarán todos los agentes de viajes de la ciudad, y representantes del Ayuntamiento de A Coruña y AGAVI.
 

A Coruña, miércoles 14 de julio de 2021.-
 
Un destino privilegiado, con todas las ventajas de una gran ciudad- hostelería, hotelería, museos, oferta gastronómica y cultural...-, con playas urbanas con bandera azul, grandes espacios verdes, y las virtudes de un enclave sin masificar, seguro, acogedor, inclusivo y moderno.
 
Que A Coruña es un destino perfecto para las vacaciones lo saben muy bien los profesionales gallegos, por eso, nadie mejor que AGAVI, la Asociación Gallega de Agencias de Viajes, para diseñar el Fam Trip (un viaje de familiarización destinado a profesionales del turismo) que estos próximos días reunirá en la ciudad herculina a una quincena de agentes de viajes de toda España. 
 
El proyecto, enmarcado dentro del convenio de colaboración de la entidad con el Consorcio de Turismo, pretende convertir a estos agentes en prescriptores de A Coruña como destino perfecto, y lo hará a través de cuatro jornadas -de jueves a domingo- en las que se sucederán las visitas guiadas, las experiencias y las reuniones profesionales, que tendrán su máximo exponente el viernes 16, con una cena networking en el Hotel Finisterre, a la que acudirán no solo los agentes profesionales de visita, sino también los miembros de AGAVI, los representantes de las agencias de viajes de A Coruña, y representantes del gobierno municipal.
 
Este Fam Trip forma parte de la estrategia de recuperación del sector turístico, que, tal y como explica Juan Ribadulla, presidente de AGAVI “cuenta con una fantástica posición en A Coruña para convertir la ciudad herculina en un éxito de turismo sostenible, rentable y responsable”.

viernes, 18 de junio de 2021

O Concello programará máis de  20 actividades para animar  a festa neste San Xoán 


A alcaldesa, Inés Rey, destacou que neste ano “atípico e sen fogueiras na praia” en que os barrios serán máis protagonistas, non faltarán os pasarrúas, a música  móbil en directo e obradoiros creativos para os máis pequenos 

A Coruña, 18 de xuño de 2021.- A alcaldesa, Inés Rey, anunciou a programación  festiva para este San Xoán “atípico, en que non teremos fogueiras na praia, pero  que se celebrará nos barrios”. Para iso, o Concello organizará unha serie de citas co  fin de animar a festa para que “agardamos que o tempo acompañe”. Serán máis de  20 actividades en que se seguirán as medidas de seguridade oportunas e que terán  como principais protagonistas as nenas e nenos.  

Por unha parte, organizaranse obradoiros pola mañá e pola tarde en carpas  situadas no Campo da Leña, as prazas de Pontevedra, As Conchiñas e a da Tolerancia e nos parques de Oza e Vioño. Haberá tres quendas pola mañá, ás  11.00, 12.00 e 13.00 horas e tres pola tarde, ás 17.00, 18.00 e 19.00 horas. En cada  obradoiro poderán participar até dez pequenas/os de entre 5 e 12 anos, que se  inspirarán no mundo das xoubas e nos fondos mariños para confeccionaren distintos adornos. Para asistiren, non será preciso formalizar unha inscrición previa, mais a alcaldesa explicou que as persoas participantes deberán cubrir unha ficha  con datos por protocolo COVID. 

A xornada amenizarase tamén con pasarrúas. O San Xoan vivirase desde o  mediodía en toda a cidade coa posta en escena de Muskrat Ramblers, Draco,  Lume, Circo Krasnobarak, Kilomberos e Mekánica Rolling Band, que estarán das12.00 ás 14.00 horas e das 19.00 ás 22.00 horas en barrios como Monte Alto,  Elviña, Falperra, Catro Camiños, Matogrande, Barrio das Flores, San Pedro de  Visma, Os Rosais, Labañou, Novo Mesoiro, Agra do Orzán, As Conchiñas,  Ensanche ou A Mariña. 

Así mesmo, a festividade ambientarase sobre catro rodas coa actuación móbil de La  Banda del Camión, que transitará desde as 19.00 até as 22.00 horas por zonas como Xuxán, Pedralonga, Palavea, Bens, Eirís, O Birloque, A Zapateira, Feáns,  Mesoiro, Vío ou San Xosé.

sábado, 20 de marzo de 2021

O Goberno local impulsa  a humanización do polígono de Agrela

A Xunta de Goberno local someterá este mércores a aprobación o proxecto para mellorar a rúa Severo Ochoa, que contará cun carril bici bidireccional, vexetación e beirarrúas máis anchas así como con 44 prazas de aparcamento novas 

A Coruña, 20 de marzo de 2021.- 

A Xunta de Goberno local levará a aprobación na  sesión do próximo mércores o proxecto de humanización para o polígono de Agrela, en que o Concello reorganizará o tráfico da rúa Severo Ochoa coa construción dun carril  bici bidireccional e o cambio a batería das prazas de aparcamento. Cun orzamento de  951.356,27 euros, os traballos enmárcanse dentro da Estratexia Eidus Coruña e estarán financiados nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional  (Feder), dentro do eixe de desenvolvemento urbano do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020.  

A actuación, que lle afectará á marxe dereita da vía, terá unha lonxitude aproximada de  700 metros, desde o cruzamento coa rúa Galileo Galilei até a rotonda que está na intersección coa rúa Newton. Aumentarase a beirarrúa, que se pavimentará con formigón e disporase dun carril bidireccional para as e os ciclistas, de 2,5 metros de ancho. Na medianeira, plantaranse árbores de gran porte nun espazo de 3,5 metros de ancho cunha beiravía de 0,25 metros e realizaranse escavas, sempre que a superficie das beirarrúas o permitir, ademais dun separador de terra dun metro de ancho entre o aparcadoiro e o carril bici.  

As prazas disporanse en sentido oblicuo e ocuparán 5,5 metros cada unha delas. Nun tramo, substituirase a medianeira por unha barreira coa que se gañarán máis metros para un terceiro carril e manter así á vez o xiro á esquerda. Os dous carrís de circulación son de 3,25 metros e o engadido medirá 2,8 metros. Ademais, proxectaranse tres paradas de autobús, en que se incorporarán vexetación, bancos de formigón, un novo paso peonil e mobiliario. Das 25 prazas de aparcamento en batería -das que catro son prazas para persoas con mobilidade reducida-, a rúa contará con 134 prazas nesta disposición tras reconverter as 66 que había en liña. A reorganización permite que a zona pase dunha capacidade para 100 vehículos a capacidade para poder estacionar 144. Canto á reserva de prazas para transportes lixeiros, na actualidade existen nove en liña e, coa nova planta, proxectaranse catro en liña e 3  máis en batería.


lunes, 7 de diciembre de 2020

O Concello mellora a accesibilidade peonil entre a rolda de Outeiro e a rúa Caballeros


 

O concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada sinalou que “é unha prioridade para o goberno de Inés Rey mellorar a accesibilidade en todos os barrios”, de xeito que “os vehículos sigan tendo practicamente o mesmo espazo pero que as persoas gañen en accesibilidade e en seguridade”

A Coruña, 7 de decembro de 2020.- 

O Concello, a través da Concellería de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, acaba de mellorar a accesibilidade peonil entre a rolda de Outeiro e a rúa Caballeros coa creación dunha rampla.

O concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada sinalou que “é unha prioridade para o goberno de Inés Rey mellorar a accesibilidade en todos os barrios”, de xeito que “os vehículos sigan tendo practicamente o mesmo espazo pero que as persoas gañen en accesibilidade e en seguridade”. 

A proposta foi unha das gañadoras dos orzamentos participativos 2019, en que a veciñanza solicitaba unha mellor conexión entre ambas as vías, posto que “todas as existentes son mediante escaleiras, o que ocasiona dificultades de accesibilidade”. Ademais, trátase dunha zona de importantes conexións peonís debido á proximidade das estacións de tren e autobús, o colexio San Francisco Javier e os Novos Ministerios. O Goberno local cualificou a proposta para esta intervención urbanística como viable para executar un muro de contención paralelo ao que había e un recheo para salvar o desnivel existente mediante unha rampla accesible con varanda e pasamáns. 

Villoslada tamén apuntou que “o actual executivo está desbloqueando os proxectos e as propostas da veciñanza correspondentes aos orzamentos participativos dos últimos tres anos”.

viernes, 20 de noviembre de 2020

O concello abriu esta mañá o novo aparcadoiro público en Casablanca


 

A parcela, que alberga preto de 120 novas prazas, é unha antiga demanda da veciñanza do barrio e servirá tamén como estacionamento disuasorio

A Coruña, 20 de novembro de 2020.-

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou que desde esta mañá xa está aberto o aparcadoiro público de Casablanca. O concello, dixo, finalizou esta semana as obras para habilitar na parcela municipal situada no barrio dos Castros un aparcadoiro que dispón de aproximadamente 120 novas prazas de estacionamento. Os traballos consistiron en explanar e valar a parcela, así como en dotala de iluminación.

A alcaldesa sinalou que con esta actuación se dotará a zona dunha bolsa de aparcamento exterior ao barrio que servirá como estacionamento disuasorio e para que a veciñanza poida aparcar pola noite, algo que xa viña realizando nesta zona na rúa de acceso ao novo aparcadoiro, pero que agora se fará con medidas de seguridade. Unha actuación, lembrou a alcaldesa, que responde a unha petición da Asociación de veciños Oza-Gaiteira-Os Castros e que aumentará a capacidade de estacionamento no barrio e mellorará a mobilidade da zona ao apostar polo transporte público. 

Neste senso, a alcaldesa apuntou que desde a Concellería de Mobilidade se está estudando a posibilidade de achegar a parada de bus situada na rotonda de Casablanca a unha localización máis próxima ao aparcadoiro para que, deste xeito, as veciñas e os veciños poidan utilizar o bus urbano para se trasladaren ao centro da cidade e así evitaren tantos desprazamentos en coche particular.