Mostrando entradas con la etiqueta Museos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Museos. Mostrar todas las entradas

miércoles, 9 de noviembre de 2022

Os tres museos científicos municipais poderán visitarse de balde do 14 ao 20 de novembro pola celebración da Semana da Ciencia


Para acceder ao Aquarium Finisterrae será preciso facer unha reserva a partir deste venres e con tres días de antelación

A Semana da Ciencia culminará coa entrega dos XXXV Premios Prismas

A Coruña, 9 de novembro de 2022.- Os tres museos científicos municipais poderán visitarse de balde do 14 ao 20 de novembro co gallo da celebración da Semana da Ciencia. Para acceder ao Aquarium Finisterrae será precisa realizar reserva previa, mentres que para a visita á Casa das Ciencias e á Domus a entrada será libre sempre que a capacidade non estea completa.

Para visitar eses días o Aquarium Finisterrae é imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse cun máximo de 3 días de antelación nesta páxina: https://ticketing.coruna.eu/mc2-aq/.

A reserva poderá facerse a partir deste venres, 11 de novembro. Para facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva, acompañadas doutra persoa se o precisan.

A visita á Casa das Ciencias e á Domus será libre, sen reserva previa e sempre que a capacidade non estea completa. As persoas que queiran asistir a unha sesión de planetario na Casa das Ciencias deberán retirar invitacións, que se repartirán media hora antes de cada sesión na recepción do museo, entregando un máximo de dúas invitacións por persoa. A Semana da Ciencia terá ademais un acto destacado, a entrega dos XXXV Prismas Casa das Ciencias á Divulgación Científica, que se levará a cabo no salón de plenos do Concello da Coruña o sábado 19 de novembro.

martes, 4 de octubre de 2022

O Museo Arqueolóxico celebra o seu 54 aniversario, cunha xornada de portas abertas este sábado

O castelo de Santo Antón acollerá visitas guiadas e diversos obradoiros para dar a coñecer o seu contido e actividade

Aínda quedan prazas para participar nalgunha das actividades programadas

A Coruña, 4 de outubro de 2022.- O Museo Arqueolóxico do Castelo de Santo Antón cumpre este mércores, 5 de outubro, o 54 aniversario da súa inauguración, que celebrará este sábado cunha xornada de portas abertas e diversos obradoiros e actividades gratuítas.

A xornada de portas abertas desenvolverase de maneira ininterrompida desde as 10 da mañá e ata as 12 da noite. Durante todo o día haberá ademais varias actividades divulgativas e participativas que terán como obxectivo dar a coñecer a importancia e contidos do museo.

Entre estas actividades figuran as seguintes:

Visitas guiadas. Recorrido guiado polo Castelo de Santo Antón e as distintas seccións do Museo Arqueolóxico e Histórico. Serán ás 12.00, 18.00 e 22.00 horas, cunha duración aproximada de hora e media. Están dirixidas ao público adulto e teñen un límite de asistencia para 25 persoas.

Obradoiro infantil Descubrindo o Museo. As portas de Santo Antón estarán abertas para descubrir a importancia do museos e as súas coleccións. Aproveitarase para entrar nos espazos descoñecidos e falar das profesións e das e dos profesionais que traballan neses espazos. Haberá tempo tamén para descubrir de onde veñen os obxectos que forman parte das coleccións e traballarase como auténtico persoal especialista no gabinete científico do museo. A actividade, prevista para ás 12.00 horas e que oferta 20 prazas, está dirixida a nenas e nenos de entre 6 e 12 anos e terá unha duración aproximada de hora e media.

Obradoiro infantil HeraldicART. Actividade didáctica na que se pretende dar resposta a preguntas como é un escudo, desde cando existe, que representa e outras máis, para coñecer en detalle o escudo da Coruña e as súas lendas. Tamén se poñerá atención nas formas máis orixinais de representación da nobreza e rematarase elaborando e creando un escudo. O obradoiro está orientado a nenas e nenos de entre 6 e 12 anos, comezará ás 17.00 horas, terá unha duración de hora e media e oferta 20 prazas.

Obradoiro Gabinete de Curiosidades. As persoas participantes poderán viaxar ás orixes do concepto museo e coñecer os gabinetes de curiosidades, espazos onde conflúen pezas de moi distinta procedencia, disciplina ou material. O obxectivo é ofrecer unha experiencia emocional e estimular ás e aos asistentes a utilizaren as súas propias capacidades creativas elaborando unha peza de gabinete partindo da colección do Museo Arqueolóxico. Para iso, utilizaranse imaxes de diferentes pezas impresas en acetato, rotuladores, témperas, cartolinas, etc. para “customizalas” e crear pezas únicas. A actividade está dirixida ao público adulto e comezará ás 19.00 horas, cunha duración aproximada de dúas horas. A asistencia está limitada a 15 persoas.

Aínda quedan prazas dispoñibles para poder participar nas visitas guiadas e nos obradoiros, pero cómpre inscribirse previamente, ata completar a capacidade por orde de chamada, no teléfono do Museo Arqueolóxico: 981 189 850, entre as 10.00 e as 19:30 horas.

domingo, 17 de mayo de 2020

Os museos históricos e científicos celebrarán o seu día con vídeo-visitas caracterizadas nas redes




Isabel Zendal, María Pita, Caio Sevio Lupo ou Eusebio da Guarda protagonizarán estas pezas audiovisuais en que recordarán brevemente a súa relación cos centros e convidarán a veciñanza a que os volvan visitar pronto 

A Coruña, 17 de maio de 2020.- Os centros museísticos da cidade realizarán distintas actividades polo Día Internacional dos Museos, baseándose no lema “Museos pola igualdade, diversidade e inclusión”. Aínda que as instalacións decidiron trasladar a celebración da efeméride ao 14 de novembro, de acordo coa proposta de ICOM (Consello Internacional de Museos) España, participarán igualmente na Semana dos Museos subindo contidos a través das redes co seu cancelo. 

En colaboración co Consorcio de Turismo, organizarán tamén cinco vídeo-visitas breves caracterizadas. Nelas, distintos personaxes históricos da cidade, os cales gardan unha estreita relación cos museos e as casas, mandarán mensaxes de entre 20 e 30 segundos desde un punto de vista reivindicativo e de loita pola igualdade que farán fincapé na temática deste ano. 

Por outra banda, crearase o cancelo #revivirosmuseos co fin de agrupar todas as achegas da cidadanía e dos museos e as e os personaxes rematarán a súa intervención con esta frase e cunha chiscadela ao público para que volva visitar pronto os museos. A embaixadora da Domus será Isabel Zendal, que abandeirou a Expedición Balmis, mentres que na Casa María Pita, a heroína saudará a veciñanza nunha posta en escena que contará co arquitecto Caio Sevio Lupo, en representación da Torre de Hércules. 

Pola súa parte, Juan Díaz Porlier protagonizará a peza desde o Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón, onde estivo preso pola súa condición liberalista e Eusebio da Guarda representará a Casa Picasso por estudar o pequeno xenio no colexio da praza de Pontevedra que leva o seu nome. Á súa vez, o museo MEGA da Estrella Galicia lanzaralles un reto aos museos municipais.