Mostrando entradas con la etiqueta temporal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta temporal. Mostrar todas las entradas

lunes, 16 de enero de 2023

O Concello pecha as praias, parques e os accesos ao Paseo Marítimo para reforzar o dispositivo de seguridade ante a alerta por temporal


A Concellería de Benestar Social ofrecerá comida, bebidas quentes, roupa seca e sacos para durmir ás persoas sen fogar, que poderán pernoctar no Centro Cívico dos Mallos a partir das 21:00 horas de hoxe

A Coruña, 16 de xaneiro de 2023.- Ante a situación de alerta vermella polo temporal que azouta a cidade, o Concello da Coruña pechará este martes todas as praias e parques, así como os accesos ao Paseo Marítimo, co obxectivo de reforzar o dispositivo de seguridade por mor das inclemencias meteorolóxicas.

O Concello insta á cidadanía a extremar as precaucións e non achegarse ao bordo costeiro, asi como alonxarse das praias e lugares que podan ser afectados polas mareas e as ondas, debido á intensidade do vento, así como a non situarse nos extremos dos peiraos ou espigóns da cidade. Por outra banda, o Concello tamén recomenda non circular con vehículos polas estradas lindeiras á liña de praia no Paseo Marítimo, así como alonxarse de cornisas, muros, árbores ou vallas publicitarias.

A maiores, a Policía Local recomenda, como medida de carácter preventivo nos fogares, a retirada de macetas e de todos aqueles obxectos que sexan susceptibles de precipitarse á rúa por mor do vento e a choiva.

Ademais, a Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Participación Cidadá vén de activar un dispositivo de emerxencia para acoller ás persoas sen fogar da cidade.

A partir das 21:00 horas de hoxe, as persoas que o desexen poderán pernoctar no Centro Cívico dos Mallos, onde se lles ofrecerá comida, bebidas quentes, roupa seca e sacos de durmir. "O dispositivo está previsto para esta noite e a de mañá, martes, e poderá prolongarse ao longo desta semana se fose necesario", explicou a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación Cidadá, Yoya Neira.

O servizo de pernocta estará operativo entre as 21:00 e as 8:00 horas. Os equipos do Servizo Municipal de Atención ás Emerxencias Sociais (SEMUS) e os equipos de rúa percorren a cidade avisando aos posibles usuarios deste servizo de emerxencia para que se trasladen ao centro cívico.

Neira lembrou que, ademais deste dispositivo especial nocturno, as persoas sen fogar poden utilizar tamén os demais centros cívicos durante o día. Tamén a Institución Benéfico Social Padre Rubinos flexibilizou as súas condicións de acollida mentres dure o temporal. Nas próximas horas espérase un acusado descenso das temperaturas coa chegada das borrascas Gérard e Fien, que afectará sobre todo á metade norte peninsular con fortes ventos, choiva, frío e neve.

miércoles, 15 de enero de 2020

A Secretaría Xeral para o Deporte recomenda suspender a partir de mañá as actividades deportivas ao aire libre no litoral galego


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro que afectará desde esta madrugada ao litoral da Coruña e Pontevedra, e tamén por vento nestas dúas provincias e en Lugo, ademais de por chuvias na Coruña

Santiago, 15 de xaneiro de 2020.- A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro que afectará desde esta madrugada ao litoral da Coruña e Pontevedra, e tamén por vento nestas dúas provincias e en Lugo, ademais de por chuvias na Coruña. Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), espéranse ventos do sur ou do suroeste que poden acadar os 100 quilómetros por hora e que afectarán a partir de mañá ás provincias da Coruña e Pontevedra e na Mariña de Lugo. No resto da comunidade o nivel de alerta será amarelo con refachos de ata 95 quilómetros por hora.

A AEMET tamén alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro de nivel laranxa no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra. Agárdanse ventos do sur ou do suroeste que poden acadar forza oito. Ademais, activarase a alerta laranxa por chuvias intensas e persistentes durante toda a xornada de mañá no oeste, no interior e no suroeste da provincia da Coruña, onde se esperan precipitacións acumuladas en 12 horas de ata 90 mm. Por este motivo, desde a Secretaría Xeral para o Deporte ínstase á suspensión de todas as actividades deportivas ao aire libre nas zonas afectadas.

A Secretaría Xeral para o Deporte pretende deste xeito preservar a seguridade dos deportistas, adestradores, árbitros ou xuíces, afeccionados, operarios e garantir que non se produza incidencia algunha nas instalacións.

No caso de precisar información máis puntual ou detallada, débese chamar ao Centro integrado de Atención de Emerxencias 112 Galicia, ou consultar a páxina web da AEMET: www.aemet.es., do CAE 112: www.axega112.gal e de Meteogalicia: www.meteogalicia.es

viernes, 20 de diciembre de 2019

A Secretaría Xeral para o Deporte recomenda suspender a partir de mañá ás actividades deportivas ao aire libre en toda a comunidade e especialmente no noroeste da Coruña e na Mariña 

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel vermello que afectará a todo o litoral galego a partir de mañá. Dende as 6,00 horas de mañá actívase alerta laranxa en toda a comunidade por ventos que poden acadar refachos de 100 km/h e de 140 km/h no noroeste da Coruña e na Mariña Lucense 

Santiago, 20 de decembro de 2019.- A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel vermello que afectará a todo o litoral galego a partir de mañá. Tamén estará activa a alerta vermella por ventos no noroeste da Coruña e na Mariña Lucense, a partir de primeiras horas da tarde. Ademais, dende as 6,00 horas de mañá actívase alerta laranxa en toda a comunidade por ventos do suroeste que poden acadar refachos de 100 km/h. A partir das 15,00 horas, prévese a alerta vermella por vento no noroeste da Coruña e na Mariña, onde os refachos poderán acadar os 140 kilómetros por hora. 

Por este motivo, desde a Secretaría Xeral para o Deporte ínstase á suspensión de todas as actividades deportivas ao aire libre nas zonas afectadas. 

A Secretaría Xeral para o Deporte pretende deste xeito preservar a seguridade dos deportistas, adestradores, árbitros ou xuíces, afeccionados, operarios e garantir que non se produza incidencia algunha nas instalacións. 

No caso de precisar información máis puntual ou detallada, débese chamar ao Centro integrado de Atención de Emerxencias 112 Galicia, ou consultar a páxina web da AEMET: www.aemet.es., do CAE 112: www.axega112.gal e de Meteogalicia: www.meteogalicia.es 

A Xunta activa a alerta vermella por temporal costeiro en todo o litoral e por vento no noroeste da Coruña e na Mariña Lucense


Mañá estará tamén vixente a alerta laranxa por vento en toda a comunidade.

Por mor do temporal costeiro, aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva, así como pesca deportiva e outras deportivas no mar.

Santiago de Compostela, 20 de decembro 2019. A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel vermello que afectará a todo o litoral galego a partir de mañá. Tamén estará activa a alerta vermella por ventos no noroeste da Coruña e na Mariña Lucense, a partir de primeiras horas da tarde, Ademais, desde as 6,00 horas, quedará tamén activado o nivel de alerta laranxa por vento en toda a comunidade.

Artigo completo en http://ow.ly/2Szt30q3G9G Web de  en ow.ly/ZJMK30q3G9H

O Concello de Oleiros activa o Plan de Emerxencias Municipal para a xornada de temporal prevista para mañá


Oleiros, 20 de decembro de 2019-. Ante a alerta vermella costeira con vento combinado decretada para mañá sábado día 21, o Concello de Oleiros vai activar o Plan de Emerxencias Municipal para velar pola seguridade da veciñanza. O persoal dos departamentos de Emerxencias, Policía, Deportes, Obras Públicas, Comunicación e Servizos Municipais estarán mobilizados para atender calquera eventualidade na que sexa necesaria a súa presencia ou actuación. Os parques públicos e paseos marítimos permanecerán pechados. 

Tampouco poderán practicarse actividades ao aire libre, o que implicará a imposibilidade de disputar partidos de fútbol nos campos municipais. 

Artigo completo en https://bit.ly/35ItZmS

SADA: suspensión de actividades de mañá sábado 21 de decembro por mor do temporal


«Comunicamos as actividades organizadas polo Concello de Sada que debido ao temporal que se prevé para mañá día 21 de decembro de 2019, quedan canceladas ou suspendidas. 

- Feirón. Non se celebrará o tradicional mercadillo na tarde do sábado e se prohibirá a venta ambulante. 

- Roteiros Saudables. O roteiro programado mañá en Soñeiro suspéndese para salvagardar a integridade de todas e todos os participantes. 

- Pista Patinaxe. A carpa situada detrás do edificio da Terraza estará pechada durante todo o día 21. 

- Elfos Carteiros. A visita programada dos Elfon Carteiros para os días 21, 22 e 23 de decembro nas parroquias de Sada queda suspendida. Programarase a partir de xaneiro a visita dos paxes reais nas parroquias. 

- Papanoelada Moteira. A parada prevista na carpa situada detrás do edificio de A Terraza trasládase e o punto de recollida da Cruz Vermella instalarase na porta do Concello de Sada.»