Esta semán a Plataforma de afectadas pola ampliación do CHUAC
retomou a súa actividade, en pausa polos novos nomeamentos na Xunta. Avaliamos
a información que recolle a prensa sobre as negociacións para a ampliación do
CHUAC, que nos afectan directamente, xa que é a nosa única fonte de información,
como o foi dende o comezo.
Comezamos pedindo novamente xuntanzas:
- Coa Alcaldesa da Coruña, para manifestar o noso apoio na súa defensa de que a
ampliación do hospital debe ser abríndoo cara o Parque de Eirís, e non sobre as
vivendas, como propuxo dende un principio.
- Co novo Conselleiro de Sanidade e co novo responsable do SERGAS, para
coñecer de primeira man cal é o seu proxecto para a ampliación do CHUAC, darlles
a coñecer as nosas peticións, e facerlles chegar as nosas inquedanzas en que non se
teña feito unha fonda reflexión para adaptar unha inversión de 400 millóns de Euros
á nova realidade do Covid-19, sin reforzar a Atención Primaria e acumulando
nuns poucos metros no alto dunha rocha todas as instalacións hospitalarias para os
28 concellos da Área Sanitaria da Coruña, con cerca de 550.000 habitantes.
- Co Presidente da Deputación da Coruña, recentemente implicado a traves dos
medios de comunicación, para darlle a coñecer a problemática que vimos
denunciando e as nosas propostas.
Seguiremos reclamando que se nos facilite como dí a Lei, a documentación
pública que solicitamos hai meses e que a Xunta de Galicia oculta: “Plan Funcional e
de espazos”.
Reclamaremos claridade sobre as vías de saída e entrada, xa que segundo a
prensa, a Xunta manten a proposta de 3 viáis atravesando Eirís con milleiros de
coches sen ningunha saída, o que podería levar a expropiar unhas 50 vivendas
máis para ampliar os viáis existentes.