sábado, 18 de julio de 2026

O Atlantic Pride consolida á Coruña como capital da diversidade e o orgullo do noroeste peninsular


 A 7ª edición do Atlantic Pride, celebrada na Coruña do 5 ao 12 de xullo, pechou con éxito oito xornadas de música e celebración arredor da diversidade, consolidándose como unha das citas LGTBIQ+ de referencia en España. O festival reuniu máis de 40 actuacións, con artistas como «ZAHARAVE», Miriam Rodríguez, Whigfield, Alba Reche, Julieta, Azúcar Moreno, María Isabel, Leticia Sabater, Jorge González, Ricky Merino, Kika Lorace, Jonydasvie, Montedapena, raze, Pitita, Electra, Kim Miller e Sasha Moon, ademais do novo Atlantic Drag! e sesións de DJ’s ao longo de toda a programación.

A pesar da tormenta do sábado, da coincidencia co Mundial de fútbol e do impacto do botellón no consumo das barras, o festival reuniu preto de 35.000 asistentes, mantendo unha elevada participación ao longo de toda a semana.

Desde a organización destacan o respaldo dun público fiel, plural e interxeracional, así como o papel do Atlantic Pride como un espazo aberto, seguro e diverso para celebrar a liberdade, a visibilidade e a diversidade afectivo-sexual e de identidade. Ademais, fan un chamamento á responsabilidade do público, advertindo de que prácticas como o botellón dificultan a sustentabilidade dun evento gratuíto e poden comprometer a continuidade dunha programación artística de calidade nas vindeiras edicións.