miércoles, 22 de septiembre de 2021

Comunicado das nais e pais do CEIP Sagrada Familia





As nais e pais do CEIP Sagrada Familia, quere manifestar:

O seu desacordo co nomeamento por parte da Consellería de Educación dunha docente interina, con xornada incompleta, ao incumprir o catálogo do centro, aprobado pola propia administración autonómica na orde do 22 de xullo deste ano (DOGA do 6 de agosto) no que figuran dous postos de educación musical a tempo completo neste centro. 

E, sobretodo, por carecer esta profesora da especialidade de educación musical, polo que estase a incumprir o Real Decreto 1594/2011 do 4 de novembro, polo que se establecen as especialidades do Corpo de Mestres que desempeñan as súas funcións nas etapas de Educación infantil e primaria, xa que no artigo 3 punto 2 expón “Para impartir la música, la educación física y las lenguas extranjeras se requerirá además etar en posesión de la especialidad correspondiente”. 

Esta situación supón unha merma na calidade do ensino que a propia administración galega , en palabras do seu conselleiro Don Román Rodríguez, di propiciar: “O sistema educativo galego disporá de todos os recursos humanos e materiais para garantir a seguridade sanitaria e blindar a calidade e equidade do ensino “. 

Por todo isto, solicitamos un novo nomeamento dun docente, coa especialidade de educación musical, para impartir dita materia no noso centro.