martes, 28 de marzo de 2023

García Mc presenta Quen son eu?, o seu novo single xunto a Xisco Feijoó

 

Quen son eu? Primeiro adianto do que será o novo disco de García Mc [Ver aquí]

Un marcado estilo drill renova por completo a sonoridade do artista. Dende hoxe podedes escoitalo en todas as plataformas.

👉 García Mc & Nación Quilombo en concerto o próximo 28 de abril na Sala FILOMATIC.


Quen son eu? é o novo sinxelo de García Mc (a partir de hoxe dispoñible en todas as plataformas) e o inicio do que será o seu novo disco autobiográfico que levará por nome Sergio Manuel, o seu verdadeiro nome, e co que repasará, en septenios, a súa vida ata a actualidade.

Quen son eu? permite coñecer unha nova versión de García Mc. Un estilo novo, drill (un subxénero do trap), no que o artista non afondara con anterioridade, con máis dureza e ritmos diferentes, co que o cantante tivo que reinventar a súa forma de rapear, xa que García ven de facer un rap máis clásico e tivo que reaprender a deslizarse por un ritmo dun xeito totalmente diferente, o que foi unha experiencia de aprendizaxe total para el. É unha rítmica completamente nova coa súa forza habitual.

Quen son eu? fai referencia á gran cuestión da adolescencia e xira arredor dalgunhas partes dese período do artista.

Se a todo isto lle sumamos a colaboración na produción de Iago Pico, un gran profesional no tratamento da voz, especialista en gravación e efectos especiais, fan da canción un single moi especial en todos os sentidos.

En Quen son eu? hai unha colaboración moi especial de Xisco Feijoó. Para García era a persoa perfecta pola súa voz, a súa estética e a súa capacidade de mesturarse con mundos diferentes para cantar e tocar a pandeireta no estribillo da canción e facela diferente.

XiscoFeijoó é un artista, cantante, bailarín, coreógrafo, presentador de televisión e profesor premiado, ademais de coordinador da sección de canto da OFG SondeSeu.

Quen son eu? acompáñase tamén da estrea do videoclip que mestura a voz e a imaxe de García Mc, coa voz e os bailes de Xisco Feijoó, vestido de gala tradicional polas rúas e o Museo Marco de Vigo. “Pasado, presente e futuro na danza do tempo”, así o define o propio García Mc.