A Coruña, mércores 26 de xullo de 2023.-
O vindeiro martes, 1 de agosto comeza unha nova edición da Feira do Libro de A Coruña. Con esta son xa 52 edicións, o que dá boa conta da grande tradición que esta feira ten no eido galego, e no resto de territorio español.
A Federación de Librarías de Galicia é a entidade organizadora das Feiras do Libro que se fan na nosa comunidade. Este ano son 14 feiras as que visitan distintas vilas e cidades galegas.
Un dos obxectivos da FLG é establecer un marco de diálogo permanente coas distintas administracións, Xunta de Galicia, Deputacións Provinciais e Concellos onde se celebran cada unha das feiras, co obxeto de consolidar acordos que doten de estabilidade as feiras en tódolos aspectos.
Nestes últimos anos a FLG leva traballando na proposta dun convenio co Concello de A Coruña que definitivamente recoñeza a importancia que esta Feira do Libro ten para a cidade, e para todo o tecido do libro en Galicia.
Despois de infinidade de contactos e reunións, onde o Concello amosou o seu compromiso para avanzar na sua sinatura, a pasada semana comunicousenos que finalmente, o convenio non vai ser asinado, e que únicamente contamos co compromiso verbal do concello de investir 15.000 €, como cada ano ven destinando a súa Feira do Libro, unha aportación evidentemente deficiente para a maior feira do libro de Galicia, un evento que cada ano reune a milleiros de visitantes de toda Galicia.
Dende a FLG queremos trasladar o seguinte a opinión pública:
- O noso profundo malestar por esta decisión, que ademais se produce sin recibir ningunha explicación fundada por parte do Concello.
- Dende a FLG estamos comprometidos a mellorar as Feiras do libro de Galicia, e para iso precisamos dun apoio decidido por parte da Administración ao libro e á Cultura do noso país.A Feira do libro de A Coruña recibe cada ano entre 120 e 150 mil visitantes ó longo dos 10 días de feira. Nos últimos anos vense facendo un importante esforzo por parte da organización para mellorar constantemente a oferta, cada ano o número de casetas, autores e eventos aumenta, e este 2023 non é excepción, con 32 casetas participantes. Con esta decisión del Ayuntamiento de A Coruña, queda claro que esta no parece ser la sua prioridad.
- É evidente a grande diferencia orzamentaria que existe entre a aportación a Feira do Libro, e as aportacións do Concello (en algún caso de varios centos de miles de euros) que reciben algúns outros eventos culturais, moitos de eles de índole completamente privada.
- A Coruña é unha cidade que conta cunha rede de bibliotecas públicas moi importante, e con maior número de usuarios en términos relativos. Dispón tamén dunha amplia rede de librerías con unha oferta variada e de calidade, o que a transforma nunha cidade literaria, en definitiva, unha cidade vencellada ó libro. Por iso, esiximos do Concello que cumpra o seu compromiso de colaboración coa Feira do Libro de A Coruña e poña en marcha o convenio colaborador coa Federación de Librarías de Galicia a tales efectos.
A Cultura non é algo accesorio. As persoas que dun ou outro xeito formamos parte dela esiximos da Administración que cumpra coa sua responsabilidade, que asuma as súas obrigas, e que entenda que este inmenso patrimonio é de todos, e que entre todos temos que preservalo e fomentalo.
Por último, queremos convidar a todo o mundo á Feira do Libro de A coruña. Coma sempre, atoparemos centos de actividades para todos os públicos, unha programación diversa, equilibrada e de calidade, e vivir a experiencia de compartir momentos cas nosas escritoras e escritores preferidos, en definitiva Vivir os Libros.
Federación de Librarias de Galicia.