viernes, 17 de diciembre de 2021

Volve o Feirón Sen Patrón





Cando: 19 ao 23 de decembro
Onde: Pranta Baixa do Circo de Artesáns, Rúa Santo André 36, 15003 A Coruña

ENTRADA LIBRE (control de aforo para respetar o protocolo sanitario)

O Circo de Artesáns da Coruña acolle a IV edición do Feirón sen Patrón que decorrerá de domingo 19 ata xoves 23 decembro en horario de mañá e de tarde. Como xa ven sendo habitual cada Nadal, os artesáns e artesanas da cidade expoñen o seu traballo na pranta baixa no emblemático edificio da rúa Santo André para quen goste de agasallar aos seus seres queridos con creacións orixinais, diferentes e de vangarda, feitas de xeito artesanal e co cariño que todos e todas poñen na súa fabricación.


MÁIS DE VINTE POSTOS

O Feirón aglutina proxectos orixinais, de autoproducción, pequena escala, proximidade e calidade e desde hai catro ano xa se fixo un oco no roteiro de compras navideñas da veciñanza da Coruña. Nesta edición e pola boa acollida que ten sempre, aumenta o número de participantes ata máis de 20 con creadores chegados tamén de fóra da Coruña. Así, poderemos atopar produto local, artesanía, feito a man, serigrafía, cosmética natural, pintura, cerámica, imprenta artesanal, arte, encuadernación, cervexa artesá, presentacións e deseño galego impreso en 3d.


MÚSICA, OBRADOIROS E SORTEO DE CESTA DE REGALOS

Asimesmo, o Feirón contará con actuacións musicais, foliada, sesión vermú e obradoiros, e o tradicional SORTEO DE CESTA DE REGALOS con aportacións de cada participante.

• Presentación Revirada A Revista Feminista (n.9) “Transdiálogos feministas”, martes, 21 as 17h
• Presentacion do libro “Vagos y maleantes”, de autoría colectiva, mércores 22, as 13h
• Foliada con Pandeireperras, mércores, 22 as 19'30h
• Sesión vermú Violín Loop con Daniel Convulsionez, xoves 23 as 13h
• Despedida: “Bengalas Poéticas” con Manolo Rivas e X. Abeleira, xoves 23 ás 19h
• Obradoiros “Encuaderna e estampa” con Sucede Arte Visual, domingo 19 ás 18'30h e mércores, 22 ás 12h

A entrada será de ACCESO LIBRE E DE BALDE, con control de aforo para cumplir as recomendacións sanitarias, así como o uso de máscara obrigatorio e xel hidroalcólico a dispor.


Participantes:

Adororoda // AleAlé, Cervexas naturais // Ana Zapata, Pintura, escultura, artesanía. // Anton collage // Blanca comida vegana // Cando chove fai sol, Serigrafía e fotografía // Dispersa Pintura // Eduardo Canalejo // El taller muy secreto, Muñecos y móviles de tela // Herbas nömadas, Artesanía botanica // I3D - Imprime 3D Deseño Galego impreso en 3D // Iria Fafián, Ilustración e mural // Lola Puñales, Jabones Artesanos // Manchea, imprenta+artefactos // Mikaeshi, Encuadernación Artesanal // Pastelería Clorofila // Psy•Cosy, Gorras // Sucede arte visual, Estampación. Ilustración. // The Beholder’s Eye // Volta revolta