martes, 21 de enero de 2020

A primeira Semana do Cinema Galego proxectará de balde cinco filmes que teñen recoñecemento internacional


O ciclo realizarase do 6 ao 9 de febreiro no Teatro Colón e comezará coa presentación de “O que arde”, de Óliver Laxe

Cada longametraxe irá precedida dunha curta do autor e a cita incluirá un debate posterior coas persoas protagonistas

I Semana do Cinema Galego - Teatro Colón - Entrada de balde
O que arde Xoves, 6 de Febreiro, 20h00
Longa noite Venres, 7 de Febreiro, 20h00
Eroski Paraíso Sábado, 8 de Febreiro, 19h00
Quien a hierro mata Sábado, 8 de Febreiro, 22h00
Feedback Domingo, 9 de Febreiro, 20h00

A Coruña, 21 de xaneiro de 2020.- O concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, presentou esta mañá a primeira Semana do Cinema Galego, que terá lugar no Teatro Colón do 6 ao 9 de febreiro, coordinada por Javier Trigales. O edil sinalou que a pequena mostra confirma a aposta de Cultura polo cine feito en Galicia e explicou que nestes días se poderán ver ata cinco filmes todos candidatos aos premio Mestre Mateo 2020. Cada proxección irá precedida dunha curtametraxe do propio autor, co fin de vermos a súa evolución e “a cita rematará cun coloquio sobre a cinta”. “Con entrada gratuíta, o público poderá corroborar desde a butaca a calidade do que se realiza no país e que está recibindo recoñecementos a nivel internacional”, explicou Míguez, quen engadiu que xa empezou a conta atrás para a festa do audiovisual galego, que será o 7 de marzo no Pazo da Ópera.

O proceso de selección das candidatas a galardón comezou onte coa publicación da listaxe de todas as propostas, que terá que votar a Academia ata o 4 de febreiro, cando se pechará o prazo e que coincidirá no tempo coa Semana do Cinema: “Estamos traspasando fronteiras e é bo que teñamos acceso ás pelis e aos equipos produtores, que virán a compartir con nós os seus traballos”. O 10 de febreiro saberanse as e os nomeados aos Mestre Mateo e o 21 de febreiro haberá unha celebración coas e cos profesionais finalistas, para a que contarán co apoio do concello.

Pola súa parte, Trigales comentou o contido da programación, que comezará o xoves 6 de febreiro coa proxección ás 20.00 horas da longametraxe “O que arde”, de Óliver Laxe, do que tamén se poderá ver a curta “París”. A película, que vén de recibir o premio Gaudí como mellor filme europeo e está nomeada aos premios Goya, será comentada polo actor protagonista, Amador Arias; as persoas encargadas da súa produción, Andrea Vázquez e Xavi Font, así como polo crítico Martin Pawley. O venres tocaralle o turno a “Longa noite”, de Eloy Enciso, do que se presentará tamén o traballo “Out of memory”. O director asistirá á tertulia posterior xunto coa produtora Beli Martínez e o guionista da película anterior de Enciso, José Manuel Sande. Trátase doutra película que está acadando importantes recoñecementos internacionais como o premio obtido no festival de Locarno, que confirma que “o cinema galego xa rompeu unhas cantas barreiras e está levando a nosa cultura polo mundo adiante”.

Para o sábado, haberá unha sesión dobre cun primeiro pase ás 19.00 horas, onde se poderá desfrutar de “Eroski paraíso”, codirixida por Xesús Ron e Jorge Coira. Deste último, verase antes “O matachín” e no coloquio estarán presentes o propio Xesús Ron, as actrices Patricia de Lorenzo e Cris Iglesias, o actor Miguel de Lira e o produtor Gaspar Broullón.

Xa pola noite, pasarase ás 22.00 horas “A quien hierro mata”, de Paco Plaza, que vén de trunfar nos premios Feroz. Ao inicio, proxectarase a peza “Abuelitos” e para o debate estará a intérprete María Vázquez. Por último, a semana pecharase o domingo ás 20.00 horas con “Feedback”, de Pedro C. Alonso, e coa curtametraxe inicial “Ver con los propios ojos”. O director intervirá posteriormente co xornalista Fernando Molezún nun coloquio que porá o punto final a unha iniciativa que pretende pór en valor o cinema do país.

As Brigantias a la selección española


El equipo de roller derby de la ciudad contará con cuatro representantes en los primeros entrenamientos del año para la selección

A Coruña, 15 de enero. El fin de semana del 25 al 26 de enero en Madrid tendrán lugar las pruebas para formar parte de la selección española. En esta convocatoria, The Joker (Olalla) y Poison Isy (Isabel) pelearán por ser parte del equipo español tras haber sido preseleccionadas el pasado año.

Si tienen éxito, se unirán a Evil Nurse (Eva) y Lady Moratón (Rosa), que ya son miembros de la selección desde el año pasado.

Carmen Pomar destaca un investimento de máis de 800.000 euros na rehabilitación integral do IES de Monelos


As obras beneficiarán ao equipo docente e aos máis de 460 estudantes do instituto

Ademais redundan nun aforro enerxético de máis do 50% e nun maior confort para a comunidade educativa

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2020.- A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou hoxe o IES Monelos, onde destacou que o seu departamento vén de investir 838.261,07 euros na obra de rehabilitación integral do centro, unhas obras que beneficiarán aos máis de 460 estudantes do centro e ao equipo docente. A actuación, segundo explicou, redunda nun maior confort para a comunidade educativa, ademais de nun aforro enerxético de máis do 50%. Nestes momentos a obra está a piques de concluír, pendente só dalgúns remates.

Co fin de mellorar a eficiencia enerxética do centro colocouse sistema illante de envolvente continua polo exterior da fachada mediante sistema SATE e mudáronse as fiestras por unhas novas de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo. Así mesmo renováronse as persianas e substituíronse as luminarias por equipos de alta eficiencia enerxética con regulación lumínica e detectores de presenza. Ademais cambiouse a caldeira de gasoil por tres caldeiras de combustión de Gas Natural e instaláronse paneis solares. A maiores cambiouse o material de cubrición por panel sándwich de chapa prelacada de aceiro na zona antiga do centro e con illamento térmico na cara superior do forxado do baixo cuberta. Todas estas medidas combinadas supoñen un aforro do 59,1% no consumo de enerxía primaria non renovable e do 67,7% en emisións de CO2.

A obra incluíu, por outra banda, a reparación e pintado dos paramentos interiores, as portas, os radiadores e tubaxes; o pulido do pavimento de terrazo e a colocación dun novo falso teito. Así mesmo, realizáronse melloras nun dos aseos femininos.

Traballo do equipo docente
Carmen Pomar aproveitou a súa visita ao centro para salientar o traballo do equipo docente, que implica o alumnado en numerosas accións complementarias ao currículo. De feito o IES de Monelos participa no programa de Voluntariado de Lectura na Biblioteca Escolar e conta cun club de lectura ao abeiro da convocatoria da Consellería.

Por outra banda, o centro participa no Plan Proxecta, en concreto nos programas MeteoEscolas, que ten como obxectivo o coñecemento do clima e meteoroloxía de Galicia a partir da observación na escola; e Proxecto Ríos, que pretende involucrar á cidadanía na conservación dos ecosistemas fluviais. Así mesmo o instituto conta con seccións bilingües.

Mundos Digitales arranca su edición 2020 con Digital LAB, una propuesta para potenciar el tejido empresarial coruñés


La cita tendrá lugar el próximo martes 28 de enero en la sede de Afundación en A Coruña, y busca promocionar el sector de los contenidos digitales interactivos, que cuenta en A Coruña con un enorme potencial empresarial.

A Coruña, martes 21 de enero de 2020.-

El futuro será digital. De hecho, el presente ya lo es. Y eso lo sabe muy bien la dirección de Mundos Digitales, que este año celebra su XIX Edición en A Coruña, sede de este encuentro mundial que congrega a lo más granado dentro de los profesionales del digital desde sus comienzos.

Y para dar el pistoletazo de salida a las citas de 2020 -que tendrán su colofón en el congreso del próximo mes de julio-, el próximo martes 28 de enero, a las 18:30, la sede de Afundación acogerá el primer evento de esta XIX Edición: Digital LAB, una iniciativa que busca promocionar el sector de los contenidos digitales interactivos para dinamizar y potenciar este tejido empresarial regional.

Con la presencia de la alcaldesa, Inés Rey, el rector de la UDC, Julio Abalde, y representantes de la Xunta de Galicia, la cita reunirá a grandes personalidades del sector profesional digital, reivindicando el potencial de A Coruña dentro de un sector en auge a través de las presentaciones de las compañías y sus existosos proyectos, que demostrarán que es posible desarrollar proyectos punteros desde Galicia, potenciando nuevos modelos de negocio en un campo en plena expansión.

El futuro digital, clave del desarrollo empresarial

Digital LAB ofrecerá datos esenciales para contextualizar la situación de la animación en España, extraídos del Libro Blanco este pasado año. España es el segundo productor de animación de Europa y el quinto a nivel mundial, y generando 11.440 empleos directos y 29.000 profesionales vinculados, con una facturación de 981 millones de euros en 2019 y una previsión para 2020 de 1.177 millones, lo que coloca a este sector como una potencia en el panorama nacional.

Se prevé que en España en los próximos 4 años se pongan en marcha más de 90 largometrajes, más de 140 series y alrededor de 400 cortometrajes, en un sector en el que, por ejemplo, el tiempo de producción de un largometraje de animación, a diferencia de una película de ficción real, puede extenderse hasta los 3 años.

Algo parecido sucede con el sector de los videojuegos, que factura mundialmente más que el cine y la música juntos y es una industria que asegura su crecimiento en todos los mercados transversalmente, pues tiene aplicaciones en numerosos sectores. Su activo es la propiedad intelectual, que es capaz de generar retornos en distintos formatos y canales de explotación por largos periodos de tiempo, es por ello que posee un alto potencial, como creadora de cultura, riqueza y empleo cualificado. Casi el 70% de las empresas del sector de videojuegos son microempresas con menos de 10 empleados, con una experiencia profesional media inferior a los 5 años, lo que se traduce en un sector que crea productos, no proyectos. Para paliar estas carencias que sufre el sector, desde iniciativas como Mundos Digitales, Videoxogo.gal (la Asociación Galega de Videoxogos) o el Clúster Audiovisual Galego, se busca la creación de un plan integrado que incluya acciones de descubrir talento, fomentar la formación especializada, la aceleración del sector (a través de ayuda a la orientación a mercado y bolsas de trabajo) e internacionalización, a través de vías de financiación, como puede ser la validación-crowdfunding, la inversión y la visibilidad.

lunes, 20 de enero de 2020

A Coruña, sede de La gala de Los Premios Excellence de Cruceros 2020


Una gala que se celebrará el próximo 13 de febrero en el Teatro Rosalía de Castro

Madrid, 20 de enero de 2020, NP. El próximo 13 de febrero A Coruña acoge la Gala de entrega de los Premios Excellence de Cruceros, premios que otorga desde 2008 Cruises News Media Group, organizadora además del International Cruise Summit en Madrid y editora de la revista CruisesNews.

El Puerto de A Coruña ha multiplicado el tráfico de pasajeros y las escalas de grandes buques durante los últimos diez años, captando además nuevas navieras. En 2020 tiene programadas más de 100 escalas de cruceros, logrando el mayor tráfico de la cornisa cántabro-atlántica con cerca de 200.000 pasajeros anuales.

La industria de los cruceros se encuentra en una etapa de crecimiento exponencial con una cartera de pedidos cada vez mayor, con 112 buques que entrarán en servicio antes de 2027. Una industria en auge en el sector del turismo que genera en España más de 1480 millones de euros.

Los Premios Excellence de Cruceros de Cruises News Media Group son galardones que obtienen las diferentes compañías de la industria en base a las votaciones realizadas por los pasajeros de cruceros en las siguientes categorías:

• Mejor Puerto Español 2019
• Mejor Tripulación 2019
• Mejor Naviera Popular 2019
• Mejor Naviera Premium 2019
• Mejor Naviera Lujo 2019
• Mejor Entretenimiento 2019
• Mejor Naviera en relación Calidad Precio 2019
• Mejor Barco en el Mediterráneo 2019
• Mejor Barco en el Norte de Europa 2019
• Mejor Gastronomía a bordo 2019
• Mejor Itinerario 2019
• Mejor Imagen de marca entre consumidores 2019
• Mejor Compañía de Turismo Fluvial 2019
• Mejor Naviera para el primer crucero 2019
• Mejor Reconocimiento de Marca entre Agencias de Viajes 2019

La ceremonia reunirá a los principales ejecutivos de las compañías navieras de cruceros, turoperadores de cruceros, consignatarios, puertos y destinos, agentes de viajes, prensa, colaboradores, profesionales y empresarios de A Coruña y otros proveedores del sector.

Los invitados llenarán el Teatro Rosalía de Castro y disfrutarán de una noche de gala única, seguida de un cóctel-cena en Palexco en esta celebración de unos premios, cuyas ediciones anteriores se celebraron en Cartagena, Barcelona, Málaga, Bilbao y Palma de Mallorca.

Esta edición, promovida y patrocinada por la Autoridad Portuaria de A Coruña, el Ayuntamiento de A Coruña y la Xunta de Galicia, cuenta además con el patrocinio de Puertos del Estado, MEGA, Corunna Cruise Terminal, Gadis, Marítima Consiflet, Bergé y Cruises Atlantic Islands.

ACAMPA 2020 precisa persoas voluntarias


"A cotío recibimos informacións de acontecementos graves que nos impactan: guerras, fame, escravitude, paro, violencia, exclusión… e que provocan o éxodo de millóns de persoas. Seres humanos que foxen da dor, o sufrimento e a morte, buscando refuxio. Somos moitas as persoas que queremos actuar pero non sempre sabemos cómo. Con esa intención nace Acampa.

Actualmente Acampa desenvólvese nas cidades de A Coruña, Madrid, e Piracicaba (Brasil). Noutras cidades como Araras (Brasil) ou Lisboa (Portugal) están a dar os primeiros pasos para sumarse a esta Rede Internacional en defensa dos dereitos humanos.

Desde Acampa traballamos para crear un espazo unitario no que se loita contra a desinformación e creamos redes capaces de aproveitar toda a enerxía e capacidade transformadora de centos de persoas e organizacións.

Durante todo o ano organizamos diferentes actividades, pero o noso traballo mais recoñecido desemboca nun encontro que convoca á cidadanía e que se celebra desde 2017 en forma dun gran campo de persoas refuxiadas situado no centro de A Coruña, onde teñen lugar intensas charlas impartidas por expertos, activistas e protagonistas dos acontecementos, exposicións fotográficas, actividades lúdicas e educativas, debates, cinema e moitas outras accións de gran repercusión pública e mediática.

Para levar a cabo este evento fai falta traballo previo e buscamos xente motivada e comprometida que queira sumarse a este movemento internacional tan necesario para fortalecer a defensa dos dereitos humanos.

Os equipos que necesitan apoio son os seguintes:
-Loxística e xestión
-Coordinación do equipo de voluntariado
-Comunicación con entidades sociais
-Deseño Gráfico
-Secretaría
-Coordinación de actividades
-Captación de fondos

Necesitamos a túa axuda. Se cumpres con algún destes perfís ou tes outras habilidades que poidan encaixar en Acampa, escríbenos: voluntariado@redeacampa.org

Esperámosche!"

sábado, 18 de enero de 2020

Comezan as obras para a conexión peonil da avenida Salgado Torres coa rúa Xeneral Rubín


As novas escaleiras servirán como alternativa de paso á pasarela peonil que existe á altura da Comandancia da Garda Civil e mellorará a conexión do barrio do polígono de Elviña coa rolda de Outeiro

A Coruña, 18 de xaneiro de 2020.- A Concellería de Infraestruturas anuncia que nos vindeiros días comezarán as obras para construír escaleiras entre a avenida de Salgado Torres (á altura do semáforo instalado fronte á avenida de Oleiros) e a rúa Xeneral Rubín, que servirán como alternativa de paso ao itinerario peonil accesible existente na actualidade.

A nova escaleira, cun desenvolvemento aproximado de 23,5 metros, preséntase como unha solución á diferenza de cotas entre o bordo da vía Salgado Torres e a zona do aparcadoiro anexa á rúa Xeneral Rubín. Para sustentar a dita escaleira, construirase un muro de dique cunha altura máxima de 1,9 metros. O Concello destinará a estas obras de mellora en Elviña, cuxo prazo de execución é de dous meses, un total de 60.600 euros.

A rúa Salgado Torres é unha avenida que consta de calzadas separadas e dous carrís por sentido para o tráfico rodado. Na actualidade, a permeabilidade peonil é practicamente inexistente, posto que só se dispón dunha pasarela peonil á altura da Comandancia da Garda Civil. As obras necesarias para a nova escaleira, que se efectuarán de xeito inmediato, complementan as últimas actuacións de mellora realizadas na primeira metade do 2018 e melloran a conexión do barrio do polígono de Elviña coa rolda de Outeiro ao proporcionaren unha conexión peonil directa entre o semáforo recentemente instalado e a rúa Xeneral Rubín.