A Fundación Paideia Galiza, coa colaboración da Deputación da Coruña, abriu a sétima edición de Sonidos Mans Salas, un concurso dirixido a bandas e solistas galegos emerxentes de calquera estilo musical.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 24 de xullo en salas.sonidosmans.com. As persoas participantes deberán presentar unha canción orixinal.
Un xurado formado por Sabela Maneiro (Tanxugueiras), Lucía Aldao e Enrique Ramil escollerá tres proxectos finalistas, que actuarán o 30 de agosto no Festival de la Luz, en Boimorto. Os finalistas gravarán un tema e un videoclip nos Estudios Mans da Coruña, mentres que o proxecto gañador ofrecerá ademais un concerto nunha sala da provincia da Coruña.

