O galardón é unha iniciativa de UGT que xa vai pola súa quinta edición e
ten como obxectivo consolidar no alumnado a aprendizaxe dos valores
sobre os que se asenta o principio de igualdade entre mulleres e homes
A Coruña, 13 de xaneiro de 2020.- A concelleira de Benestar Social, Igualdade e
Participación, Yoya Neira, entregou esta mañá o premio nacional Educando en
Igualdade, baixo o lema "Ama en igualdade. Di non á violencia de Xénero", ao
alumnado do curso 6oB do colexio Calasanz Escolapios da Coruña polo seu vídeo
“Ocultas”.
O galardón, unha iniciativa de UGT que xa vai pola súa quinta edición, ten como
obxectivos consolidar no alumnado a aprendizaxe dos valores sobre os que se
asenta o principio de igualdade entre mulleres e homes, contribuír á creación de
referentes positivos de relación afectiva que posibilite a prevención da violencia de
xénero, cooperar ao logro das competencias básicas, especialmente daquelas
relacionadas coa comunicación, a autonomía persoal, etc. e superar os estereotipos
existentes sobre a violencia.
O segundo premio otorgouse ao IES Cuenca Minera de Huelva, Andalucía, e o
terceiro recaeu no CEIP Rajoletes, na localidade valenciana de Sant Joan d ́Alacant.
Nesta ligazón pode visionarse a peza audiovisual que gañou o primeiro premio: