A organización admitirá inscricións na proba nocturna do 28 de marzo ata o vindeiro
día 22 de marzo en: www.coruna.gal/carreiraspopulares e
www.championchipnorte.com
A Coruña, 07 de marzo de 2020.- O circuíto instalado nos arredores da Torre de
Hércules acollerá na noite do 28 de marzo a décima edición da Carreira Popular
Torre de Hércules e a segunda Andaina Solidaria #Querémonosvivas.
A organización manterá aberta ata o día 22 a inscrición, que é gratuíta para os
menores de idade, mentres que as persoas adultas deberán pagar dous euros,
aínda que as persoas desempregadas, as maiores de 65 anos e as titulares do
carné xove só deberán aboar un euro. Esta inscrición pode realizarse de forma
telemática a través das webs www.coruna.gal/carreiraspopulares e
www.championchipnorte.com .
A inscrición nesta proba entra dentro da inscrición do Circuíto de Carreiras
Populares Coruña Corre do año 2020. O día 22 de marzo rematará tamén o prazo
de inscrición neste circuíto.
A proba, organizada polo Concello da Coruña e a Fundación EMALCSA, está
integrada no VIII Circuíto de Carreiras Populares e conta xa con 203 persoas
inscritas nas diferentes categorías: Peques (non competitiva), Sub 10, Sub 12, Sub
14, Sub 16, Sub 18 e Absoluta, ademais da Andaina Solidaria.
Os máis cativos só correrán 150 metros, mentres que os participantes de ata 12
anos farán 800 metros. Os de 14 correrán 1.600 metros e os 16 e 18 terán unha
proba de 2.400 metros. A categoría absoluta e a Andaina Solidaria Terán pola súa
banda un percorrido de 6.625 metros.
O horario de saída das carreiras comezará ás 17.30 horas coa dos Peques, tras a
que sairán o resto das categorías de forma sucesiva ata que ás 20.30 saia a
absoluta, que será seguida cinco minutos despois pola Andaina Solidaria.
A carreira forma parte da programación do día 8 de marzo (Dia Internacional das
mulleres) e trata de darle visibilidade á Igualdade dentro do deporte así como ao
rexeitamento á violencia de xénero.
Ademais, é a única carreira solidaria organizada polo Concello da Coruña e a
Fundación Emalcsa. O concello pretende recadar fondos que irán destinados á
investigación contra o cancro. No año 2019 recadáronse 9.744 euros para esta
finalidade. Neste ano queremos ampliar esa cifra.
As persoas que desexen facer unha doazón recibirán de regalo unha camiseta.
Admitiranse doazóns dende 3 euros. As doazóns pódense facer na páxina web á
hora de inscribirse ou ben depositalas directamente nunha urna o día da carreira.
Toda a doazóns son recadadas pola Fundación EMALCSA e haberá que dirixirse á
Fundación para solicitar un certificado da doazón realizada.
Lugar e recollida de dorsais
O dorsais recolleranse na aula habilitada para o efecto na Cidade Deportiva da
Torre o 27 de marzo de 17.00 a 21.30 horas e o 28 de marzo dende as 10.00 horas
e ata media hora antes do comezo de cada unha das carreiras.
Dorsal 261
Todas as persoas que participen na Andaina Solidaria levarán o dorsal 261 en
homenaxe a Katherine V. Switzer, a primeira muller que en 1.967 correu un maratón
cur dorsal oficial identificado con este número. Foi no Maratón de Boston.
Katherine apuntouse no maratón coas súas iniciais e non se deron conta da
presenza dunha muller ata unha hora despois de empezar a carreira.
Este foi o punto de partida para que as mulleres puidesen participar en carreiras de
longa duración.
Servizos a corredoras
Haberá servizo de duchas e vestiario o día da carreira na Cidade Deportiva da Torre
para as persoas participantes na categoría absoluta e estará dispoñible a partir das
20.00 horas, ademais dun servizo da gardarroupa no frontón do mesmo complexo
de 19.30 a 22.15 horas.