A Coruña, 23 de maio de 2020.- Ponse en coñecemento do público en xeral que,
con motivo das eleccións ao Parlamento de Galicia a celebrar o día 12 de xullo de
2020; este Concello dispoñerá dunhas oficinas de información e consultas, así como
do servizo do Teléfono de Información 010.
DATAS DE EXPOSICIÓN DO CENSO:
Do 25 de maio de 2020 ao 1 de xuño de 2020, ambos inclusive.
LUGARES DE EXPOSICIÓN:
Oficinas do Concello en Praza María Pita no 1,
Fórum Metropolitano en Parque Europa C/Rio de Monelos no 1
Agora en Lugar Gramela no 17
HORARIO DE EXPOSICIÓN:
De luns a venres de 8:00 a 14:00 h., ininterrompidamente.
Sábados de8:00 a 14:00 h.
TELÉFONOS INFORMATIVOS:
Pódese chamar ao 010 no mesmo horario ou chamar ao 981.92.00.10 se chama
desde fóra do municipio. Requírese acreditación de identidade.