A incidencia da pandemia COVID-19 obriga a reducir a unha xornada a celebración dunha
Feira que remenora estampas de xusto fai un século onde tamén padeceron a gran
pandemia da gripe mundial que finou en 1920.
A Feira Modernista terá lugar o domingo 2 de agosto e realizarase arredor dun picnic popular
no que predominarán as medidas de seguridade e distanciamento social para evitar a
propagación do virus, con aforos controlados, pero sen deixar de lado os aspectos lúdicos e
culturais que farán revivir o espírito dun tempo pasado.
Sada, 24 xullo 2020.
A principios do seculo pasado en plena época modernista, o brote do virus Influenza deu paso
á pandemia máis devastadora da historia humana que finalizou en 1920, dando paso aos
felices 20. Cen anos despois outro virus, o Covid-19, ven de reducir a celebración desta festa
de recuperación da alegría Modernista, que se fai en Sada desde hai nove anos, a un só día e
con todas as medidas de seguridade e distanciamento social.
As actividades programadas comezarán o domingo ás 13:00h. cos bailes itinerantes da Escola
de Danza Carmen López e o seu “Modernismo en danza” seguido da “Gramola dos irmáns
Pizárraga”, dous irmáns galegos emigrados ás américas que reuniron discos de pizarra e
gramófonos, con pezas musicais datadas dende o 1887 ata a primeira parte do s. XX., dunha
variedade de estilos musicais e países de procedencia.
Na Feira Modernista non pode xa faltar unha das señas de identidade das edicións anteriores,
o PicNic Popular. Un convite a compartir no xardín para celebrar unha comida “campestre”,
lucindo a mellor creatividade na nosa indumentaria da época.
Por mor do impacto da pandemia que nos afecta o espazo dos xardíns deberá delimitarse para
respectar as distancias entre os grupos de comensais. Cada grupo poderá levar mantas ou
mesas e cadeiras pero deberán realizar unha reserva previa de espazo a través das canles que
o Concello de Sada anunciará nos vindeiros días.
Este ano non haberá grandes concertos pero si animación do espazo onde se celebre o PicNic.
Os “Dixie kings” realizarán un pasarrúas de Jazz eavanzará a tarde co “Fantástico Circo de
insectos Xigantes do Dr Mezzo” para rematar a xornada co concerto modernista do quinteto
de metáis da banda Municipal de Sada “Brassada” na praza da terraza.
Nesta IX edición, o concello aposta pola visión do modernismo dos artistas locais, cun cartaz
realizado por David Suárez Ansede “ Geppe”, que se inspira nun escenario emblemático, como
é a terraza, recentemente declarado Ben de Interese Cultural e que é un dos edificios máis
representativos do estilo Art noveau galego, e anima á cidadanía a decorar os seus
establecementos comerciais, fiestras e balcóns, con dibuxos e motivos modernistas, para
poñer en valor este evento cultural.
Ademáis, coa intención de dinamizar a hostalaría e poñer en valor o patrimonio
arquitectónico, repartiránse manteis desechables nos establecementos de restauración, cunha
estampación da ruta modernista que percorre os principais elementos singulares do
modernismo sadense.