lunes, 31 de agosto de 2020

A pesar de la difícil situación actual, la Academia Red Blue 5 Coruña seguirá apostando por el fútbol sala coruñés


 
Si algo ha caracterizado a la Academia Red Blue 5 Coruña desde su nacimiento ha sido la de intentar dotar a la ciudad de A Coruña de equipos en las máximas competiciones de sus respectivas categorías. Es por ello que a pesar de la difícil situación actual, en la que las ayudas económicas estarán aún más limitadas, el club ha decidido seguir adelante con su proyecto y seguir creciendo una temporada más.

Por lo de pronto el club ya ha oficializado la inscripción de 21 equipos :

- 1 Equipo Senior Masculino en 3ª División Nacional FS
- 1 Equipo Senior Femenino Preferente Galicia FS
- 1 Equipo Senior Masculino en Preferente Galicia Norte FS 
- 1 Equipo Senior Masculino en Local Galicia A Coruña (Local)
- 1 Equipo Senior Femenino 1ª Galicia A Coruña (Provincial)
- 1 Equipo Juvenil en División de Honor 
- 1 Equipo Juvenil en 1ª Galicia A Coruña (Provincial)
- 1 Equipo Cadete en División de Honor
- 1 Equipo Cadete en Liga Autonómica
- 1 Equipo Infantil en Liga Autonómica
- 1 Equipo Infantil en 1ª Galicia A Coruña (Provincial)
- 1 Equipo Alevin en Liga Autonómica
- 1 Equipo Alevin en 1ª Galicia A Coruña (Provincial)
- 3 Equipos Benjamin Local
- 3 Equipos Prebenjamin Local
- 2 Equipos Biberón 

En la actualidad a lo que situación deportiva se refiere, el club herculino ha tomado la decisión de que ninguna de sus categorías comience todavía a entrenar de forma colectiva. La directiva prefiere priorizar la salud de sus deportistas y técnicos, en lugar de comenzar de forma apresurada, unos entrenamientos condicionados a la actual situación de contagios en el área sanitaria de Coruña, que establece restricciones varias como la de grupos de más de 10 personas, o la ausencia de tareas con contacto físico según lo establecido por el protocolo de la Xunta de Galicia. 

En palabras de Sergi Blanco, actual entrenador de los equipos sénior masculinos del club: "Desde el club hemos decidido esperar. Esperar a conocer una fecha concreta de inicio de competición, y sobre todo a que se den unas condiciones sanitarias más favorables. Comenzar ahora mismo carece de sentido, y sería exponer a los jugadores a posibles contagios. Priorizamos el sentido común y hacer las cosas a su debido tiempo" 

Quizás parece que sea un período de poca actividad a simple vista, o que ante la ausencia de renovaciones y fichajes en los diferentes equipos sénior y juvenil nacional, pero lo cierto es que contamos con 3 proyectos muy ilusionantes, y tenemos la confianza plena en el comprimiso adquirido por parte de todos los jugadores y jugadoras. 

La categoría sénior masculina contará con 2 equipos, uno en 3ª División Nacional y otro en Preferente gracias a la buena remesa de jugadores que nos llegan. La sección femenina está trabajando en un proyecto muy bonito con el fichaje de varias jugadoras que provienen de categorías superiores, y a lo que suma un sénior femenino B en categoría 1ª Galicia (Provincial). 

Y por último la categoría juvenil dirigida por Pachi Fernandez contará con un equipo formado por jugadores procedentes de la categoría cadete, varios de ellos actuales sub-campeones de España sub-16.

A pesar de la pandemia, la Academia Red Blue afronta con optimismo deportivo la próxima temporada en la que seguirá apostando por el futbol sala.

viernes, 28 de agosto de 2020

Canceladas las Copa del Rey y de la Reina de Hockey Patines que se iban a celebrar en A Coruña

La decisión es debida a la situación sanitaria actual del coronavirus.

La Real Federación Española de Patinaje junto con el Ayuntamiento de A Coruña y el Hockey Club Deportivo Liceo han acordado la cancelación de la Copa de SM El Rey y la Reina de Hockey Patines, que tenía que celebrarse en A Coruña del 17 al 20 de septiembre, debido a la situación sanitaria actual con el Covid-19.

La organización ha examinado todos los escenarios posibles para la celebración del evento, pero dado que los riesgos de celebración son demasiado grandes, se ha tomado la decisión de cancelación de la edición correspondiente a este año 2020.

Por otra parte, también se ha acordado que la edición de la Copa del Rey y de la Reina del año 2021 se celebrará en A Coruña, en el Palacio de Deportes de Riazor, programada del 17 al 21 de marzo.

martes, 25 de agosto de 2020

Dequenvessendo lanza este martes Muiñeira d’a Cabra, o avance do seu primeiro disco Canto das xacias

 


O primeiro traballo discográfico deste grupo de folk celta atlántico, apoiado por unha campaña de micromecenado, publicarase o vindeiro 8 de setembro

“Canto das xacias é un disco conceptual e multiinstrumental co que pretendemos poñer en valor o imaxinario popular galego”, apuntan os membros do grupo, que recuperan a lenda das xacias a través das súas propias creacións musicais 

O primeiro single, no que colabora Javier Cedrón, deixa entrever as sonoridades tradicionais das que agroma a banda, conformada por artistas da Coruña e Arteixo 

--

CONCERTO no Teatro Rosalía de Castro: 
Dequenvensendo presenta Canto das Xacias 
18 de setembro ás 20h30.
+Info en https://www.coruna.gal

--

A Coruña, 25 de agosto de 2020.- 

A banda de folk celta atlántico Dequenvessendo estrea este martes, día 25, o tema Muiñeira d’a cabra, o single de presentación do que será o seu primeiro traballo discográfico, Canto das xacias. O disco verá a luz o vindeiro 8 de setembro logo de acadar, exitosamente, unha campaña de micromecenado impulsada polo grupo e na que participaron máis dun cento de persoas.

“Canto das xacias é un disco conceptual co que pretendemos poñer en valor a importancia da recuperación do imaxinario popular galego e da literatura oral, ese saber compartido que nos idenfica e que é piar da nosa cultura”, sinalan os membos do grupo, que contan neste traballo coa colaboración de artistas como Sés, Bieito Romero ou Nani García.

Así, sonoridades celtas, atlánticas e de raíz conflúen sutilmente nun álbum no que a banda fía un relato singular, a da lenda da xacia do Miño, a través de once temas de creación propia. Textos novos e outros recuperados da literatura galega conforman a narración do Canto das xacias, un álbum sincero e fiel ao espírito do propio grupo, ateigado de matices e influencias de diversos estilos que descobren, ante o mundo, o folk galego contemporáneo.

O primeiro corte que Dequenvessendo avanza é Muiñeira d’a cabra, un tema que amosa os ecos da tradición que conforman a base das orixes da bandas. O single, dispoñible en https://links.altafonte.com/n0qywgq, acompáñase dun videoclip que se pode visualizar desde hoxe nas distintas plataformas virtuais. Nesta peza, na que colabora o violinista Javier Cedrón, o grupo amosa a súa estreita relación cun dos locais de concertos máis coñecidos de Santiago de Compostela, Casa das Crechas, e do que forma parte da súa programación de xeito habitual.

Dequenvessendo

Dequenvesendo bebe da tradición para actualizar o folk galego. O grupo nace no 2016 no seo da Asociación Cultural Triskell de Armentón (Arteixo), coa idea de formar un proxecto baseado nos cuartetos de música tradicional. Desde os seus inicios, o grupo deixa a súa impronta en foliadas de prestixio como os Cantos de Taberna de Folgoso do Courel ou en citas como o Festival da Carballeira de Zas.

A experimentación sonora e o achegamento ao traballo de grupos como Luar na Lubre, Milladoiro, Silly Wizard ou The Tannahil Weavers dán paso, desde a tradición, ao folk contemporáneo. As influencias de diversos estilos musicais resoan nos seus directos e o grupo acada a súa actual formación, de 6 membros multiintrumentistas, no ano 2018. Neste tempo a banda convértese nunha peza chave da programación musical de míticos locais como Casa das Crechas ou Cova Céltica e acada o recoñecemento en eventos de primeiro nivel. É o caso do Festival de Ortigueira, cita na que se proclama gañadora do Concurso Runas 2019 xunto ao gaiteiro xaponés Yuki Kojima.

Neste 2020 o grupo impulsa e finaliza, exitosamente, unha campaña de micromecenado apoiada por máis de 160 persoas co obxectivo de publicar o seu primeiro LP. Este verán Dequenvessendo regresa con forza aos escenarios para presentar ante o público Canto das xacias, un traballo que ten coma protagonista a cultura galega a través da súa poesía e do seu imaxinario popular.

jueves, 20 de agosto de 2020

A Deputación e o IMCE dan continuidade á xestión conxunta do Teatro Colón

 

A Deputación inviste 250.000 euros na programación e mantemento das instalacións neste novo acordo 

A Coruña, 20 de agosto de 2020. 

A Deputación da Coruña e o Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE), organismo pertencente ao Concello da Coruña, continuarán a súa xestión conxunta do Teatro Colón. 

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, a alcaldesa da Coruña e presidenta do IMCE, Inés Rey García, e o deputado responsable da ´raea de Cultura, Xurxo Couto, asinaron na sede provincial o convenio a través do que ambas institucións amplían a cooperación actual ata decembro de 2020. 

A Deputación e o IMCE xestionan de forma conxunta o Teatro Colón desde o 2018, ano no que se firmou o acordo que permitiu integrar o teatro na rede pública de espazos culturais municipais. 

“A colaboración ao longo destes anos arroxa un balance moi positivo que contou cunha axenda cultural de calidade. Ambas institucións amosamos neste tempo a nosa consonancia á hora de xestionar este espazo, así como o noso compromiso coa cultura e cos seus axentes” indicou González Formoso na firma desta mañá. 

A través do convenio a Deputación investirá un total de 250.000 euros, dos que 175.000 euros se destinarán á programación cultural e 75.000 € ao mantemento das instalacións. Segundo indica o acordo, compartirase a programación das actividades que se levarán a cabo no teatro, podendo a Deputación empregalo para actos propios ou para a cesión a concellos da provincia ou entidades sen ánimo de lucro para a realización de espectáculos ou actividades de carácter cultural ou social. 

Deste xeito a Deputación comprométese facerse cargo dos servizos de mantemento das instalacións e do seu equipamento. Á súa vez, investirá na transformación das bombillas a LED no patio de butacas e outras plantas, na reparación do aire acondicionado e na mesa de luces e monitores, así como na caixa negra. Tamén se encargará do pago de impostos e do seguro do inmoble, que adquiriu no ano 1997. 

Pola súa banda o IMCE comprométese a contratar e aboar os gastos de persoal de xerencia do teatro, espectáculos e actividades, persoal de asistencia técnica e venda de entradas e persoal de sala, entre outros. 

Ao longo destes anos de colaboración ambos entes destacan tamén a elevada asistencia de público ao lugar. As persoas participantes nalgún dos espectáculos valoraron moi positivamente o Teatro Colón segundo indican as enquisas realizadas en colaboración coa Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña.

domingo, 16 de agosto de 2020

Reapertura de La Cervecería de Estrella Galicia

 

Nota informativa:

“En este breve periodo de cierre preventivo hemos realizado los análisis periódicos de superficies sin ninguna salvedad, así como también tareas de desinfección de refuerzo y verificación del sistema de tratamiento de purificación del aire con rayos UV en los conductos de ventilación. Tras haber recibido también los resultados diagnósticos PCR negativos de toda la plantilla, estamos en disposición de reabrir mañana nuestra Cervecería de Cuatro Caminos con las máximas garantías de seguridad para todos nuestros clientes y empleados. 

Seguiremos siendo responsables y cumpliremos con todas las medidas de prevención y protocolos establecidos para que podamos seguir disfrutando con las mayores garantías. 

Queremos dar las gracias a nuestros clientes por su comprensión ante las posibles molestias que estas medidas preventivas hayan podido ocasionar, pero estamos seguros que hoy más que nunca este ejercicio de responsabilidad es necesario en beneficio de todos”.

viernes, 14 de agosto de 2020

Sada volve limitar o Feirón a productos de alimentación co fín de reducir o risco de contaxios

 

Diante do aumento de casos de infección na comarca da Coruña pola covid-19 nas últimas datas e co fín de disminuir a súa transmisión o Concello de Sada limitará este sábado 15 de agosto os postos do Feirón aos puntos de venta de productos agrícolas e gandeiros do sector de alimentación e produtos perecedoiros. Para un control máis efectivo do aforo ubicaranse na rúa Linares Rivas onde se recomendará un percorrido de entrada e de saída que coide das distancias de seguridade.

Esta medida reduce a capacidade de postos a menos dun 25% e ten como obxetivo reducir o risco de contaxio e evitar posibles aglomeracións de personas na vía pública. Desde a entidade local agardan que a decisión sexa efectiva e pódase reanudar a feira coa súa extensión habitual nas vindeiras fines de semana.

Así mesmo lembran á veciñanza que é imprenscindible seguir as recomendacións sanitarias para previr a transmisión do coronavirus como da utilización da máscara en todas as circunstancias previstas, ao lavado de máns frecuente ou ao mantenimento da distancia interpersoal.

jueves, 13 de agosto de 2020

A rúa Emilia Pardo Bazán será peonil desde mañá


Imagen de Google Street View 


O tráfico estará cortado no tramo que vai desde a praza Antonio Tenreiro até a praza de Vigo

A Coruña, 13 de agosto de 2020.- 

A Concellería de Mobilidade peonaliza a rúa Emilia Pardo Bazán, en concreto, o tramo que vai de da praza Antonio Tenreiro á praza de Vigo seguindo o modelo que se utilizou nas rúas Compostela, Alcalde Marchesi e Monte das Moas. A partir de mañá só poderán circular pola vía os vehículos destinados á carga e descarga (até as 11.00 horas) e as/os residentes que queiran acceder aos garaxes.

Co fin de avisar á veciñanza, o persoal traballador instalará bordos e macetas que impedirán o paso do tráfico rodado. A alcaldesa, Inés Rey, explicou que a intención do Goberno local é facer da Coruña un exemplo de sustentabilidade e que todos os barrios poidan gozar de espazos de convivencia.

Emilia Pardo Bazán será peonil até o 15 de setembro, pero desde a Concellería de Mobilidade non descartan que esta medida sexa definitiva e que a rúa se una a outras peonalizacións dentro do plan CoruñaCamiña. Con todo, a decisión non se adoptará sen consultalo coa veciñanza do barrio e presentar un plan que incluiría máis melloras.

Esta actuación responde a unha petición das e dos hostaleiros da zona que solicitaron ao concello que se cortase o tráfico e se ampliase o espazo para as peoas e os peóns sempre co compromiso de que se garantan as medidas sanitarias e de seguridade fronte á COVID 19, tal e como se fixo en outras zonas.

miércoles, 12 de agosto de 2020

Intersección incluye en su programación a estudiantes de arte audiovisual a través de Escolas

 


● Escolas será una sección competitiva y temática dentro de la programación del festival que tendrá como objetivo visibilizar e incentivar el talento emergente que se desarrolla y nutre en las intersecciones de las artes

● Podrán solicitar participar en la sección Escolas aquellas personas que estén cursando Bellas Artes, Comunicación Audiovisual o algún estudio, máster o doctorado directamente relacionado con estas materias

● La iniciativa surge en colaboración con el Grupo Subterráneo, colectivo conformado por estudiantes de Bellas Artes y de Comunicación Audiovisual del campus de Pontevedra, encargado de seleccionar las obras que formarán parte de la sección

● Intersección, Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo celebrará su tercera edición del 28 de octubre al 1 de noviembre en la Fundación Luis Seoane de A Coruña 

A Coruña, 12 de agosto de 2020.- 

En su tercera edición, que tendrá lugar del 28 de octubre al 1 de noviembre, Intersección, Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo incluirá en su programación a estudiantes de arte audiovisual a través de una nueva sección: Escolas. Se trata de un apartado competitivo que, mediante convocatorias abiertas destinadas a estudiantes mayores de edad, mostrará una selección de obras sobre una temática concreta y diferente cada año. La convocatoria para participar en esta edición ya está abierta y finaliza el 11 de septiembre.

Este año, “Paraísos” es la temática a seguir sin que importe la forma, técnica o disciplina pero sí que al menos una parte sea en formato audiovisual. Podrán participar personas que estén cursando Bellas Artes, Comunicación Audiovisual o algún estudio, máster o doctorado directamente relacionado con estas materias, que envíen piezas retratando, documentando o recreando aquellos espacios que simbolicen para ellas un paraíso artificial. Las bases completas están disponibles en la web del festival https://interseccion.gal/es/2020/programa/escolas/

Escolas será un espacio donde visibilizar e incentivar el talento emergente que se desarrolla y nutre en las intersecciones de las artes y que premiará una obra entre aquellas que se seleccionen para participar en el festival.

La creación de Escolas surge en colaboración con el Grupo Subterráneo, un colectivo conformado por estudiantes de Bellas Artes y de Comunicación Audiovisual del campus de Pontevedra, encargado de seleccionar las obras que formarán parte de la sección y que optarán al Premio Resorte: un seguimiento y asesoramiento de un proyecto artístico, no presencial y durante tres meses, por parte del artista visual Enrique Lista.

INTERSECCIÓN, III FESTIVAL DE ARTE AUDIOVISUAL CONTEMPORÁNEO

Intersección, Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo es un espacio de visibilidad para creadoras audiovisuales innovadoras, que pretende mostrar la diversidad formal y conceptual en el panorama de las prácticas artísticas y audiovisuales contemporáneas, sirviendo como reflejo de su actual dinamismo. Además de ofrecer múltiples formatos de exhibición, Intersección se completa con actividades de generación y transferencia de conocimiento, de encuentro y formación específica, y de diálogo abierto con los diversos públicos, entre los que se encuentran investigadoras, galeristas, comisarias y demás profesionales, así como la ciudadanía en general.

lunes, 3 de agosto de 2020

O Noroeste Estrella Galicia reformúlase pola COVID e volta á orixe cunha aposta polas bandas galegas




Inés Rey: “Temos unha oportunidade dese retorno á orixe e ás raíces do Festival Noroeste Estrella Galicia, que sempre tivo presentes ás bandas coruñesas”.

Antonio Viejo: “La cultura forma parte de la vertebración de la sociedad”.

Esta 34 edición contará con dous escenarios, adicados a Jaime Manso e Nonito Pereira, 14 concertos e 2 viveiros musicais enfocados a un público máis novo.





A Coruña, luns 3 de agosto 2020.- 

Aló polo ano 1986 nacía o Festival Noroeste Estrella Galicia como unha posta en valor das bandas locais. Co tempo, a cita foi ampliando fronteiras musicais ata facerse cun nome propio no panorama estatal e contar con artistas de talla internacional. Neste ano 2020, marcado pola pandemia da COVID-19,o Concello da Coruña optou por mantela cita reformulándoa cun cartel integrado por artistas galegas que, por outro lado, sempre estiveron presentes nas diferentes edicións. 

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentaba no Pazo de María Pita o 34 Festival Noroeste Estrella Galicia esta mañá (luns 3/8/2020) xunto co, concelleiro de Festas e Turismo, Juan Ignacio Borrego, o director de Asuntos Corporativos de Corporación Hijos de Rivera, Antonio Viejo e o programador musical, Roberto de la Iglesia. No acto estiveron tamén presentes o fillo de Nonito Pereira Revuelta (Nonito Pereira Rey), e os irmáns de Jaime Manso (Ana e Juan Manso), ambos os dous homenaxeados nesta edición na que dan nome aos dous escenarios polos que pasarán as diferentes propostas musicais que conforman o cartel. 

Como Estrella Galicia, o seu principal patrocinador, o Festival Noroeste súmase á resistencia. Neste caso a proposta coruñesa é unha das citas musicais que se manteñen no verán de 2020. Cun formato reducido en canto a días e número de espectáculos, pero mantendo viva a paixón pola música contemporánea. 

Neste sentido, Inés Rey, alcaldesa da Coruña, sinalaba: “Todas as propostas culturais estanse a adaptar á situación, tamén esta. Tomamos a decisión de manter esta 34 edición e reformulala cun formato reducido (XS) no que, as bandas locais e galegas que xa estaban no cartel” 

Para o director de Asuntos Corporativos de Corporación Hijos de Rivera, Antonio Viejo, “Este ejercicio de adaptación del Noroeste es importantísimo para la ciudad, la cultura forma parte de la vertebración de la sociedad. Necesitamos animarnos y nada mejor que el Noroeste y pensemos que la propia idiosincrasia permite esta reinvención con este formato”. 

O programador musical, Roberto de la Iglesia, destacou: “el festival ha vuelto a sus orígenes apostando por artistas nacionales y locales. Apoyamos la escena local que se encuentra en muy buena forma”. 

As familias de Jaime Manso e Nonito Pereira agradeceron emocionados o xesto do Concello da Coruña : “A gratitude polo recoñecemento do Concello. Tanto Nonito como Jaime tenno máis que merecido”. 

O remate da presentación contou coa actuación ao vivo do vocalista e guitarrista coruñés Pardo, que volve ao Noroeste Estrella Galicia no que xa actuou en anteriores edicións. 



Dezaseis propostas musicais repartidas en dous escenarios

Serán tres días consecutivos de música, venres 7, sábado 8 e domingo 9, nos que as diferentes artistas actuarán simultaneamente nos escenarios Nonito Pereira (ubicado na Praza de María Pita) e Jaime Manso (no Parque de Santa Margarida). En total tocarán 14 bandas, completando o cartel dous vivieros musicais pensados para que a rapazada descubra ritmos, sons e historias vencelladas á música contemporánea. 

Os concertos celebraranse principalmente en horario de tarde con horas de inicio marcadas de xeito simultáneo para as 20:00 e 22:30 horas nas tres xornadas. Na fin de semana haberá sesións matinais que variarán segundo o escenario das 12:30 horas ás 13:30 horas. 


O listado de artistas está conformado por:

Allova
Ataque Escampe
Bush Doctors
Cloaca
DL Blando
Laura Lamontagne & PicoAmperio
Moura e a Irmandade Ártabra
Pardo
Sara Sístole
The Bo Derek’s 
Triángulo de Amor Bizarro
Víctor Coyote
Viuda Gómez e Hijos
Zeltia e Irevire


Viveiros musicais:

Javier Becerra & Carolina Rubirosa: ‘Esto es pop’
Lydia Botana: ‘De aquí para alá’





Límite de aforo

Como acontece co resto dos espectáculos das Festas de María Pita 2020, os concertos do 34 Noroeste Estrella Galicia contarán cun aforo limitado a un máximo de 400 persoas. Todos os concertos serán de balde, pero haberá que reservar entrada previamente. 

A expedición das entradas que concederán acceso aos shows, será a través dunha plataforma dixital accesible na web do festival (www.festivalnoroeste.com) e tamén na URL https://corunacultura.sacatuentrada.es/. Para promover a ausencia de papel facilitarase ao público un código QR que poderán amosar á súa chegada ao recinto a través do seu terminal móbil. 

Este espazo en liña de expedición de entradas está compartido co resto de eventos das festas da cidade e rexirán as mesmas normas. É dicir, cada persoa so poderá reservar un máximo de dúas localidades por espectáculo. As entradas serán nominais polo que haberá que facilitar os datos de ambas as dúas persoas que deberán identificarse ao chegar ao recinto. Búscase evitar aglomeracións e garantir que non se supera o aforo permitido, así como para ter identificadas ás persoas do público por motivos sanitarios de prevención da COVID-19. 

Cada día as 10:00 h ábrese a taquilla virtual para facerse gratuitamente coas entradas dos eventos que terán lugar dous días despois. Así, as entradas dos concertos do venres estarán disponibles a esa hora o mércores 5; as do sábado o xoves 6; e as do domingo o venres 7. 


Protocolo COVID

As portas para cada espectáculo abriranse 30 minutos antes do inicio do mesmo. Logo de cada un dos concertos, os espazos baleiranse para proceder á hixenización do mobiliario entre as montaxes. Nos accesos haberá xel hidroalcólico. Os asistentes aos espectáculos teñen que levar sempre posta máscara (salvo presentación de xustificante que acredite estar exento de levala). 

Os recintos contan cun dobre perímetro de seguridade, sinalética nos accesos e asentos separados entre si 1,5 mts. para respectar a distancia social. Un equipo de acomodación situará ao público nas localidades. As distancias entre cadeiras non poderán modificarse a excepción daquelas persoas que precisen estar acompañadas por un motivo xustificado como a mobilidade reducida (haberá espazo reservado para elas). 

Ao final do espectáculo deberase prestar atención ás indicacións do equipo de acomodación para evacuar o recinto.

domingo, 2 de agosto de 2020

Monte das Moas será peonil a partir deste luns



Foto: Google Street View


Os vehículos non poderán circular polo tramo que vai da avenida de Concordia a Ángela Blanca Soto, excepto os destinados á carga e descarga, que terán até as 11.00 horas para realizaren os traballos

Seguirase o modelo que se aplicou nas rúas Compostela e Alcalde Marchesi, para continuar coa aposta do concello por crear espazos de convivencia en todos os barrios da cidade

A Coruña, 1 de agosto de 2020.-

A Concellería de Mobilidade peonalizará a rúa Monte das Moas, en concreto, do tramo que vai da avenida da Concordia á rúa Ángela Blanca Soto, para o que tomará como modelo o que se utilizou na reconversión das rúas Compostela e Alcalde Marchesi. A partir deste luns, a vía non soportará a circulación de vehículos, agás a dos destinados á carga e descarga, que poderán transitala até as once da mañá, tal e como se autoriza nas demais rúas peonís da cidade.

Para alertar a cidadanía sobre este cambio, instalaranse bordos e macetas que impedirán o paso do tráfico rodado, nunha aposta do concello pola calidade de vida e arquitectónica. A intención do Goberno local é facer da Coruña un exemplo de sustentabilidade e que todos os barrios poidan desfrutar de espazos de convivencia. A alcaldesa, Inés Rey, explicou que "cómpre unha continua migración da mobilidade actual a unha máis branda, cunha mellor eficacia do transporte público que reverta nunha maior conectividade e a creación de itinerarios que faciliten a utilización de vehículos brandos e o tránsito a pé".

Monte das Moas será peonil até o 15 de setembro mais desde Mobilidade estase estudando que esta condición sexa definitiva e que a rúa se sume a unha serie de intervencións de peonalización dentro do plan Coruña Camiña. Deste xeito, o concello responde a unha das peticións que formalizou no seu momento a Asociación de Veciños Oza-Gaiteira-Os Castros.

O Plan de Mobilidade do concello incluirá a reforma dos Cantóns, de parte do Paseo Marítimo e de arterias emblemáticas como Santo André, a favor dunha mobilidade en que “A Coruña camiñe” por zonas verdes e amables e non circule en coche a máis de 30 Km/h.