martes, 1 de septiembre de 2020

As Brigantias Roller Derby organizan un mercadillo para a autoxestión do equipo


Este sábado 5 de setembro podes coñecer e unirte ao Roller Derby no mercadilo organizado por As Brigantias.

A Coruña, 1 de setembro. 

Este sábado 5 de setembro, de 13 a 21 horas, o equipo de Roller Derby, As Brigantias da Coruña celebran o seu primeiro mercadillo para promover a autoxestión do equipo. Ademais de poder atopar unha chea de cousas divertidas, cumprindo todas as medidas de seguridade, poderás coñecer un pouco máis o Roller Derby, e ao noso equipo, que terminou a pasada liga en 4º posto, por baixo só de equipos de cidades como Madrid, Barcelona e Valencia. Ademais, teremos o merch do equipo tamén á venda. Anímate e súmate ao Roller Derby! 

Atoparásnos na Coruña, no local da Asociación Acéfala, na avenida de Hércules nº73 baixo, esquina coa Rúa Joaquín González.