martes, 15 de septiembre de 2020

Concentración do IES Salvador de Madariaga por unha volta segura ás aulas, Mércores 16 as 12h

Imaxe de Google Street View 

A protesta levarase a cabo baixo o lema “queremos ensinar, non contaxiar”

A sustitución de profesorado por mamparas que se traduce en manter a ratio de alumnos na aula, a supresión do metro e medio de seguridade entre alumnos e a formación de equipos Covid con docentes que carecen de preparación sanitaria suficiente, algunhas das rehivindicacións do centro.

O 16 de setembro ás 12:00h celebrarase unha concentración pacífica da comunidade educativa do IES SALVADOR DE MADARIAGA no exterior do centro promovida polo seu profesorado como sinal de protesta pola situación actual no retorno á actividade lectiva en Galiza.

O acto consistirá no seguinte:

1. Xuntanza ordenada e responsable dos participantes.

2. Lectura dun manifesto coas seguintes pautas fundamentais:

• Queremos ensinar, non contaxiar. É indespensábel a formación do profesorado e familias en protocolos de prevención e actuación fronte a situacións de potencial risco pola Covid-19. Non é razoábel deixar a responsabilidade dos plans de actuación, prevención e contención nas mans de profesores sen preparación sanitaria previa.

• A volta ás aulas ten que ser en condicións de seguridade e de calidade educativa. Debemos dispor de EPIS e reforzar os equipos de limpeza.

• Non ás mamparas. Non garanten seguridade sanitaria e, unidas ó uso da máscara e o mantemento do ratio na aula, dificultan a xa complexa interacción necesaria para desenvolver un proceso ensino- aprendizaxe de calidade na aula. Solución excepcional, non prioritaria.

• Oportunidade histórica para unha redución da ratio máis necesaria ca nunca. É a única maneira de garantir o tan necesario distanciamento e o mesmo tempo facer frente as dificultades de traballar con máscara e así poder atender á diversidade e os diferentes ritmos de aprendizaxe de cada un dos alumnos, sin deixar a ninguén atrás. Para isto, necesitamos máis docentes.

• Necesidade urxente de formación na educación a distancia do profesorado para garantir a posibilidade de educación a distancia, sexa puntual, circunstancial, parcial ou total.

• Necesidade urxente de dispor de medios dixitais para a igualdade de condicións e oportunidades de tódolos alumnos.

3. Cacerolada de protesta.