A partir de mañá, estarán dispoñibles as localidades para “Andanza y Entremeses”, de Juan Rana, despois de adecuar a capacidade das instalacións ás normativas e aos protocolos contra a Covid-19
A Coruña, 1 de outubro de 2020.-
Despois da paralización do inicio da venda de
entradas soltas para o Ciclo Principal Outono 2020, o Teatro Rosalía Castro
reactivará mañá a comercialización de localidades tras adecuar a capacidade das
instalacións ás normativas e protocolos de loita contra a Covid-19.
Estarán
dispoñibles os pases para o espectáculo “Andanzas y Entremeses”, de Juan Rana
e a cargo da compañía RonLalá. Ao longo da próxima semana irase restablecendo
a compra-venda para o resto das montaxes co fin de ofrecer un servizo e un teatro
seguros.