miércoles, 21 de octubre de 2020

Sada programa un Samaín con cine, danza, sorteos e concurso de escaparates


Na tarde do venres 30 de outubro terán lugar as actividades da Concellería de Mocidade e durante toda a fin de semana de Samaín poderanse contemplar os escaparates participantes no I Concurso de Escaparates de Medo, organizado pola Concellería de Promoción Económica e Turismo.

Sada, 20 outubro 2020.

O Concello de Sada a través das concellerías de Mocidade e de Promoción Económica programa diversos actos para a celebración so Samaín 2020.

“Non é como desexaríamos debido ao estado sanitario no que estamos, indica a concelleira de Mocidade Rebeca Mouriño, pero programamos actividades cumprindo o protocolo COVID19 para que os máis novos podan disfrutar desta celebración de outono”

A programación da Concellería de Mocidade terá lugar o venres 30 de outubro. A partir das 17:30 as escolas de danza do municipio “Carmen López” e “Sadanza" realizarán varias actuacións poas rúas do centro urbano de Sada.

Posteriormente no auditorio da Casa da Cultura terá lugar o Cine de Samaín. Ás 18:30 proxectarase para un público infantil a película "Monster House" e ás 21:00 para maiores de 12 años a película "Scape Room". A entrada para o Cine de Samaín é gratuita pero haberá que reservar entradas no espazo de reserva de butacas da web municipal (reservabutacas.sada.gal/).

Desde a concellería entregarase á saída do cine a todos os asistentes unha bolsa de gominolas e un "Rasca e Gaña" onde poderse gañar diversos xogos de mesa e incluso unha experiencia de “escape room”.

Concurso Escaparates de Medo.

Pola súa banda a concellería de Promoción Económica está a programar o I Concurso de Escaparates de Medo de Sada.

Poderán participar neste concurso todos os establecementos comerciales do municipio de Sada, calquera que sexa a a actividade (establecementos de hostalaría, comercio, perruquerías, etc) que desenvolvan e que teñan escaparate con vistas ao exterior desde á rúa. Os escaparates deben estar finalizados o xoves 29 de outubro e os responsables de cada local deberán enviar unha fotografía a turismo@sada.gal co seu escaparate unha vez decorado para a súa promoción en redes.

O Samaín en Galicia ten unha significación propia. Por iso valorarase positivamente a inclusión de elementos decorativos vinculados á recuperación do Samaín orixinal como poden ser as castañas, caveiras, follas secas, chuvieiras, magostos, luciñas, camposantos, Santa Compaña, cabazas, arañas, morcegos ou outros animas nocturnos.

Os establecementos interesados en participar gratuitamente poderán incribirse na web municipal. O prazo de inscripción remata o venres 23 de outubro.

O primeiro premio, consistirá nun diploma acreditativo e 100€ para material de escaparatismo, e será outorgado polo un xurado formado por tres representantes do Concello.

Entre as personas que partillen e interactuen coas fotos no Facebook e Instagram co cancelo #SamainSada2020 sortearanse premios directos. Ademáis os establecementos entregarán “Rasca e Gaña” aos seus clientes nos que poderán gañar diversos precios que aporta o Concello de Sada.