A Coruña, 2 de setembro de 2021.- A Universidade da Coruña vén de abrir un período extraordinario de matrícula ata o 16 de setembro para os graos que aínda teñen prazas vacantes.
Ata o momento, a Universidade da Coruña ten unha taxa de ocupación do 95%. O total de prazas ofertadas para novo alumnado de grao é de 3.202.
As titulacións con asentos libres son as seguintes:
Campus da Coruña
Enxeñaría de Obras Públicas, 14
Máquinas Navais, 18
Arquitectura Técnica, 7
Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios, 29
Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios, 17
Campus de Ferrol
Enxeñaría Eléctrica, 26
Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais, 8
Relacións Laborais e Recursos Humanos, 11
Enxeñaría Naval e Oceánica, 7
Xestión Dixital de Información e Documentación, 29
A matrícula farase de forma presencial nas administracións dos centros en que se imparta a titulación desde hoxe ata o 16 de setembro, inclusive.