jueves, 9 de septiembre de 2021

Sada dignifica a zona urbana das escaleiras da avenida da República Arxentina cun mural botánico realizado por Doa Oa







A artista galega Doa Oa foi a encargada de plasmar ao longo do desnivel das escaleiras un bosquexo dunha composición botánica inspirada pola idea que Isaac Diaz Pardo mostrou a través do seu traballo nas súas diferentes etapas, sobre a recuperación da memoria de Galicia.

A iniciativa enmárcase dentro dunha aposta do Concello de Sada pola rexeneración e dignificaron de determinadas zonas urbanas de Sada, a través da arte urbana e as súas distintas expresións, iniciativa que veciños e veciñas da zona tamén solicitaron. Dita aposta comezou cun mural de Isaac Díaz Pardo situado nunha fachada á entrada do centro urbano realizado da artista galega Lula Goce.

Sada, 9 setembro 2021.

O Concello de Sada encargou á artista galega Doa Oa un mural, que ven de plasmarse nas escaleiras que conectan a avenida República Arxentina coa segunda travesía da Obra, para reformar esta zona cercana á Praia e dotala dunha maior visivilidade, nunha iniciativa solicitada tamén polos veciños e veciñas da zona.

Nos pasados días os operarios de Obras e Servizos estiveron a limpar as escaleiras que durante os últimos días próximos días estiveron pechadas por momentos ao transito peonil ao tratarse dunha intervención directa no paso. Esta actuación complementouse coa colocación de novos bancos na zona.

O bosquexo que plasmou Doa Oa está inspirado pola idea que Isaac Diaz Pardo mostrou a través do seu traballo nas súas diferentes etapas, sobre a recuperación da memoria de Galicia, así como reactivar e recuperar a cultura tradicional galega; aplicada na proposta de intervencion murais de composicións botánica á idea de recuperar a memoria sobre o coñecemento e usos tradicionais das plantas silvestres que crecen no país.

A composición nomeada “Bryonia dioica, reforestando nueza " é un bosquexo dunha composición botánica baseada nunha planta que crece silvestre e é moi común nos campos e beiras dos camiños en toda Galicia. Nela está a idea da importancia do coñecemento, da memoria e transmisión dos coñecementos sobre o noso entorno, xa que é unha planta que contén sustancias que resultan tóxicas e a mesma vez propiedades medicinais, a dualidade veneno e medicina.

Doa Oa, natural de Sober (Lugo), é unha artista formada en fotografía artística e Belas Artes. Traballa diferentes técnicas gráficas e en especial pintura mural co proxecto “Reforestando”, pensado para a transformación do espazo público, mediante a intervención mural “site specific” de temática vexetal, coa única ambición de renacer espazos. O motor de esta idea é urxente necesidade de recoñecer e respetar o entorno natural e todo o reino vexetal e a importancia de espertar na nosa conciencia a idea de que somos parte de un todo, así como axudar a establecer a comunicación entre ambos reinos. Durante os últimos años participou en proxectos de intervención no espazo público en Portugal, Italia, Francia, Grecia, Marrocos e España.

A iniciativa enmárcase dentro dunha aposta do Concello de Sada pola rexeneración e dignificaron de determinadas zonas urbanas de Sada a través da arte urbana e as súas distintas expresións. Dita aposta comezou cun mural de Isaac Díaz Pardo situado nunha fachada á entrada do centro urbano, pola avenida que leva o nome do intelectual galego, realizado pola artista galega Lula Goce.