viernes, 19 de noviembre de 2021

Galicia Molona retoma a súa actividade cos concertos de Wetsocks e Candy’s Freckles


 

A asociación cultural regresa da man de Wetsocks e Candy’s Freckles, dúas das bandas emerxentes máis prometedoras de A Coruña.

A Coruña. 19 de novembro de 2021.

Hoxe, venres 19, a Asociación Cultural Musical Galicia Molona retoma a súa actividade, con 2 concertos na Sala Filomatic (A Coruña). Entre as 22:00 e as 00:15 horas, Wetsocks e Candy's Freckles farán vibrar ao público co seu rock e folk psicodélico.

Agárdase un sold out e non é para menos, xa que o público herculino poderá desfrutar de dúas das bandas emerxentes de maior proxección na escena alternativa galega.

Desta forma, o colectivo cultural Galicia Molona regresa ás salas de A Coruña nunha noite de música que se augura espectacular e que, sen dúbida, converterase nunha reivindicación da esfera local e o seu gran poderío.