martes, 7 de diciembre de 2021

A TRANSVERSAL lanza a súa campaña “Tan de Aquí” para inaugurar o Nadal 2021 nos seus estabelecementos asociados


A veintena de pequenas tendas sitas no centro da Coruña e que conforman a Asociación A Transversal están a afianzarse cada vez máis no tecido económico da cidade e presentan nestes días a campaña “Tan de Aquí”. Porque A TRANSVERSAL é tan de aquí como a Torre de Hércules, tan de aquí como o mar, como as sardiñas, como os mercados, como ir de viños, como Riazor, como a praia, como o Entroido. Tan de aquí como o Dépor, como os Cantóns, como os Xardíns, como María Pita...



“A TRANSVERSAL somos de aquí, da Coruña, tan de aquí coma ti.”

Os estabelecementos da Transversal traballan con producto local e permiten un contacto máis persoal lonxe da friaxe das multinacionais. Na diagonal que se sitúa entre o San Andrés máis alternativo e a tradicional Rúa Real, podes atopar desde tendas de agasallos, tendas gourmet e deseño galego en 3d a xoierías, moda á última, estudio botánico, boutique sensual, tenda de comercio xusto, tenda hippie, artesanía moderna, local de estética, xoguetería, modelismo e, por suposto, hostalería con vinoteca, cervexería e smart food.



SORTEO CESTA DE NADAL E REGALOS

Para inaugurar o Nadal 2021, este Nadal tan desexado após o ano e medio de pandemia que se nos está a facer tan longo a tod@s, os estabelecementos asociados á Transversal entregarán rifas para o sorteo dunha CESTA DE REGALOS valorada en 500€ e que estará composta por AGASALLOS DE TODAS AS TENDAS e locais de hostalería que conforman a asociación. Por compras superiores a 20€ por tique entre o 5 de decembro e o 5 de xaneiro, a clientela poderá participar no sorteo e a rifa agraciada será a que conteña o número que coincida cas tres últimas cifras do Sorteo del Niño de 2022 (6 de xaneiro).





ESTABELECEMENTOS ASOCIADOS

I3D deseño galego en 3D - PTIT & CO. - MODA DO SÉCULO XXI - INSPIRACIÓN boutique sensual - TOP NAILS estética - LA ROMÁNICA smart food - DE LIRIOS estudio botánico - O CANDIL cervexería - O CEO vinoteca- - RUVE modelismo - SOLIDARIEDADE INT. DE GALICIA - MUNDO GALEGO tenda gourmet - CAJÓN D-SASTRE artesanía moderna - PLATABALÚU tenda hippie - GAOLO artesanía - LA ESMERALDA xoiería - PIPA’S ATELIER taller de xoias - LA EXTINCIÓN xoguetería