viernes, 29 de abril de 2022

FIRETOUCHED é o segundo sinxelo da artista coruñesa hydn, unha canción de electrónica escura, que mestura elementos de deep house e trance


hydn volve a sorprendernos con FIRETOUCHED, unha escura canción de discoteca en galenglish.

Está producida polo músico afincado en Compostela Berto, co que mesturou estilos e influenzas para chegar a este hipnótico son.

"Cando fixen esta canción buscaba un son embriagador, que te sumira en trance, unha sensación similar a ir colocade."

É así coma, partindo da base dark rnb de hydn, van xogando con elementos de distintos xéneros de electrónica, deep house, trance,... Creando unha atmosfera escura, sexual, á vez que moi enérxica e bailable. "Convertemos momentos de euforia en canción, para poder desfrutala en bucle unha e outra vez". É unha canción coa que, ademáis, quere visibilizar a diversidade sexual e afectiva, coma pertencente ao colectivo LGBTQAI+ que é.

Escoita FIRETOUCHED


Pero... quen é hydn?

hydn é o alter ego de Sandra Guedev, artista multidisciplinar, produtora audio-visual e ex componente do grupo coruñés Inland Valley (2019 - 2021)

Precursora do galenglish, hydn é a primeira persoa en utilizar o galego e o inglés para expresarse musicalmente. Co obxectivo de, aparte de expresarse nos idiomas que máis cercanos sinte, chegar a xente que, tal e coma ela di, "non sabe nin da existencia do galego".

Introducíndonos nun completo mundo de fantasía e creando unha personaxe con historia propia, hydn crea o que define coma main character music.

​Ameaza ou bendición?
hydn xoga co medo ao diferente e o desexo por elo. Xoga co oculto e cos sentimentos que escondemos ou dos que nos avergoñamos, promete unha viaxe da que ninguén sairá indiferente e...da que pode que moita xente tampouco saia ben parada.

Así que quédate co seu nome.
E ti... de que te estás a esconder?

Queres saber o que di FIRETOUCHED?