● A Asociación Cultural Galicia Molona pon fin á temporada 21/22
con dúas das propostas máis atractivas da escena emerxente
galega.
A Coruña. 13 de maio de 2022.
Este sábado a Asociación Cultural Galicia Molona celebra o último evento da
tempada musical 21/22, con EQX e Jaunx como protagonistas; ás 22h na sala
Filomatic. Según fontes do colectivo serán os últimos concertos ata o vindeiro
mes de outubro, no que regresarán coa proposta máis grande que
organizaron ata o momento.
EQX é un dos grupos máis transgresores da escena galega. Electrónica
experimental, avant-pop... narrativa poética e visuais certamente elegantes.
Paula (voces), Ramiro (produtor) e Martiño (responsable visual) conforman un
trío que conxuga á perfección ritmo, beleza e vangarda.
Unha oportunidade perfecta para gozar dun espectáculo audiovisual de
moitos quilates.
Jaunx é o proxecto do produtor e compositor Alejandro Pacheco Pavón.
Música hyperpop que supón un soplo de aire fresco no pop galego.
Recentemente foi finalista do concurso "La Batalla de Bandas y Solistas
Emergentes", de radio Cuac.
As entradas están disponibles en https://galiciamolona.com/entradas/ e tamén
se poderán adquirir na sala o día do concerto.