HYDN quedou entre as 12 artistas máis votadas da primeira ronda do famoso sondeo popular de Eurovisión Spain, antesala do Benidorm Fest.
Un ano máis, o sondeo popular de Eurovisión Spain consultou ao público español sobre os seus representantes ideais para Eurovisión 2023. Como era de esperar, na lista do top 12 da primeira ronda de votacións, atopamos grandes nomes como Rosalía, C. Tangana, Lola Índigo, Guitarricadelafuente ou Nathy Peluso, entre outros moitos.
Pero no medio colouse unha pequena artista emerxente galega, chamada hydn, a quen moitos eurofans califican como o gran descubrimento deste ano.
"Estou flipando coa simulación que estamos a vivir"
- declarou a artista nas súas redes sociais.
"Non sei nin como cheguei a estar entre les 100 seleccionades, nin moito menos como rematei no top 12 desta ronda. Sinceramente, estábame a buscar na lista de eliminades. Comecei a subir, non me atopaba e pregunteime se se esquecerían de min".
Pero... quen é hydn?
Precursora do galenglish, hydn é a primeira persoa en utilizar o galego e o inglés para expresarse musicalmente. Co obxectivo de, aparte de expresarse nos idiomas que máis cercanos sinte, chegar a xente que, tal e coma ela di, "non sabe nin da existencia do galego".
Introducíndonos nun completo mundo de fantasía e creando unha personaxe con historia propia, hydn crea o que define coma main character music.