viernes, 19 de agosto de 2022

O día 23 terá lugar a tradicional Festa da Fresa en Eirís



O programa comezará con actividades infantís desde as 16.30 horas, coa apertura media hora despois da exposición das fresas e con pases guiados polas hortas. Haberá degustación gratuíta de fresas e ademais a disputa do torneo de fútbol masculino e feminino, cos encontros Eirís-Liceo de Monelos e Eirís-Novo Mesoiro.

Ás 19.00 horas actuará Paco Nogueiras para o público infantil e unha hora máis tarde será A Trova Coruñesa a que ofreza un recital. Xa ás 22.00 horas haberá un concerto a cargo de Culimaia, para pechar a xornada cunha verbena protagonizada pola orquestra Marbella.