miércoles, 24 de enero de 2024

Vetusta Morla e Xoel López actuarán na praia de Riazor no Noroeste Estrella Galicia 2024


A alcaldesa, Inés Rey, avanzou a programación cultural da Coruña en FITUR como parte da estratexia turística para este ano O Coruña Sounds suma o Coliseum e o Palacio da Ópera ao Porto coas actuacións de Emilia e Chris Isaak

A celebración do XV aniversario da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade, data clave na axenda turística da Coruña

A Coruña, 24 de xaneiro de 2024.- Vetusta Morla e Xoel López actuarán o vindeiro mes de agosto na praia de Riazor, formando parte do cartel da nova edición do Noroeste Estrella Galicia 2024. Así o avanzou a alcaldesa, Inés Rey, esta mañá na presentación da estratexia turística da Coruña no marco da Feira Internacional de Turismo FITUR baixo o lema “A Coruña, cultura de vivir”.

A rexedora resumiu a programación turística da cidade que este ano volve apostar pola cultura e o turismo MICE como grandes reclamos turísticos. “Este año contaremos con 12 festivales y ciclos de conciertos de mayo a diciembre. La gran mayoría de música” sinalou Rey. Destacou a celebración de eventos no Porto da Coruña cos festivais Morriña Fest, Coruña Sounds e Noites do Porto que traerán á cidade artistas nacionais e internacionais.

“Este año el Coruña Sounds suma dos nuevos escenarios al Puerto” adiantou a alcaldesa, en relación ás actuacións de Emilia Mernes no Coliseum o 22 de xuño e o cantautor Chris Isaak o 24 de xullo no Palacio da Ópera. Tamén recordou a exposición de Helmut Newton organizada pola Fundación MOP ata o mes de marzo. “Es el mismo puerto que dio origen a nuestro liderazgo económico de Galicia el que ahora consolida el cultural, atrayendo a visitantes de todo el mundo” sentenciou.

A rexedora fixo fincapé nos 12 festivais xa confirmados para este ano nos que, ademáis dos musicais, destacan os doutras artes como a celebración do CoruFest no mes de marzo ou do comic en agosto, cunha nova edición de ‘Viñetas desde O Atlántico’. “Sin embargo, me gustaría destacar que este año el puerto de A Coruña volverá a ser uno de los espacios de referencia en la celebración de festivales”, indicou.

XV aniversario da Torre de Hércules

Rey situou a celebración do XV aniversario da declaración da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO como unha das datas clave na axenda turística da Coruña. “Al blanco y azul coruñés con el que el año pasado representamos la inspiración de Picasso se suman este 2024 el marrón, gris y verde del entorno natural de la Torre de Hércules” sinalou.

A rexedora avanzou que coincidindo co 27 de xuño, data propia da efeméride, A Coruña acollerá un evento especial para celebrar a declaración do monumento histórico. “La Torre soplará las 15 velas con un espectáculo de luces, junto con una representación teatral y un concierto” explicou. Así mesmo, a alcaldesa reivindicou o faro romano como un dos grandes atractivos turísticos da cidade xunto coa súa contorna. “Un espectacular museo al aire libre para gozar de obras monumentales con el océano a sus pies”, sinalou.

Premios Mestre Mateo e María Casares

A alcaldesa explicou que A Coruña acollerá unha edición máis dos premios de Teatro María Casares, os mais importantes das artes escénicas en Galicia. Así mesmo, avanzou que os Premios Mestre Mateo de cinema en Galicia volverán a celebrarse este 2024 en marzo. “Volveremos a acoger la celebración de los Premios Mestre Mateo, en línea con la reivindicación de A Coruña como ciudad de cine”, expuxo.

Estratexia MICE e turismo tecnolóxico

A Coruña conta a día de hoxe 20 congresos xa confirmados para este 2024 entre os que destacan o Congreso Nacional de Médicos de Familia, con 2.000 personas; o Congreso Nacional de Fertilidade con más de 2.000 profesionales da xinecoloxía así como o Congreso Nacional de Informática, con máis de 2.500 profesionales das TIC. Rey lembrou os datos publicados sobre o balance de asistencia de Palexco. “Más de 87.000 personas en 2023, una cifra récord en cuanto a asistencia, y a día de hoy contamos ya con más de 20.000 congresistas confirmados para este 2024 con lo que la previsión es optimista”, sinalou.

Lembrou que no mes de marzo se celebrará o congreso Ecosystems 2030, o congreso TIC máis importante do mundo que ten a súa sede na Coruña. “Este año será especial por contar con un plantel mayoritariamente femenino”, apuntou a rexedora. Rey explicou que o turismo da Coruña avanzou tamén na súa transformación tecnolóxica coa posta en marcha da A Coruña Turismo Dixital 3D a través da cal visitantes e coruñeses poden ver reconstrucións de distintas épocas de la Torre de Hércules ou do Castelo de San Antón así como explicacións históricas das Batallas de Elviña o el ataque de Sir Francis Drake en 3D. Está dispoñible en todos os dispositivos e pode descargarse a través da web www.visitcoruna.com/appsturismo.

“Además, A Coruña cuenta con su propia app en la que toda la información municipal está a golpe de click” sinalou a alcaldesa en referencia á APP Ciudadana, onde os turistas teñen a posibilidade de planificar as súas rutas turísticas segundo o tempo de estancia e intereses. “Pueden consultar rutas temáticas predefinidas o configurar itinerarios personalizados. Todo ello para hacer más fácil la difícil decisión de elegir qué hacer en A Coruña” concluíu a alcaldesa. Ambos proxectos se desenvolveron con fondos europeos, co 80% do importe cofinanciado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional.

A Coruña recolle a Certificación Biosphere

A alcaldesa, Inés Rey, recolleu a Certificación Biosphere que recoñece á Coruña como destino de garantía sostible. Trátase dun selo de recoñecemento internacional que aboga por un modelo de turismo responsable. A Coruña convírtese así no primeiro destino en Galicia en obter o selo, avanzando na súa definición como referente de turismo sostible. Súmase a outras cidades españolas como Gijón, Barcelona e Málaga. O selo foi entregado por Patricio Azcárate, secretario general do Instituto de Turismo Responsable.