miércoles, 17 de abril de 2024

Oleiros adianta o Día do Libro e enche a praza Afundida de Santa Cristina de literatura este domingo


Libraría Mar de Letras aunan forzas para que o domingo 21 de abril a praza afundida de Santa Cristina sexa unha festa literaria para todos os públicos.

Dende as 11 da mañá e ata as 19:30 horas sucederanse coloquios, sinaturas, presentacións, lecturas en vivo, contacontos e música en directo.

O evento é gratuito e aberto ao público.

A Coruña, mércores 17 de abril de 2024.- O vindeiro domingo 21 de abril a praza afundida de Santa Cristina transformarase nunha auténtica festa dos libros, gracias á colaboración da Asociación Galega de Escritores, o Concello de Oleiros e a Libraría Mar de Letras. As tres entidades aunan forzas, e a colaboración das librarías Que me contas, Bolboretas e Paperazzi, e poñen en marcha A Festa do Libro na Rúa, un evento pensado para achegar a literatura aos lectores e lectoras, fortalecendo o achegamento entre escritores e escritoras e amantes dos libros.

O evento, que contará con máis de trinta autores e autoras que participarán en charlas, lecturas públicas, sinaturas, coloquios e debates, e estará aderezado con contacontos e espectáculos infantís, e con música en directo.

Programación

11:00 a 12:00 – Inauguración e lectura de textos
12:00 a 12:30 – Contacontos ‘Onde nacen as apertas’ de Beiña
12:45 a 14:00 – Coloquio entre María Nieto e Abril Camino
14:00 a 16:00 – Descanso
16:00 a 17:00 – Lectura de textos
17:00 a 17:50 – Espectáculo familiar ‘Un libro baixo a almofada’ de Caxoto
18:00 a 18:45 – Coloquio Literatura de proximidade con escritores e escritoras de Oleiros
18:45 a 19:30 – Música en directo ‘Soul e literatura: un paseo entre liñas pola música negra’ con Iria Mejuto á voz e Richi Rozas á guitarra


Listado de autores participantes:

Todo o día

María Nieto
David Gago Sampedro
Miguel Castro Díaz
Clara Ventura
Óscar Vázquez Lima
Ismael Martínez Pérez
Andrea Micc
Antonio D’Tenerife
María del Mar Muñiz Rial
Bego Gayoso Louzao
Micaela Barbeito

Mañá:

Pedro Santiago
Miguel Gacio
Xosé Fernández Fernández
Miguel Ángel Pérez Omil
Abril Camino
Rubén Pedreira
Sabela Senn
Miguel Ángel Biurrun González
Carolina
Jose Ángel Varela
Jonatan Jorge Guille
Santiago González Torrejón
Isabel Ramos Breijo
Ángel Barrios
Sara González Veiga
Aúrea López Lamela

Tarde:

Rober Cagiao
María Lucinda Rey Escribano
Teresa Chamorro
Autoedición
Rocío Mañana Bouzón
Juan Galán
Mav Alonso
Silvia Salgado
⁠Francisca Garcia Jañez
⁠María González Blanco