Estarán na Sala Garufa Club o 12 de outubro
‘Máis Alá’ contén dez temas baseados na relevancia do misticismo, os costumes e as lendas galegas, que dan inspiración a cada unha das cancións que compoñen o seu primeiro álbum.
Para este traballo, gravado en Estudios Bruar, a nova formación galega contou con diferentes colaboracións musicais, como o cantante Sabu l’Aviseu (en ‘Canto Raibas’), Marta Chello (en ‘María ‘A Meiga’) e a banda da A. C. Triskell de Arteixo (en ‘Os Lombois’).
O nome do grupo está inspirado nunha deidade celta chamada ‘Berobreo’, gardián de almas e encargado de transportalas ‘ao máis ala’, o cal ten un santuario no alto do Monte do Facho (Donón, Cangas do Morrazo), unha das míticas finisterras atlánticas.
BREO está formado por Sandra Novais Meireles (voz, teclado e pandeireta), Samuel Lafuente Carballeda (violín), Rubén Gómez Castro (guitarras), Migui Ocampo (bodhran, percusións e programacións) e Bieito Romero Diéguez (frauta traveseira, acordeón diatónico e gaita).
A xira de presentación en Galicia ten datas confirmadas na Sala Garufa Club de A Coruña (12 de outubro) na Casa das Crechas en Santiago de Compostela (26 de outubro).