lunes, 25 de agosto de 2025

Romaría de Santa Margarida 2025: Catro días de música como fin de festa de agosto


A Romaría de Santa Margarida regresa do 28 ao 31 de agosto pechando o mes de festas de María Pita cun programa que combina concertos, obradoiros e actividades participativas.

A apertura do xoves 28 (21h00) será no Teatro Colón con Gala i Ovidio, proxecto de Aida Tarrío (Tanxugueiras) e Raül Refree que reinterpretan cancións tradicionais. Antes, ás 20h00, arrincará a sesión Belém Tajes. O venres 29 chegará Música nas Estrelas ao Planetario da Casa das Ciencias con Germán Díaz e Benxamín Otero. As entradas para ambos eventos están dispoñibles en Ataquilla e na web dos Museos Científicos.

Tamén o venres pola noite o anfiteatro do Parque de Santa Margarida acollerá a Gran Noite do Folclore con Cántigas da Terra, Son d’aquí, Donaire, Aturuxo e Xacarandaina.

O sábado 30 combinará obradoiros de pandeireta e baile tradicional con actuacións de Pan Sen Fron e Abril, mentres que pola noite subiranse ao escenario As Lagharteiras, Os do Fondo da Barra, Comando Curuxás e Cántigas e Frores, nunha xornada que celebra a poesía popular e a música tradicional galega.

O domingo 31 comezará coa Banda Municipal de Música da Coruña e continuará con Casapalma, pasarrúas de Espadana e Xiro. Pola tarde, os concertos principais contarán con Os Melidaos e cos escoceses Rura, un grupo de referencia internacional no folk celta, que traerá a súa enerxía e tradición escocesa á Romaría. Pechará a programación El Nido, unha das bandas emerxentes máis prometedoras do folk estatal, que combina estilos tradicionais con voces femininas galegas invitadas.