sábado, 7 de marzo de 2020

O concello impulsará a creación dun punto de información para a Rede de Ecohortos Urbanos


Trátase dun proxecto transversal que se presentou o pasado mércores nunha mesa de traballo no CEIP Wenceslao Fernández Flórez coa presenza dos e das concelleiros/as Esther Fontán, Eva Martínez Acón, Jesús Celemín e Diana Cabanas

A Coruña, 07 de marzo de 2020.- O Goberno municipal quere realizar unha aposta decidida polos hortos urbanos da cidade. Para iso, poñerá en marcha un proxecto transversal para o fomento da agricultura urbana, que se presentou o pasado mércores nunha mesa de traballo no CEIP Wenceslao Fernández Flórez con presenza da concelleira de Medio Ambiente e Sustentabilidade, Esther Fontán, a concelleira de Innovación, Industria, Emprego e Consumo, Eva Martínez Acón, o concelleiro de Educación, Cultura e Memoria Histórica, Jesús Celemín e a concelleira de Turismo, Comercio e Mercados, Diana Cabanas.

O concello prevé a posta en marcha dun punto de información da Rede de Ecohortos Urbanos, que contará con persoal cualificado para asesorar e apoiar ás persoas e entidades usuarias dos hortos urbanos e escolares. Este servizo facilitará a creación dunha Rede de Hortos Urbanos Municipal que permita conectar as diferentes iniciativas que están en marcha na cidade, e virá acompañado da mellora e ampliación dos espazos dedicados ás hortas para a cidadanía, as hortas escolares e as hortas comunitarias.

A través destas medidas, o concello pretende difundir os beneficios sociais e ambientais da agricultura ecolóxica no medio urbano, para o que impartirá formación aberta a toda a veciñanza. Así mesmo quere recuperar a memoria histórica da cidade, de non hai tantos anos, na que o núcleo urbano estaba rodeado de hortos de pequenos produtores que abastecían á cidade con produtos de excelente calidade.

Esta iniciativa está apoiada polos proxectos europeos Connecting Nature, un proxecto de innovación con 29 socios de 16 países que promove a implantación de solucións baseadas na natureza nas cidades, e URBACT Ru:rban, unha rede europea de 6 cidades que buscan implementar as boas prácticas de Roma, cidade de referencia líder en horticultura urbana. Son proxectos financiados con fondos Horizon 2020 e FEDER respectivamente.

Tras a presentación, as concellerías implicadas neste proxecto visitaron a horta escolar do centro escolar onde, desde primeira hora da mañá, o alumnado do curso de formación para o emprego “Monitorado de Hortas Urbanas”, e promovido polo Concello, desenvolveu cos nenos e nenas dos cursos de Infantil a actividade didáctica “A Compostar!” co fin de que aprendan a utilizar os restos das “merendas con froita” para fabricar compost.

Aberta a inscrición na X Carreira Popular Torre de Hércules – II Carreira e Andaina Solidaria #Querémonosvivas


A organización admitirá inscricións na proba nocturna do 28 de marzo ata o vindeiro día 22 de marzo en: www.coruna.gal/carreiraspopulares e www.championchipnorte.com

A Coruña, 07 de marzo de 2020.- O circuíto instalado nos arredores da Torre de Hércules acollerá na noite do 28 de marzo a décima edición da Carreira Popular Torre de Hércules e a segunda Andaina Solidaria #Querémonosvivas.

A organización manterá aberta ata o día 22 a inscrición, que é gratuíta para os menores de idade, mentres que as persoas adultas deberán pagar dous euros, aínda que as persoas desempregadas, as maiores de 65 anos e as titulares do carné xove só deberán aboar un euro. Esta inscrición pode realizarse de forma telemática a través das webs www.coruna.gal/carreiraspopulares e www.championchipnorte.com .

A inscrición nesta proba entra dentro da inscrición do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre do año 2020. O día 22 de marzo rematará tamén o prazo de inscrición neste circuíto.

A proba, organizada polo Concello da Coruña e a Fundación EMALCSA, está integrada no VIII Circuíto de Carreiras Populares e conta xa con 203 persoas inscritas nas diferentes categorías: Peques (non competitiva), Sub 10, Sub 12, Sub 14, Sub 16, Sub 18 e Absoluta, ademais da Andaina Solidaria.

Os máis cativos só correrán 150 metros, mentres que os participantes de ata 12 anos farán 800 metros. Os de 14 correrán 1.600 metros e os 16 e 18 terán unha proba de 2.400 metros. A categoría absoluta e a Andaina Solidaria Terán pola súa banda un percorrido de 6.625 metros.

O horario de saída das carreiras comezará ás 17.30 horas coa dos Peques, tras a que sairán o resto das categorías de forma sucesiva ata que ás 20.30 saia a absoluta, que será seguida cinco minutos despois pola Andaina Solidaria. A carreira forma parte da programación do día 8 de marzo (Dia Internacional das mulleres) e trata de darle visibilidade á Igualdade dentro do deporte así como ao rexeitamento á violencia de xénero.

Ademais, é a única carreira solidaria organizada polo Concello da Coruña e a Fundación Emalcsa. O concello pretende recadar fondos que irán destinados á investigación contra o cancro. No año 2019 recadáronse 9.744 euros para esta finalidade. Neste ano queremos ampliar esa cifra. As persoas que desexen facer unha doazón recibirán de regalo unha camiseta. Admitiranse doazóns dende 3 euros. As doazóns pódense facer na páxina web á hora de inscribirse ou ben depositalas directamente nunha urna o día da carreira. Toda a doazóns son recadadas pola Fundación EMALCSA e haberá que dirixirse á Fundación para solicitar un certificado da doazón realizada.


Lugar e recollida de dorsais
O dorsais recolleranse na aula habilitada para o efecto na Cidade Deportiva da Torre o 27 de marzo de 17.00 a 21.30 horas e o 28 de marzo dende as 10.00 horas e ata media hora antes do comezo de cada unha das carreiras.


Dorsal 261
Todas as persoas que participen na Andaina Solidaria levarán o dorsal 261 en homenaxe a Katherine V. Switzer, a primeira muller que en 1.967 correu un maratón cur dorsal oficial identificado con este número. Foi no Maratón de Boston. Katherine apuntouse no maratón coas súas iniciais e non se deron conta da presenza dunha muller ata unha hora despois de empezar a carreira. Este foi o punto de partida para que as mulleres puidesen participar en carreiras de longa duración.


Servizos a corredoras
Haberá servizo de duchas e vestiario o día da carreira na Cidade Deportiva da Torre para as persoas participantes na categoría absoluta e estará dispoñible a partir das 20.00 horas, ademais dun servizo da gardarroupa no frontón do mesmo complexo de 19.30 a 22.15 horas.

Infraestruturas inicia os traballos de accesibilidade nun tramo de Juan Flórez


Adecuaranse os pasos peonís e adiantaranse as esquinas nos cruzamentos que hai entre os números 88 e 108

A Coruña, 7 de marzo de 2020.- O servizo de Infraestruturas iniciará a semana que vén os traballos de mellora da accesibilidade e os espazos peonís na rúa Juan Flórez entre os números 88 (Oficinas de Abanca) e o 108, á altura do antigo Opencor. Estas obras enmárcanse dentro do plan de mellora de accesibilidade que puxo en marcha o Goberno local co fin de garantir a seguridade viaria dos peóns e peoas e das persoas con diversidade funcional. Un dos piares estratéxicos que a alcaldesa, Inés Rey, se comprometeu a cumprir no actual mandato.

A actuación ten como obxectivo garantir a accesibilidade da beirarrúa neste tramo da rúa, que soporta un importante fluxo de xente. Para iso, adecuaranse os pasos peonís e adiantaranse as esquinas nos cruzamentos.

A obra dálle continuidade a xa executada mellora do espazo público diante do colexio Labaca.

miércoles, 4 de marzo de 2020

Máster Nacional de Jóvenes Sub 13 - 17 de A Coruña de Bádminton 8*


Este próximo fin de semana se celebra un año más en las instalaciones del Club del Mar de San Amaro el Máster Nacional de Jóvenes de A Coruña de Bádminton 8*, prueba puntuable para el ranking nacional Sub 13 y Sub 17. 

La competición se desarrollará el sábado 7 de marzo en horario 9:00 a 20:00 horas mientras que el domingo será de 10:00 a 14:00 horas para finalizar con la entrega de premios por las autoridades competentes. Reunirá cerca de 180 jugadores de todo el territorio nacional en un evento donde estarán las mejores raquetas nacionales del momento que participarán en las pruebas de individual, dobles y mixtos sumando más de 200 partidos en total.

Gran ocasión para presenciar gratuitamente y en directo una competición de un deporte al alza tras los grandísimos resultados cosechados por la campeona Carolina Marín.

Comunicado Oficial Rehabilitación Cemiterio Santo Amaro


A Coruña, 4 de marzo de 2020.- Co fin de aclarar as dúbidas surxidas pola veciñanza con respecto ás obras de rehabilitación na entrada do cemiterio de Santo Amaro e, en concreto, sobre os muros de cachotería de pedra, o concello informa que:

- Tras retirar destes muros o morteiro de cemento e despois de limpalos e sanealos, estanse a cubrir de novo con morteiro de cal xa que este tipo de material non se pode deixar á vista porque quedaría desprotexido ante os axentes erosivos do ambiente.

Asemade, ao non tratarse de pedra de cantería, a normativa urbanística municipal non permite deixalos á vista porque poden sufrir danos, sobre todo, por estar tan próximo o mar.

- Segundo os técnicos municipais é tradición nas cidades galegas calear os muros para protexelos e tecnicamente é unha solución correcta e válida. Neste caso, foi Patrimonio quen requeriu que se utilizase o morteiro de cal para este proxecto que aprobou a concellería de Emprego do anterior mandato dentro dun obradoiro que, por cuestións de tempo, non se rematou e que está a finalizar agora o servizo de Edificación, todo baixo a supervisión de Patrimonio da Xunta.

A Xunta convoca axudas para proxectos de enerxías renovables de particulares por valor de 4,5 millóns de euros


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Xermade nos actos con motivo do Día da Eficiencia Enerxética, organizados no parque eólico de Sotavento, e nos que participaron alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES Urbano Lugrís (Malpica de Bergantiños) e do Máster de Aproveitamento e Eficiencia Enerxética da Universidade da Coruña

Apelou ao traballo conxunto de Administracións, cidadáns e empresas para impulsar iniciativas vinculadas ás renovables que garantan máis aforro enerxético e maior benestar social

Publicados hoxe no DOG os mecanismos que permiten a posta en marcha do rexistro de autoconsumo

Xermade (Lugo), 4 de marzo de 2020.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe nos actos organizados no parque eólico de Sotavento con motivo do Día da Eficiencia Enerxética, que se conmemora mañá. Na visita acompañou a alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES Urbano Lugrís (Malpica de Bergantiños) e do Máster de Aproveitamento e Eficiencia Enerxética da Universidade da Coruña.

Conde destacou a importancia de concienciar e sensibilizar á cidadanía na eficiencia enerxética como unha aposta polo desenvolvemento da vida diaria das familias e do tecido empresarial. “Administración, cidadáns e empresas temos que traballar conxuntamente para impulsar iniciativas que nos encamiñen a unha Galicia máis verde que asegure máis aforro enerxético e un maior benestar social”, sinalou o conselleiro.

Esta semana estanse abrindo liñas de axudas, valoradas en 4,5 millóns de euros, para que as familias poidan impulsar proxectos vinculados ás renovables. Estes novos apoios contemplan proxectos pertencentes aos eidos da biomasa, a enerxía solar fotovoltaica, a xeotermia, a solar térmica e a aerotermia. De momento, xa se esgotou o crédito para as solicitudes de biomasa e fotovoltaica.

Estas medidas coinciden coa publicación hoxe no DOG dos mecanismos que permiten a posta en marcha do rexistro do autoconsumo, que regula tanto o procedemento de comunicación de instalacións de autoconsumo conectadas en baixa tensión e potencia instalada menor de 100kW, como o procedemento de contestación das empresas distribuidoras. Estes procedementos contarán cunha xornada explicativa dirixida a distribuidoras e profesionais do sector, que se celebrará mañá no edificio administrativo de San Caetano.

O titular de Economía, Emprego e Industria subliñou o compromiso da Administración coas enerxías renovables, apelando ao tecido industrial para que adopten modelos que garantan tanto a súa competitividade como a súa sustentabilidade.

Deste xeito, Conde apuntou aos beneficios que supón apostar pola eficiencia enerxética, incluíndo melloras no rendemento industrial, aumento da renda nas familias e a preservación do medio ambiente, sinalando tamén que Galicia é un referente a nivel europeo, cun consumo final de enerxía renovable do 37,2%, por riba dos obxectivos marcados pola UE na denominada Axenda 2030.

Raiola Networks organiza Raiola 301: un congreso sobre posicionamiento web (SEO) en A Coruña


El proveedor de alojamiento web y dominios Raiola Networks celebra la tercera edición de Raiola 301, su congreso sobre posicionamiento web (SEO). Tendrá lugar el próximo viernes 27 de marzo en la Sede Afundación de A Coruña. El objetivo del evento es formar a los webmasters gallegos interesados en aprender sobre posicionamiento en buscadores.

El SEO (en inglés, search engine optimization) se conoce también en español con el nombre de “posicionamiento web” y hace referencia a las tareas de mejora que deben realizarse en un sitio web para lograr la mejor posición posible en la página de resultados de buscadores como Google. Gracias a estas acciones, las páginas web luchan por aparecer en la primera página de resultados de búsqueda y conseguir los primeros puestos —los más altos de la lista— para obtener el mayor número posible de visitantes.

En concreto, el congreso Raiola 301 versará sobre las acciones de mejora que se pueden llevar a cabo a nivel técnico en los sitios web para que los buscadores puedan interpretar el contenido de cada una de sus páginas. Algunos de los temas que se tratarán durante los talleres serán el aprovechamiento del crawl budget, la automatización de contenidos en ecommerce y las migraciones web, entre otros muchos.

Para explicar cada uno de estos conceptos en detalle, Raiola Networks contará con la asistencia de varios expertos en SEO de gran reconocimiento en España. Los expertos invitados serán Luis M. Villanueva (consultor y director SEO de Webpositer Lab Group), MJ Cachón (responsable de Sistrix), Iñaki Huerta (director de IKAUE, analista Digital y SEO), Sergio Simarro (experto en SEO y optimización de la conversión), Esther Azcano (responsable de SEO en HABITANT), Saskia Moreno (técnico SEO de HABITANT), Lakil Essady (CEO de CRAWLO) y Mer García (consultora SEO en gran ecommerce).

Con Raiola 301, Raiola Networks pretende acercar a la comunidad gallega una formación de calidad y experta sobre posicionamiento web, tanto para aquellos que desean iniciarse en SEO como para los interesados en ampliar conocimientos. La empresa también desea que el congreso sirva para atraer la atención del sector sobre Galicia y potenciar la organización de actos similares en nuestra Comunidad.

El evento, de acceso totalmente gratuito, tendrá lugar en la Sede Afundación de A Coruña y se extenderán a lo largo de todo el día, desde las 10:00 hasta las 19:00. En este horario se incluyen una parada para comer y varios descansos. El aforo máximo, que se alcanzará fácilmente si se tienen en cuenta las cifras de preinscritos, es de 200 personas. Para más información e inscripciones, es necesario enviar un correo electrónico a info@raiolanetworks.es.

Raiola Networks es uno de los proveedores de hosting y dominios más importantes del mercado español. Fundada en Lugo en el año 2014, es en esta ciudad donde se encuentran sus oficinas y de donde son originarios la mayor parte de sus trabajadores. En la actualidad, Raiola Networks cuenta con más de 40 empleados, proporciona su servicio a 30.000 clientes de todo el mundo y colabora con más de 300 influencers a nivel global.

Su compromiso con la formación en marketing digital y SEO es firme y conocido en el sector. En los últimos años ha organizado o patrocinado múltiples ponencias, conferencias y formaciones relacionadas con el marketing online y el posicionamiento SEO en toda España. La empresa espera continuar esta tendencia en 2020 y seguir financiando eventos para potenciar la actividad del sector de Internet en años venideros.

Más información en:
https://raiolanetworks.es/raiola301