A película, incluída no ciclo audiovisual dedicado á figura de Carlos Saura, poderase ver o luns 16 de setembro ás 18.00 h
A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade
13.09.2019. A sede da Coruña de Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa exercendo de anfitrioa das actividades paralelas da programación lírica de Amigos de la Ópera.
A seguinte actividade será a proxección do filme Fados, que pechará o día 16 de setembro o ciclo de cinema dedicado a Carlos Saura. Será o luns a partir das 18.00 h. A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade.
Como colofón ás propostas audiovisuais, organizouse o ciclo de proxeccións de ópera «Os nosos cantantes». Comezará o 23 de setembro coa proxección dunha das actuacións máis recentes de Carlos Álvarez en La Scala de Milán, Giovanna D’Arco. A seguinte terá lugar o 30 de setembro co visionado de Otello a cargo de Johan Botha, recentemente falecido. O 7 de outubro proxectarase Lohengrin a cargo de Piotr Beczala e finalmente o día 21 de outubro Roberto Devereux coa soprano Mariella Devia.