sábado, 4 de abril de 2020

O Festival Fica Na Casa Fest consolídase como unha das referencias dixitais durante a corentena



A Asociación Cultural Galicia Molona organiza a III edición deste festival streaming coa que pretenden dar un paso máis. 

Ó igual que a semana pasada, colaboran co movemento #YoMeCorono (www.yomecorono.com). 

A Coruña. 4 de abril do 2020. Hoxe, ó longo de todo o día, o colectivo cultural Galicia Molona organiza a terceira edición do festival streaming Fica Na Casa Fest, para animar ao público galego durante este período de confinamento e colaborar na loita contra a pandemia del Covid-19 a través da campaña #YoMeCorono (www.yomecorono.com). 

O evento logrou consolidarse na esfera galega e agora pretende dar un paso máis. Nesta ocasión contarán co líder da banda arxentina Bestia Bebé, Tom Quintans. 

Un cartel no que, precisamente, da man de Bestia Bebé, as charlas profesionais cobran protagonismo. 

A sesión vermú comenzará ás 13:00 con Rodrigo Valiente, para logo dar paso a LKB Dj. Pola tarde, ás 17:00, retómase a actividade cos coloquios profesionales xa mencionados (Tomi Desastre, Pablo Ríos de Woutick e Tom de Bestia Bebé).

Despois a xornada continuará, con múltiples concertos e sesións de música electrónica, ata as 3 da mañá; con Allova, Mounqup, Sputnik Pussy, Laura LaMontagne, Swic, Le Petit Dj, Baby Katze, Hidden Raposo e Testanera. 

As actuaciones poderán seguirse en directo a través da páxina web da asociación (www.galiciamolona.com).