Os Museos Científicos agardan instrucións por parte do Goberno do Estado para
concretar o seu funcionamento ao se trataren de centros interactivos
A Coruña, 25 de maio de 2020.- A Concellería de Cultura anuncia a reapertura das
salas de exposicións –Casa de Cultura “Salvador de Madariaga”, en Durán Loriga; o
Kiosco Alfonso e a do Pazo Municipal de María Pita- para o próximo venres. Con
respecto aos Museos Científicos, aínda que está permtido que na fase 2 retomen a
súa actividade, desde os centros están esperando instrucións por parte do Goberno
do Estado para concretar de que xeito facelo ao se trataren de centros interactivos
con módulos que funcionan de forma táctil. No caso dos museos históricos, estes
abrirán de novo o 2 de xuño.
Canto ás salas expositivas, as e os coruñeses poderán desfrutar desde o venres, ás
12.00 horas, da mostra do artista Miguel Zelada no Kiosco Alfonso e da do pintor
Fermín Encinar, en María Pita. No espazo dos Cantóns, prepararán a partir do 9 de
xuño a montaxe da seguinte, en que se abordará a historia do Real Club Deportivo.
En Durán Loriga inaugurarase a exposición de José Yáñez, titulada “Desde a miña
mirada” e a sala de Palexco estará de momento inoperativa pola desmontaxe da
última, “Unha autoestrada detrás do enchufe”, da Rede Eléctrica de España.