lunes, 8 de junio de 2020

O Concello de Sada precintará o acceso ás praias en San Xoan debido á pandemia polo COVID-19


-Non se permitirán lumeiradas nin concentración de xente en lugares públicos na noite de San Xoan.

Sada, 8 xuño 2020. Sada precintará as praias na noite do 23 de xuño e anuncia que tampouco se poderán utilizar os espazos públicos para realizar fogueiras ou concentracións lúdicas para así evitar calquera tipo de rebrote polo coronavirus

Deste xeito non haberá San Xoan nas praias, nin concentracións de xente nos areais xa que estas estarán precintadas e por outra banda non se poderán utilizar espazos públicos para celebracións dita noite.

Desde o Concello de Sada salientan que a pandemia non rematou a pesar de que se estean rexistrando unhas cifras alentadoras e por iso non é momento de relaxarse nas medidas con eventos que poidan reunir centos de persoas.

Non só non se celebrarán as fogueiras de San Xoan de forma oficial este ano, tampouco de forma oficiosa. O Concello de Sada non programará ningunha actividade lúdica nas festas de San Xoan por responsabilidade e en cumprimento da normativa e recomendacións sanitarias.